Co l e c c i 贸 n CO N T O S D E SE M P R E ( Tr a d i c i 贸 no r a l )
O GAL O DA DERENA
OGAL O DA DERENA
Re c ol l i dopor Lui sDelCamp oP rol e i l us t r adopor hi gi ni ocasti l l ogÓ MEz
ara ao fin do inverno, viña unha raposa polo camiño dos Chaos, de Barxela cara a Pías e chegando á Derena onde facían a Romaría do San Pedro, queda de súpeto coas orellas erguidas. Sente escaravellar, e pondo as gadoupas por riba da parede viu un fermoso galo que buscaba, entre a herba e mais as follas, sementes e vermes. 1
Con moito coidado, paseniño, foise achegando e… ¡dun chouto, tiña o galo entre os dentes! 2
Pero como dixemos, era ó fin do inverno, e pareceulle que só eran plumas o que tiña na súa boca.
O galo, despois de reporse do susto dixo: - Señora raposa, como xa é notorio, estoulle moi fraco. O galo intentando desfacerse da raposa, continúa: - E… digo eu, se viñera despois das mallas, que teño máis comida, estaría máis groso. A raposa, despois de pensalo, dixo 3
para sí “ que podo perder, pois con este galo a farta pouca pode ser!”. - De acordo, pero, como facemos? – pregunta a raposa. O galo, entón, contesta: - Mira, cando veñas despois das mallas eu hei estar eiquí agardándote. - E, por quen pregunto? - di a raposa. - Pregunta por Ninguén - responde o galo. - Pois así quedamos!- sentenza a raposa. A raposa, pois, fiouse do galo e marchou á procura de algo máis ca plumas con que encher o bandullo. De alí a uns meses volveu a raposa á Derena e moito mirou a ver se vía ó galo e como non foi así, púxose a chamalo: - Ninguénnnnn!, Ninguénnnnn! - berraba a raposa. 4
- Ninguénnnnn!, Ninguénnnnn! - seguía berrando con todos os folgos que tiña. Ao cabo dun rato, dende a póla
5
dun centenario castiñeiro, pois a Derena está chea deles, dixo o galo: Eiquí estou, como ves, son galo de palabra! Non si? Despois de parolar un pouco de nada e de todo un pouco, a raposa deuse conta de que o galo non ía baixar. - Podes baixar, que non teño pensado facerche ningún mal – di a raposa. E, continúa falando: -... pois saiu unha orde do rei de non facerse mal uns animais ós outros. Ao que responde o galo - Oe! Entón móstralla a eses mastíns que veñen nos Barreiros, e, se non che fan mal eu baixo! A raposa, entón, ergue as orellas e sente os ladridos de dous cans que viñan cara a onde eles. De súpeto, dando a volta, bota a correr como se a levara o demo! Namentras o galo dicíalle: - Mós-tralle-a-or-de!, mós-tra-lle-a-or-deeeee!… 6
Pero a raposa corría sen pór a
unlla no chan, berrando: Non-te-ño-tem-po-de-pa-rar, que-teño-moi-ta-te-rra-que-ta-co-ne-arrrrr. E aínda hoxe se oen ao lonxe os cans ladrando detrás da raposa enganada polo galo da Derena! Isto aconteceu no fermoso lugar de Pías cando as vacas se chamaban: 7
Rubia, Marela, Morena… Cando as portas nin tiñan chave! Cando na esfolla aparecían raíñas e os mallos batían nas airas! Cando a carón das lareiras bailaban meigas e trasnos…!, se contaban lendas e contos...!, historias dos tempos de cando os animais falaban...!
8
Ao longo dos anos foron trasmitíndose, ao tempo que se foron localizando nos lugares onde se contaban e, con pequenas variantes, atópanse estes contos espallados por terras galegas e portuguesas. Estes contos son unha parte da nosa tradición oral, xurdida dos nosos devanceiros, e para que non se perdan, a Asociación Cultural Aira das Mantas, quere dalos a coñecer aos nosos nenos e nenas.