Oito experimentos científicos caseiros

Page 1

OITO EXPERIMENTOS CIENTÍFICOS CASEIROS


1. SEPARANDO O SAL DA PEMENTA MATERIAIS Culler de plástico

Pementa moída

Prato

Sal groso

Trapo de la

PROCEDEMENTO 1. Estende sal groso cun pouco de pementa moída sobre un prato. 2. Colle unha culler de plástico e frégaa cun trapo de la. 3. Pon a culler a varios centímetros encima da mestura do sal e da pementa. QUE SUCEDE? Os grans de pementa saltarán á culler e quedarán pegados a esta.

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17


POR QUE? O frotamento carga de electricidade a culler de plástico e atrae a mestura. Se colocas a culler alta, só se pegará a pementa, pois o sal de gran groso ten máis masa. Para atraer o sal hai que achegar máis a culler á mestura. A electricidade estática prodúcese cando certos materiais fréganse un contra outro, como o plástico e a la. Cando fregas a culler coa la, os átomos da culler quedan cargados negativamente, a carga negativa é atraída pola carga positiva da pementa ou do sal.

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17


2. FLOCOS DE MILLO SALTARÍNS MATERIAIS Culler de plástico

Flocos de millo

Prato

Trapo de la

PROCEDEMENTO 1. Frega unha culler de plástico nun trapo de la para cargala de electricidade. 2. Coloca esta culler encima dun prato cheo de flocos de millo. QUÉ SUCEDE? Os grans van saltar e pegarse á culler. Despois saltan bruscamente en todas as direccións. Os grans de millo son atraídos pola culler cargada de electricidade e quedan pegados un momento.

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17


POR QUE? Na primeira fase os electróns pasan da culler aos flocos de millo ata que todos os grans teñen a mesma carga eléctrica.

Como as cargas eléctricas repélense, hai verdadeiros fogos artificiais.

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17


3. MAXIA DAS CORES MATERIAIS Auga

Bicarbonato de sodio

5 frascos ou tubos de ensaio

Lombarda

Zume de laranxa

Vinagre

Zume de limón

PROCEDEMENTO 1. Prepara zume de lombarda ( curta en láminas delgadas as follas, ponas nunha cunca, engade auga moi quente e déixao repousar). Este líquido permitirache facer xogos de maxia! 2. Verte unha pequena cantidade deste líquido en cada frasco ou tubo de ensaio. 3.- Despois verte en cada un deles unha pequena cantidade de: A. auga

B. vinagre

C. zume de laranxa

D. zume de limón

E. bicarbonato de sodio

QUÉ SUCEDE?

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17


POR QUE? A lombarda é un indicador natural da acidez ou basicidade das sustancias.

O colorante violeta cunha sustancia neutra non cambia de cor (violeta). O colorante violeta cunha sustancia aceda cambia a vermello O colorante cunha sustancia básica cambia a verde

En química utilízanse a colorimetría para distinguir sustancias acedas, neutras ou alcalinas.

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17


4. O EQULIBRISTA DE PAPEL MATERIAIS Un pallaso debuxado en papel

Dúas moedas ou clips

Pegamento Tesoiras

Cordón fino ou fío

PROCEDEMENTO 1 1. Recorta o pallaso por duplicado e pega os dous anacos. 2. Tenta balancealo sobre un fío ou cordón fino. QUÉ SUCEDE? ........... PROCEDEMENTO 2 3. Pega agora dúas moedas entre os anacos de papel ou pon os clips encima das mans do pallaso. 4. Tenta que balancee agora. QUÉ SUCEDE?

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17


POR QUE? O peso das moedas despraza o centro de gravidade do pallaso: está sobre o nariz. Así a figura queda en equilibrio. O centro de gravidade é o punto de aplicación de todas as forzas de gravidade que actúan sobre as distintas porcións do corpo. Pódese calcular así: 1

Realiza unha figura 2 D

Suspende a figura desde un punto próximo a unha aresta. 2 Marca a liña vertical cunha chumbada. Suspende a figura doutro punto non demasiado próximo ao primeiro. 3

Marca outra liña vertical coa chumbada. A intersección das dúas liñas é o centro de gravidade.

