KUMBARIKIRA Estribillo: KUMBARIKIRA URUPUKIRA TSA KUMBARI UTSU UKAIMA KUMBARIKIRA URUPUKIRA TSA KUMBARI UTSU UKAIMA KURACHI WIRI TIMA TSA KATUPI TSA KUMBARIKIRA URUPUKIRA KURACHI WIRI TIMA TSA KATUPI TSA KUMBARIKIRA URUPUKIRA Estrofas 1º ESO A: Eu falo dúas linguas, galego e castelán As dúas me serven para navegar Co galego podemos coñecer, Falar, soñar e tamén aprender (Estribillo) O galego foi moi desprezado Pero agora podemos amalo O kukama é o noso amigo E debemos salvalo do perigo (estribillo) Estrofas 4º ESO B: Falamos este idioma para que non se perda Canto queremos a lingua galega! Que se escoite a nosa lingua no mundo enteiro Síntete orgulloso de ser galego! (Estribillo)
A nosa lingua é moi especial Non todos os galegos a saben ben falar O galego está desprestixiado E queremos reivindicalo (Estribillo) Estrofa 3º ESO B : Eu son nativa da Galiza central e aquí a nosa lingua comézase a olvidar Ás veces na aula pódela escoitar pero se vas á rúa non a oes falar (Estribillo) Un gran cargueiro cunha rocha topou E o seu contido nas costas derramou Nós xa sabemos cal é a repercusión Con vós loitaremos contra a polución (Estribillo) Estrofas 1º ESO C: O río Támega non está mal Mais o Marañón vaise estragar Entre todos debemos traballar Para o Marañón e o kukama rescatar (Estribillo) O kukama estamos a salvar Por iso esta canción estamos a cantar Os avós sábeno falar E nós os nenos ímolo usar (Estribillo)
Estrofas 4º ESO C: O galego e o kukama son moi pequenos Aínda que para nós son o mesmo universo O Marañón tinguiuse de negro E nós outra vez lumpo queremos velo (Estribillo) Cantamos este rap para fraternizar Porque perto de vós queremos estar No voso idioma queremos cantar Nunha lingua tan singular (Estribillo) Estrofas 3º ESO A: Nós tamén queremos denunciar Que o noso medio ambiente estamos a estragar Ó carón do noso centro hai una central Que a nosa saúde pode danar (Estribillo) A toda a nosa xente queremos concienciar A través do kukama, galego e castelán Oxalá vos guste moito o noso rap Pois nós co voso puidemos gozar (Estribillo)
Estrofas 1º ESO D : A lengua galega estase perdendo E tamén se está esquecendo Dános moita mágoa que desapareza Que perdamos tanta beleza (Estribillo) Temos o galego, tedes o Kukama Que non nolos quiten da nosa alma Kumbarikira é a nosa canción Todos a cantamos con emoción