I. E. S. MENDIÑO REVISTA CULTURAL
CREACIÓN LITERARIA
C ando recén saíra o Sol. Aixa encamiñouse ao río. Non tardes moito –díxolle a nai. Trae o pan de acotío. Aixa correu ao manantial Rezando para que alí non fixese tanto frío E staba xa a piques de chegar Soou un forte estoupido Gateou ata uns arbustos e escondeuse Ao lonxe estaban dous soldados Levaban amarrado ao seu pai Leso e amarrado. E mpuñaban temerosas pistolas Gardaban miradas de enfado O pai suplicaba clemencia Silenciárono e levárono humillado.
Recén saíron da súa vista Oprimida, a nena decidiu ir búscalo Sabía que o seu pai era inocente. Aixa quería salvalo. Loitou contra o seu medo, Indagou que podería axudalo. Alí estaba! O documento de identidade! Despois de volver a casa E coller o documento, C orreu á oficina dos policías. Amosoulles o cartón nun rápido movemento Souberon entón os oficiais Tremendo erro estaban cometendo. Resultou ser todo una historia divertida de contar Olvidándose do medo daquel momento. Inés Pérez. 3º ESO.
-01 -
I. E. S. MENDIÑO REVISTA CULTURAL
CREACIÓN LITERARIA POEMAS DE AMOR Quixera ser un paxaro para verte na túa ventá. Ensíname a túa cara que o que sinto ao vela non o podo explicar. Quixera ser o sol que te ve espertar unha beleza coma ti faime tolear. Quixera ser o teu amor para ser feliz. Quixera ser o teu amor para facerte sorrir.
Diego Aguiar 1 º ESO
“O PIANO” Aquela tarde de Samaín chamara a Pepe e a Manuel para irmos pedir caramelos e outras lambetadas polas casas. Pola noite, ás nove, saímos da casa. Tiñamos planexado desde o ano anterior a ruta que iamos facer, máis específica e eficiente que as que fixeramos outros anos. Cando chegamos a unha casa escoitei un son, un son moi familiar; pero non lle dei importancia. Ao acabarmos a ruta, como xa era moi tarde, decidimos atallar polo cemiterio. De súpeto, volvín oír aquel son estraño. Un calafrío percorreume de pés a cabeza. Pasamos polo cemiterio cando me decatei de que os meus amigos non estaban e berrei os seus nomes: - ¡Pepe!, ¡Manuel! Ninguén respondeu; seguramente me querían gastar unha broma. Comezou a chover e refuxieime na casona abandonada. Volvín escoitar o son, esta vez máis nítido, que soaba coma un instrumento de vento. Ademais, esta vez escoitaba tamén un piano. Outro calafrío me percorreu o corpo. Cando me acerquei á sala de música, o son do piano escoitábase detrás daquela porta, abrina e vin, mellor dito vino a el, ao meu defunto avó. Intentei escapar; pero a porta pechouse. De súpeto, no chan vexo aos meus amigos atados e pálidos coma un óso. Achegueime ao piano, lembrando aqueles anos nos que tocaba co meu avó. Sentei ao piano e reparei en que había unha partitura enriba. Recoñecina ao momento: era a partitura que compuxera o meu avó para tocala comigo; el chamáraa “Dúo Ocarina-piano” (eu tocaba o piano e el a ocarina). Tocamos durante cinco minutos. Se súpeto, un buraco negro tragoume e todos os meus medos se reuniron arredor de min. Intentei berrar, pero quedara sen voz, empecei a converterme en po cando, de socato... Bum! Estertei!, todo fora un pesadelo. Saín da cama e ollei o reloxo; eran as tres da mañá. Volvín para a cama co corazón latexándome a toda velocidade e coa sensación de que alguén estaba a me observar. Diego Aguiar 1 º ESO -02-
I. E. S. MENDIÑO REVISTA CULTURAL
CREACIÓN LITERARIA
Samuel Iglesias Bemposta -03-
4º ESO.
I. E. S. MENDIÑO REVISTA CULTURAL
CREACIÓN LITERARIA
Inés Pérez UNHA DE VAMPIROS Nacín en Noruega, nun lugar afastado entre as montañas onde vivía o meu poboado de indíxenas. Bautizáronme co nome de Huggin en honra da deusa celta Morrigan, deusa da morte. Pasei os dous primeiros anos de vida entrenando na caza con meu pai e instruíndome na arte druída xunto co meu avó. Polo día non comiamos, mais ben descansabamos; aínda que non durmiamos, pois non o necesitabamos, polas noites, buscabamos as persoas recén mortas para chucharlle un líquido vermello que nos alimentaba. En realidade non necesitabamos comer xa que non nos desnutriamos e nunca tiñamos fame. Entón chegaron os homes que construíron no nos territorio edificios, casa e fábricas. Todo o meu poboado morreu, agás eu. Agora vivo en Redondela, son adoptado, vivo como un mozo normal e teño outra identidade, pero eu sempre serei o que son: un vampiro. Nuno Gallego González -04-
1 º ESO.
I. E. S. MENDIÑO REVISTA CULTURAL
CREACIÓN LITERARIA
MONÓLOGO INTERIOR Quen me mandaría a min deixar os traballos para o último día? Sempre a correr. Como di a miña avoa “tarde, mal e arrastro”. E que non sei nin onde teño os apuntamentos, nin que exercicios...Son un desastre! Que fago agora? A profe dixera algo dun monólogo interior se mal non me lembro. Pero, que raio é iso? Isto non hai “dios” que o entenda. Sempre a correr. Son as tantas da noite e en vez de estar a durmir estou aquí a papar frío. Que estrés! Este ritmo de vida vai acabar comigo. Exames, exames e máis exames. E todo para que? Para nada. En fin. Contra! Están botando “Tu cara me suena” pola televisión. Que memoria a miña! Como non o lembrei? Hai que ver que ben o fai Edurne! Guapa, que es guapa! Ole, ole e ole! (...) A min xa me vale. Póñome coa televisión e os traballos sen facer. Buff... A verdade é que xa estou a caer co sono. Exames! Toda a semana que se estuda isto, que se Tomás de Aquino non sei que, que se Miguel Anxo isto, que se planos urbanos o outro! E claro, un ten horas de sono demasiado atrasadas. Os profesores han de acabar con un. O peor de todo van ser as notas. Xesús bendito! Vanme botar fóra da casa, iso como mínimo. Pero a esperanza é o último que se perd, ou iso din. A min tanto me ten. Nin me vai nin me vén; pero, claro, á miña nai si que lle importa. Vaime rillar as orellas. E os traballos seguen sen facer, enrólome como unha persiana e, claro, pasa o que pasa. Ás veces creo que teño serios problemas de concentración, Pero ben, que todos temos as nosas cousas, Miña naiciña! Ás doce da noite e sigo sen ter nada feito. Que estás facendo coa miña vida? Teño que propoñerme seriamente un cambio de actitude porque como non...un momento! Para o carro!. Agora que me acordo, mañá teño que mirar o capítulo repetido de “Velvet”. Como me gusta esa serie. Por fin algo bo na televisión...Está un canso de ir e vir todo o día do instituto, que se carga coa mochila, que se fotocopia os apuntamentos que perdín e chega un a casiña e na tele non botan nada de proveito! Antes había catro canlesmalamente e en todas poñían algo que pagase a pena, e agora hainas a moreas e ningún vale para nada. Todo bruxas e reality shows como “Mujeres y hombres y viceversa”, que pareces iso un lupanar de coidade. A xente non ten vergonza. E logo hai quen di que España “vai ben”. O dito, que mañá teño que lembrarme de ver a tele á noite. Que ganas teño de que chegue mañá! O primeiro que vou facer ao acabar de comer é estomballarme na cama. Para recuperar forzas da longa e dura semana de exames máis ca nada! Malditos exames!Raro é o día en que non uso a palabra exame duascentas mil veces, que xa é dicir pouco!Para que logo digan que a mellor vida é a do estudante. E un pemento de Padrón!Non te fastidia! E mañá hai exame de lingua! E os traballos sen rematar e non aguanto máis. Voume xa durmir e maña poño o reloxo para as cinco, doume unha ducha para espabilar, estudo lingua e aínda me dá tempo a facer o dichoso monólogo interior e outros traballos variados. A quen madruga, Deus o axuda! Así que todo controlado. (...) Merda, quedei a durmir! Xa o dicía sempre miña avoa: tarde, mal e arrastro”. E que vou levar hoxe vestido? Víctor Manuel Barreiro Ferreira -05-
2º Bach.
