GO NOVAS DE MONDE CURSO 2008– 2009
Ramón Piñeiro visto polos nenos de 2º
CEIP PEDRO BARRIE DE LA MAZA Rúa Miguel Pereiro Tacón s/n 15168 Mondego (Sada) A CORUÑA
Pax 2
EDITORIAL
Aquí estamos outra vez coa nosa revista Novas de Mondego. Como sempre queremos achegar a toda a Comunidade Educativa as creacións artísticas e literarias realizadas polos nenos e nenas do colexio ó longo deste curso. O que ides ver a continuación é un pequeno resumo do traballo deste ano, pois sería imposíble recoller todos os momentos vividos e todas as actividades realizadas. A biblioteca escolar sigue co seu proxecto e todos estamos moi contentos polo entusiasmo que desperta en vós a visita a esta dependencia escolar. Este curso, a biblioteca escolar quixo sumarse á celebración do Ano Internacional da Astronomía promocionado pola UNESCO coincidindo cos catrocentos anos da morte de Galileo Galilei e da invención do telescopio. Tamén fixemos unha grande labor de concienciación para o coidado do noso planeta. Empezamos con pequenas tarefas tales como as campañas de reciclaxe, conservación do entorno, plantación de árbores e plantas, aproveitamento do material de refugallo… A nosa creatividade quedou reflexada nas variadas producións que encheron a semana adicada ás Letras Galegas que este ano homenaxea a D. Ramón Piñeiro. A portada da revista amosa como viron os nenos de segundo de primaria ó autor homenaxeado, tamén tedes unha pequena biografia en banda deseñada que vos resultará moi entretida.
AGRADECEMENTOS O ENDL quere dar as grazas a todos/as os/as mestres/as, a ANPA de Quintán, ó Equipo Directivo, ó noso conserxe e ós/ás alumnos/as deste colexio pola súa colaboración ( tanto a nivel pedagóxico como económico ) para que, un curso máis, a nosa revista poida ser editada.
Pax 3
Ram贸n Pi帽eiro
Pax 4
Ram贸n Pi帽eiro
Pax 5
Lara Montouto 5ยบ A
Pax 6
“A casa do queixo”
INFANTIL 5 ANOS
Pax 7
“Os Reis magos quedan sen gasolina EDUCACIÓN INFANTIL 3A
Pax 8
“Os Reis magos quedan sen gasolina
EDUCACIÓN INFANTIL 3A
Pax 9
Preguntoiro. Comproba canto sabes de astronomía mía?
1) Por que o ano 2009 é o ano Internacional da Astrono2) Que é unha galaxia? 3) Que planeta é o que rota de lado? 4) Que ser vivo viaxou por 1ª vez ao espacio? * Se non sabes as respostas podes preguntarlle a estes nenos: Óscar 2ºB, Sara García 2ºB, Laura Árevalo 4ºB, Tatiana 4º C, Sara Sande 6º B,
Sabes algún refrán sobre o Sol ou sobre a Lúa? Estes nenos sí que saben , se queres podes preguntarlle * Alba M. 1ºB, Sara García 2ºB, Brenda 2ºB, Laura del Carmen 3ºB,
Adiviña..... 1) Tan redonda coma un queixo e ninguén pode darlle un beixo 2) Se o sabes, responde, cando luce o Sol, ela se esconde. 3) Unha cousa quiquiricousa que se mete no río e non se molla. 4) Que cousiña cousa é, que pasou o río sen mollar o pé?. 5) De día eu me levanto, de noite a cama vou, tiño de vermello o solpor. ¿a que non sabes quen son?. 6) Alto pimpín, redondo molete: que chova que neve non se de7) Polas varadas do ceo, paséase unha doncela vestida de azul e branco e reluce coma unha estrela. Se non sabes as respostas destas adiviñas podes preguntarlle a....... * Ana 1ºB, Darío 1ºB, Alba D. 1ºB, nenos-as 1ºB, Sara García 2ºB, Stella 2ºB, Alexandra 2ºB, Laura del Carmen 3ºB, Laura Arévalo 4ºB,
Pax 10
♣
Sabes as respostas a estes xeroglíficos? Se non as sabes podes preguntarlle aos nenos-as que aparecen debaixo 1) Cal é o nome deste planeta?: U RANO + ST Pista: ordena as letras * Sara G.B. , Laura 6ºB
2) Cal
é o nome deste planeta?:
Can de Disney + N * Nenos-as de 1ºB, Lucía S. 2ºB, Óscar 2ºB, Paloma Sobrino 4ºB, laura Árevalo 4ºB, Alex Casal 4ºC, Lara 6ºB, Sara Sande 6ºB
3) Cal
é o nome deste planeta?: Día da semana - s
* Nenos-as 1ºB, Óscar-Anxo 2ºB, Brenda 2ºB, Laura Arévalo 4ºB, Fernando Chao 4ºC, Alex 4ºC, Lúa Blanco 4ºC, Nilton Trivero 4ºC, Ana Kariva 4ºC, Sélena 4ºC, Lara 6ºB, Sara Sande 6ºB.