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17


5. OBTENCIÓN DUN GAS MATERIAIS Bicarbonato de sodio

Botella de plástico

Culler

Embude

Globo

PROCEDEMENTO 1. Enche a botella ata a metade con vinagre. 2. Coa axuda dun embude, bota 2 culleradas de bicarbonato de sodio nun globo. 3. Encaixa o globo no colo da botella e levanta a parte del que colga. QUÉ SUCEDE?

ACABAS DE REALIZAR UNHA REACCIÓN QUÍMICA!

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17

Vinagre


POR QUE? Os dous reactivos, o vinagre e o bicarbonato de sodio, transfórmanse en produtos diferentes: un sal, auga e un gas (o dióxido de carbono CO2). Este último é recolleito no globo.

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17


6. CÍRCULOS DE CORES CON ROTULADORES MATERIAIS Auga salgada

Papel de cociña

Papel de filtro

Rotuladores

Vaso

PROCEDEMENTO 1. Bota dous dedos de auga salgada nun vaso. Usamos auga salgada porque disolve mellor a tinta do rotulador. 2. Fai un debuxo cos rotuladores no papel de filtro e realiza un pequeno buraco no medio. 3. Fai un canudiño cunhas unhas tiras de papel de cociña e insíreo no buraco. QUÉ SUCEDE?

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17


POR QUE? A cromatografía é unha técnica para separar compoñentes dunha mestura. Neste experimento a auga salgada ascende polo canudiño debido á capilaridade. Cando a auga salgada chega ao círculo que pintamos, segue avanzando pero agora arrastrará os pigmentos que compoñen esa cor. Para que os pigmentos se poidan mover, deben ser solubles en auga salgada. Cada pigmento moverase a unha velocidade distinta polo papel dependendo da súa masa e do soluble que sexa, o que nos permite observar diferentes círculos para cada velocidade.

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17


7. A PROPAGACIÓN DO SON MATERIAIS 2 culleres

Fío

PROCEDEMENTO 1. Ata unha das culleres na metade do fío, suxeita os extremos do fío, un en cada man, deixando que a culler colgue sen que toque o teu corpo. 2. Pídelle a un compañeiro/a que golpee a culler coa outra. 3. Agora, pon nos oídos os dous extremos do fío (apertando ben) e volvede a golpear a culler. NOTAS ALGUNHA DIFERENZA? CAL? ...........

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17


POR QUE?

O son viaxa mellor polos sólidos que polos gases. Iso é debido a que necesita que a vibración pase dunhas partículas a outras. Canto máis ordenadas estean as partículas, mellor será a transmisión. (Como ocorre coas pezas de dominó)

Unha aplicación: O TELÉFONO CASEIRO ( dous envases de iogur, por exemplo, e unha corda)

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17


8. O LUDIÓN MATERIAIS Botella de plástico transparente de 1,5 litros

Carcasa transparente de bolígrafo

Cinta adhesiva

Clips

Tesoiras

PROCEDEMENTO 1. Enche a botella con auga. 2. Tapa o buraquiño lateral coa cinta adhesiva. 3. Une os clips á carcasa con outro anaco de cinta. 4. Pon a carcasa cos clips na botella e péchaa. 5. Fai presión coas mans sobre a botella. QUÉ SUCEDE? Cando presionas a botella, a carcasa descende ata chegar ao fondo. Ao deixar de presionar, a carcasa ascende de novo.

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17


POR QUE? Imaxina que queres mergullar un globo dentro dun cubo de auga. Canto menos aire teña dentro o globo, máis fácil será afundilo. Pois aquí ocorre algo parecido. Ao facer presión sobre a botella diminúe o volume de aire contido no interior do tubo de ensaio polo que este descende. Cando deixamos de facer presión, o aire volve a ocupar o seu volume orixinal e o tubo volve a flotar.

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.