GREASE EN GALEGO – AS CANCIÓNS É O AMOR TODO ESPLENDOR (Love is a many splendored thing) É o amor todo esplendor É unha rosa de abril que abraia co seu fulgor É o motivo que temos pra sentirnos plenos Coroa de ouro que nos fai ser reis Foi inefable o día aquel Cando o amor chegou, el a ela bicou e o mundo parou Cando una canción brotou do meu silente corazón E certo, é o amor todo esplendor
Foi inefable o día aquel Cando o amor chegou, el a ela bicou e o mundo parou Cando una canción brotou do meu silente corazón E certo, é o amor todo esplendor
GREASE CANCIÓN Fin dos problemas, eu xa vexo a luz Temos o noso amor Haino que alimentar Non hai perigo, imos avanzar Nós podemos ter fe en que a paixón vai triunfar
Triunfou o amor
Cren que este amor é unha cousa menor Non nos comprenden, non Mais non temos temor
Non é mentira o noso é real Deixemos de loitar O noso é natural
Triunfou o amor ( o amor , o amor, o amor….) Con paixón Con tenrura Triunfou o amor Cheo de cor E loucura Triunfou o amor sen torturas
Guindamos lonxe todas as presións Deixamos moi atrás todo o que é convencional De certo que imos chegar ata o final Comezamos a crer Que somos quen de vencer
Triunfou o amor ( o amor , o amor, o amor….) Con paixón Con tenrura Triunfou o amor Cheo de cor E loucura Triunfou o amor sen torturas
Busca unha vida de ilusión deixa os problemas
deixa a confusión Que facemos aquí?
Guindamos lonxe todas as presións Deixamos moi atrás todo o que é convencional De certo que imos chegar ata o final Comezamos a crer Que somos quen de vencer
Triunfou o amor ( o amor , o amor, o amor….) Con paixón Con tenrura Triunfou o amor Cheo de cor E loucura Triunfou o amor sen torturas
NOITIÑAS DE VERÁN (SUMMER NIGHTS) Tempo bo pra namoriscar (Danny) As noitiñas daquel verán (Sandy) Coñecín a moza ideal (Danny) Coñecín un rapaz sen igual (Sandy) Noites doces as daquel verán Noites quentes, non se esquecerán
Veña, veña, veña xa Conta máis, conta máis Ata onde chegou (Mozos)
Conta máis, conta máis Ti cres que namorou? (Mozas)
Ata a praia fomos nadar (Danny) Baixo a lúa, na auga do mar (Sandy) Case afoga, salveina eu (Danny) El campaba (=presumía), críase un deus (Sandy) Noites doces as daquel verán Noites quentes, non se esquecerán
Veña, veña, veña xa Conta máis, conta máis Foi un amor real (Mozas) Conta máis, conta máis Foi paixón animal (Mozos)
Eu leveina ata o billar (Danny) Paseamos collidos da man (Sandy) Arrastrounos aquela paixón (Danny) Deille un bico, con moita emoción (Sandy) Noites doces as daquel verán Noites quentes, non se esquecerán
Veña, veña, veña xa Conta máis, conta máis Pero sen alardear (Mozos) Conta máis, conta máis Que pouco pillabán (Mozas)
Achegouse un pouco de máis (Sandy) Arrimouse a este rapaz (Danny) Que fermoso o meu galán (Sandy) Ai que corpo, que non ten par (Danny) Noites doces as daquel verán Noites quentes, non se esquecerán
Conta máis, conta máis Invitoute a cear? (Mozas) Conta máis, conta máis As amigas que tal? (Mozos)
O verán axiña pasou (Sandy) Ese tempo moi pronto voou (Danny) E fixemos promesas de amor (Sandy) Que foi dela? Que lle pasou? (Danny) Noites quentes, chegaron ó fin Noites doces, que ben que as vivín Conta máis….
RENDIDA E TOLA POR TI (HOPELESSLY DEVOTED TO YOU) O meu é un corazón doente Non podo parar de chorar E téñoo que admitir Non podo así vivir, sen ti Estou rendida e tola por ti
Mais xa non sei onde ir desde que te vin partir
sen rumbo, sen luz estou rendida e tola por ti estou rendida e tola por ti
Sei que moi parva son por agardar Sentada día tras día así Mais non sei que facer, morrendo sen te ter aquí Estou rendida e tola por ti
Mais xa non sei onde ir desde que te vin partir sen rumbo, sen luz estou rendida e tola por ti estou rendida e tola por ti
Esquece ese rapaz, eu dígome Agárdao, di o meu corazón Eu sufro ó esperar, una tortura para min Estou rendida e tola por ti
Mais xa non sei onde ir desde que te vin partir sen rumbo, sen luz estou rendida e tola por ti estou rendida e tola por ti
EU ESCÓLLOTE A TI (You are the One that I Want ) Mírame, estou tremendo e perdendo o control os teus ollos,tan impíos dánme calafríos Achégate xa eu precísote O meu corazón pra ti Achégate xa e comprende que só latexa para ti Para ti, só latexa para ti Eu escóllote a ti Eu escóllote a ti Si, si , si – Danny / Sandy (3) Achégate - Precísote Se che gusto e non dis nada pola túa timidez Aquí estou agardando con avidez Achégate xa eu precísote O meu corazón pra ti Achégate xa e comprende que só latexa para ti Para ti, só latexa para ti Eu escóllote a ti Eu escóllote a ti Si, si , si – Danny / Sandy (3) Achégate - Precísote Eu escóllote a ti Eu escóllote a ti Si, si , si – Danny / Sandy (3)
