BANDA
DESEÑADA
BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17
BANDA DESEÑADA 2
As aventuras de Tintín / Les Aventures de Tintin / The Adventures of Tintin Hergé Tintín é un xoven reporteiro cheo de coraxe e enxeño, que viaxa acompañado do seu can Milú, o Capitán Haddock, o profesor Tornasol e os detectives Hernández e Fernández. As súas aventuras están ambientadas en escenarios reais dos cinco continentes e cobren temas tan diversos como a arqueoloxía, as viaxes espaciais, a tecnoloxía ou a política.
BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17
BANDA DESEÑADA 2
BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17
BANDA DESEÑADA 2
Astérix el Galo / Astérix le Gaulois / Astérix o Galo /Asterix the Gaul / Asterix Gallus René Goscinny e Albert Uderzo Astérix vive ao redor do ano 50 a. C. nunha aldea ficticia ao noroeste da Galia, a única parte do país que non foi conquistada aínda por Julio César. A aldea está rodeada por catro campamentos romanos: Babaórum, Acuárium, Láudanum e Petibónum. A resistencia destes aldeáns débese á forza sobrehumana que adquiren tras beber unha poción máxica preparada polo seu druída Panorámix.
BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17
BANDA DESEÑADA 2
BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17
BANDA DESEÑADA 2
BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17
BANDA DESEÑADA 2
Dragon Ball Akira Toriyama Son Goku é un mozo moi especial que, tras a morte do seu avó, vive só no bosque. Ao longo da súa vida, participa en moitas batallas e convértese no loitador de artes marciais máis forte do universo. Parece bastante satisfeito coa súa vida ao aire libre ata que coñece a Bulma, unha nena que está a buscar as Bolas de Dragón. Estas son sete esferas máxicas repartidas por todo o mundo que, unha vez reunidas, poden conceder calquera desexo. Unha vez cumprido éste, as bólas repartiranse de novo por todo o mundo e serán inertes durante un ano. No pasado, facían falta xeracións de procura para atopalas pero, casualmente, Son Goku posúe unha delas, a de catro estrelas, polo que a Bulma cústalle un pouco convencelo de que se una a ela na súa procura.
BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17
BANDA DESEÑADA 2
Fullmetal Alchemist Hiromu Arakawa Dous irmáns alquimistas, Edward e Alphonse Elric, tratan de revivir á súa nai morta usando o maior tabú da alquimia coñecido no século XX: a transmutación humana. Pero as cousas non saen como se esperaban... e o resultado é catastrófico. Un ano despois, Edward e Alphonse viaxan á cidade de Lior, moi devota relixiosamente, cuxo líder é o Sumo Sacerdote Cornello. Este é famoso na súa cidade por realizar milagres tales como devolver a vida. Despois de observalo atentamente, Edward chega á conclusión de que o sacerdote está a usar a alquimia, e que é un impostor. As súas sospeitas confírmanse cando descobren que este ten na súa poder a Pedra Filosofal, capaz de burlar as leis do Intercambio Equivalente, que indican que para obter algo, necesítase doutra cousa de igual valor.
Cita na Habana, Campos de Cuba e Tierra libre Fran Jaraba Aventuras de coidada ambientación histórica que transcorren na Guerra da Independencia de Cuba: un mozo compostelán sen un céntimo, Maxi, Torres, alístase voluntario no corpo expedicionario español e cruza o océano para atopar na illa á súa amada, Maxi Torres é capturado polos seus antigos compañeiros tras desertar do exército e a crúa guerra entre as tropas independentistas -os mambises - e o exército colonial.
BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17
BANDA DESEÑADA 2
Zmazinger Go Nagai A finais de 1999 Go Nagai decidiu recontar a historia de Mazinger engadindo elementos da mitoloxía grega e achegándolles unha estética máis acorde aos novos tempos. Nesta serie vese como na antiga Grecia, os deuses gregos eran en realidade xigantescos robots vindos do espazo exterior. Na época actual, Hades ( Dr. Inferno) volveu para conquistar a terra e exterminar a raza humana. Para protexernos Zeus envía ao seu robot Z-Mazinger que cae en mans do novo estudante Koji Kabuto
Adolf Osamu Tezuka A historia de tres persoas chamadas Adolf: un neno xudeu que vive en Xapón, un neno medio xaponés medio alemán, e o líder da Alemaña nazi. Trátase dun punto de vista marabillosamente fresco dos acontecementos da Segunda Guerra Mundial.
BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17
BANDA DESEÑADA 2
Calvin y Hobbes Bill Watterson Esta serie baséase no humor intelixente, a crítica social e política, e unha visión descarnada do mundo dos adultos a través dos ollos de Calvin, un neno de 6 anos dunha familia media americana cuxo mellor amigo é un tigre de peluche, Hobbes, co que só el pode relacionarse, e que aparece inanimado cando hai outra persoa en escena. Ambos amigos pasan o día cuestionando a familia, o colexio, as regras sociais e calquera tipo de convención que atopen absurda ou cuestionable. Entre as súas afeccións, arranxar o mundo en inspiradas conversacións, fantasiar con dinosauros e superheroes espaciais, construír sinistros bonecos de eve, ti a se e t i eo , ou olesta á veciña, u ha e a da es a idade ue Calvi .
