O Muíño Vello

Page 1

“O Muíño Vello”

Revista escolar do CEIP OS MUÍÑOS Curso 2013-2014


EDITORIAL Rematou outro curso! Despedimos outro ano pasado por auga. Desta vez podemos decilo en sentido literal: o noso centro viuse anegado nunha ducia de ocasións. As pozas fixeron desaloxar ao alumnado de catro e cinco anos. Tiveron que trasladarse a audiovisuais coas incomodidades engadidas ó non estar o espazo adapatado aos pequerrechos: sen lavabos pequeniños, outra vez perdéndose polos corredores en busca dos servizos... As solainas de portas e ventás víronse cheas de caldeiros que non daban feito para recoller pingueiras. Pingueiras que por veces se transformaban en fervenzas, porque nas escaleiras que levan ao segundo andar, chegamos a ver cortinas de auga como se de efectos especiais se tratara. Escaleiras que estiveron ocupadas a meirande parte do curso polos cubos de fregonas que había que liberar de cada pouco para que non reverteran. Puxeron ventás novas na fachada sur pero a auga seguiu entrando por culpa dunhas regañas que había nas paredes. Cando faltaba nada para marchar, puxéronse a amañalas. A ver se quedan ben e deixan de “beber” coma se estiveran sedentas. Como fan os avós , ensinámoslle aos maiores, aos futuros adultos, que hai que adaptarse ás circunstancias, hai que ser sufridos e a pisar por riba dos xornais que tapizan a escaleira. Cando os papeis xa van enchoupados, Carmen (asumindo tamén unha nova misión) retíraos e reponos. E a seguir pisando papeis... a seguir aturando... ¿En serio estamos educando ben? ¿Ou teremos que cambiar o “chip” e ensinar a que non se resignen, que protesten, que esixan con educación e contundencia -que non violencia- o que lles corresponde? Ups! Non me daba conta! Iso teñen que facelo os pais... Pois nada, esperamos outro pouco. Ás veces penso que non o estamos facendo ben. Estamos axudándolle ao sistema a preparar outra fornada de individuos resignados e mansos... poñéndollo cada vez máis doado aos que exercen o poder sen sabelo facer. Agora teremos que ir mentalizándonos para o que nos vén enriba: a LOMCE, na que eu, o primeiro que cambiaría sería o “M” de “mellora” por un “E” de “empeora”. Así estariamos definíndoa mellor e ninguén se chamaría a engano.

Ao final, eu, que son máis ben descrida, case me vexo na obriga de lanzar unha oración ó ceo e decir aquilo de “virxenciña, que me quede como estou!”, porque este ano tivemos menos persoal e catro compañeiras itinerantes, compartidas con tres colexios: dous deste concello e algún de arredor ... non vaia ser o demo e para o curso que vén esteamos peor...

Isabel Tomé Amenedo Coordinadora do EDNL

2


LETRAS GALEGAS 2014 XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO Na Terra Cha naceu fai cen anos este home, fillo de labregos. Durante a súa infancia acudía á escola e axudaba nos labores do campo. De mozo, con quince anos foi estudar ó Seminario de Mondoñedo. Ao rematar a guerra traballou en Vilagarcía dando clase. Tiña carácter tímido coa xente grande pero entrañable e aberto coa xente miúda Home de letras onde os haxa, coñecía doce idiomas e no ano 1947 marchou a Madrid a traballar de tradutor. Amaba a súa terra e a súa lingua e fíxollelo saber a ámbalas dúas compoñéndolles poemas. Como bo poeta, describiu, denunciou, queixouse e amou. Describiu as terras, terra sucada, a herba pequerrechiña, os ríos e a lus dos seus ceos. Denunciou o inmobilismo cun paso adiante e outro atrás, queixouse coa esperanza de que os camiños traguerán un día a xente que levaron e amou, porque é amor o compromiso que lle fixo crear cada verso da súa súa obra. En Nimbos, vida e obra do poeta son unha mesma cousa, de aí a autenticidade e sinceridade da súa lírica. Un dos logros máis importantes deste libro é acadar dun xeito case perfecto unha unidade total na súa obra, froito da unidade da súa vida. Todos tivestes ocasión de coñecer mellor o seu traballo e aqueles que non o fixestes, aínda estades a tempo porque permanece no blog da biblioteca un acceso ao blog “Letras Galegas 2014” onde tedes moitos enlaces para coñecer a biografía, a obra; para ver galería fotográfica, os traballos doutros centros... Botádelle un ollo outra vez! Nós fixémoslle unha homenaxe particular: puxémolo ó lado de Pipi, (a pregoeira das celebracións) e ó seu carón, o poema de “Penélope”. Así, ben escoltado, foi testemuña de subidas e baixadas, de entradas e saídas, ata que un mes despois da súa festa, a escola quedou baleira.

