Mendiño30 2016

Page 1



OPINIÓN

UN PODEROSO ALIADO O teléfono móbil na clase: si ou non? Desde hai anos vivimos inmersos nun mundo dominado pola tecnoloxía. As comunicación fixéronse máis e máis rápidas grazas aos avances tecnolóxicos e técnicos; a información está ao alcance dun só click: miles e millóns de artigos, informes, investigación, imaxes, contidos dixitais… que escorregan pola nosa córnea mentres deslizamos a pantalla do Smartphone cara a abaixo. Porén, todo isto desaparece tan axiña como cruzamos a porta do instituto. Na aula, a primeira frase que escoitas é “apaga o móbil”. Coma se fose unha arma letal que conduce á fin do universo, coma se ese pequeno aparello puidese provocar una explosión de douscentos megatóns e acabar coa vida tal e como a coñecemos. Non, señores, o problema non é o móbil, o problema somos nós. O problema é que non noso sistema educativo non nos ensinan como debemos empregalo. Claro que é unha arma perigosa, pero como todo o que cae nas mans equivocadas. E non hai mans máis equivocadas ca as de un ignorante. Non somos realmente conscientes de moito que se pode avanzar coa utilización dun dispositivo dixital na clase: non só os contidos das materias están dispoñibles dun xeito máis cómodo e, canto menos, menos pesado para as nosas costas, senón que tamén temos ao noso alcance centos de apps deseñadas por e para axilizar o proceso de aprendizaxe como as empregadas para facilitar o proceso de avaliación, as aplicacións interactivas, os vídeos explicativos clarificadores, o acceso a milleiros de fontes de información en cuestión de segundos... Ademais disto, o uso precoz dos móbiles permitirá educar novas xeracións que atendan a un uso responsable das tecnoloxías da información e da comunicación, e ensinará aos rapaces e rapazas a lles sacar a maior rendabilidade de cara ao seu futuro laboral. É por todo isto que dende a UNESCO elaborouse un informe de directrices para as políticas de aprendizaxe móbil que teñen como obxecto axudar aos encargados de formular políticas educativas a entender mellor en que consiste a aprendizaxe móbil e cono poden aproveitar as súas numerosas vantaxes para impulsar os avances en educación. Ditas directrices xa son seguidas por numerosos europeos como Noruega, Finlandia, Dinamarca, Suecia...países nos que a taxa de desemprego xuvenil é dez veces inferior á española, e nos que as políticas sociais e democráticas están a anos luz das nosas. Fai uns anos tivemos un intercambio cuns rapaces suecos. A nosa sorpresa foi grande cando vimos que todos e cada un deles tiñan un iPhone, pero maior foi a súa cando lles dixemos que non poderían utilizalo na clase. Para eles o seu teléfono era unha ferramenta máis, coma unha calculadora pode selo para nós. Pero claro, para que todo isto sexa posible primeiro deberiamos ter un sistema educativo totalmente independente da política, que non estivese suxeito a cambios en cada lexislatura. Por moitas medidas educativas que se propoñan, e por moi acertadas que sexan, o verdadeiro paso adiante chegará cando teñamos a certeza de saber que será de nós, e, desde o meu punto de vista, cando o “apaga o móbil” sexa substituído por un “sacade os vosos teléfonos” Mariana Cabaleiro 1º BACH REVISTA CULTURAL Nº 30 CURSO 2015-16


