BANDA DESEÑADA 1

Page 1

BANDA

DESEÑADA

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17


BANDA DESEÑADA 1

Adolf Osamu Tezuka É a historia de tres persoas chamadas Adolf: un neno xudeu que vive en Xapón, un neno medio xaponés medio alemán, e o líder da Alemaña nazi. Trátase dun punto de vista marabillosamente fresco dos acontecementos da Segunda Guerra Mundial.

300 Frank Mill e Lynn Varley Ano 480 a.C. Jerjes e o seu imparable exército persa están a conquistar todo o mundo coñecido. Unha forza tan impoñente que a terra treme ao seu paso, decidida a sumir Grecia - a península da razón e a liberdade- nun mar de barbarie e tiranía. Nada pode paralos, nada pode detelos. Nada, excepto a determinación dun espartano. A pesar de todo, o exército espartano foi traizoado por un compatriota, ansioso de gloria e poder. Foi entón cando Leónidas e os seus 300 espartanos pasaron de ser soldados, a converterse en lenda. A maldición dos Velasco Fausto Isorna, Rober G. Méndez e Aníbal Malvar Simón Martel viaxa a Sintra para participar nun certame xuvenil galegoportugués de relatos de misterio. O xurado está formado por catro das mentes criminalistas máis brillantes do mundo: o detective Sam Espada; Edgardo Alén Pose, famoso pola aplicación dos seus coñecementos no campo extrasensorial á persecución do delicto; Servando Holmos e o comisario Pereira. Participantes e xurados hospédanse na atmosfera misteriosa da Quinta dos Velasco. O misterio e a intriga inician a súa andaina.

A mansión dos Pampín Miguelanxo Prado O señor Indalecio Pampín e a súa familia presaxian que van ser moi felices. A súa tía Isolina deixoulles en herdanza unha casa de campo, rodeada de terreos e dun río. Pero cando el, oa súa amantísima esposa e os seus dous fillos adolescentes chegan á mansión... descobren que o que pensaban que era un soño converteuse no peor dos seus pesadelos.

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17


BANDA DESEÑADA 1 Ardalén Miguelanxo Prado Sabela, unha muller nos corenta, en crise tras a ruptura da súa relación de parella e a perda do seu emprego, chega a unha pequena aldea no medio dos montes buscando datos improbables sobre o seu avó, un home de vida azarosa, emigrado a Cuba e do que a súa familia non volveu saber. As poucas pistas das que dispón son un puñado escaso de cartas e algunha foto desvaída.

Baroña ou morte Pepe Carreiro Os Barbazóns son unha familia celta composta pola nai, unha vella do castro de Baroña chamada Tara; os tres fillos dela, Con, Bre e Lerankos; a nora Irlandesa, Guinness; o xenro das montañas orientiais do que hoxe é Galiza, Bar; os tres netos, Son, Baal e Minu, e un oso de nome Banza. Con, contra a tranquilidade do clan, decide concienciar aos seus do perigo de posibles invasións. A mellor defensa é o ataque, e a mellor defensa contra o ataque é unha boa festa.

De profundis Miguelanxo Prado Érase unha vez unha casa no medio do Mar. A casa tiña unha torre que miraba a Poñente, unha escalinata que penetraba nas augas, e unha árbore, por Levante, que florecía entre marzo e abril. Alí vivían namorados unha muller que tocaba o violoncelo e un pintor fascinado polo Mar e as súas criaturas, polos segredos que gardaban as súas profundidades, polos seres marabillosos que el imaxinaba que as poboaban e polas costas de terras afastadas alén do mundo ás que as súas augas podían conducir se se sabía atopar o rumbo. El infierno del dibujante Kiko da Silva Manuel Pardo é un debuxante de 72 anos que leva toda a vida dedicándose a crear historietas... pero a pesar da súa versatilidade e destreza co lapis, nunca foi capaz de publicar ningunha. Cada vez que crea unha historieta descobre que alguén se lle adiantou e publicou unha igual á súa. Que mala sorte! Pero o incansable Manuel seguirá tentando ser o máis rápido para lograr que lle publiquen algún dos seus cómics... a condición de que alguén non o faga antes que el. Conseguirao?

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17


BANDA DESEÑADA 1 Engurras Paco Roca Emilio, un antigo executivo bancario, é internado nunha residencia de anciáns pola súa familia tras sufrir unha nova crise de Alzheimer. Alí, aprende a convivir cos seus novos compañeiros, cada un cun cadro "clínico" e un carácter ben distintos, e os coidadores que os atenden. Emilio penetra nunha rutina diaria de cadencia morosa con horarios prefixados: a toma dos medicamentos, a sesta, as comidas, a ximnasia, a volta á cama... e no seu pulso coa enfermidade para tentar manter a memoria e evitar ser trasladado á última planta, a dos impedidos, conta coa axuda de Miguel, o seu compañeiro de habitación...

Epicuro el sabio William Messner-Loebs e Sam Keith O famosísimo filósofo Epicuro o Sabio trasládase de Samos, a súa cidade natal, a Atenas, o centro mundial da filosofía, a arte e a democracia. Alí coñecerá a Platón, Aristóteles, ao respectado Sócrates e ao pequeno Alejandro o Magno. Xuntos vivirán aventuras moi divertidas, revivirán mitos clásicos e atoparanse cos típicos problemas dos deuses. Nunca antes aprender historia clásica foi tan divertido!

H2OIL Colectivo Chapapote Libro reivindicativo colectivo publicado en resposta á catástrofe do petroleiro Prestige. Denuncia á manipulación informativa e a inoperancia das autoridades do goberno español durante o afundimento do petroleiro nas costas galegas en setembro do ano 2002, e reivindica a creación de medidas de prevención e vixilancia contra as mareas negras en todo o mundo.

