GUÍA DE USO KINDLE PAPERWHITE
BIBLIOTECA ESCOLAR LIBRINCIOS C.E.I.P. SERRA VINCIOS
QUE É Un lector electrónico é un dispositivo electrónico que permite a lectura de libros en formato dixital. Pode conter moitos textos e ser, deste xeito, unha biblioteca portátil. Na biblioteca poñemos á vosa disposición 3 lectores do modelo Kindle Paperwhite, adquiridos con fondos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través do Proxecto-piloto E-LBE.
CARACTERÍSTICAS - Tamaño: 169 x 117 x 9,27 milímetros - Peso: 213 gramos - Pantalla táctil reflectante de 6" con luz integrada - Alimentación: batería recargable - Conectividad: cable USB 2.0
USO DO DISPOSITIVO
PORTO DE ALIMENTACIÓN Para cargar a batería conecta o cable ao dispositivo e despois a un ordenador
BOTÓN DE ACENDIDO Pulsa para acender e para apagar. Tras uns minutos de inactividad o dispositivo entra en suspensión automáticamente. O salvapantallas non consume batería
O uso da pantalla táctil é moi sinxelo. - Para seleccionar un elemento só hai que premer sobre el. - As zonas de pulsado son as seguintes:
BARRA DE FERRAMENTAS PÁXINA SEGUINTE (tameń pasando o dedo de dereita a esquerda)
PÁXINA ANTERIOR (tamén pasando o dedo de esquerda a dereita)
A barra de ferramentas da pantalla de inicio é esta:
INICIO Leva á pantalla de inicio, onde está o contido
LUZ DA PANTALLA Serve para axustar o brillo da pantalla
ATRÁS Serve para volver sobre os teus pasos
BUSCA Pódese buscar no diccionario, na Wikipedia, no texto...
MENU O menu cambia dependendo da pantalla
Cando estamos lendo un libro, a barra de ferramentas é a seguinte:
IR A Para ir a un capítulo, ao inicio, ao final... TEXTO Para modificar tamaño e tipo de letra, interliñado, marxes...
COMPARTIR Para compartir a túa opinión con outros lectores
Indicadores que aparecen na pantalla: - Indicador de conexión inalámbrica
- Indicador de estado da batería
- Indicador de actividad
- Indicador de control parental
CONDICIÓNS DE EMPRÉSTITO - Cursar 5º ou 6º de Educación Primaria. - Non ter ningunha sanción na Biblioteca escolar. - Presentar autorización asinada polo pai/nai/titor para o empréstito do dispositivo. - A duración do empréstito será dunha semana (con posibilidade de renovación se non hai reservas). - Non sacar da funda na que se entrega. - Devolver o dispositivo nas mesmas condicións nas que se entregou, xunto co cable USB para a súa carga nun ordenador. - Devolvelo cargado (para comprobar o bo funcionamento do mesmo). - No caso do incumprimento destas normas, o usuario perderá o dereito de uso durante un mes. No caso de reincidir, perderá este dereiro durante todo o curso escolar.
RESPONSABILIDADES O lector electrónico non é un xoguete; é unha ferramenta para a lectura. O usuario é o responable do uso do dispositivo, debe tratalo ben, tendo especial coidado coa pantalla. Non está permitido alterar a configuración nin o contido do dispositivo (cargar ou quitar documentos). Os libros electrónicos da Biblioteca non se poden copiar, modificar ou emprestar. No caso de atopar calquera anomalía no uso do dispositivo, débese comunicar inmediatamente á Biblioteca En caso de perda ou deterioro do dispositivo, o usuario terá que repoñelo (o seu custo é de 129€).
BOAS LECTURAS!