I. E. S. MENDIÑO REVISTA CULTURAL
CREACIÓN LITERARIA LENDA DE MARCOLFO
Conta a lenda que aló polo ano 1 520, na vila de Redondela, vivía un afamado astrólogo e adiviño que, coa súa sabedoría, axudaba as xentes da comarca e de todo o reino de Galicia a predicir o seu destino. Mais el non foi quen de predicir o seu tráxico fnal... Marcolfo estaba namorado da filla dun patrón mariñeiro chamada “a linda Almena”. Os noivos decidiron casar e tal acontecemento foi de moita sona. A noticia chegou a oídos do terrible pirata Sempronio que, prendado da beleza de Almena, foi na súa procura. Celebrábase a festa do santo patrón á que só acudían homes, quedando as mulleres na casa. Daquela, o pirata aproveitou, chegou á costa e raptou a Almena. Marcolfo enteirouse e saíu da festa na procura da súa muller. Mais o pirata Sempronio levou a Almena no seu bergantín e saíu mar adentro. O adiviño, desacougado, foi cara á praia pero chegou tarde... moi tarde... Marcolfo, cheo de tristura, tirouse ao mar dende as rochas e afogou. Non puido ser enterrado en Camposanto mais os veciños fixéronlle un sepulcro nas rochas. E así remata a lenda deste aprezado astrólogo que, podendo adiviñar o destino das xentes, nunca reparou en cál sería o del. Alejandro Figueroa 1 º ESO
Eu trasladeime automaticamente ao meu cuarto, e collín algo que aprecio moitísimo, a miña frauta traveseira. Non me trasladei alí porque quixen, foi o meu ser. Collina e comecei a tocar a fermosa canción de Danny Boy, a que me pediu miña avoa que tocase cando morrese, e, por cousas da vida, morreu ao día seguinte. Toqueina coa miña alma, moi inspirada. Nota tras nota, son tras son; aparecía no bisel da miña frauta, esa fermosa canción. A miña frauta, para min vale moito. Sen ela non chegaría ata 1 º curso de grao profesional no Conservatorio de Redondela. É moi especial porque, se o pensas, dun tubo de metal prateado, poden chegar a saír marabillas. Eu seguía trasladada ao meu cuarto, emocionada. Gústame tocar todo tipo de música, e iso levoume a entrar na banda do Conservatorio. Alí síntome feliz, facendo unha das cousas que máis me gustan. Como di miña nai, eu estou feita para tocar a frauta porque, aínda que me pareza difícil facela soar, a min saíume unha nota ao primeiro intento. Cando o profe mandou abrir os ollos, volvín rapidamente ao meu sitio no instituto. Claudia Kaulback -06-
1 º ESO.
I. E. S. MENDIÑO REVISTA CULTURAL
CREACIÓN LITERARIA
Era unha noite fría de inverno cando, nunha caleixa, encontreime con el. Era alto, forte e cunha mirada perdida; parecía famento. Aparentaba uns corenta e pico de anos. Cando me acerquei onda el, escapou correndo, pero na súa fuxida caeulle un aparello estraño. Eu non sabía que podía ser aquilo; collino e marchei en dirección á miña casa. Cando cheguei ao meu lar, eran xa as dúas da noite. Non fun quen de durmir. O medo inzábame o corpo enteiro. E que sería aquilo? podería estourar? Gardaba aquel obxecto estraño que me desacougaba porque non era capaz de indentificalo, de saber de que se trataba, de coñecer para que valía . Ao día seguinte, púxenme a investigar aquel aparello. O que máis me estrañaba era que nel aparecía unha dirección: rúa Madrid, número 46. “Ohhhhh! Perdoádeme, non me presentei, chámome Ana e son axente policial da CIA”. Sen pensalo dúas veces, decidín ir á dirección indicada. Cando cheguei, vin que era unha casa vella. Petei, pero non había ninguén; entón, abrín a porta que estaba entornada e case me dá un mareo: tiña diante de min unha poza chea de sangue. Subín os chanzos das escaleiras con moito tento e cando estaba xa no último escoitei un forte estrondo debaixo do meu pé. Como axente policial quwe era, souben perfectmente que aquilo era unha bomba. Non estaba certa de se podía moverme. Por se acaso, non o fixen. Decidín chamar aos artificieiros da CIA. Viñerondeseguida. Os axentes averiguaron que o aparato que eu recollera era semellante ao que debía de ter activado a bomba. Ao pouco tempo, chegou o meu xefe; díxome o que eu xa sospeitaba, que non podía moverme e que se o facía ía estourar. O meu mozo era compañeiro meu e estaba alí, ao meu carón, dándome ánimos. Dixéronme que a bomba estaba preparada para estourar en pouco tempo; a conta estaba xa marcha atrás. Eu non quería morrer así; xa pasara por cousas moito peores e non pdía ser que todo acabse tan absurdamente. Aínda que os meus compañeiros falaban Baixo, eu sentinlles que a única posibilidade de sair con vida daquel lío e desactivar a bomba era dar coa combinación do mando. Xa non tiña esperanza ningunha. Decidín despedirme de todos os meus seres queridos, e mesmo tiven algún pensamento para algún que non o era tanto. Collín o móbil e, de un en un, funme despedindo de todos eles. Cando só me quedaba un segundo, pechei os ollos e prepareime para morrer. Pero a bomba non estouraba. Os meus compañeiros salváranme; no último minuto deran coa combinación salvadora. Non podía estar máis agradecida, aos meus compañeiros e á mesma providencia que me libraran dunha morte certa. Tardei días en recuperarme do susto. Fun ao traballo a enteirarme do resultado das pesquisas realizadas para dar entendido todo aquilo que pasara. E souben que aquel señor co que eu me tropezara cando fuxía deseperado fora o que puxera a bomba no piso; quería impedir que alguén entrase alí e descubrise o morto que apareceu no salón. Eu non fora máis que atranco na consecución do seu obxectivo. Agora só quedaba investigar quen era o morto. María Míguez 1 º ESO -07-
I. E. S. MENDIÑO REVISTA CULTURAL
CREACIÓN LITERARIA
“Repriston e a súa lenda” Nun pequeno pobo de Inglaterra chamado Repriston, hai cento oitenta e un anos, ocorreu un suceso extrañísimo. Os seus habitantes ainda o recordan como se ocorrera onte, e se vas alí e preguntas a alguén que che conte unha lenda típica do seu pobo contarache a seguinte: Na mansión Tefford, unha casa enorme, pero moi afastada da civilización, vivía o señor Gramird, director do colexio do pobo e un home moi calado e misterioso que non adoitaba falar con ninguén. Este señor era moi respectado polos habitantes do pobo, aínda que sentían máis temor ca respecto, porque tiña un pasado moi gris, xa que se cría que lle gustaba moito secuestrar e torturar nenos. Este medo facía que as nais e os país que tiñan fillos non deixaran a estes xogar pola noite por se aparecía o señor Gramird, pero non renunciaban a que os seus fillos foran á escola do pobo, xa que era a única que había en moitos quilómetros á redonda; aínda así, algunha xente do pobo estaba cambiando aos seus fillos de colexio porque había pouco tempo un neno chamado Arthur non volvera á casa despois das clases. Os pais deste neno organizaron unha búsqueda por todo o pobo, pero sen éxito e estaban entristecidos pola perda do seu único fillo. Ás poucas semanas da desaparición do rapaz, os seus proxenitores organizaron un funeral cun ataúde grande, bonito,… , pero vacío xa que o rapaz se dera por morto, aínda que sen probas disto. Ao día do enterro, acudiu o director do colexio para dar un discurso sobre o rapaz que dicía: “Arthur é un neno moi grande e forte, cunha gran capacidade para aprender e aplicar o aprendido, ten unha dozura tremenda,… ” O discurso foi interrompido por un grito que expresaba dor e tristura e que dicía: “Secuestrador!”. O home que gritara era o pai de Arthur, que seguiu exclamando: “Vamos á sua casa e rexistrémola de arriba a abaixo”. A multitude estaba confusa, pero fixéronlle caso e seguiron ó home enfurecido e con lágrimas nos ollos. Cando chegaron á casa de Gramird comezaron a revolver todo de arriba a abaixo e de abaixo a arriba, pero non atoparon nada sobre o rapaz. Cando todos de retiraban decepcionados escoitouse dende as entrañas da casa un leve son que pedía axuda. Todos os alí presentes baixaron raudos e veloces ata o soto da casa. Cando chegaron abaixo, quedaron abraiados co que tiñan diante dos seus ollos; Arthur estaba colgado do teito cunhas cordas atadas aos pulsos e con marcas de látigo nas costas. Os pais do rapaz foron correndo ata el, liberárono e enchérono de bicos. Logo, o pai dirixiuse a onde estaba Gramird e exclamou: _”Cometiches un erro!, cando falabas no discurso, decateime que contabas a historia en presente e non dubidei en vir aquí, provócasme noxo!, agora vaste pudrir no cárcere!”. E así sucedeu. O señor pasou corenta anos no cárcere ata que un día se suicidou porque non aguantaba máis coa súa conciencia. Actualmente os habitantes de Repriston contan esta lenda sen medo, pero nunca sen respecto. Alejandro Figueroa
-08-
1 ºESO.
