Carlos Casares na nosa biblioteca

Page 1

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17


CARLOS CASARES. NARRATIVA

Cambio en tres O mundo da emigración é abordado nesta novela cun xorne innovador e mesmo experimental a través do personaxe de Lisardo, que retorna a Galicia para asistir ao enterro dun amigo da infancia. Narración directa e de grande expresividade, cun monólogo interior magnificamente logrado, que esta nova edición recupera coas correccións realizadas polo propio autor antes do seu falecemento.

Deus sentado nun sillón azul Casares comeza Deus sentado nun sillón azul describindo unha muller que observa a través dunha ventá. Na casa de enfronte, le e fuma sentado nun sillón azul. Ela ve un ser avellentado que semella agardar algo escuro e terrible, xa non é aquel profesor mozo, brillante e inchado coa superioridade dun Deus.

Ilustrísima un canto á bondade e á humanidade da xente e un alegato en contra do dogmatismo e da violencia. Situada nos primeiros anos do século XX, nunha pequena cidade galega que ben podería ser o Ourense natal de Casares, relata os conflitos entre un bispo intelixente e bo e algúns dos membros máis intransixentes da curia diocesana, enfrontados entre si por culpa da chegada do cinematógrafo.

O galo de Antioquía Un bo día, o ferreiro Antonio Madarro "O Calatrón" pon un ovo. Ao pouco tempo comezan a saírlle plumas e, preocupado, vai ver ao cura. E será que lle entrou o demo no corpo? Un libro con estupendas ilustracións de Andrés Meixide.

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17


CARLOS CASARES. NARRATIVA

O sol do verán O suicidio de Carlos desata as lembranzas de Helena, que evoca os veráns compartidos da nenez, á vez que indaga nos motivos desa acción brutal e sorprendente. Unha historia de amor e morte; tamén, canto melancólico á beleza, á xuventude e á plenitude da vida; a enorme riqueza de O sol do verán reside no poder evocador das lembranzas e na capacidade do autor para compartilas. Xunto a un inigualable traballo cos personaxes, que logran adquirir a verosemellanza do real, a recreación de certos momentos da infancia fan desta novela unha das obras ineludibles para calquera lector galego que guste do trato con esa literatura que, como di Albert Camus na frase que enceta o libro, se basea na "verdade de ser e de sentir". Os escuros soños de Clio En doce relatos, baseados todos eles en referencias bibliográficas nas que se mesturan a fantasía coa realidade, Carlos Casares faille guiños cómplices a Clío, a musa da Historia, cunha clara intención paródica. Estes contos introduciron na literatura galega un xeito distinto de tratar cousas como a historia, enxergada aquí como o resultado dos soños traxicómicos e malhumorados dunha musa imprevisible e algo excéntrica.

Os mortos daquel verán A aparición do cadáver do boticario Ernesto Vilariño Dacal, morto supostamente en accidente ao comezo da Guerra Civil, pon en marcha unha investigación xudicial escrita cunha linguaxe innovadora e unha extraodinaria solvencia narrativa.

Vento ferido A obra literaria de Carlos Casares é unha das máis interesantes da literatura galega do século XX, e iníciase en 1967 con Vento ferido. Nestes doce relatos marcados pola violencia, a soidade e o fatalismo, abrolla a mirada, xa orixinal, tinxida pola necesidade de comprensión e o impulso solidario, do autor. Narrativa innovadora, que busca a plena comunicación co lector para afondar nos sentimentos e na vivencia humana do tempo.

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17


CARLOS CASARES. NARRATIVA

Xoguetes pra un tempo prohibido Unha novela retrato dunha xeración, a dos anos 1960, nos que aqueles mozos universitarios cultos e brillantes, intelixentes e soñadores acaban embarrancando no escepticismo e na amargura. Unha obra que nos achega a un tempo e a uns personaxes marcados pola perda das ilusións e polos soños derramados.

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17


CARLOS CASARES. NON-FICCIÓN

Á marxe, 1994. Obra xornalística III Os artigos xornalísticos de Carlos Casares conforman un dietario persoal onde a vida discorre coma un fluxo permanente. A obra dun escritor coma Casares merece ser considerada non como un conxunto de títulos illados, senón coma unha proposta dinámica, instalada no discurso xeral no tempo que lle tocou vivir. Coma unha novela aberta, as columnas de "Á Marxe" constitúen quizais un exemplo sobranceiro desta dimensión.

Conciencia de Galicia Tres biografías, Risco, Otero e Curros, reunidas nun único volume, que Galaxia recupera da colección Conciencia de Galicia.

Conversas con Ánxel Fole Carlos Casares (Ourense, 1941-Vigo, 2002) pregunta e Ánxel Fole (Lugo, 1903-1986) responde. O resultado é abraiante: unha das personalidades máis fortes e ricas da Galicia do século XX dá as súas orixinais e particularísimas opinións sobre a literatura, a pintura, a violencia, a música, a gastronomía, a xente... Con imaxinación e agudeza, Fole non ten inconveniente en dicir o que pensa.

Curros Enríquez Estudo da significación literaria do poeta do Rexurdimento da man de Carlos Casares.

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17


CARLOS CASARES. NON-FICCIÓN

Ramón Otero Pedrayo Esta biografía traza os itinerarios vitais e creadores de Otero Pedrayo con liñas espidas e nidias. Trátase dun libro escrito con claridade que convida a mergullarnos na prosa impetuosa, vibrante, espontánea e improvisada de don Ramón.

Ramón Piñeiro. Unha vida por Galicia Carlos Casares escribiu esta biografía ao pouco tempo do pasamento de Piñeiro. A amizade e a estreita relación intelectual entre ambos os dous, de case trinta anos de duración, foi, en palabras do novelista, "un dos acontecementos máis importantes e decisivos da miña vida". Casares relata con amenidade as vicisitudes da traxectoria vital de Ramón Piñeiro e achéganos ao pensamento dun home fundamental para entender a recente historia de Galicia.

Un país de palabras A literatura e os escritores, os amigos, Deus, Santiago de Compostela, Galicia... Quince pequenos ensaios nos que Casares trata algúns dos seus temas predilectos.

Vicente Risco Carlos Casares aproxímanos neste biografía a unhas das máis importantes figuras da Xeración Nós. O autor preséntanos de forma obxectiva a un home que foi o definidor teórico do nacionalismo galego e un dos seus dirixentes máis destacados.

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.