Isabel Tomé Amenedo Coordinadora do EDNL

3


ACLARANDO COUSAS

Desta vez non foi posible rematar a revista antes de rematar as clases e sae algo máis tarde do que acostuma. Estivemos moi xustos de tempo porque quixemos facer moitas cousas e fixémolas. Pero é que tivemos un problema: o tempo non é chicle. Non estira. E por máis que apuramos...non fomos quen de dar rematado. Este ano, ano de filosofía e refráns (que filosofía popular son) fanse certos os refráns que din: “non se pode estar na misa e repicar”ou “mentras que capo non asubío”. Polo tanto, queda ben explicado que o mesmo traballo repartido entre menos persoas, toca a máis e se o tempo é o mesmo... por forza, algo ten que quedar sen facer en prazo. Nunha reunión de traballo do EDNL (Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística) chegamos a cuestionarnos se esta publicación ten sentido. Queremos compartir con vós o noso parecer. O obxectivo desta revista, cando se facía en papel, era que cada alumno poidera levar para casa a testemuña gráfica das celebracións e parte das cousas que se fixeron ao longo do curso. Eran outros tempos. Tempos nos que non había recortes nin internet en moitas casas. Pero hoxe, que temos de todo (recortes a esgalla e internet en case todas as casas) consideramos que é un traballo redundante. Dirémosvos por que. Sabedes que neste colexio temos unha ducia de blogs aos que se pode acceder desde o que mellor coñecedes: www.ninhodacuruxa.blogspot.com. Neles podedes ver todas as actividades, tedes vídeos das actuacións dos festivais, dos recitais de poesía, das exposicións de traballos, do que se fai no comedor, das excursións, das saídas culturais... Tedes galerías fotográficas para botar horas mirando. Entón, resulta un traballo extra e case carente de sentido a publicación desta revista, que no fondo pretende o mesmo. Como non nos parecía ben deixar de editala sen darvos explicacións, é por iso que vai esta páxina aclaratoria. Agora imos expoñer, a tipo de mostra, o resume que nos preparou cada titor, a fin de que vexades, con cariño e comprensión, tal vez o último número deste “Muíño vello”.

EDNL 4


5


6


7


8


9


Tivemos a visita dunha Pipi especial. Ceci, a filla de Sandra a coci単eira, acompa単ounos o D鱈a do Libro e esperounos na porta do comedor para mancharnos a cara de fari単a. 10


11


12


O alumnado de E. Infantil, tanto os de tres anos coma os de catro e cinco, foron apadriñados polo alumnado se 6º. O asunto trataba de que os padriños lían contos e os afillados escoitaban encantados. Desde o mes de xaneiro, dous días á semana, na hora de ler, os maiores baixaban a lerlles contos aos máis pequenos. Unhas veces a lectura tiña lugar na biblioteca e outras nas aulas de infantil. Aquí deixamos unha mostra, para que vexades que entregados os padriños e que atentos os afillados.

Seguro que o curso que vén hanse botar de menos uns aos outros por igual. Alucinaron cando viron o menú do Día do Libro. Graciñas, Sandra. Es unha artista !! Sandra toleou! Xuntou comida e postre!