Achégate – Precísote
DEIXACHE-LA ESCOLA (BEAUTY SCHOOL DROP-OUT) Que mágoa dá contar Que deixaches de estudar Confusa e perdida agora estás Futuro escuro agora tes Non hai saída, non a ves O teu sorriso nada vale xa
Deixache-la escola Non houbo graduación pra ti Deixache-la escola Suspenso en todo, ata en tinxir
Polo menos puidécheste dar un pouco de verniz polo menos puideches gastar no teu novo nariz
Rapaza, esperta non vivas só das túas visións Rapaza, esperta hai máis que soños e ilusións
Se consegues un diploma poderías triunfar Pensa un poquiño e volta ó colexio estudar
Deixache-la escola Sen secundaria, que facer Deixache-la escola As consecuencias ti vas ver
Ninguén fixo nada bo de ti Non estudar! Que sorte! Mais clientas nunca ti terás sendo peiteadora torpe
A preocuparte se sen emprego vas estar A preocuparte se ninguén tes para peitear
Aínda que sexas fermosa O mundo moi cruel será Pénsao ben, nena vai ó colexio estudar
Meniña, escoita o que che vou recomendar Meniña, escoita déixate ben aconsellar
Xa cho dixen, ponte a traballar agora, vou flotar Teño que regresar, ata o ceo voar
Deixache-la escola Volta ó colexio
MÍRAME SON SANDRA DEE (LOOK AT ME I’M SANDRA DEE) Óllame, que son Sandy A máis pura do país Ata casar home non catarei Non podo, son Sandy
Eu son como Doris Day O amor dentro da lei Nin un Rock Hudson me conquistará Se non trae un anel
Eu non fumo Non me tinxo o pelo Póñenme mala os cigarrillos Quítame as túas sucias mans! Non me toques, rapaz!
Ata ó Troy, Troy Donahue Eu non lle direi nin mu Será moi guapo, iso a min dáme igual Son un ser virxinal
Elvis Presley, son Sandy Esa pelve lonxe de min Cousas noxentas non vou soportar A Sandy has respectar!
ADEUS A SANDRA DEE (GOODBYE TO SANDRA DEE) Óllame, estou aquí Mais son outra Sandra Dee Temor e dúbidas deixei atrás Eu hoxe renacín
Dille adeus a esa Sandy Dille ola á que está aquí Cabeza ergueita, orgullo e valor Na nova Sandra Dee
VAIA RAIO! (GREASED LIGHTNING) Este coche podería ser… automático!!!!, hidromático!!!!, ultramático!!!!! Podería ser coma un raio…. Vaia raio!!!!!!
Poremos unhas peciñas novas, resucitará Un raio, vaia raio!!!! Motor noviño do trinque, resucitará Un raio, vaia raio!!!!!!!! Sete marchas, quizais máis, barras de cromo e a triunfar As nenas vannos perseguir para ser quen de conducir o noso raio
Vas coma un raio, estás a queimar o (teu) motor Un raio, vaia raio!!!! Vas coma un raio, voando coma un reactor Un raio, vaia raio!!! Ti es o rei, téñoche lei Es o meu raio
Un tubo de escape noviño con silenciador Un salpicadeiro de coiro no meu novo amor Novos pistóns e buxías, triunfaremos coas tías Xa veredes, non é engano, este coche é ouro en pano O noso raio!!!!
SANDY Deixoume só no cine Que parvo son! Non me esquives, ten compaixón. Sandy, non o ves? Estou ós teus pés Non levo ben, o teu desdén Comigo só es cortés O amor voou, tristeiro estou (Eu) choro e berro: Ai, Ai, Ai, Ai!!! Ai! Non estás, Non! Sandy Oh, Sandy! Nena, mañá, cando lonxe de aquí Ben sei que ti e máis eu Seremos un por fin No ceo pra sempre, por sempre, así será Ai!, di que si, Oh Sandy!
Recitado: Sandy, cariño , feríchesme tanto Sabes que é certo Creme se che digo Que sen ti
Non son ninguén O amor voou, tristeiro estou
(Eu) choro e berro: Ai, Ai, Ai, Ai!!! Ai! Non estás, Non! Sandy. Sandy! Sandy! Ai, Ai, Ai, Ai! Oh, Sandy!
TRISTE LÚA (BLUE MOON) Triste lúa Estabas só, sen amor Se un soño que vivir Perdida toda ilusión
QUE PECADO COMETÍN (THERE ARE WORSE THINGS I COULD DO) Que pecado cometín? Ir con máis dun mozo, si Moitos son os que dirán Que atolada son de máis Podería ser así Que pecado cometín?
Podería convencer Un rapaz do meu querer E facelo tolear
Xurando que o vou amar E despois abandonar Ese si é pecado, si
Podería agardar Por un home ideal En silencio esperar Só vivir para soñar Cunha historia irreal
Eu podería ferir Alguén semellante a min Eu sei ben o que é sentir, Tamén chorar, tamén sufrir
Mais chorar perto de ti É un pecado para min
IMOS XUNTIÑOS (WE GO TOGETHER) Imos xuntiños Xxxxxxxxxxxxxxxxx Abrazadiños Xxxxxxxxxxxxxxxxx Así é como debe ser Xxx Somos iguais Xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx Nós sempre seremos un (wa-wa-wa un)
Á noite imos bailar As estrelas a brillar Fermoso ceo do verán
Na escola a festexar O curso (está ) a rematar Atoparás o amor-ooooooooooooor Xxxxxxxxxxxxxx Todos xuntiños Xxxxxxxxxxxxxxxxxx Coma irmanciños Xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx Xuntiños sempre estaremos xxxxxxxxxxxxxxxxxx