Hellboy Mike Mignola Durante a Segunda Guerra Mundial o exército nazi realizou unha sesión de invocación máxica coa intención de traer unha criatura que lles axudase a gañar a contenda. Pero o que trouxeron foi un neno-demo que por un xiro do destino acabou caendo en mans das forzas aliadas, que o bautizaron como Hellboy e o educaron coma se dun ser humano se tratase. Anos despois, Nacións Unidas concédelle o status honorario de humano e entra a traballar na Axencia de Defensa e Investigación Paranormal, onde é enviado a resolver toda clase de casos que presentan elementos sobrenaturais.
BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17
BANDA DESEÑADA 2
Nausicaä. Del valle del viento Hayao Miyazaki Mil anos despois da Gran Guerra que deixou unha zona da Terra inhabitable para o ser humano, o pequeno reino de El Valle del Viento, moi próximo ao territorio arrasado, sobrevive ao avance do bosque grazas aos fortes ventos que o osixenan. Nausicaä é a princesa dese reino, unha moza que sente empatía por todas as criaturas do planeta, gran piloto e guerreiro, e que tras a morte do seu pai a mans do exército de Tormekia, en principio, un reino aliado de El Valle del Viento, eríxese como líder do seu pobo e do cambio que está a piques de experimentar a Terra, no medio do cal ela tentará conciliar á totalidade dos seres que a habitan.
Palmira e Marcial, Odisea Medioambiental Fran Bueno Unha Galicia co medio ambiente tan organizado no século XXII, ¿estaría afectada polo cambio climático se os demáis países non tiveron a mesma preocupación ao longo do século XXI?
Gran festival del cómic. Super López Jan Superlópez é un extraterrestre (Jo-Con-Él), salvado da destrución do seu planeta natal Chitón grazas á súa accidental fuga nun foguete aterrado na Terra. Adoptado cando era un bebé por unha parella de anciáns de Lérida e criado como o seu propio fillo, Juan López é un mediocre oficinista barcelonés con lentes e bigote, fiel namorado da súa noiva, Luisa Las, que combate o crime (ou polo menos téntao) baixo a súa identidade secreta de Superlópez.
BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17
BANDA DESEÑADA 2
BD Banda VV.AA. Revista de cómic independente onde se mostran os traballos de autores inquedos e creativos, coñecidos ou descoñecidos, que aínda sen apoio editorial, seguen parindo novas propostas plásticas e narrativas que a banda deseñada deste país estivo experimentando nun silencio susurrante.
Un misterio para Simón Aníbal Malvar, Rober G. Méndez e Fausto Isorna É unha das series máis longas da banda deseñada galega dirixida ao público xuvenil e que se sitúa na tradición de personaxes como Tintín, pois a protagonista é unha moza, Simón, que resolve enigmas policiais en colaboración co detective Sam Espada.
BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17
BANDA DESEÑADA 2
La pequeña filosofía deMafalda Quino Mafalda faise preguntas que a miúdo irritan e superan aos que a rodean. A nosa pequena indignada cuéstionase os temas universais e comparte as súas reflexións sobre o mundo. Mafalda detesta a sopa e denuncia sempre que pode os inconvenientes que ten sobre a saúde e sobre o humor das persoas sensatas. Tampouco non soporta a inxustiza, e non deixa de lembrárnolo en todo momento. Por que deixar a xustiza en mans dos adultos, se non entenden nada? Ademais séntese responsable do futuro da humanidade, mentres que os adultos que a rodean só preocúpanse por cousas banais. Que facer cando as cousas van mal?
La prórroga Jean-Pierre Gibrat Julien está morto. Mellor dito, dáno por morto. Tras desertar do exército e volver ao seu pobo natal refúxiase nunha casa deshabitada. Desde alí converterase en testemuña de excepción da vida dunha aldeíña francesa durante a Segunda Guerra Mundial
Bone 1. Lejos de Boneville Jeff Smith Tres primos (Fone, Phoney e Smiley Bon) expulsados de Boneville pérdense nun enorme e descoñecido deserto. Cada un polo seu lado consegue chegar a un profundo val boscoso poboado por marabillosas e aterradoras criaturas. Mentres trata de atopar aos seus curmáns, Fone tropezarase cunha moza fermosa e valente chamada Thorn, a avoa Ben, un misterioso dragón vermello e as ameazadoras mostrorratas. Tras diversos incidentes, os tres primos reuniranse na cidade de Barrelhaven alleos á conspiración que se tece ao redor deles e sen decatarse de que as súas aventuras non fixeron máis que empezar...
BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17
BANDA DESEÑADA 2 Gaston 5 Franquin e Jidéhem Un bo día de febreiro de 1957, un excéntrico rapaz fai a súa aparición no semanario Spirou. Leva unha chaqueta azul o máis clásica posible, cunha ridícula paxarela, ten o cabelo liso e pinta de papón. Non sabemos demasiado o que fai alí. A medida que pasan as semanas, imos descubrindo máis sobre el. Chámase Gaston e considérase oficinista. Rapidamente, a súa vestimenta relaxase. Gaston abandona a súa paxarela e comeza a levar un xersei de color verde, vaqueiros e un par de alpargatas do máis rechamante. Le sourire du clown Luc Brunscwig e Laurent Hirn Grocko e Clock son dous vellos pallasos cincuentóns, que nunca coñeceron realmente o éxito. Dende fai anos, transportan, por pobos e pequenos barrios da periferia, o seu espectáculo na rúa, gañándose a vida como poden. O seu percorrido levounos ata a cidade de HautsVents, un labirinto de torres de vivendas sociais, na marxe dunha pequena cidade industrial, onde reina a tristura e a melancolía. Alí termina a viaxe dos dous cómplices. Grocko é asasinado por unha balazo na cabeza, disparado por unha nai de familia normal e corrente, nun arrebato de loucura, baixo a ollada do seu fillo Djin, de oito anos, que seguía dende facía pouco ao pallaso como se fose a súa sombra.
Gran festival del cómic. Pepe Gotera y Otilio 5 F. Ibáñez Cando estes dous personaxes decidiron asociarse e crear "Pepe Gotera y Otilio, Chapuzas a domicilio" os seus futuros clientes non podían sospeitar o que se lles viña encima. Non é de estrañar que cando este par de desastrosos chafalleiros chegan a unha casa armen unhas leas de moito coidado.
Lucky Luke: La ballade des Dalton et autres histoires René Goscinny e Morris Este personaxe inmortal percorre dende 1947 (44 anos!) a historia do oeste americano. Alí atopou personaxes célebres (Jesse James, Calamity Jane, Billy the Kid, Sarah Bernhardt...). Lucky Luke é o home das misións imposibles, o defensor dos pobres, das viúvas e dos orfos, en resumo, o heroe perfecto! O seu cabalo, Jolly Jumper, é o compañeiro perfecto deste poor lonesome cowboy (pobre vaqueiro solitario). Os irmáns Dalton aparecen constantemente no camiño de Lucky Luke e isto permítelle perseguilos continuamente e entregalos á xustiza.
BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17
BANDA DESEÑADA 2
Le Petit Spirou: Mais! Qu`est-ce que tu fabriques? Janry e Tome Antes de medrar para converterse no aventureiro que hoxe coñecemos, Spirou foi pequeno. E non era un neno triste. Sempre disposto a facer bromas ao cura, o abade Langélusse, ou ao seu profesor de ximnasia, o lamentable señor Mégot, o pequeno Spirou só deixaba de facer trasnadas para interesarse polas duchas das rapazas, pola súa amiga Suzette ou pola súa profe de mates, a cativadora Claudia Chiffre...
Shin Chan 1 Yoshito Usui Uooo!, imaxina as travesuras e excentricidades máis desatinadas ideadas pola mente dun neno pequeno que odia o pemento. É o canijo máis terrible do manga, o fenómeno de masas entre os vándalos: Shin-Chan!, o pequeno e desvergonzado Shinnosuke Nohara, desprega o seu troooompa trooompa!, tremede!
30 días de noche Ben Templesmith No pobo de Barrow, Alaska, os invernos son xélidos e escuros. Unha vez ao ano o sol ponse un día para non volver aparecer ata 30 días máis tarde. Ou mellor devandito, 30 noites máis tarde. Cando un vampiro descobre a existencia do pobo e da súa longa noite, decide organizar un gran festín cos habitantes de Barrow como manxar. 30 días de horror, escuridade e sangue nos que só os máis fortes lograrán sobrevivir.
BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17
BANDA DESEÑADA 2
Zits Jerry Scott Encaixar. Ser diferente. Medrar. Seguir sendo un neno. Jeremy é o personaxe máis gracioso, cargado de emotividade extrema e mentalmente desafiante da época máis extravagante das nosas vidas –a adolescencia. Quen está a vivila pode contala. E os que xa a pasaron non poden lembrar o tempo sen sorrir, ou polo menos estremecerse pola arrogancia e ignorancia que confundiron coa madurez durante aqueles poucos anos eternos.
Vocabulario figurado El Roto Recompilación de debuxos publicados en 2005 e 2006 no País por Rábago, El Roto , ue considera que "Mi trabajo no es pesimista. Intento poner de manifiesto lo que creo que son las cosas. Además, creo que representan a una colectividad que se siente identificada o que canaliza a través de tus trabajos el pensamiento de una parte de tu generación. No es un trabajo personal, es colectivo, responde a las preguntas de la gente. La sátira tiene mecanismos de lenguaje para poder decir las cosas incluso en situaciones difíciles. Se pueden decir todas las cosas con inteligencia, sin ser acusado de terrorista".
BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17