4) Cal
é o nome deste planeta?: Pai da “Sirenita” * Alex Casal 4º C, Fernando Chao 4º C
5) Cal
é o nome deste satélite?:
L + 1º número en feminino - nh
*Nota: hai máis nenos que colgaron as súas repostas no taboleiro de astronomía pero que non puxeron o nome nin o curso e por iso non aparecen aquí.
Pax 11
“Creamos banda deseñada”
Laura González 2º A
Angela Vázquez 2º A
Pax 12
Mónica Castro 2º A
Chen Yong 2º A Lucía Mayor 2º A
Pax 13
Pax 14 Educaci贸n Infantil 3A
Os nenos de 4 anos aprendemos cousas dos animais
Pax 15
“Cousas que fixemos neste curso ” Este ano inauguramos na biblioteca “O Buzón de Suxestíóns” onde agardamos as vosas aportacións para mellorar.
Celebramos “ O Samaín” cun taller de cabazas, unha festa e unha bonita exposición, e comendo ricos froitos do outono e larpeiradas.
Tamén celebramos “O Magosto”, comendo ricas castañas asadas. Este ano veu asalas un castañeiro co seu tren.
Pax 16
“Cousas que fixemos neste curso ” Chegado o Nadal realizamos un concurso de tarxetas navideñas, e un magnífico festival no que fixemos obras de teatro, bailamos, recitamos e recibimos os premios do concurso de contos, postais e carteis.
A postal ganadora foi creada por Carolina de 6º B Pax 17
“Cousas que fixemos neste curso ” Aprendemos a convivir, e para a celebración do día da PAZ elaboramos murais, lemos poesías, e cantamos cancións. Ademaís cada mes celebramos unha causa.
Aprendemos a pedir a PAZ en tódolos idiomas. A entrada do colexio temos exposto a causa que celebramos cada mes
Reflexionamos sobre os xoguetes que son pouco axeitados para aprender a vivir en PAZ.
Pax 18
“Cousas que fixemos neste curso ” Para celebrar o ano da astronomía, enchemos o cole de grandes murais que nos invitan a pensar nela. Vestimonos de Magos, astrónomos, tartarugas espaciais, extraterrestres, soles, lúas, planetas, astronautas ….para o “Gran Día”
A Sardiña e o Meco foron dando “Mandas” durante a semana previa a celebración da nosa Gran Festa
Pax 19
“Cousas que fixemos neste curso ”
Para despedir a Don Entroido e dar a benvida a Dona Cuaresma e fixemos queimamos os Mecos e a sardiña, cantando coplas de despedida.
Benedicto Pardiñas fixo unha exposición material e documental do mar e dos seus froitos que nos gustou moito.
Este ano celebramos o ano da Astronomía, mirando polo telescopio, coñecendo os astros cun planetario viaxeiro. Fixemos unha exposición das nosas investigacións sobre o Universo.
Pax 20
“Cousas que fixemos neste curso ”
O día do libro Infantil, xuntámonos na biblioteca, este ano ía de fábulas: contamos, escoltamos e reflexionamos sobre as súas sentezas.
O 23 de abril, celebramos o día do libro facendo unha lectura en común os libros elexidos foron relacionados co Universo e a Astronomía.