OPINIÓN

O VELO NA ESCOLA Moito se especulou sobre o feito de que se permitise levar o velo na escola. España e moitos outros países publicaron nos seus xornais casos individuais sobre nenas e adolescentes as que, ou ben se marxinaban por levalo ou ben os pais se queixaban porque non llelo permitían levar. Actualmente España non ten ningunha lei concreta sobre este tema, pero iso non impide facernos a pregunta sobre se é ou no é xusto que se lles permita levalo en clase. Vivimos nun mundo moi globalizado no que é difícil atopar un pobo no que convivan persoas de diferente culturas e relixións. Nalgúns pobos, como pode ser o musulmán ou o xudeu ultraortodoxo, as mulleres visten cun velo que lles tapa a cara. En principio, isto non debería supoñer ningún problema xa que cada persoa pode vestir e facer o que queira libremente mentres non amole a outras persoas. Pero cando falamos de persoas que teñen que seguir as normas dunha institución pública, as cousas cambian. Nunha escola, por exemplo, sóese prohibir o uso de gorras, sombreiros, etc. Do mesmo xeito que estes complementos non están permitidos, o velo tampouco o debería estar xa que as normas son iguais para todos. Isto tamén pode ser aplicable a unha empresa ou a algunha outra organización similar. Outro problema a maiores vén da man dos compañeiros e estudantes destas rapazas que, nos casos nos que se permite este atuendo, moitos soen afastalas ou marxinalas, como é o caso de Najwa, unha nena de dezaseis anos quen puxo de manifesto a súa situación ante o goberno. Este comportamento de rexeitamento non debe ser permitido e as institucións deberían intentar paralos. En conclusión, as normas son iguais para todos e, se a uns non se lles permite levar a cabeza tapada, a outros tampouco se llelo deberían permitir. Silvia García 1ºBACH

REVISTA CULTURAL Nº 30 CURSO 2015-16


OPINIÓN

OS REFUXIADOS Europa atópase actualmente colapsada polos refuxiados sirios que foxen dunha terrible guerra. Numerosos países europeos pecharon as súas portas aos refuxiados, cando, en realidade, o que deberían facer é prestar axuda humanitaria xa que un refuxiado, segundo a ONU, é aquel que escapa do seu país para SALVAR a súa vida ou preservar a súa LIBERDADE tendo dereito a pedir asilo se veñen dunha guerra como é o caso. Prestar axuda a estes presos é unha necesidade ética que hai que realizar xa que, segundo datos da UNICEF, 2 millóns de nenos sirios viven como refuxiados pero, aínda así, unha gran porcentaxe de menores segue perdida na desesperación de fuxir dunha nefasta confrontación, sendo tal a desesperación que dous nenos foron atopados mortos nunha praia de Turquía debido ao naufraxio da barca na que viaxaban cando intentaban cruzar a franxa TurquíaLesbos. Casos coma este prodúcense continuamente mentres as autoridades as autoridades políticas debátense en abrir ou non as fronteiras cando o que podemos permitir é que Europa caia na globalización da indiferenza tal e como afirma o Papa xa que, cando hai xente que asfixia en camións, 7000 nenos viaxan sos buscando solución e chegan cadáveres ás beiras das praias, inmediatamente é hora de actuar. Gobernos, institucións e os propios habitantes dunha sociedade temos a obriga moral da socorrer e aceptar os refuxiados nas fronteiras dos nosos países. Temos a obriga moral, en definitiva, de salvar vidas. Rocío Toucedo 1ºBACH

REVISTA CULTURAL Nº 30 CURSO 2015-16


OPINIÓN

OS REFUXIADOS SIRIOS Nestes momentos, miles de persoas de nacionalidade siria buscan refuxio e acollida nos países europeos, emprendendo unha especie de peregrinación desde o seu país e a través de Europa. Foxen do inferno que se produce no seu país. Alí a guerra e o terrorismo están á orde do día, e procuran un lugar seguro para eles e as súas familias, mentres esta situación continúe. Dada a grande cantidade de refuxiados, un só país non está disposto a acollelos; por iso se plantexou o dividir o número total entre varios países de Europa. O noso presidente Mariano Rajoy, declarou publicamente que España acollerá 17.000 refuxiados. Aínda así, continúan moitos problemas como, por exemplo, o racismo. En países centro-europeos, non hai moitos días amosábase como tiñan os refuxiados encerrados e como os alimentaban coma se fosen animais de cortello, guindándolles a comida ao que virían sendo unha especie de gaiolas. E non só iso, senón que tamén se amosaron imaxes de reporteiros (ou alomenos unha reporteira da que se coñece o caso) facéndolles a cambadela a refuxiados. Creo, sinceramente, que é unha mágoa que estas persoa, que non son salvaxes, nin incultos, xente moita dela con formación e profesión de diferente tipo, percorreran tanto camiño para seren tratados como unha molestia por outros seres humanos. Inda que é de supoñer que a súa situación de refuxiados non é peor que estar no medio dunha guerra, iso non xustifica o trato de desprezo que algunhas persoas lles amosan a esta desafortunada xente que pide auxilio. Con todo, tamén é de xustiza dicir que hai certa hospitalidade por parte doutras moitas persoas, e a decisión maioritaria de acollelos por parte dos gobernos me parece moi acertada. Fernando López 4º ESO