I. E. S. MENDIÑO REVISTA CULTURAL
CREACIÓN LITERARIA: Opinión
LEGALIZACIÓN DAS DROGAS Hoxe en día as drogas convértense nun dos temas máis polémicos. A súa prohibición e as penas que se lle imputa á xente que as vende non son quen de impedir a súa distribución en todos os lugares e de todo tipo de formas, incluso houbo quen as tragou para pasalas por aduanas. E todo pola simple e repetitiva idea: “as drogas son malas e perigosas”. MAL! Nada é perigoso, o perigo reside nos seres vivos. Ao igual que as armas non matan, senón que matan as persoas que as usan; as drogas seguen sendo outra forma de pracer coma o tabaco normal que se pode comprar facilmente. Si que é certo que hai drogas “especiais” coas que hai que ter coidado, como é o caso dunhas que son capaces de provocar dor sen sufrila, mais ese é un caso entre cincuenta. Como moito, deberían ser sacadas do mercado negro polo seu poder destrutivo; mais u unha vez máis, os problemas só se producen se alguén as quere tomar. O resto das drogas (marihuana, cocaína, anfetas...) deberían ser tratadas coma o tabaco e legalizalas, pois producen a satisfacción que busca o ser humano á parte de que axudan noutros ámbitos. Grandes artistas drogábanse co obxectivo de obter a súa ansiada inspiración e abrir a súa mente a novas ideas; tamén gran cantidade de médicos recomenda a marihuana e outras drogas de forma terapéutica, o que chega a axudar aos pacientes notablemente nas súas recuperacións. O principal contratempo da legalización da droga é a súa adicción e a posible morte, mais a adicción preséntase de todas formas (fumar, ulir pintura ou gasolina...) e a morte, ao igual co tabaco, é producida polo exceso ao tomalas, pero pódese evitar con boa forza de vontade e tomando cantidades reducidas. En conclusión, as drogas son, ao final, un pracer máis do que o ser humano debería poder disfrutar con prudencia, como os cigarros e o tabaco. Samuel Iglesias Bemposta
4º ESO. -09-
Luis Miguel López Lago
I. E. S. MENDIÑO REVISTA CULTURAL
CREACIÓN LITERARIA: Opinión
A escaseza de auga é un dos grandes problemas que se están dando na actual sociedade sa que, a pesar de ser esta un elemento necesario para o noso desenvolvemento, é un recurso cada vez máis limitado. Falamos de auga e vense á nosa cabeza a imaxe do globo terrestre cheíño de océanos azuis con gran cantidade de auga, pero...Quen bebe a auga salgada?; vaiamos pois á auga doce, descartando deste xeito máis de dúas terceiras partes da xa existente. Pero unha parte auga doce está conxelada e outra non é apta para o consumo, e cada vez son menos os países que teñen auga de boa calidade. Que podemos facer entón? Dubido moito que poidamos substituír este ben tan apreciado por outro e, polo tanto, pode que esteamos falando de que o esgotamento da auga supoña a fin da vida, xa que é indispensable. Ante esta situación, intentouse concienciar á xente sobre a necesidade de conseguir un uso máis respectuoso da auga, pero as solucións apuntadas son un pouco inútiles xa que eu penso que a maioría da poboación non se dá conta do ben tan apreciado que é e da mala situación na que se atopa. Agora ben, cada vez son e serán máis os países con escaseza e, pese a todas as “solucións” que poida haber (depuración, reutilización...) a nosa situación final é evidente. Unha loita entre países pola posesión da auga doce estará guiada por un afán de lucro económico. Porén, non cres que o que deberiamos é cambiar a nosa conciencia e volvernos máis solidarios? Pensa en todas as avantaxes que suporía ser solidarios para evitar esa posible guerra social pola auga. Ana Fdez. Vázquez
2º Bach.
Pablo Rodríguez 3º ESO -1 0-
I. E. S. MENDIÑO REVISTA CULTURAL
CREACIÓN LITERARIA: Opinión
Silvia García
A eutanasia é unha forma de acabar cunha vida de xeito rápido e indoloro, debido ás técnicas que manexamos nos nosos tempos. Pero este método, é realmente ético’ Por un lado, parece que moitas persoas necesitan a eutanasia para finalizar cunha agonía continua e que non ten signos de mellora. En moitos casos, non só abrangue ao enfermo senón aos seus familiares máis próximos tamén lles comunican a dor que sente. Moitas veces indúcese ao coma aos enfermos para que non sufran e, mentres tanto, os médicos tratan de cambiar a situación. Pero cando se chega á conclusión de que o caso é irreversible, xorde esta pregunta: deberíase acabar coa súa vida? Os grupos “pro-vida” claramente estarían en contra. Eles non entenden que a situación sexa irreversible e antepoñen esa “vida” ao que realmente a está vivindo Moitos participantes nestes grupos son relixiosos e esperan que un milagre salve ao sufridor. Ben é certo que estes milagres existen, como por exemplo o caso da cura da sida (en teoría incurable), pero non están á orde do día. Mentres que eles ,esperan unha salvación divina o enfermo está, literalmente, a morrer de dor. Por outra banda, estamos os que cremos que é necesario acabar con ese sufrimento. Dende o meu punto de vista, se un familiar meu está nesta situación, primeiro cercionaríame de que non existe no mundo unha cura para a súa enfermidade. Logo, despediríame del e permitiríalles aos médicos realizar o seu traballo. Se aplicamos aos nenos o tema da eutanasia, non creo que haxa ningunha diferenza con respecto aos adultos, pero non creo que se poida aplicar aos problemas mentais. Xa nos adultos é difícil diferenciar se é necesario a eutanasia ou non. O cerebro é un campo que actualmente está moi pouco investigado. Pode suceder calquera caso nos adultos, así que nos nenos (nos que aínda o cerebro se está a desenvolver) é imposible predicir o que suceder nos vindeiros anos. Resumindo, eu creo que a eutanasia debería estar permitida incluso en idades moi pequenas, pero só con problemas físicos. En cambio, nos adultos (maiores de idade), eles son os donos das súas vidas ao 1 00% e a eutanasia debería ser posible. Daniel Cabaleiro García. -11 -
2º Bach.
