POUQUIÑO A POUCO CREAMOS O NOSO HORTO XVIII EDICIÓN PROGRAMA VOZ NATURA PROXECTO DO C.E.I.P. SERRA VINCIOS CURSO 2014/2015
Xustificación Dende hai xa moitos cursos, o noso é un Centro moi preocupado polo coidado do entorno. Xa son moitas as accións que pouco a pouco gañaron terreo no noso día a día, como a reciclaxe de papel, envases e pilas; a limpeza de zonas comúns dentro e fora do Centro; a colaboración coa Comunidade de Montes na reforestación da zona; a plantación e apadriñamento dunha árbore cada ano... Mesmo adicamos un curso escolar ao tema “Reciclaxe e Medio Ambiente”. Este ano xurdiu entre o profesorado a idea de crear un horto escolar o vindeiro curso, así é que cando vimos a convocatoria de Voz Natura... mergullámonos no proxecto sen pensalo dúas veces!
Os nosos obxectivos ●
●
●
Sensibilizar a toda a Comunidade Educativa, especialmente ao alumnado, da importancia que ten o coidado do medio que nos rodea como primeiro paso cara a unha conciencia ambiental a escala global. Crear un horto ecolóxico no Centro de xeito que o alumnado sinta preocupación e respecto pola natureza, implicándose dun xeito responsable e directo na súa creación e coidado. Concienciar a toda a Comunidade Educativa da necesidade de reducir, reutilizar e reciclar, e da importancia de promover hábitos saudables para mellorar a nosa calidade de vida.
Algúns contidos que imos traballar ●
As plantas: características, necesidades, clasificación, usos...
●
O clima: influencia nos cultivos, cultivos estacionais.
●
Tipos de cultivo: tradicional, ecolóxico (sostenibilidade), industrial.
●
O comercio: bases do comercio xusto.
●
Hábitos saudables e consumo responsable.
●
A contaminación da terra.
●
Festas relacionadas cos productos da terra.
●
A reciclaxe e o aforro de auga.
Como imos organizar as actividades O horto ecolóxico será o tema anual do Centro e, polo tanto, o eixe principal das actividades propostas dende todos os Equipos (Biblioteca, Normalización Lingüística, TICs, Actividades Complementarias e Extraescolares, Equipos de Ciclo...). Todo o Claustro participa no deseño, desenvolvemento e avaliación das actividades; e todo o alumnado é parte activa das propostas (co titor e cos especialistas).
Ubicación do horto O noso Centro está no ámbito rural, na parroquia de Vincios, e a titularidade do terreo é do Concello de Gondomar. A zona na que se situará o horto, de 10x10m, ten as condicións axeitadas de insolación e está preto dun punto de subministro de auga.
HORTO
Propostas do Claustro ●
●
●
●
●
Setembro e outubro: preparar o terreo e cercalo. Setembro e outubro: Elaborar cartaces para unha reciclaxe axeitada, o aforro de auga e a reutilización de recursos. Outubro: Facer bancais. Outubro e novembro: Instalar un composteiro e realizar cartaces para o seu bo uso. Novembro e decembro: Elaborar un calendario de sementeira: hortalizas, froiteiras, plantas aromáticas...
●
●
●
Xaneiro: Crear un espantallo con materiais de refugallo. Xaneiro a xuño: facer sementeiros, sementar, plantar, regar, coidar, recoller... Xaneiro a xuño: Elaboración dun ficheiro coas características e usos das plantas e dos produtos que teñamos.
●
Ao longo do curso: •
Decorar os corredores e as aulas coa temática.
•
Reciclar (levámolo facendo máis de 6 cursos).
•
Limpar o patio do Centro.
•
Invitar aos membros da Comunidade Educativa a participar nas actividades e axudarnos.
•
Colaborar coa Comunidade de Montes na reforestación dagunha zona cercana.
•
Exposición de aparellos de labranza.
•
Uso da cociña (creada este curso) para a elaboración de marmeladas, conservas, receitas...
Propostas do Equipo de Biblioteca ●
●
●
●
Proxectos documentais: cada aula acota e escolle unha parcela do tema para investigar a fondo co fin de expoñer o traballo final ao resto do Centro. Contacontos: o coidado e o respecto do planeta será a temática do noso V Ciclo de contacontos. Mochilas viaxeiras: dentro das mochilas haberá alomenos un libro de manualidades para crear reutilizando. Concurso de fotografía: convocaremos un concurso de fotografía sobre os hortos familiares e os traballos de campo.
Propostas do Equipo de Normalización Lingüística ●
●
●
Glosario: elaboraremos un glosario con termos específicos relacionados co horto ecolóxico. Charlas: invitaremos a xente que ten hortos ecolóxicos pola zona para que nos fale das vantaxes deste tipo de cultivo, da forma de proceder, dos beneficios... Festas relacionadas: busca e promoción (cartaces, entradas no blogue...) de festas locais relacionadas coa temática.
Propostas do Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares ●
●
●
●
Magosto: celebraremos o Magosto, como ven sendo habitual, no monte Galiñeiro e faremos unha batida ao chegar e ao marchar para deixar todo limpo. Entroido: a temática do desfile será o horto ecolóxico. Día do Medio ambiente: apadriñamento por parte dos alumnos de 3 anos dunha árbore que plantan eles no patio (actividade que leva facéndose varios anos). Saídas: proponse relacionar as saída do vindeiro curso coa temática: visitar un viveiro, unha granxa escola, unha adega...
Propostas do Equipo de TICs ●
Elaboración de recursos: •
Actividades na aula virtual sobre a compostaxe.
•
Guías de recursos Web sobre a Reciclaxe.
•
Actualización dos Blogues coas montaxes de fotos e vídeos das actividades que se van realizando.
•
Actividades para o Encerado Dixital Interactivo.
Orzamento ●
Preparación da terra e cercado metálico:
●
Aparellos de labranza (carretillo, mangueiras,
710є
sachos, capazos,regadeiras...):
230є
●
Composteiro e papeleiras de lixo orgánido das aulas:
155є
●
Sementeiros, sementes, plántulas, plantas, froiteiras, flores...
350є
●
Invernadoiro:
115є
●
TOTAL:
1.560є
Visión de futuro Dende o Centro consideramos que a conciencia ecolóxica é un modo de vida que se transmite cada día, máis aló das accións puntuais. Por iso, como xa fixemos co resto de actividades relacionadas co coidado do noso planeta, pretendemos manter o horto funcionando nos cursos vindeiros. Gústanos que o noso alumnado teña un contacto directo coa natureza, que aprenda a valorala, a gozar dela, a coidala. Se está nas nosas mans poder ofrecerlle un primeiro achegamento a ela, por que non íamos facelo?