REVISTA CULTURAL Nº 30 CURSO 2015-16


OPINIÓN

PUBLICIDADE SEXISTA O cuarto poder, xa de por si ten moita influencia para guiar o xeito en que vivimos, pero, e se tamén puidese manexar o noso modo de pensar? E se denigrara a unha parte da poboación, só polo feito de ser muller? Isto sucede na publicidade, sexista na maior parte, que reduce a muller a un mero obxecto sexual ou a un kit de limpeza, facendo así que esta sexa menor có home. O exemplo máis claro atopámolo nos anuncios de desodorizantes, nos que a diferenza é notable: - Para mulleres: síntase seca todo o día! Reduce o mal cheiro. Hidrata o corpo. - Para homes: Es un campión! Vas ligar a todas! Triunfará! E, sen ir máis lonxe, calquera anuncio onde se venda un produto de limpeza ou de cociña, na maior parte dirixidos exclusivamente a mulleres. Sinceramente, non entendo este método para vender un produto, por que facer que a muller se vexa inferior ao home? Acaso as empresas pensan que van vender máis? Non o vexo claro. O mellor marketing é anunciar a igualdade, deste modo, o produto vai dirixido aos dous sexos e chega a máis persoas. Paréceme incríbel que aínda non se chegase a esta conclusión. De calquera xeito é imprescindible eliminar este tipo de publicidade para evitar que as xeracións medren cun prototipo de home triunfador e de muller submisa. Antía Collazo 4ºESO

PUBLICIDADE NON TAN SEXISTA

Todos somos conscientes da preferencias dos homes fronte ás das mulleres en empregos, na sociedade, etc. Aínda que estas estean esvaecéndose. Respecto a todo este tema, encontramos nos medios anuncios e publicidade, esa que nos intenta convencer acerca dun produto ou obxecto. Neste mundo tamén podemos encontrar anuncios sexistas, os cales rebaixan á muller a unha posición inferior ao varón para atraeren clientela e seren máis vistosos. A miña opinión sobre este tema encóntrase, como cabe esperar, en contra; pero tamén cabe destacar que esta tendencia está comezando a “repoñerse” colocando aos dous sexos en igualdade de condicións e, moitas veces, tachamos de propaganda machista a algunha que non o é. Isto é, por poñer un exemplo, que pode tan só aparecer un home e non unha muller, como nalgúns de AXE; simplemente é un produto exclusivo para eles, ou noutros casos, para elas. Aínda que debemos ser intolerantes con toda publicidade sexista, tamén debemos ser tolerantes con toda esa propaganda que se atopa ao límite, posto que só queren mellorar as súas vendas ofrecéndollo ao público adecuado; é o seu traballo. Pablo Rodríguez Castro 4ºESO REVISTA CULTURAL Nº 30 CURSO 2015-16


POESÍA

A natureza é un ben, é compañeira e irmán. ¡E para o home sempre ten o seu corazón na man! Manuel María: As rúas do vento ceibe Laura Lago 3º ESO

REVISTA CULTURAL Nº 30 CURSO 2015-16


CREACIÓN LITERARIA CANTIGAS MEDIEVAIS

REMEMORANDO AS NOSAS CANTIGAS MEDIEVAIS Esta coita de Amor que Deus me fai sufrir estame lacerando a alma e apenas me deixa durmir. E se isto segue así, vou morrer aquí.

