Última edición do curso 20102011 do concurso ADIVIÑA QUEN
É. Serás quen de adiviñar a identidade do personaxe descoñecido? Le a información que che ofrecemos e..... a concursar!!!!!!!!!!!!! DATOS BIOGRÁFICOS: 1 Era fillo de emigrantes italianos. 2 Foi elixido Secretario Xeral da Federación Xuvenil Comunista en 1933. 3 Contrae matrimonio civil con Matilde Kusminsky. 4 En 1938 obtivo o Doutoramento en Física na Universidade Nacional da Plata. 5 No 1939 abandona París para ingresar no Instituto Tecnolóxico de Massachusetts. 6 Colabora na revista Sur de Victoria Ocampo e nela publica unha das súas obras principais. 7 Foi o creador da revista Mundo Argentino. 8 En 1961 publica unha novela sobre o heroe arxentino Xeneral Juan Lavalle, que foi considerada unha das mellores novelas arxentinas do século XX. 9 En 1976 recibe o premio á mellor Novela Estranxeira 10 Foi o primeiro escritor en lingua española que publicou un libro gratuito en Internet.
DIXO: • • •
• •
•
•
•
•
•
"Ó parecer, a dignidade da vida humana non estaba prevista no plan de globalización." "Na bondade encérranse todos os xéneros de sabedoría." "Un bo escritor expresa grandes cousas con pequenas palabras; á inversa do mal escritor, que di cousas insignificantes con palabras grandiosas." "A vida é tan curta e o oficio de vivir tan difícil, que cando un empeza a aprendelo, xa hai que morrer." "Creo que a verdade está ben nas matemáticas, na química, na filosofía. Non na vida. Na vida é máis importante a ilusión, a imaxinación, o desexo, a esperanza." "Ademais, sabemos acaso o que é a verdade? se eu lle digo que aquel anaco de fiestra é azul, digo unha verdade. Pero é unha verdade parcial, e polo tanto unha especie de mentira." "Se nestes últimos séculos de historia temos perdido unha oportunidade, foi a de construir unha historia na que o home fose protagonista, en vez de ser un novo condeado." "Pregúntome en que clase de sociedade vivimos, que democracia temos onde os corruptos viven na impunidade, e a fame dos pobos é considerada subversiva." "A maior nobreza dos homes é a de levantar a súa obra no medio da devastación, sosténdoa infatigablemente, a medio camiño entre o desgarro e a beleza.” “O admirable é que o home siga a loitar e a crear beleza no medio dun mundo bárbaro e hostil.”
Sabes quen é o escritor misterioso? Se cres que si, volta ó artigo do blog e segue os pasos que alí se indican (enviar un correo electrónico coa resposta correcta, o teu nome e apelidos, curso, grupo e instituto ó enderezo ribeirachivite@gmail.com) ÁNIMO!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!