Aquí está Majo, a titora dos de catro e cinco anos, que, como estaban traballando o tema dos planetas, preparou para os seus nenos este astronauta para que poideran facerse “fotos espaciais”. Supoñemos que era un “patinazo” do seu subconsciente. Despois de tanta chuvia, e de ter que deixar a súa aula por estar anegada, a pobre tería ganas de largarse a Marte, que parece que é sitio enxoito. Queremos agradecerlle no voso nome a paciencia infinita que tivo, xa que, a pesar das molestias, das incomodidades sufridas e das dificultades engadidas, sempre tivo para os seus peques o mellor dos sorrisos.

Despois dos grupos de Infantil, por orde de idade, vén o alumnado do 1º ciclo. Durante o primeiro trimestre traballaron moito ao tempo que se adaptaron ás novidades. Estaban xuntos os de 1º e 2º. Dificultade que a súa titora Maribel soubo afrontar moi ben. A partir do mes de xaneiro e durante o mes de febreiro, a aula case se converte en cooperativa de costura. As nais empezaron a desfilar luns a luns para empezar coa confección dos traxes de carnaval. Como era ano de preguntas e filósofos, argallaron un disfraz de enciclopedia! Houbo que comprar esponxa, tea, cola, fíos, velcro... Mirade, mirade en que quedou o conto.

A verdade é que os traxes eran axeitados para tornar o Este improvisado taller de costura tiña doble función. frío. Entre o grosor da esponxa e a tea.... facían un abigo Tamén era gardería. (Houbo veces que os rapaces quedaron dentro por non ter con quen quedar). xeitoso.


20

Despois do entroido continuou Olaia coa tarefa que deixara comezada Maribel. E prepararon con moita ilusión un traballo para compartir cos máis pequenos. (Eles xa son grandes, que xa lles caeron os dentes...). Tratábase duns contos xigantes feitos con pictogramas. Fixeron grupos de traballo e saíron tres contos. Como son tan grandes, non temos máquina no cole capaz de escanealos. Un titúlase “Spiderman y sus compinches”, outro “El baile de Cenicienta” e o terceiro “Los cinco amigos felices”.


21 Lucía, Martín e Paula de 2º

Diana, Viki e María de 2º

Aarón, Raquel, Diego, Lucas e Alba de 1º

Este grupo, ademais, é o que forma a Chiquitropa Mozartín. Son puntuais anunciando cada celebración.

Despois de ir polos corredores chamándonos a todos, sempre comezan os actos cunha actuación. Son dirixidos por Mª José que sempre logra sorprendernos ao xuntar a todo o alumnado, e como quen compón un puzzle, vai sumando instrumentos ata que cada peza encaixa á perfección, convertíndoos a todos nunha gran orquestra. Cando lle preguntamos como fai, responde que a música é matemáticas pero fainos crer que a música é maxia.


22 A mesma MÂŞ JosĂŠ que nos presenta con rimas un repaso por todo o curso.


23


24


25


26


27



29


En 3º A fixeron uns contiños e un deles, o de Saray, foi premiado nun concurso en Portugal.

A Balea chea Había unha vez unha balea que tiña fame e daba voltas polo mar.

moita

Buscaba peixes desesperadamente e un día

encontrou un banco de peixes. E comeu todos os que puido. Ata que un día ía poñer os pantalóns e o botón saíu voando.

Saray Díaz Rodríguez. 3º A

O meu colexio O

meu

colexio

é

grande

e

bonito.

Ten

un

ximnasio, moitas clases, unha biblioteca e un patio.

É vermello e amarelo con branco. Ten un patio

cuberto para os de infantil, ten goteiras, un ascensor e a carón ten un bar, que tamén é unha casa onde hai un can moi manso, grande e bonito. Os profesores son moi

bos. Facemos cousas moi

divertidas como disfrazarnos en carnavais. Para o día do pai e da nai facémoslles cousas moi chulas e algunhas en segredos e outras non. 30


Os de sexto fan cousas con electricidade por exemplo: unha casa con estradas e luces, faros e casas con bombillas e máis cousas. Anxo Lago Pazos. 3ºA

Traballo de María Paz Toja de 6º

Faros de: Sheila Barrios, Paula e Sheila García

Casa de Mireya Lemus Vieites

Torre de Hércules de Brian e á dereita o faro de Elías

31


Ainhoa explica como fixo o forno.