Esta coita amorosa que me fai sufrir Deus estame perforando o peito sen eu poder tocar os seus. E se isto segue así, vou morrer aquí.

Deus faime sufrir canto el quere con este Amor imposible que no meu corazón permanece. E se isto segue así, vou morrer aquí. Diego Aguiar 3º ESO Durmido no río Miño alí estaba o meu amigo. E polo seu amor eu suspiro.

Durmido á beira do río esperando o meu amado. E polo seu amor eu suspiro.

Alí estaba o meu amigo esperando o meu cariño. E polo seu amor eu suspiro. Samuel Martínez. e Gonzalo Álvarez 3º ESO Cos pés na auga e sentada na area miraba sen cansarse cada estrela agardando impaciente a que viñese por ela. A auga que o traía logo o levaría. Ela ouvía como as olas do mar rompían e pensaba que dentro daquela illa estaría o mozo que a namoraría. A auga que a traía logo a levaría.

E de súpeto ela imaxinou como debaixo da ponte de Rande aparecía o home que tanto a namorou. A auga que o traía logo o levaría. Aroa Cernadas, Antía Blanco e Claudia Kaulback 3º ESO

REVISTA CULTURAL Nº 30 CURSO 2015-16


CREACIÓN LITERARIA CANTIGAS MEDIEVAIS O amigo que eu espero agárdoo moi leda. Correndo tras o cervo polo camiño da alameda. Agárdoo moi contenta na vila de Redondela. Correndo tras o cervo polo camiño da alameda.

Na vila choqueira que é moi grande ela. Correndo tras o cervo polo camiño da alameda.

Que é moi grande Redondela eu sigo en vela. Correndo tras do cervo polo camiño da alameda. Marcos Míguez e Alejandro Figueroa 3º ESO Esperando ao meu amor, á beira do río Miño, con moito agarimo.

Escoitei un fermoso son, e seica era un reiseñor, con moito agarimo.

De súpeto chegou o meu amigo, que traía pan e viño con moito agarimo. Lucía Vidal e Sara Alonso 3º ESO Meu amigo cos seus cantares meu amigo cos seus andares meu amigo coas súas roupaxes e así meu amigo polo Eume Amigo meu é.

Meu amigo quíxome con brío meu amigo quíxome ata con frío meu amigo quíxome alá no Hío E así dígolle a meu amigo que tanto cariño me tivo.

Meu amigo, meu mentor o meu exemplo para ser mellor. Ángel González e Nicolás González 3º ESO

REVISTA CULTURAL Nº 30 CURSO 2015-16


CREACIÓN LITERARIA POESÍA Velaquí algúns dos froitos colleitados nas aulas a partir do achegamento á obra do poeta homenaxeado este ano no Día das nosas Letras: Manuel María. GALICIA Galicia é a terra nai, velliña e nunha esquina chea de montañas, pero tamén de chairas. Galicia ten abundantes ríos, e rías, as chamadas Rías Altas e Rías Baixas. É terra de mariñeiros, é terra de cultivo, é a miña terra, a miña terra galega. Eu gardo Galiza no meu corazón, polas súas paisaxes e vistas e por ser a terra que me viu nacer. Lidia Rodríguez 1º ESO O meu grilo chámase Paco, é un grilo pouco común. Canta polo día e pola noite non di nin mu! O meu grilo Paco é algo especial, Parece unha persoa. Xoga á “play” mellor que Han. Teño un grilo sen igual, pola noite dorme comigo, polo día non para de xogar. É o meu mellor amigo. O meu grilo Paco xa está maior; dentro duns días vaise ir para o caixón. Manuel Rancaño 4º ESO