I. E. S. MENDIÑO REVISTA CULTURAL
CREACIÓN LITERARIA: Opinión
Hoxe en día a auga é un ben escaso xa que só o 0,6% dela é doce e está dispoñible para o seu uso no planeta. Isto ten gran importancia xa que a auga é un dos recursos máis importantes; ademais, a porcentaxe desta periga polo cambio climático, xa que o aumento do nivel do mar pode converter mananciais de auga doce en auga salgada. Por outra parte, tamén está en perigo porque nalgúns lugares non se pode reciclar nin recuperar, polo que estamos desaproveitándoa. Isto ten como consecuencia que, no futuro, haberá problemas abundantes poloa escaseza de auga, como guerras non países subdesenvolvidos e pelexas para intentar apoderarse dos mananciais e da auga que queda mentres nos países desenvolvidos aínda non haberá este problema. Moita xente morrerá empezando polos países pobres xa que a poboación precisa de auga para as necesidades básicas: hixiene e consumo. Mais, a longo prazo, o problema aumentará e chegará ata os países desenvolvidos nos que haberá o mesmo problema, porque os ricos quedarán cos recursos para a obtención de auga e os demais comezarán a notar a escaseza e repetirase a situación. Debemos ser conscientes da situación xa que temos que apreciar este recurso o máis posible e reducir o seu consumo para evitar situacións irremediables no futuro. As medidas que se poden poñer para arranxar isto serían a depuración e reutilización da auga en todos os casos, intentar evitar o cambio climático para que non aumente o nivel de auga salgada e investigar máis para chegar a coverter a auga salgada en doce, para que así sexa un recurso barato e dispoñible para todos. Naomi Rodríguez Regedor. 2º Bach.
Inés Pérez -1 2-
I. E. S. MENDIÑO REVISTA CULTURAL
CREACIÓN LITERARIA: Opinión
Manuel Iglesias Otero 3º ESO
A PENA DE MORTE A pena de morte é una condea xusta ou inxusta? Arredor desta cuestión hai moita polémica co que facer coa asasinos e violadores, hai persoas que pensan que estes deberían probar a súa propia medicina, ademais tamén pensan que con isto asustarían aos posibles novos asasinos; isto non é verdade, xa que hai probas de que noutros países, Colombia, por exemplo, a pena de morte está permitida e, aínda así, os asasinos non se asustan xa que segue habendo o mesmo número de delincuentes. Hai outro tipo de persoa, os que están en contra da pena de norte, entre ela, eu, penso que a pena de norte para un asasino é o camiño máis rápido e menos doloroso, ademais é un sensentido castigar a alguén coa pena de morte por matar a alguén, ningunha persoa ten dereito a quitar a vida e iso é innegable, a pena de morte só serve para vingar ás persoas que foron asasinadas pero matar a un asasino non vai devolver a ninguén Finalmente, a pena de norte ten un grave inconveniente e este é que, se se mata, non se pode devolver a vida en caso dun erro no sistema xurídico, pero ese no sería o maior problema, os gobernantes poden facer uso do seu poder facendo desaparecer a persoas incómodas: mataríanas “legalmente”. Ismael Martínez.
4º ESO. -1 3-
I. E. S. MENDIÑO REVISTA CULTURAL
CREACIÓN LITERARIA
MAIO OS MENDIÑOS de 1 º ESO-B Neste primero de maio como manda a tradición imos cantar no Mendiño que nos fai moita ilusión. Cando chega a primavera as árbores botan flor facendo que os nosos campos se enchan de moita cor. Nesta primavera ocorren cousas raras agroma o millo e alédansenos as caras. Estamos na primavera nunha estación especial as árbores florecen e saen os animais.
Toda a xente deste cole vainos ver actuar pódense rir de nós pero a nós dános igual.
Se queres que o teu maio saia na televisión terás que sempre facelo con moitísima emoción.
No concello no fan nada dá igual a hora que é non encontras nin ao alcalde din que é hora do café.
Somos os nenos de 1 º uns alumnos especiais como somos os pequenos téñennos que axudar.
Se só cortamos árbores e non deixamos de talar non imos ter osíxeno nin para respirar.
Canto estamos no inverno parecemos esquimais porque neste novo cole non hai cartos para máis.
Con esta crise tola que estamos a pasar e a Xunta non fai nada para nos axudar.
Recortes de sanidade recortes para o ensino pola culpa dos ministros que os imos colgar dun pino
Con estas coplas e de todo corazón, dicimos adeus ao ano que o outro sexa mellor
Os nenos de hoxe en día só pensan en xogar e cando van ao cole esquécense de estudar
Xa remataron os maios adeus á felicidade a festa xa rematou dentro dun ano voltade. -1 4-
I. E. S. MENDIテ前 REVISTA CULTURAL
LONDON
Marta Darriba Lucテュa Ojea Eva Taibo -1 5-
I. E. S. MENDIテ前 REVISTA CULTURAL
LONDON
-1 6-
I. E. S. MENDIÑO REVISTA CULTURAL
ROMA
ROMA, CIDADE ETERNA Organizada polo Departamento de Relixión Católica e acompañadas polas “professoressas” Catalina e Almudena, un grupo de 1 9 alumnos e alumnas de 2º de Bacharelato fixemos unha viaxe cultural a Roma e Florencia no pasado mes de xaneiro. É practicamente imposible poñer por escrito todo o que fixemos, sentimos e vivimos ao longo desa inesquecible semana; pero as pinceladas que se recollen neste pequeno relato, seguro que a máis de un lle poñen os dentes longos de envexa. Velaí vai: LUNS 1 3 DE XANEIRO Hoxe comeza a nosa aventura, e faino moi cedo. Ás 04:30 horas estabamos no instituto, de onde saímos ás 04:45 cara Porto. Alí collemos ás 07:45 un voo con destino a Roma, onde chegamos ás 11 :45 horas ao aeroporto de Fiumicino, onde un autobús esperaba por nós para levarnos ao hotel, que estaba magnificamente situado: fronte á estación de Termini. Asignáronnos os cuartos, deixamos as maletas, comemos un bocata e á volta das 1 4:45 horas, marchamos dispostos e dispostas a tormarlle o pulso á Cidade Eterna. A nosa primeira estación foi o Coliseo, magnífico anfiteatro construído no século I e situado no centro de Roma. A súa inauguración durou cen días, e nela participou todo o pobo romano. Morreron decenas de gladiadores e feras, que deron a súa vida polo pracer e o espectáculo do pobo. É, polo tanto, un lugar que che deixa un sabor agridoce. Ao saírmos do Coliseo, camiñamos ata chegar á basílica de S. Pietro in Vincoli, moi coñecida por albergar o mausoleo do Papa Xulio II, coa fermosísima escultura do Moisés de Miguel Anxo, que é.... Impresionante!!!!!!!. Nesta Igrexa, nun relicario debaixo do altar principal, tamén se atopan as cadeas de S. Pedro. Así, segundo di a lenda, a emperatriz Eudoxia, ofreceulle as cadeas como agasallo ao Papa León I. Cando este as comparou coas cadeas de S. Pedro no cárcere mamertino, as dúas cadeas xuntáronse milagrosamente. Quen sabe que hai de lenda e que de realidade?. Logo camiñamos cara “Il Gesú”, a Igrexa dos xesuítas, á que chegamos polos pelos, porque faltaba pouco para as seis da tarde, hora de peche. Este templo é unha boa mostra do estilo barroco, moi ornamentado. Mestura pintura e escultura, producindo un efecto 3D en quen a visita. Quedamos abraiados, e podemos dicir que foi esta unha das basílicas que máis nos gustou. Saímos e continuamos camiñando ata chegar a unha das basílicas menores de Roma, Santa María sopra Minerva, situada na zona do Campo de Marte. Esta Igrexa foi construída nos primeiros tempos do cristianismo sobre un templo pagán dedicado á deusa Minerva. Está considerada a única Igrexa gótica de Roma... e ten un mosaicos que quitan o hipo. Éche ben fermosa!!!!!!!. Ao rematar, botamos andar cara ao Pantheon, templo circular construído en Roma a comezos do Imperio romano e que está adicado a todos os deuses. Como daba tempo, e hai que espremer ao máximo os cartos da viaxe, fomos á Piazza Navona, unha das máis famosas de Roma, que reúne esculturas, fontes e edificios de gran valor artístico e que supón un centro da vida social, cultural e turística desta cidade. No centro da praza admiramos a Fonte dos Catro Ríos, obra barroca de Bernini na que representa os catro grandes ríos do mundo coñecido por entón: Nilo (África), Ganxes (Asia), Danubio (Europa) e Río da Prata (América). Esta fonte está coroada polo obelisco de Domiciano.