Co mes de maio saen a flores e para celebralo facemos maios de todas as cores.
Pax 21
“Cousas que fixemos neste curso ”
Para celebrar o día das Letras Galegas, fixemos un fetival, houbo teatro, cantigas e poesías e pasámolo fenomenal. Este ano lembramos a Ramón Piñeiro.
Deixámos constancia da nosa creatividade nun concurso de carteis, contos, poesía, banda deseñada e investigación. Os galardonados recibiron os seus premios. Pax 22
Pax 23
O fondo do mar
E.I 4 anos B
Pax 24
FALAMOS DO CLUB DE LECTURA : “ O mundo de Maxín”
Este curso, por primeira vez na biblioteca, decidiuse facer un “ Club de Lectura ”. Preguntarédesvos que é iso; pois un Club de Lectura básicamente é unha reunión de persoas ás que lles gusta ler. Xúntanse cada certo tempo para falar do libro que están a ler, polo tanto teñen que ler todos o mesmo libro. Tamén teñen que ler todos o mesmo capítulo para non ir uns diante dos outros e descubrir acontecementos que deben manterse en segredo. Nestes clubes hai una persoa que é o coordinador ou coordinadora. Esta persoa fai de moderador nas xuntanzas, seleciona as lecturas, reúne ó grupo… A primeira reunión foi para saber o que íamos facer ó longo do curso, que día nos íamos reunir e, o que era máis importante, que libro iamos ler. Escollemos o libro O Misterio dos Fillos de Lúa da escritora Fina Casalderrey por varias razóns: porque no ano 1.995 recibiu o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil , porque a autora é da nosa terra e aínda que este ano non vai vir visitarnos ao colexio non quere dicir que non o faga máis adiante. Velaiquí temos algunhas opinións de nenos e nenas que leron este libro:
“ Este libro trata dun neno e dunha nena que teñen unha gata que se chama Lúa. Lúa pariu moitos gatiños que lle desapareceron e pensaron que o ladrón fora o calvo Indalecio ” . Miguel 4º A
“O neno David e a súa boa amiga Branca intentan atopar ós gatiños. Despois de moitas pesquisas atoparon ó culpable que non vou dicir quen é para que vos animedes a ler ó libro”. Silvia 4º A
“ Encantoume que fixeramos o Club de lectura porque é moi interesante e divertido ler misterios como o do libro deste ano. Gustariame que o curso vindeiro seguíramos con este club. Do libro que lemos, o personaxe que máis me gustou foi Branca porque é moi simpática, moi boa con David e coa nai de David”. Carlota 4º A
“ Eu lin o libro con moito interés e remateino en poucos días. Os personaxes que máis me gustaron foron Lúa e os gatiños porque o gato é un dos meus animais preferidos”. Raquel 4º A
“ A min gustoume moito a idea de facer un club de lectura. O libro que lemos é moi divertido. O que máis me gustou foi o remate porque non contábamos que rematara dese xeito”. Andrea 4º A
Pax 25
INFANTIL 5 ANOS Pax 26
INFANTIL 5 ANOS Pax 27
“Somos poetas”
Alberto Herreras 3º B
Berta Cadaveira 3º A
Gabriel Devasa 3º B
Laura del Carmen 3º B
Pax 28
INFANTIL 5 ANOS Pax 29
Pax 30
Alexandre Natalie Rivera 2º A
Sara Portomeñe 3º B
Pax 31
Diego García 5º A
Pax 32
Alex Babío 3º B
Alba Codesal 1º A
Pax 33
Educaci贸n infantil 5 anos A
Pax 34
SHIRLEY E A SÚA MENCIÑA
Sara Gómez 6º A
Pax 35
Pax 36
Pax 37
Pax 38
Darío Alonso 6º A Pax 39
“Os vermes de seda ”
Saín dun oviño.
E. I 5 anos B
Son un verme pequeniño
Vou medrando segundo as follas de moreira que vou xantando.