REVISTA CULTURAL Nº 30 CURSO 2015-16


CREACIÓN LITERARIA POESÍA A FALA A lingua é: a forza da nosa fala, o poder dos nosos sentimentos, a maxia de poder expresarse… O idioma é o herdo. Se o tes, non podes renunciar a el. Renunciar ao idioma é ser mudo e morrer. Lidia Rodríguez 1º ESO Cando toca o timbre, subimos á clase. Cando subimos á clase, toca mates. Cando toca mates, estamos tristes. Cando estamos tristes, non atendemos. Cando non atendemos, non traballamos. Cando non traballamos, suspendemos. Lucía, Alba e Martín 4º ESO Canción das sete da mañá Xa soa o despertador dan as sete da mañá... Vai un frío que pela e non me quero levantar. Desperta, espabila! grita meu irmán. Son as sete da mañá e aínda tes que almorzar. Apura, corre, que temos que marchar. Métome un tiro na cachola e xa non volvo madrugar. Manuel Rancaño 4º ESO REVISTA CULTURAL Nº 30 CURSO 2015-16


CREACIÓN LITERARIA POESÍA E MANUEL MARÍA TAMÉN ESTIVO NA CLASE DE FRANCÉS CHEMIN Chemin de Felpás à Aguiar Je sais pourquoi tu as tant de solitudes: Tu es couchée là, sous le soleil de l´après-midi, Sans avoir à qui emmener. Chemin de Felpás à Aguiar Sara Alonso 3ºESO LA FONTAINE Cette fontaine enchantée n´est pas amie de parler. Elle est par terre très silencieuse car elle ne veut pas réveiller les vielles petites pierres qui dorment dans l´eau. Et elle a aussi comme voisine - elle ne veut pas les blesserquelques petites fleurs qui veulent s´ ouvrir bientôt. Laura Lago 3º ESO E TAMPOUCO QUIXO FALTAR Á CLASE DE INGLÉS O ceo na chaira é alto e fero; semella talmente un desespero. As nubes andan a correr deprisa e tápanlle ó ceo a súa sorrisa. ¡A terra humilde está deitada ollando o ceo sen pedirlle nada! Chegou o tempo de Outono prás castañas varear. ¡Chegou o tempo do sono e a sazón de sementar!

CEO

The sky is high and cruel in the plain; it seems a desperation. Clouds run fast and clog the sky smile. The humble land is lying looking at the sky without asking

OUTONO Outumn has come to knock chesnuts from the trees. The time to sleep has come to get the land ready to sow

REVISTA CULTURAL Nº 30 CURSO 2015-16


CREACIÓN LITERARIA POESÍA O tempo do vrao é tempo de calor. O traballo é moito e vai pesando ¡O sol non ten dó do labrador e quema sen piedade xente e gando. Summer is hot

VRAO

the work is tiring and hard the sun doesn´t feel pity for farmers and burns people and livestock merciless

Borja Fernández e Antía Collazo 4ºESO

Temos dous televisores en branco-mouro e color. ¡Se un dos canais é malo o outro e moito peor…! Pois sempre poñen películas de crimes ou de vaqueiros e programas infantís cativos e chocalleiros. Os anuncios son o colmo da parvicie e cretinez. E o resto dos programas son ruinzallos de vez.

We have two television sets black and white and colour. If one of the channels is bad the other is even worse. There are always films about murders or cowboys and kids programmes poor and ridiculous. Adverts are the height of silliness and stupidity and the rest of programmes are low quality Eva González e Andrea Duarte 4º ESO

O corazón paxaro de silencio sen palabras; auga. O corazón anda a tremer baixo unha lúa pálida. ¡Quén puidera despirte, ouh corazón, e ollarche a alma! O silencio rómpese coma un lago; pomba desplumada. O corazón. Soedade. Eco de palabras. Nada

The heart bird of silence speechless water. The heart is trembling under a pale moon. Who could undress you? Ouh heart, and see your soul! The silence breaks like a lake; featherless dove. The heart. Loneliness. Echo of words. Nothing Ofale Fernández e Laura Reyes 4ºESO