-1 7-
I. E. S. MENDIÑO REVISTA CULTURAL
ROMA
Cansados pero felices, comezamos a camiñar cara ao restaurante para ir cear. Polo camiño, na Piazza Venezia, contemplamos o enorme Monumento Nazionale a Vittorio Emanuele, coñecido coma a Máquina de Escribir, que está realizado na honra do primeiro rei da Italia unificada. Asemade, tamén tivemos ocasión de contemplar os restos do Forum , é dicir, a zona central en torno á cal se desenvolveu a antiga cidade e que tiñan lugar o comercio, a relixión, a administración de xustiza. No foro estaba o fogar comunal. De noite, alumeados, son unha vista ben fermosa.de noite.... espectacular!!!!!!!!!!!!. MARTES 1 4 DE XANEIRO Hoxe, despois de moitos intentos, pois os metros ían a rebentar de xente, logramos subir (iso si, en diferentes etapas) a este medio de transporte para ir ao Vaticano. Ás 9 da mañá xa estabamos na Piazza de S. Pietro. Chovía a mares. Admiramos desde o exterior a fermosa basílica, unha das catro catedrais papais ou maiores de Roma (as outras tres son S. Xoán de Letrán, Santa María a Maior e S. Paulo Extramuros. Ese escenario que tan afeitos estamos a mirar na televisión, cheo de xente e no que todos desexabamos estar algún día, plasmouse diante de nós, de xeito que formabamos parte del, non eramos espectadores, senón actores e actrices. Ás 1 0:30 tiñamos cita reservada para visitar os Museos Vaticanos, onde collemos a ruta exipcia. É algo impresionante, digno de ver. Os museos son enormes e había milleiros de esculturas e cadros (que bonitas as estancias de Rafael!); pero o noso obxectivo era, como non podía ser doutro xeito, a Capela Sixtina, sé dos cónclaves papais. Non se pode describir tanta beleza. Esta capela foi encargada polo papa Sixto IV (de aí o de sixtina). Durante o seu pontificado, un grupo de pintores renacentistas (Botticelli, Perugino, Ghirlandaio....) realizaron dúas series de paneis ao fresco sobre a vida de Moisés (ao lado esquerdo, mirando de fronte ao altar) e da de Cristo (ao lado dereito do altar), acompañadas por retratos de papas. Posteriormente, entre 1 508 e 1 51 2, por encargo do papa Xulio II, Miguel Anxo decorou a bóveda, creando unha obra de arte sen precedentes que cambiaría o curso da arte. No teito relátase a historia da salvación: creación, profetas... nos laterais atopamos diversas esceas da vida de Cristo: nacemento, adoración, bautismo.... e no altar, o xuízo final, interpretación da pasaxe do evanxeo de Mateu, segundo nos contou a profesoresa Almudena, experta na materia. Só na capela estivemos arredor de media hora, e a verdade é que non daban ganas de marchar.
-1 8-
I. E. S. MENDIÑO REVISTA CULTURAL
ROMA
Comemos no Vaticano e ás 1 4:1 5 tiñamos cita para visitar as Scavi, é dicir, a necrópole debaixo da basílica de S. Pedro. Foi unha das cousas que máis nos gustou da viaxe. Iamos en dous grupos, con cadansúa guía. Ao saír das Scavi subimos á cúpula. Foi moi custosa, pero pagou a pena, pois ten unhas vistas impresionantes de toda Roma. Como xa estaba anoitecendo puidemos ver a caída da tarde desde alí. Magnífico!!!!!!!!!!!. Para rematar o noso percorrido vaticano, visitamos a Basílica, onde destacamos A Piedade de Miguel Anxo. Tamén nos impactou ver a tumba do beato Xoán Paulo II, pois é o papa máis coñecido por nós. Asemade, na basílica tamén está a tumba de Xoán XXIII. Almudena explicounos que cando declaran a algún papa beato, soben o seu corpo da tumba dos papas ata basílica. Tamén nos dixo que o vindeiro domingo 27 de abril, o papa Francisco declarará santos a Xoán XXIII e a Xoán Paulo II... así que cando leades estas liñas, xa falaremos de S. Xoán XXIII e S. Xoán Paulo II. Arredor das 1 8:30 puxémonos en camiño cara Roma de novo.... agora a pé. A verdade é que tivemos unha sorte incrible co tempo. Poderedes crer que choveu a chuzos todo o día mentres estabamos resgardados e cando temos que saír para de chover?. Nin que o encargaramos a propósito para nós. Despois de fotografarnos coa garda suíza do papa co seu atavío característico, cruzamos a Piazza de S. Pietro de noite pecha, que é todo un espectáculo, pasamos polo Castel Sant’Angelo, fomos admirando a beleza das pontes desde a beira do río Tíber. Paramos para admirar o Ara Pacis Augustae, un alta re monumento adicado á deusa romana Pax e erixido polo senado roman opara celebrar as vitoriosas campañas de Augusto e a paz imposta ao seu regreso triunfal. Continuando pola Vía Tomacelli (con parada na tenda de Ferrari incluída), dirixímonos por Vía Condotti (rúa na que están as tendas das grandes marcas de moda: Chanel, Dior, Versace, Armani.... cuns prezos de infarto!!!!!!!!) e chegamos á Piazza di Spagna, unha das máis famosas de Roma e cuxo nome vén dado polo feito de que nela se atopa, desde o século XVII, a embaixada española diante da Santa Sé. No mundo da moda, os 1 35 banzos da escalinata desta praza son coñecidos, xa que neles se celebra o desfile Donne Sotto le Stelle, a mediados do mes de xullo. Collemos o metro e, a iso das 21 :00 horas chegamos ao restaurante para cear. Todo estaba boísimo. Rematamos e .... para o hotel a durmir. Estamos moi cansos!.
MÉRCORES 1 5 DE XANEIRO Toca madrugar de novo. Despois de almorzar, camiñamos cara á Basílica de S. Xoán de Letrán, a sé do Papa. No camiño, entramos a ver a basílica de Sta. Prassede, cuns fermosísimos mosaicos. Fronte á Basílica de S. Xoán de Letrán sitúase a Scala Santa, unha escaleira de mármore, composta por 28 chanzos que foi mandada traer de Xerusalén por Santa Helena, a nai de Constantino, no ano 326. Por ela foi por onde subiu Xesús o Venres Santo ao palacio para ser xulgado por Poncio Pilato. Desde 1 723 está forrada de madeira de nogueira, para protexela do desgaste producido pola subida de peregrinos. Na actualidade, só se pode subir de xeonllos. Adiviñades quen foi o valente?????: DANIEL CABALEIRO (olé, oolé, olé!!!!).
