MUSEO DE HISTORIA NATURAL Santiago de Compostela
O museo de Historia Natural está ubicado no parque de Vista Alegre dende o ano 2014 (anteriormente atopábase na Facultade de Químicas) . Pertenece á Universidade de Compostela e posúe a colección máis importante de Galicia. Nel diferencianse catro zonas: biodiversidade, geodiversidade, suelo e biodiversidade mariña. No exterior está formado por unha especie de cubos realizados en madeira polo arquitecto Cesar Portela, pero o realmente sorprendente e o diseño interno das coleccións.
PLANO DO MUSEO
PLANTA BAIXA: 1. BIODIVERSIDADE Unha gran instalaciรณn vertical con abondosos exemplares vexetais e animais, que se estende dende a planta baixa ata a primeira planta, permite entender de forma rรกpida e sinxela o concepto de biodiversidade.
2. BIODIVERSIDADE TERRESTE GALEGA. Aquí aparecen os dous ecosistemas mais representativos de Galicia: as augas continentais e os bosques caducifolios. Dous grandes dioramas mostran como son estes ecosistemas: No de augas continentais xunto coas plantas dos humedais (xuncos, carrizos..) podemos ver insectos, anfibios, réptiles, aves e mamíferos. Na fraga entre carballos, bidueiros, castiñeiros e outras árbores atopamos aves e mamíferos fundamentalmente.
PRIMEIRA PLANTA. XEODIVERSIDADE 1. MINERAIS A xeodiversidade abórdase unha primeira parte con unha mostra de minerais de diferentes clases e procedencias xeográficas, que inclúe mais de 350 exemplares pertencentes a colección Viqueira. Para rematar a sección de minerais non podía faltar un dos tesouros deste museo, a colección de modelos de madeira que representan as formas de cristalización das especies minerais. Esta colección foi elaborada no século XIX.
2. ROCHAS As rochas preséntanse distribuídas en tres vitrinas, de acordo coa súa orixe. Completase este apartado cunha colección de rochas galegas, colocadas nunha vitrina cun fondo do mapa xeolóxico de Galicia
3. FÓSILES Despois dunha breve explicación sobre o proceso de fosilización e os diferentes tipos de fósiles que existen, pódese facer un percorrido no tempo, desde o Paleozoico con exemplares de trilobites,fentos, etc., ao Mesozoico, para rematar no Cenozoico con importantes exemplares como o do cetáceo Globicetus hiberus ou os restos de mamut atopados na provincia de Lugo. Ocupando un lugar destacado entre os fósiles está unha réplica exacta dun Velocirraptor, emparentado coas aves que ten enfronte, pertencentes a sala da Biodiversidade
4. METEORITOS Sobre unha imaxe do sistema solar, coa Terra como elemento destacado, presĂŠntanse distintos meteoritos situados de acordo coa sĂşa procedencia.
5. SOLO Nesta sala dáse a coñecer o solo, un dos principais recursos naturais do planeta que, xunto co aire e a auga, constitúe a base da vida na Terra. O elemento central desta sala e unha reprodución artificial dun tipo de solo formado a partir dunha rocha granítica, nun clima temperado húmido, que podemos atopar con frecuencia en Galicia. Ofrécese tamén imaxes de diferentes tipos solos que hai en Galicia .
6. MOLUSCOS. Colec. ROLÁN Preséntase unha mostra fotográfica dalgunhas das especies descubertas nas Illas de Cabo Verde por Emilio Rolán,o científico que descubriu mais especies mariñas desde que comezou este século.Da súa colección móstranse exemplares representativos de diferentes familias que ofrecen unha atractiva visión da gran variedade de formas de cores das cunchas mariñas.
7. ALGAS E INVERTEBRADOS Exemplares deshidratados de algas mariñas, representativas da flora do litoral galego, móstranse nun gran mural, fronte ao que, sobre a silueta dun gran polbo, pódense observar exemplares de invertebrados mariños, conservados en alcol.
8. TARTARUGAS. A maiorĂa son da mesma especie, o que serve para mostrar como, igual que ocorre na especie humana, as diferenzas xenĂŠticas que existen entre os individuos quedan reflectidas nos seus aspectos externos
9. INVERTEBRADOS. Se mostran exemplares deshidratados de invertebrados mariĂąos, entre os que figuran algĂşn dos mais prezados mariscos galegos
10. PEIXES Os peixes secos, pendurados do teito como se estivesen no mar, foron preparados no sĂŠculo XIX, moitos deles por ilustres naturalistas galegos, como VĂctor LĂłpez Seoane, e profesores desta universidade.
11. O LITORAL Un gran diorama representa o litoral galego, con cantís, praia e marima, nos que as rochas serven de soporte para plantas e unha gran variedade de aves mariñas, como corvos mariños, araos, mascatos e gaivotas . Tamén na praia e na marisma ofrecese unha representación da fauna e flora do litoral galego.
12. BIODIVERSIDADE TERRESTRE: Esta sala consta de tres apartados. No primeiro unha gran maqueta tridimensional ofrece unha visión xeral dos grandes biomas terrestres (combinación de flora, fauna e clima) , nos diferentes continentes, caracterizados pola súa vexetación e a fauna asociada aos mesmos. Dous grandes dioramas, representando unha sabana africana e unha selva sudamericana constitúen as outras seccións da sala.
SABANA AFRICANA: Árbores dispersos, medra herba no chan.
SELVA AMERICANA: Árbores espesos, a luz non entra, non hai vexetación no chan, si aparece no tronco das árbores
FIN