REVISTA CULTURAL Nº 30 CURSO 2015-16


CREACIÓN LITERARIA POESÍA A señora Lúa inda está solteira. ¡A señora Lúa a Lúa lueira! A Lúa lueira, a señora Lúa : ¡ten gana de troula e quer ir de rúa! ¡ E quer ir de rúa, de troula ir quería que sinte morriña e melancolía! A señora Lúa, a Lúa rueira como anda de noite sempre está tristeira. Sempre con tristura e melancolía que anda pola noite e dorme de día. Que a señora Lúa co Sol quer casar, ¡E, ándao buscando sen pódelo achar ¡ A señora Lúa, a Lúa tristeira; ¡si non da co Sol quedará solteira!

Mrs Moon is single yet. !Mrs Moon The light Moon! The bright Moon Mrs Moon: is in the mood for fun and wants to go out. She wants to go out, to a party she wanted to go she feels homesick and sad! Mrs Moon, The street Moon cause she is out there at night she is always sad. Always with sadness and melancholy she walks at night and sleeps at day. Mrs Moon wants to marry the Sun she is searching him but she can´t find him! Mrs Moon the sad Moon If she can´t find the Sun she´ll be single forever! Sara Tellado 4ºESO

NOITE A terra colle medo Cando a noite ven. A lúa dálle luz, outra cosa non ten. ¡Inda que a terra chore non o sabe ninguén

NIGHT The land is afraid when night comes The moon lights it up what else can it do?. Even if the earth cries nobody knows it!

Tamara Fernández 4ºESO

REVISTA CULTURAL Nº 30 CURSO 2015-16


CREACIÓN LITERARIA POESÍA E OS PAIS TAMÉN PODEN SER POETAS A FERVENZA DA FEIXA Mirando unha fervenza de canta auga traía, quedei abraiado. Pola néboa que facía e, como había moito sol, o arco da vella formou. Cousa bonita, cousa tan linda, que non se vía desde os anos trinta. Hoxe en día moita xente vai alí a estar presente, porque cousas tan fermosas, haiche moitas en Galiza, pero poucas coma ela, que está aquí en Redondela. Santiago Lago

REVISTA CULTURAL Nº 30 CURSO 2015-16


POESÍA

Eu quero vivir o Outono na ribeira

para amistar coas gaivotas e embarcar nunha dorna xentil, ben mariñeira.

Manuel María: Poemas ao outono Laura Lago 2º ESO

REVISTA CULTURAL Nº 30 CURSO 2015-16


CREACIÓN LITERARIA POESÍA Chegan en bandadas rápidas, impulsos, berros, esperanza. Choran Sen podelas oír. Palabras. Suxas, cheas de po. O se po vén da longa viaxe. E o xuíz togado marmura a sentencia.

Os paxaros Soñan coa culpa marmurada escrita en leis. A travesía con moita distancia non asfaltada e tampouco limpa. As parellas de letras escoitan choran aos sen esperanza. Berran, golpean con violencia aos vencidos. Non poderán levar o soño roubado Anxo Bello 1º BACH

A miña lavanda perfuma a laranxa amarga. Cando medrou botei a puñados na terra sales, non do mar, senón do xeo tépedo, vido das areas regadas por auga de azahar. Anxo Bello 1º BACH