-1 9-
I. E. S. MENDIÑO REVISTA CULTURAL
ROMA
Entramos, xa que logo, na Basílica de S. Xoán de Letrán, catedral da diocese de Roma e sé do papa Francisco. Esta é a Igrexa máis antiga do mundo, polo que recibe o título de Cabeza e Nai de todas as igrexas. Letrán foi sé central da Igrexa católica durante máis de mil anos, ata que no século XIV os Papas se trasladaron ao Vaticano. A basílica actual é de estilo barroco, froito dunha transformación de Borromini no século XVII. No alto da fachada están as estatuas de Cristo, Xoán Evanxelista, Xoán Bautista e os Apóstoles. Esta fachada foi reformada no século XVIII, seguindo o estilo da de S. Pedro, por Galilei. No interior destacamos as monumentais esculturas dos doce apóstolos na nave central. Debaixo do altar maior está enterrado o papa Martín V, baixo cuxo pontificado abriuse por vez primeira a Porta Santa nesta basílica. No fondo do ábside está a cátedra, a cadeira do Papa, bispo de Roma. Segundo nos explicou Almudena, o papa celebra aquí algunhas celebracións litúrxicas, por exemplo, a Eucaristía da festa do Corpus. A nosa próxima estación é a Boca da Veritá.... pero ben sabes, hai que aproveitalo todo. Polo camiño entramos na Igrexa de S. Clemente, construída sobre a mansión do emperador Tito Flavio Clemente, e que garda no seu interior mosaicos do século XII (supoñemos que a estas alturas da viaxe, teredes descuberto que o punto fraco da profesoresa Almudena son as Igrexas paleocristiás, cheíñas de mosaicos... e Cati dalle polo pau... estamos perdid@s!!!!!!! Mírannos raro cando dicimos que nos gustou máis Il Gesú. Entramos agora no parque público do Circus Maximus, situado entre os montes Aventino e Palatino e que foi o maior circo da antiga civilización romana. Tiña cabida para 250.000 espectadores. Foi modelo para todos os circos que os romanos construíron en moitas cidades do seu imperio. Chegamos á Igrexa de Santa María in Cosmedin, onde está a Bocca della Verità, unha antiga máscara de mármore colocada na parede da Igrexa. A escultura representa un rostro masculino con barba que ten ollos, nariz e boca ocos. Segundo di a lenda, o demo agarrou un longo tempo a man de Xuliano o Apóstata, cando este enganou a unha muller. Como podedes imaxinar, tod@s metemos a man e fixemos a foto.... e ningunha quedou dentro. Atravesando a Illa Tiberina, chegamos ao Trastévere (“Tras o Tíber”). Que barrio tan fermoso e tan bohemio!!!!. Por estar situado ao outro lado do río, foi sempre un barrio pobre e marxinal, que quedou excluído das grandes remodelacións urbanísticas, grazas ao cal conserva boa parte do seu trazado medieval, con calellas estreitas tipicamente romanas, que constitúen o seu atractivo. Por alí comemos, nunha das súas moitas trattorías ou pizzerías. Despois de repoñermos forzas, visitamos a fermosísima basílica de Santa María in Trastévere, fundada polo papa Calixto I no século III, cando o cristianismo era culto minoritario (outra paleocristiana!!!!!!). Este templo conserva o seu carácter medieval a pesares das reformas sufridas co paso dos anos. Exteriormente destaca polos seus impresionantes mosaicos dourados da fachada e polo seu campanario. No interior, está dividida en tres naves por medio de vinte columnas procedentes das Termas de Caracalla. O mosaico dourado do ábside é totalmente magnífico, e non podes deixar de miralo cunha admiración exquisita. Ao rematar esta visita, camiñamos cara ao Campidoglio, onde puidemos admirar a Piazza do Camplidoglio, cuxo deseño é obra de Miguel Anxo. É a única praza renacentista que queda en Roma. Despois de facer un receso na praza para repoñer forzas, camiñamos para volver desfrutar dos restos do Forum. Tamén miramos o Cárcere Mamertina, unha prisión situada no foro romano onde, segundo di a lenda, estivo prisioneiro S. Pedro antes do seu martirio. Camiñamos cara Piazza Venezia, onde collemos o autobús que nos levou ao restaurante. A cea, boísima, coma sempre. Mañá toca madrugar: Florencia está á nosa espera.... pero o tren non!!!!.
-20-
I. E. S. MENDIÑO REVISTA CULTURAL
ROMA
XOVES 1 6 XANEIRO Hoxe erguémonos máis cedo do habitual: ás 7 da mañá, xa que ás 8:20 saiamos en tren da estación de Termini cara a Florencia. Por suposto, durante os 90 minutos que dura a viaxe, unha boa parte de nós aproveitamos para durmir. Outros desfrutamos da fermosa paisaxe da Toscana. Ás 09:50 da mañá estabamos en Florencia. En primeiro lugar fomos visitar o exterior do conxunto da catedral. Como diría a professoressa Almudena: LO MÁS!!!!!!!!!!!!!!!!!. É unha das cousas máis bonitas que vimos na nosa vida. Posteriormente visitamos na sancristía nova da basílica de S. Lourenzo, as Capelas Mediceas, nas que tiñamos cita reservada ás 11 da mañá. Deseñadas por Miguel Anxo para diferentes membros da familia Medicci, grandes mecenas florentinos, fai un tratamento teatral da morte. O sepulcro de Lourenzo, duque de Urbino, coas figuras do Crepúsculo e da Aurora. Fronte del está a tumba de Giuliano, duque de Nemours, coas alegorías do Día e da Noite. Logo visitamos o Baptisterio de S. Xoán, situado na Piazza del Duomo, no que puidemos admirar os seus tres conxuntos de portas de bronce (Porta Sur, Porta Norte e Porta Este ou Porta do Paraíso) de considerable valor artístico e, xa no seu interior, do seu marabilloso teito de mosaico, no que destaca o Cristo Resucitado e diferentes pasaxes da historia da salvación. Impresionante!!!!!!!!!!!!. Antes de seguir visitando e camiñando, tomamos un pequeno refrixerio na Piazza da Signoria, que é a praza central de Florencia, sé do poder civil co Palazzo Vecchio e corazón da vida social da cidade. Nesta praza con forma de L, atópase unha réplica perfecta do David de Miguel Anxo. Ás 1 2:45 da mañá tiñamos cita para visitar a impresionante pinacoteca da Galleria degli Uffizi, na que puidemos admirar cadros tan espectaculares e fermosos coma “A Primavera” ou “O nacemento de Venus”, ambos os dous de Botticcelli e outros. Ao saír fomos dando un fermoso paseo polas beiras do Arno ata a Ponte Vechio, a máis coñecida de Florencia e a ponte de pedra máis antiga de Europa. Durante os séculos XV e XVI, as súas casas colgantes estiveron ocupadas por carniceiros; pero cando a corte se trasladou ao Palazo Pitti, Fernando I ordenou pechar as tendas polo mal cheiro. Desde entón, as tendas foron ocupadas por xoieiros e ourives que o fan un lugar para quitar o hipo.... pola beleza e polo prezo das súas xoias!!!!!. Ademais, nesta ponte, cumprindo o mandado, tamén colocamos os candados dos namorados. A iso das cinco da tarde marchamos ao Mercadiño de S. Lourenzo. As professoressas deixáronnos tempo para compras. Alá fomos. Despois de moito regatear, conseguimos bos artigos. Moitos de nós trouxemos bolsos, carteiras, mesmo chaquetas de pel; e case todas as nosas nais levan un moedeiro de coiro florentino, xa que este é un mercado fundamentalmente de artigos de pel, que se conseguen a un prezo moito máis asequible que aquí. Cando nos demos de conta, xa era hora de coller o tren de volta para Roma.... iso si, cargadiños de bolsas. Chegamos á estación, fomos ao restaurante, ceamos (ben, como sempre) e outra vez para o hotel.... Xa case durmiamos polo camiño.
