Xunta de Galicia Brandbook 1

Page 1

Manual Bรกsico de Identidade Corporativa


INTRODUCCIÓN

Este Manual básico de identidade corporativa debe entenderse como unha referencia de normas gráficas que a Xunta de Galicia —trala recente aprobación do cambio da súa imaxe corporativa— pon á disposición dos usuarios para facilita-la aplicación do novo símbolo corporativo e logotipo. Con posterioridade, será publicado o Manual de identidade corporativa no que se desenvolve todo o programa de identidade da Xunta de Galicia. Este Manual básico será, por tanto, unha peza de uso ineludible na aplicación dos elementos de identidade corporativa que nel se definen. Non será válida a manipulación destes elementos ou o uso doutros que non sexan os definidos expresamente neste manual.

2


SÍMBOLO E LOGOTIPO CORPORATIVOS

ELEMENTOS DE IDENTIDADE

O símbolo corporativo débese utilizar sempre acompañado do logotipo, salvo nos casos expresamente especificados neste manual.

Tipografía corporativa. Para o logotipo “Xunta de Galicia” utilízase unha tipografía creada ex profeso. O logotipo débese utilizar sempre acompañado do símbolo corporativo, salvo nos casos expresamente especificados neste manual.

3


IDENTIDADE CORPORATIVA

ELEMENTOS DE IDENTIDADE

O símbolo corporativo e o logotipo constitúen o conxunto básico da identidade corporativa da Xunta de Galicia.

4


CORES CORPORATIVAS

ELEMENTOS DE IDENTIDADE

Versi贸n en cor

Azul cian 100%

Branco

Negro 100%

Versi贸n en branco e negro

Negro 100%

Branco

Negro 100%

5


CORES CORPORATIVAS SOBRE FONDOS DE COR

ELEMENTOS DE IDENTIDADE

SÍMBOLO CORPORATIVO: Cando o fondo sexa da mesma cor do símbolo ou cun grao de saturación entre 40-100%, este levará un filete branco. Na versión en cor, o símbolo será azul cian 100%. Na versión en branco e negro, o símbolo será negro 100%. O símbolo corporativo en ningún caso pode utilizarse en negativo nin transparente. É dicir, o símbolo é un rectángulo de cor no que se inscriben os elementos, sempre brancos. LOGOTIPO: Cando o fondo sexa da mesma cor ou cun grao de saturación entre 40-100%, o logotipo “Xunta de Galicia” será branco.

6


VERSIÓNS DE USO RESTRINXIDO

ELEMENTOS DE IDENTIDADE

De xeito prioritario deberán utilizarse as versións nas cores corporativas. Noutros usos, como publicacións a unha ou dúas tintas, a identidade corporativa poderá aplicarse noutras cores.

7


TIPOGRAFÍAS

ELEMENTOS DE IDENTIDADE

Para o logotipo “Xunta de Galicia” utilízase unha tipografía creada ex profeso. Para o nome das consellerías, direccións xerais e outros servicios utilízase a tipografía Helvética Regular. Para o nome e apelidos do presidente, conselleiros e directores xerais utilízase a tipografía Times Regular. Para o cargo do presidente, conselleiros e directores xerais utilízase a tipografía Times Cursiva.

Tipografía Xunta de Galicia (logotipo)

ABCDEFGHIJKLMNÑOPQRSTUVWXYZ abcdefghijklmnñopqrstuvwxyz 1234567890

Tipografía Helvética Regular (Consellerías, direccións xerais, outros servicios, nomes, cargos e enderezos)

ABCDEFGHIJKLMNÑOPQRSTUVWXYZ abcdefghijklmnñopqrstuvwxyz 1234567890

Tipografía Times Regular (Nome e apelidos do presidente, dos conselleiros e directores xerais)

ABCDEFGHIJKLMNÑOPQRSTUVWXYZ abcdefghijklmnñopqrstuvwxyz 1234567890

Tipografía Times Cursiva (Cargo do presidente, conselleiros e directores xerais)

8


CONSTRUCCIÓNS

ELEMENTOS DE IDENTIDADE

Símbolo corporativo e logotipo conforman un todo harmónico e coherente. A multiplicidade de aplicacións que precisa a identidade corporativa da Xunta de Galicia require solucións específicas con diferentes construccións.

Aliñación centrada

Aliñación á esquerda dúas liñas

Aliñación á esquerda para construcción con consellería

9


OUTRAS CONSTRUCCIÓNS

ELEMENTOS DE IDENTIDADE

As versións que seguen terán un uso restrinxido polo que se recomenda utilizar habitualmente as construccións da páxina anterior.

Aliñación á esquerda unha liña

Aliñación á dereita unha liña

Aliñación á dereita dúas liñas

Aliñación centrada para construcción con consellería

10


CONSTRUCCIÓNS CON CONSELLERÍA, DIRECCIÓN XERAL E OUTROS DEPARTAMENTOS

ELEMENTOS DE IDENTIDADE

ALIÑACIÓN: á esquerda TIPOGRAFÍA: Consellería: Helvética Regular en caixa alta. Dirección xeral e outros departamentos: Helvética Regular en caixa alta e baixa.

11


PRESIDENCIA E CONSELLERÍAS

ELEMENTOS DE IDENTIDADE

12


ELEMENTOS DE IDENTIDADE

USOS INCORRECTOS

As diferentes construccións da identidade teñen unhas proporcións que, en ningún caso, deben ser modificadas. O tamaño e a separación entre os diferentes elementos da identidade, así como as cores corporativas deben manterse para cada versión. Son elementos que poden escalarse pero nunca modifica-las súas proporcións.

Será considerado incorrecto o uso de proporcións en escala diferentes ó 100% horizontal e 100% vertical

Será considerado incorrecto o uso de construccións con consellería, dirección xeral ou outros departamentos coa versión do logotipo caixa á esquerda dúas liñas.

Será considerada incorrecta a aliñación caixa á dereita nas construccións con consellería, dirección xeral ou outros departamentos.

13


USOS INCORRECTOS

ELEMENTOS DE IDENTIDADE

Na versión en cor, o símbolo corporativo será azul cian 100% e os elementos interiores SEMPRE en branco. O logotipo corporativo será negro 100% Na versión en branco e negro, o símbolo corporativo será negro 100% e os elementos interiores SEMPRE en branco. O logotipo será negro 100%

Cando o fondo sexa da mesma cor do símbolo corporativo ou cun grao de saturación entre 40-100%, o símbolo levará un filete branco, e os elementos interiores SEMPRE en branco.

14


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.