REVISTA CULTURAL Nº 30 CURSO 2015-16


CREACIÓN LITERARIA POESÍA Tecen os paxariños lúas de mel e gris aceiro que choran bágoas aceitosas sobre planchas de xeo. Chora, chora e chora o astro con recendo a lavanda Olla consternada a terra regada con auga de azahar. A miña lúa, guitarra sen ritmo, ceiba todas as túas penas do teu corazón maltreito con agullas malvadas de ferro cravadas nos teus brancos seos. A miña lúa, melodía sen fin, o teu corpo de plumas de cisne voa polo firmamento suando sal e xasmín. A miña lúa, de ollos de canela, deixa de sentir o mundo con ollos duros de diamante do anel da noiva bela. Lúa, sinxela de amores, leva unha estrela baleira de abellas e crueis soles. Querida, tranquilo día, baila soa a danza que amamanta de ledicia. Doce lúa, nai de dúbidas, abandona a terra de brancura que viste de negra noiva a flor nacida, inocente e pura. Lúa viúva, esquece o amor do sol, a noite toda é túa, rica e clara, que brilla sobre columnas de cristal e chora con notas de papel, canta dor. Cando chegue o claro mar ás areas lenes do teu ventre Pasarei os meus dedos lixados de tinta polos teus cabelos de olivas e aceite. A auga fresca do claro mar perfuma a túa pel de vella madeira, humedecendo os teus mortos beizos de lume, éxtase de Santa Teresa. As túas mans de branca cerámica só rompen co vermello medo, así que aparta de ti, branca lúa, as dagas do home enfermo. Lúa, vive libre e pura. Anxo Bello 1º BACH REVISTA CULTURAL Nº 30 CURSO 2015-16


CREACIÓN LITERARIA POESÍA

EN CLAVE DE MANUEL MARÍA DE ONDE VEÑO Carmen Alonso Somoza é o meu nome, simple, normal, aburrido, e sempre o usei co primeiro apelido.

Polo meu pai teño Alonso, unha vella casa solitaria desde sempre con campos de cultivo en Terra Chá. Pola miña nai teño Somoza, cunha casa no alto, vella, rodeada de campos e xardíns cheos de vida. Tera Chá na que descansa a miña casa, máis parecida a un chalé. Pretiño da auga e á vez da montaña, rodeada de natureza, todo moi bonito. Os días son variables, Vai vento, cae saraiba, chove, vai sol... Pero, aínda así, non perde o seu encanto. Carmen Alonso 2º ESO A NOSA TERRA Galicia é a miña terra, o meu fogar, cheíña de ríos curtiños e tranquilos, tranquilos coma unha mañá de primavera. Chea de montañas e bosques, véxoa cuberta cun manto de flores, sempre bonita como unha noite estrelada. Recordo as súas fermosas paisaxes, a todas horas veñen á miña mente, pois Galicia está dentro de min.

Somos privilexiados por vivir en Galicia nesta vella e peculiar terra. A NOSA TERRA. Carmen Alonso 2º ESO

REVISTA CULTURAL Nº 30 CURSO 2015-16


CREACIÓN LITERARIA POESÍA GALICIA Galicia é todo o que temos, todo o que nos fai rir, todo o que vemos, a nosa forma de vivir.

Galicia é unha noite estrelada, ou mesmo as ondas do mar, unha meta afastada que conseguimos alcanzar. A chuvia de Galicia non é unha chuvia calquera pois é o triste choro da nosa querida terra. Soñadora e aventureira. fiel e preguiceira: Galicia, a nosa terra, de todas, a primeira. Marta Muíños 2º ESO

A FALA Uns máis, outros menos, todos levan o galego en si, algo único que temos, que debemos deixar saír.

O galego é noso, levámolo no corazón, énchenos de gozo e énchenos de razón.

Non hai ninguén no mundo que fale coma os galegos pois o noso idioma é moi profundo e todo debemos sabelo. A nosa antiga fala diferéncianos doutra xente, non é difícil atopala se a buscas lentamente. Marta Muíños 2º ESO

REVISTA CULTURAL Nº 30 CURSO 2015-16


CREACIÓN LITERARIA POESÍA

Mariñeiro de mares e loitas no ronsel canso dunha vela

que semella mesmamente ceo ou neve. Aqueloutrado.

E escoitaba cada noite morna as brisas e as promesas

que levan os luceiros nos seus mastros

para muiñalos nas folerpas do zodíaco.

Manuel María: Mariñeiro de brétemas

Nicolás González 3º ESO

REVISTA CULTURAL Nº 30 CURSO 2015-16


CREACIÓN LITERARIA COPLAS MAIOS

Catro meses sen presidente e o paro xa baixou. Sen o noso Marianito estase moito mellor.