-21 -
I. E. S. MENDIÑO REVISTA CULTURAL
ROMA VENRES 1 7 DE XANEIRO
Non queremos que isto remate!!!!!!!!!!!!!. Que rápido pasou o tempo!. Hoxe é o último día. Os nosos pasos lévannos cara á Basíllica de Sta. María Maggiore, que ten diferentes estilos arquitectónicos, desde o paleocristián ata o barroco, polo que resume as grandes etapas da arte cristiá en Roma. É unha basílica fermosísima, por certo, edificada sobre un templo pagán que lle rendía culto á deusa Cibeles. Foi construída a mediados do século IV, baixo as ordes do Papa Liberio. Segundo a lenda, a Virxe apareceu diante do Papa, dándolle as instrucións para a construción desta Igrexa, que é a maior das 26 igrexas de Roma adicadas á Virxe María. O edificio completo foi restaurado e reformado durante o século XVIII. A pesares disto, a igrexa conserva o campanario, algúns mosaicos e chans de mármore da idade media, ademais dos espléndidos mosaicos do século V. O noso camiño levounos despois a visitar a basílica de Santa María degli Angeli e dei Martiri, deseñada por Miguel Anxo e que é a única igrexa renacentista de Roma, e unha das máis espectaculares e peculiares. Está situada xunto á Piazza da Republica, e é unha das máis especiais da cidade debido ao seu aspecto exterior derruído, que contrasta cun amplo e espectacular interior. O terreo no que se atopa estaba ocupado polas Termas de Diocleciano. No seu interior posúe unha rica decoración, con grandes frescos nas pareces e enormes columnas de mármore de diferentes cores. No chan pódese ver a liña meridiana trazada por Bianchini en 1 703, que indicaba o mediodía e a chegada dos solsticios e os equinocios, ademais de funcionar como calendario. Ademais, ten un órgano espectacular, con 5.400 tubos. Despois de visitar esta igrexa tan peculiar, seguimos camiño doutro templo, neste caso unha igrexa pequeniña, pero que ten a sorte de aloxar no seu interior unha obra de arte magnífica. Estamos a falar de Santa María della Vittoria, famosa por albergar unha da sobras mestras do barroco, a Capela Cornaro, espectacular e teatral espazo presidido polo grupo escultórico que representa o Éxtase de Santa Tareixa, a escultura quizais máis coñecida no campo da escultura. Custounos, pero ao final conseguimos que as profesoras nos levaran á tenda de Hard Rock, onde compramos a camiseta ou a sudadeira correspondente. Camiñando polo Quirinal e vendo o Palacio do Quirinale, residencia oficial do Presidente da República, chegamos á maior, máis ambiciosa e máis famosa das fontes barrocas romanas: a Fontana di Trevi, cuxa historia se remonta aos tempos de Augusto. Segundo a lenda, unha misteriosa doncela indicoulle ao xeneral Agripa o emprazamento do manancial, ás aforas de Roma. Para traer a auga ata a cidade, Agripa construíu un acueduto que chamou Acqua Virgo. A fonte actual foi construída no século XVIII por un home case descoñecido chamado Nicola Salvi, que sorprendeu a todos con este deseño asombroso. Os traballos para a súa construción prolongáronse trinta anos e acabaron minando a saúde de Salvi, que morreu sen poder acometer outros proxectos e sen ver terminada a súa fontana. Por suposto, todos e todas nós cumprimos coa tradición de botar unha moeda, pois.....queremos volver. Comemos, andamos pola zona, compramos máis cousas e a iso das catro camiñamos para cumprir as dúas cousiñas que tiñamos pendentes. En primeiro lugar, chegamos á igrexa San Luigi dei Francesi, na que atopamos un conxunto de pinturas sobre o evanxelista S. Mateu realizadas polo mestre barroco Caravaggio. Son tres lenzos coñecidos mundialmente: A vocación de S. Mateu; a inspiración de S. Mateu e o martirio de S. Mateu. Cando rematamos, xa só quedaba unha cousa por facer: visitar a famosísima xeadería Giolitti. Alá fomos. Abraiamos cos xeados que tiña, de máis de cincuenta sabores de todo o que vos poidades imaxinar... Que riquísimos estaban!!!!!!!!!!. Logo, as professoressas deixaronnos tempo para ir comprar. A vía do Corso botou lume. Ao final quedamos na Piazza do Popolo, onde chegamos ben cheíños de bolsas coas derradeiras compras. Alí collemos o metro, que nos levou ata o restaurante, onde degustamos a nosa última cea en Roma e fixemos fotografías cos camareiros. Cando chegamos ao hotel.... había que facer a maleta e, o máis complicado, pechala despois de tanta compra. Ademais, como era a derradeira noite en Roma, non iamos durmir tan pronto, así que nos puxemos a falar nas habitacións.
-22-
I. E. S. MENDIÑO REVISTA CULTURAL
ROMA
SÁBADO 1 9 DE XANEIRO A viaxe chega ao seu fin demasiado rápido. Pola mañá, cargamos as maletas e collemos o bus que nos levou ao aeroporto. Ás 1 2:50 horas collemos o voo cara Porto, onde chegamos ás 1 5:00. Cando fomos coller a equipaxe.... Menos mal, estaban todas as maletas, pero a de Sara Vilaboa chegou deteriorada. Toca reclamar. En Porto esperábanos o autobús. Chovía a mares. Despois dun tempo estupendo en Roma (só choveu o día do Vaticano, e nunca fixo moito frío) volviamos ao inverno galego. Os nosos pais estaban todos esperándonos no instituto, e foi moi emotivo reencontrarnos con eles. Agora lembramos todos os momentos inesquecibles que vivimos: - encantounos toda Roma: arte, ambiente da cidade, comida, italian@s.... - a compaña era a ideal: unha viaxe cos amigos é moi desexable - a viaxe estaba perfectamente organizada, todo previsto e marabillosamente preparado. Non houbo lugar para a improvisación, todo ía ben atadiño. Grazas, professoressas!!!!!. - as professoressas portáronse xenial con nós. Preocupábanse moito, sempre estaban pendentes do que podiamos necesitar e comprendían o noso afán de parar nas tendas para comprar sempre de bo humor e cunha paciencia infinita. Ademais, como este ano é o quinto no que se realiza a viaxe, controlan a cidade coma se fose Redondela. A pesares do andazo.... pagou a pena desde o primeiro ata o último día. Só agardamos que o dito da Fontana di Trevi sexa verdade e poidamos volver. É unha experiencia única e inesquecible. Oxalá vós teñades a oportunidade de ir... nin se vos ocorra desaproveitala!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!. ALUMNADO DE 2º BACHARELATO
-23-
I. E. S. MENDIÑO REVISTA CULTURAL
ACTIVIDADES
REVISTA N∫ 28 CURSO 2013/14 ALGUNHAS DAS ACTIVIDADES QUE REALIZAMOS ESTE CURSO: FOMOS AOS TÍTERES
VISITAMOS A FUNDACIÓN C. JOSÉ CELA, O MUSEO MEIRANDE, O MUSEO DE PONTEVEDRA
COMPARTIMOS PALABRA CON PEDRO FEIJÓO
-24-
I. E. S. MENDIÑO ACTIVIDADES REVISTA CULTURAL CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ , O DOS DEREITOS DAS PERSOAS , O DÍA DE ROSALÍA, O MAIO...