Un robot que alumaba polos ollos e unha casi単a con luz dentro.


Manuel

Sheila Barrios explica como fixo o faro.

Valeria

O alumnado de 3ยบA escoita atentamente

33


34


35


36


37


O alumnado de 4Âş A presenta uns traballos do seu puĂąo e letra.

38


39


40


41


42


43


44


O grupo de 5º traballou tanto ou máis que o resto, xa que ademais de participar en todas as actividades conxuntas do colexio, eles foron os que se ocuparon de facer a bandeira e o comité de benvida para recibir a Nusa (a mestra e xornalista siria que nos visitou a víspera do Día da Paz).

Durante as primeiras semanas de xaneiro, foron poñendo polas paredes mapas de Siria, fotos dos monumentos, apuntes da súa historia, imaxes apetitosas da súa gastronomía... De tal xeito que todo o cole puido ter información ben visible. O día que chegou Nusa, escoitaron atentamente o que ela contou sobre a situación do seu país.

Fixéronlle preguntas. Viron as imaxes que ela presentou e ao final desfilaron un a un para que ela lles escribira o seu nome no seu idioma. Así, ademais de disfrutar da súa compañía, quedoulles un recordo do seu puño e letra.

45


Cando o curso estaba a punto de rematar, tiveron un par de premios ben merecidos: unha mañá de praia e unha excursión ó acuapark de Cerdeda.

Agora toca falar do grupo que marcha. Os de sexto. Algunhas das cousas que fixeron, xa quedan reflectidas en páxinas anteriores, como os apadriñamentos lectores e os traballos de circuítos eléctricos. Tamén foron convidados a participar nas actividades con Nusa. Fixeron comentarios críticos de gran calidade sobre as películas que viron en Educación para a Cidadanía. Tantos, que non é posible poñelos aquí porque sería inxusto que só saíran tres ou catro. Houbo algún impresionante onde se establecía un paralelismo entre os “reality show” e a película baseada no libro “Los juegos del hambre”. Cando nos visitou O corvo Roque, botaron unha man.

Lectura do conto de Roque. O alurmnado de terceiro, participou de xeito especial ao teren traballado o tema en Muxía

Fixeron unha visita ao instituto na Semana das Ciencias, onde se atoparon con antigos compañeiros que exerceron de anfitrións ao tempo que lles amosaron o seu perfil científico.

46


Participaron nun obradoiro de papiroflexia...

No último trimestre recibiron a visita de Alicia, que foi a titora de 1º de todos os de Muxía. Foi toda unha sorpresa e un encontro moi emotivo no que se repasaron en vídeo actuacións de cando eran uns “mocosos desdentados”.

A finais de maio chegou a tan esperada excursión de fin de Primaria a Allariz da que hai centos de fotos que eles gardarán como ouro en paño. Pero imos aproveitar un exercicio de composición escrita de exame final de lingua, onde tiñan que explicar o que supuxo para eles este curso. Houbo exercicios moi bos e moi parecidos. Poñemos un par a modo de exemplo.

Para min este curso foi unha especie de lección. Que como unha lección? Pois nesta cabeciña tan pequena que teño quedáronme algunhas cousas claras.. E esas cousas non son as fraccións nin os verbos nin o magnetismo. Non. Foi que a non todo o mundo lle gusta o revolto de verduras (Masterchef no recreo) Que cuns cachos de cartón, unhas fotos e unha corda pode facerse unha pocholada (Día da nai). Que tres bolboretas, tres homes praieiros, tres “neoiorquinos ”, tres esquiadores e tres vellos reumáticos poden facer unha coreografía chachipiruli. (Volver a casa por Nadal). Que cun tiramisú pódese explicar a proporcionalidade. Que unha noite que ía ser a última para divertirse, se convirta noutra para que moitas persoas durman mellor (Allariz). E que cun vaso, unha vela, auga e colorante se faga un experimento. (Ciencias no instituto). Iso foi o que supuxo para min este curso. Alex Sar. Rey