Maus. Relato dun supervivente Art Spiegelman A historia dun supervivente de Auschwitz, Vladek Spiegelman, narrada ao seu fillo Art, o autor do libro. Pero ademais, en Maus o autor tamén realiza un retrato do seu pai na actualidade (no momento en que se entrevista con el para que lle relate os seus recordos da guerra) así como da súa difícil e tensa relación con el.

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17


BANDA DESEÑADA 1

Nómades Xosé Tomás Unha visión da emigración a través de historias de mulleres. Cada capítulo céntrase nunha protagonista que vai dun lugar a outro. Hai unha muller que cruza o estreito e chega a un lugar como España, outra que podería ser cubana e que chega para traballar como médica.

Novas aventuras de Simón Martel. Están vivas! Fausto Isorna, Rober G. Méndez e Aníbal Malvar Un alien preséntase no taller do escultor Lombardini e leva a súa última creación, deixándoo inconsciente. A estatua de Atlas do Concello móvese e cando a reporteira Simón Martel a vai buscar ao museo, atácaa.

Pedro y el lobo Miguelanxo Prado Esta ve sió de Pedro y el lobo es mi primer libro -y, hasta el momento, el único- supuestamente dirigido a un público infantil. Pero lo hice desde la perspectiva de un adulto que evoca sensaciones de infancia, y creo, si e a e te, ue el esultado o es u a o a pu a e te i fa til. … En su momento, el final que Prokofief le dio a la historia fue muy avanzado, pues el lobo acababa en un zoológico, propuesta muy progresista en aquel entonces. Creí que a finales del siglo XX, con nuevas sensibilidades y problemas acerca de la Naturaleza y el ecosistema, se pod ía a tualiza el e saje, y e pe ití alte a el fi al . Persépolis Marjane Satrapi Autobiografía dunha muller iraniana nada en Teherán en 1969 no seo dunha familia progresista. Pero, ademais do retrato da vida da autora, tamén é o reflexo da revolución iraniana de 1979 que deu lugar a un goberno islámico e de como o viviron as familias do país. Desde o inicio, coa introdución do veo na vida social e a separación por sexos nas escolas, ata a vida universitaria e as revoltas estudantís, a autora fai un repaso á súa vida que se remonta aos seus antepasados, axudándonos a entender as motivacións históricas da revolución islámica, mostrándonos á vez unha opinión crítica co goberno.

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17


BANDA DESEÑADA 1 Quotidianía delirante Miguelanxo Prado Las histo ias de Quotidianía Delirante se publicaron inicialmente en la revista El Jueves, a lo largo de varios años. Se fueron recopilando en sucesivos libros y, ahora, se han agrupado en esta edición integral. Muchas de estas historias me han sucedido personalmente, o a amigos, o a familiares. Algunas veces he exagerado un poco el desenlace... pero o u ho

Trazo de Xiz Miguelanxo Prado A historia nárranos como, despois dunha tormenta e no medio dun caloroso verán, un mozo viaxeiro perdido chega co seu barco a unha pequena illa do Atlántico que non aparece en ningún mapa. Unha illa na que só hai unha pequena pousada rexentada por unha muller e o seu fillo, un faro que non funciona e un embarcadoiro cun muro repleto de mensaxes escritas por multitude de viaxeiros que pasaron polo lugar. Alí atoparase cunha nova muller que tamén está de paso na illa, esperando a alguén...

V de Vendetta Alan Moore e David Lloyd Estamos no ano 1997. Finalizou a Terceira Guerra Mundial. Inglaterra converteuse nun estado fascista. Nestes tempos de desesperación e escuridade, aparece un misterioso individuo que se fai chamar "V" e que ataca aos intereses e axentes do estado, creando o caos. Pero, quen é "V"? Por que busca vinganza?

Watchmen Alan Moore e Dave Gibbons Unha crítica á sociedade occidental do seu momento, mediados dos oitenta, e, por extensión, da actualidade: sobre valoración do diñeiro, a lenta introdución da tecnoloxía nas facetas máis pequenas da vida doméstica e cotiá, os conflitos políticos entre as grandes potencias mundiais, etcétera. É dicir, un gran conxunto de elementos que compoñen un acertado fresco da sociedade de finais do século XX.

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17


BANDA DESEÑADA 1

El dibujo manga Sergi Cámara Neste libro ofrécese unha breve historia dos antecedentes, o nacemento e o desenvolvemento dos distintos estilos deste xénero do debuxo de historieta xaponés ao longo de todo o século XX.

La revolución de los cómics Scott McCloud O autor expón o futuro da novena arte e a maneira de reinventar o xénero a través das novas tecnoloxías. Esta recompilación de pensamentos e inquietudes é unha obra destinada a reavivar a chama do debate sobre a función da historieta nunha sociedade tan diversa como a nosa.

O ABC do cómic Xaquín Marín Manual que aborda de forma sinxela a teoría e historia do cómic, acompañado dunha propostas prácticas, de gran utilidade tanto para persoas interesadas no cómic como expresión artística como para o mundo do ensino.

Os cómics nas aulas Agustín Fernández Paz É unha excelente guía para abordar, desde os primeiros pasos, o traballo con este medio de comunicación. Sólidamente fundamentado na teoría e amplamente contrastado na práctica, este estudo, que recolle as experiencias do autor ao longo de dez anos, mostra un amplo abanico de posibilidades para o traballo cos cómics nos diferentes niveis do ensino, desde a Educación Infantil á Secundaria.

BIBLIOTECA DO IES SANTIAGO BASANTA SILVA. CURSO 2016-17


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.