Estou moi cansadiño , vou facer un casulo para dormir un pouquiño
Pasados uns días saio moi contenta, xa non son un verme. Son unha bolboreta
Pax 40
Este curso os alumnos de primeiro ciclo de primaria participamos no proxecto PROGRESS, traballando con estes contos:
BEEELINDA A OVELLA SABIA
INFANTIL 5 ANOS Pax 41
Pax 42
Pax 43
Nicolรกs Coelho 51 A Pax 44
Adeus, Mondego, adeus. Queridos compañeiros, profesores e persoal do centro: Os nenos de 6º nivel despedímonos hoxe deste colexio, que foi escenario dunha parte moi importante das nosas vidas: a nosa infancia. Moitos dos meus compañeiros aprenderon aquí as súas primeiras palabras, descubriron nestas aulas o coñecemento, o pracer da lectura e, como non ! o valor da amizade e do compañerismo, como tamén o valor do esforzo que ás veces se viu recompensado e outras non. Incluso a tristeza e as bágoas por un suspenso ou por
Despedimos hoxe aquí a nosa infancia e abrímonos paso a unha incerta etapa: a adolescencia, o futuro. Lembraremos o enfado, sempre cariñoso, do mestre ou mestra, cando chegamos tarde á clase, cando non traemos os deberes feitos ou cando esquencemos o material escolar. Recordaremos tamén os bos momentos vividos nos festivais que se organizaron ao longo do curso. Seguro que nestes anos fomos bos en moitas ocasións pero outras merecemos a bronca dos nosos profesores. Como poder resistir a tentación de escribir notiñas a un amigo ou á nena que tes diante e coa que soñas, mais sempre fomos nenos (este mais, como ves, Chus, non leva acento ). Imaxinemos canto teremos cambiado dentro duns 15 anos. Manteremos algúns amigos, con outros non volveremos a encontrarnos pero todos levaremos un bo recordo da nosa infancia: a nosa estancia en Mondego.
Darío Alonso Expósito- 6º A
Pax 45
DESPEDIDAS Outro ano máis xa chegou o remate do curso e con el aparece a nosa revista.Despois do que levamos visto e lido, imos coas despedidas, que non son adeuses; son “ deica logo”. Este ano xubílanse dous mestres que levan moito tempo connosco: Mario e Lino Mario está neste colexio dende o curso 1.982. Chegou cando aínda era un centro dependente do ICE de Santiago e tamén era Escola Fogar. Xa choveu! Dende o curso 89-90 está definitivo pois foi o ano no que o colexio pasou a ser de rexime ordinario. Leva polo tanto, vintesete anos impartindo clases. Cantos nenos pasaron polas súas mans !. Cantos festivais coas súas correspondentes “ Radio Mondego”!. Tantas excursións a Tenerife, a Madrid...! Pero todo nesta vida ten un empezo e un remate; a el chegoulle a hora de descansar da súa actividade docente, pero non de outras actividades que lle satisfacen: escribir a revista do seu barrio, dar conferencias… Polo tanto, aínda que non veña a traballar seguimos contando con el para que nos axude nos diferentes festivais. Noraboa Mario ! Lino leva no colexio dende o ano 1.989; ou sexa, vinte anos, que como di a canción: “...que veinte años no es nada...” Con el tamén se nos vai un pilar importante dos nosos festivais. El era o que se encargaba do son, da música e ,cando tiñamos algún problema cos aparellos eléctricos, sempre iamos xunto del para que nolos arranxara. Todos sabiamos por adiantado que non se ía negar e nolo ía deixar mellor que cando viña da tenda. Tamén seguiremos contando co seu bon facer nas nosas celebracións e desexámoslle moita sorte nesta nova etapa da súa vida que vai empezar. Ata pronto Lino ! Seguimos cos adeuses; tamén lles desexamos moita sorte nos seus novos destinos ás mestras de Infantil: Irene, Pilar, Verónica e Carmen José, a Lara e Patricia, mestras de P.T. Deixan tamén o colexio os alumnos e alumnas de 6º de Primaria. Agardamos que todos eles leven un bo recordo do seu paso polo noso centro e que nos anos vindeiros colleiten moitos éxitos. Parabéns rapaces!. Moita sorte a todos!
Pax 46
Pax 47