47


Este curso para min foi especial. Aprendemos moitas cousas novas, coma sempre, pero a pesar de que xa o faciamos o ano pasado, este curso educáronnos dunha forma máis sentimental. Tivemos varias ocasións nas que destacou esta forma de educar como cando fixemos un ditado reflexivo para ler en familia, ou cando fixemos un ditado sobre a humildade, con todas as charliñas de Isabel (foran bronca ou non) e sobre todo na última noite que pasamos en Allariz. Alí abreu as “nosas feridas” de grupo e quitoulles “a pus”. Obrigounos a decir unha cousa boa de cada un dos nosos compañeiros. Houbo risas, choros, abrazos.... Houbo sinceridade. Saíu á luz como era cada un realmente. Algún resultou ter no seu interior unha personalidade diferente da que coñeciamos. Foi especial, igual que todo o ano. Este curso foi especial porque era o último ano. Viviriamos as últimas celebracións neste colexio, viviriamos a nosa soñada excursión a Allariz, pero sen embargo xa acabou todo. Xa queda só a festa de fin de curso e... acabouse! Ímonos para sempre, pero sempre, sempre poderemos decir que vivimos un ano especial, máxico, único, íntegro, bo... Cando empezou o colexio algúns criamos , e non sabiamos o por que, que este ano ía ser especial e foino. Viámolo como unha aventura que viviriamos xuntos e grazas a todos foi posible. E vivímola. Xuntos. Levámonos a satisfacción de telo logrado entre todos e o maior tesouro que existe: a amizade! Adriana Toba Casal

Comprenderedes que a unha se lle poña carne de galiña mentras se corrixen exames que conteñen algo así... E, comprenderedes tamén, que despois de algo así... nada me queda que engadir máis que desexarlles o mellor para a nova viaxe que emprenden.

48


Agora quero aproveitar as palabras de agradecemento que nos dirixiu a directora Aurelia

Picallo Merlán no claustro do día 30 de xuño para cerrar esta revista e para despedirnos ata o curso que vén. Xa que estamos no ano da filosofía, imos botar man do refraneiro popular para ir rematando. Compoñendo a memoria daste conta do moito que se fixo nun curso. E “Palleiro non se fai sen palla”. Todo isto foi grazas ao voso esforzo persoal e á vosa ilusión pese ás dificultades do camiño. A imaxinación e destreza manual de Isabel anticipáronnos as celebracións e case sen gastar un euro, porque, como di o refrán “O que garda sempre ten ”. E encargouse de cultivar a responsabilidade da reciclaxe entre o seu alumnado dando como froito unha exposición de circuítos eléctricos. Outro exemplo é o de Sara que coa elaboración de xoguetes con materiais de refugallo entusiasmou ós máis pequenos. Aínda que para encender a este grupo pouco fai falta, ela ben sabe que “Xente nova e leña verde todo é fume”. E tamén todos sabemos que “O que está afeito a bailar, quedo non pode estar” e se non, que llo pregunten a Mª José, que unha vez máis sorprendeunos coa alegría da Chiquitropa e as interpretacións colectivas do Día da Paz, das Letras Galegas e de Fin de curso. Sen embargo “Nunca chove a gusto de todos” e ademais é ben sabido que “En casa vella todo son goteiras”. Verdade Majo? Seguro que, cara ó próximo curso estarás pensando: “Que chova en maio, mais que non chova en todo o ano”. Agradezo a túa paciencia soportando as inclemencias do tempo, a incomodidade do espazo e a complexidade dos dous niveis. E só me queda decirche que “Nunca choveu que non escampara”. Tamén houbo temporais no primeiro ciclo, episodios disruptivos que Olaia foi combatendo entre a improvisación e o sentido común. Como di o refrán: ”Unhas veces rindo e outras chorando, imos tirando”. 49


