ANTIGO RÉXIME POLÍTICA Identificamos o Antigo Réxime coa monarquía absoluta, o monarca ten tódolos poderes e ademais o exercicio do poder por parte do rei ten unha orixe divina; así,por exemplo,o define un dos principais teóricos do absolutismo, BOSSUET, para quen o rei non lle ten que dar contas a ninguén do que ordena e o seu poder ven de deus. Thomas HOBBES é outro teórico do absolutismo, na súa obra Leviathan (1651), di que é mellor unha monarquía absoluta xa que o poder se se divide, debilítase. O exemplo máis claro de monarca absoluto e Lois XIV, “o rei Sol”, e a súa definición do seu poder: “O Estado son eu”. Só Inglaterra é unha excepción a este sistema de monarquía absoluta. Neste país existe, desde a revolución de 1688, unha monarquía limitada no seu poder polo parlamento ( Parlamentarismo). No parlamentarismo inglés os comerciantes e as clases medias poden influír na vida pública, incluso existían dous bandos políticos que rivalizaban polo control do poder: os Tories, conservadores, e os Whigs, liberais e máis achegados ós intereses dos grupos urbanos. O sistema político ten que ser o resultado dun pacto entre o maior número posible de individuos e onde debe rexer a tolerancia ás diversas opinións, neste pacto, o ser humano cede parte da súa liberdade para acadar maior benestar e felicidade, o mellor sistema político e o que garante isto, tendo e conta que o goberno ten que asegurala seguridade persoal e a propiedade privada. John LOCKE, foi un dos precursores do liberalismo, na súa obra “Tratado sobre o goberno civil” (1690) xustificou a revolución de 1688 dicindo que ninguén tiña que posuír o poder de forma absoluta, defendendo o parlamentarismo.