PASÁMOLO BEN NO MAGOSTO, NO ENTROIDO
-25-
I. E. S. MENDIÑO REVISTA CULTURAL
ACTIVIDADES ESTIVEMOS NA ILLA DE SAN SIMÓN, E NAS ILLAS CÍES
SENTÍMONOS LOCUTORES E LOCUTORAS EN “ RADIO REDONDELA”
VISITAMOS O XORNAL “FARO DE VIGO”
-26-
I. E. S. MENDIテ前 REVISTA CULTURAL
ACTIVIDADES
ESTIVEMOS EN OSEIRA, EN CELANOVA, EN VILANOVA DOS INFANTES
FOMOS A ATAPUERCA
-27-
I. E. S. MENDIÑO REVISTA CULTURAL
ACTIVIDADES
Como cada ano, no mes de febreiro o departamento de Relixión organizou unha actividade extraescolar enmarcada nas sesións de cine social que coordina Cáritas, á que asistimos os alumnos/-as que cursamos Relixión, acompañados por varios profesores e profesoras do centro. No cine vigués Salesianos, situado na rúa Venezuela, un dos poucos supervivintes da época dourada das salas de cine antes de que as áreas comerciais acabaran co engado de ir ao cine, puidemos disfrutar dunha película anti-acción e non comercial, emotiva e comprometida, que nos deixou un moi bo sabor de boca. La bicicleta verde foi a elixida con gran acerto polos organizadores. Esta película xermano-saudi, primeira longametraxe dirixida por unha muller na historia de Arabia Saudí, narra a historia dunha nena de dez anos que soña con mercar unha bicicleta verde e xogar libremente con ela. En principio, parece un soño fácil de cumprir pero nunha sociedade machista e tradicional como a do seu país, Arabia Saudí, este desexo altera as normas e constitúe unha auténtica ousadía. A Wadija non a imos esquecer porque co seu desenfado e coa súa determinación acaba poñendo en solfa as absurdas prohibicións nunha sociedade que non lle permite xogar e medrar en liberdade. De seguro que a Federico García Lorca lle ía encantar porque o film xira arredor dun dos temas fetiche do poeta granadino: a norma social e moral dinamitada pola liberdade do individuo enfrontado á súa sociedade, mulleres moi lorquianas nun mundo de homes que as discriminan e non lles permiten ser elas mesmas. Deixámosvos a ficha técnica por se vos apetece vela, pois paga moitísimo a pena. Convén que saibades que foi nominada a mellor película en varias ocasións e acadou premios prestixiosos en mostras e festivais de todo o mundo. TÍTULO ORIXINAL: Wadjda. ANO: 201 2. DURACIÓN: 98 min. PAÍS: Arabia Saudí. DIRECTORA: Haifaa Al-Mansour. GUION: Haifaa Al-Mansour. MÚSICA: Max Richter. FOTOGRAFÍA: Lutz Reitemeier. REPARTO: Reem Abdullah, Waad Mohammed, Abdullrahman Algohani, Ahd Kamel. PRODUCTORA: Coproducción Arabia Saudí-Alemania; Highlook Communications Group. XÉNERO: Drama social. Alumnos e alumnas de Relixión. -28-
I. E. S. MENDIテ前 REVISTA CULTURAL
Banda deseテアada
-29-
I. E. S. MENDIテ前 REVISTA CULTURAL
Banda deseテアada
-30-
I. E. S. MENDIテ前 REVISTA CULTURAL
Banda deseテアada
-31 -
I. E. S. MENDIテ前 REVISTA CULTURAL
Banda deseテアada
Nicolテ。s 1 ツコ ESO C -32-
I. E. S. MENDIÑO REVISTA CULTURAL
Banda deseñada
PARÁBOLA DOS TRABALLADORES DA VIÑA
-33-
I. E. S. MENDIÑO REVISTA CULTURAL
Banda deseñada
Marta González Martínez 1 º ESO C -34-
I. E. S. MENDIÑO REVISTA CULTURAL O inspactor Leo Caldas da comisería de Vigo e o seu axudante Rafael Estévez acoden á illa de Toralla na que sucedeu un caso de asasinato.
Banda deseñada A última era Lois Reigosa, un saxofonista ao que mataran inxectándolle formol, e que provocara a desecación do corpo ata o punto de morrer. Na escena do crime non poideron sacar moitas pistas.
Á tarde, Caldas e Estévez asistiron ó funeral de Lois Reigosa, onde Caldas coñeceu a Iria Ledo e Arthur O'Neil, músicos de jazz que tocaban con Lois no Grial, e quedou con eles no concerto en memoria de Lois para interrogalos. Leo tamén viu a un home cano do que empezou a sospeitar.
Caldas e Estévez foron ó seguinte día a Riofarma, empresa farmacéutica que suministraba formol á cidade de Vigo. Alí falaron con Isidro Freire, responsable da venda de formol, que lles dixo que o suministraba ao Hospital Xeral, ó Policlínico e á Fundación Zuriaga.
Ó anoitecer, Leo asistíu ó concerto no Grial e interrogou a Iria e Arthur. Así, o inspector descubriu que Lois era Homosexal e que acudía moito a un pub gai, o Idílico.
Á mañá seguinte, Leo e Rafa acudiron ao Hospital xeral, ó Policlínico e á Fundación Zuriaga, en busca dun doutor homosexual con coñecementos no formol, sen bos resultados. Pero na fundación descubriron que o home cano do enterro era Dimas Zurriaga.
Leo saíu do Grial e acudíu ó Idílico, onde coñeceu a Orestes, o DJ do pub e amigo de Lois. Leo quedou con el nun hotel ó día seguinte para interrogalo.
Decidiron visitar ó señor Zuriaga, pensando que tiña algo que ver no caso, mais este negou estar no enterro de Lois, e moito menos coñecelo. Leo botou o farol de ter unha testemuña, pero o Señor Zuriaga seguía nas mesmas.
-35-
I. E. S. MENDIÑO REVISTA CULTURAL
Banda deseñada Á tarde, os policías asistiron á reunión con Orestes no hotel, pero este non acudiu á cita. Preocupados, forano buscar á súa casa, onde acháron o morto. No seu ordenador atoparon fotos de Lois e o señor Zuriaga, coas que Orestes facía chataxe ó segundo.
Amosáronlle as fotos a Zuriaga e este recoñeceu ter unha relación sentimental secreta con Lois, da que a súa muller Mercedes non sabía. Detiveron ao señor Zuriaga, acusado de crime paixoal de Lois e seguidamente tamén do de Orestes, crendo que este era a testemuña falsa do que Leo falaba.
Ainda detido, o señor Zuriaga insistía na súa inocencia nos dous casos. Moito máis tarde, Caldas deuse de conta dun detalle que pasara por alto anteriormente e que podería demostrar a inocencia de Zuriaga.
Emprende rumbo cara a casa de Zuriaga, onde acusa e detén a Mercedes Zuriaga, muller do señor Zuriaga, polo asasinato de Lois e Orestes e polo intento de inculpar ó seu marido.
Unha vez detida, confesa que ela descubrira que o seu marido era gai grazas a Orestes, o cal contratara para espialo, e xunto co seu cómplice Isidro Freire levara a cabo o asasinato de Lois inculpando ó seu marido para vingarse dos dous. Máis tarde, matara a Orestes para que este non soltara prenda do sucedido.
"Ollos de auga" Samuel Iglesias Ismael Martínez -36-
I. E. S. MENDIÑO REVISTA CULTURAL
Banda deseñada
OS FILLOS DO MAR Ana Fernández Vázquez
2º Bach.
-37-
I. E. S. MENDIテ前 REVISTA CULTURAL
Banda deseテアada
-38-
I. E. S. MENDIテ前 REVISTA CULTURAL
Banda deseテアada
-39-
I. E. S. MENDIテ前 REVISTA CULTURAL
Banda deseテアada
-40-
I. E. S. MENDIテ前 REVISTA CULTURAL
Banda deseテアada
-41 -
I. E. S. MENDIテ前 REVISTA CULTURAL
Banda deseテアada
-42-
I. E. S. MENDIテ前 REVISTA CULTURAL
Banda deseテアada
-43-
I. E. S. MENDIテ前 REVISTA CULTURAL
Banda deseテアada
-44-