E tirando ó ritmo do seu alumnado foron Mari e Pedro, facendo ese traballo tan miúdo onde os logros tardan en chegar, e tan pronto se avanza como se retrocede. Eles saben que “A camiño longo, pasos pequenos” “Cosendo e descosendo, vai a costureira aprendendo”.

e

que

Quen coseu e descoseu moito ó longo do curso foi Begoña, que axiña tecía un entramado complexo de substitucións como tiña que desfacer todo polos imprevistos que xurdían e, aínda que ás veces se atopou sen moitos recursos, deixou demostrado que “Para o bo traballador, non hai ferramenta mala” Inconvenientes tamén atopou Carolina, dun centro a outro, combinando horarios e diferentes organizacións internas. Cantas veces diría “Saio dun souto e métome noutro” , coreada por Mari, Fita e María. Afortunadamente esta última coidou da nosa dieta porque ela sabe que “Con pan e viño faise mellor o camiño”, e Fita colaborou nos apoios pese a que non tiña obriga de facelos, poñendo en práctica aquilo de que “O credo non quita a salve”. E un dos que máis correu aínda que non era itinerante foi Roberto que, a unha velocidade supersónica, entregaba calquera documento antes case de que lle chegara a solicitude ó seu correo. Será por aquilo de “Traballo feito non corre présa”. Sen embargo, frea un pouco Roberto, que “Non por moito madrugar, amence máis cedo”. Quen anda correndo tamén é Paco, que tan axiña o ves descubrindo novas aplicacións dixitais para o ensino, como coordinando un Plan de Formación, o Proxecto Abalar ou o Edixgal, e todo isto con bo humor aínda sabendo que a calquera momento podemos quedar na estacada, sen embargo el é dos que sabe poñer “Ó mal tempo boa cara”. E a cara tamén a soubo dar Mª José Antelo cando veu as desigualdades sociais na súa aula e , ante un problema económico non dubidou en convidar por conta dela a un alumno para que fora de excursión a Marcelle. Xa di o refrán:” Fai o ben e non mires a quen”. 50


Outro tipo de diferenzas atopou Barca, as súas propias con algunhas nais que só saben escoitar da boca das fillas. Pero xa se sabe que “Fillo mimado, mal criado” e Barca con soltura aplicou o dito de que “Entre pais e fillos non metas os fuciños” e poido saír airosa da situación. E mentres todo isto acontecía, Susana, desde a Biblioteca, sen présa pero sen pausa, organizaba recursos e materiais para poñer á nosa disposición. Ela é boa coñecedora do poder da palabra e sabe que “Onde letras falan, barbas calan” e con ilusión, ano tras ano, segue enviándonos a mesma mensaxe: “Os libros son mestres que non reñen e amigos que non piden”. En conclusión: todos distintos, con diferentes formas de ensinar porque “Cada mestriño ten o seu libriño” , heteroxéneos nos nosos cargos e funcións, e sen embargo agrupados pola mesma finalidade: procurar que ó noso alumnado lle quede ben claro o de “Aprende cachola que estamos na escola” , aínda sabendo que no mellor dos casos “Quen con nenos se deita, mexado se levanta”. E vou parando xa porque se me acaba a lista de refráns. Só me queda desexarvos unhas boas vacacións, algúns volverémonos a ver o próximo curso e ós que marchades, vouvos dedicar unhas palabras de Pippi: –

Si os marcháis ahora a vuestra casa, podréis volver mañana. Si no os fuerais, no prodríais volver, y eso sería una pena.

Aquí rematamos neste curso de filósofos. Para botar o candado, quero facer miñas as palabras de Aristóteles: EDUCAR A MENTE SEN EDUCAR O CORAZÓN, NON É EDUCACIÓN EN ABSOLUTO.

Isabel Tomé Amenedo Coordinadora do EDNL 51


52


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.