COPLAS MAIOS 2016

Na nosa alamediña hai flores un montón e na nosa Xunqueira xa xogan ao balón.

Na vila de Redondela pescan chocos sen parar e os bos dos mariñeiros non deixan de traballar.

Aínda se ven vellos nos bancos do Xeral; andan a pasar o tempo esperando non enfermar.

A mestra de galego castigounos sen xogar por non facer os maios antes de merendar. Antía Collazo, Daniel Fernández, Tamara Fernández, Laura Iglesias

Aquí neste noso centro aínda temos moitas queixas xa que o noso ximansio sempre está cheo de merdas.

Entre as aulas e os profesores a Xunta vaise arruinar xa que todo está anticuado e haberíao que arranxar. Este centro xa vai vello, as tuberías xa o din. Cando pasas polo baño parece que se achega a fin.

Isto aínda é o principio de todo o que hai que renovar, pero parece que tarda, xa ninguén quere axudar Aida Álvarez, Tais Casal, Gabino Martínez, Lía Orge

REVISTA CULTURAL Nº 30 CURSO 2015-16


CREACIÓN LITERARIA COPLAS MAIOS Os nenos do instituto son moito de xogar, pero non se aplican tanto cando teñen que limpar. Fonso na cafetaría ten un negocio brutal. Nunca lle sobran bocatas para todos merendar.

Os profesores de garda teñen moito que aturar pois os nenos de primeiro nunca paran de berrar.

Á profesora de mates quédalle moito por dar bótaselle o tempo enriba e o recreo ten que pillar. Manuel Ángel Lago, Fernando López, Manuel Otero

Cando vas pola rúa as mozas has de respectar; ten coidado e non molestes, non vaias tolear.

Hoxe en día os estudantes para que imos estudar? Se coas cousas que estudamos nunca imos traballar. Este fato de ladróns que non saben traballar; o pobo non lles importa. Eles só queren roubar

As elección non serviron Xa as hai que repetir. Que se pensa esta xente? E todos eles a vivir. María Bastos, Sergio Bouzón, Óscar Costa, Samuel Posada

REVISTA CULTURAL Nº 30 CURSO 2015-16


CREACIÓN LITERARIA COPLAS MAIOS Neste novo mes de maio ímosvos recitar estas coplas inventadas Moi ben o imos pasar. Esta nova Lei da LOMCE que nos queren aplicar non é nada produtiva, non a imos aceptar. Este noso instituto que en Redondela está. Ten una profe de mates que os recreos collerá.

Logo está o ascensor que non queren arranxar. Estes da Xunta de Galicia que tal pau van levar. Os coletas de Podemos queren só o noso mal. En España e Galicia Polo carallo van ganar.

Continuamos con Rajoy, xa se pode retirar; o velliño non dá máis, algún día vai palmar.

Señores do Mendiño, a tradición aquí está; esperemos que gustase; xa non temos nada máis. Nuria Avión, Borja Fernández, Pablo Rodríguez, Emma Ruíz,

Os pavillóns de Redondela non se dan a repartir. A SAR quere parte e non o vai compartir

Nos colexios de Redondela non se pon a calefacción. Acéndena no verán cando vai moita calor Azul, vermello e amarelo

REVISTA CULTURAL Nº 30 CURSO 2015-16


CREACIÓN LITERARIA COPLAS MAIOS e violeta tamén; estas son todas as cores que nos valen, pero ben. Con este presidente imos moi mal. Péganlle ata os votantes ata onde imos chegar?

En Redondela as beirarrúas anchéanas, pero ben; Son para as cafetarías que as colapsan que non ves.

O rei neste país só fai viaxar, e cobra máis cartos dos que pode contar. Carla Garrido, Anaís González, Andrea Rodríguez, Pablo Rodríguez

Este é o primeiro ano que imos participar. Imos ser os campións, ninguén o pode dubidar. Róubannos os cartos entre Suíza e Panamá. De tanto fondo branco de Rita Barberá

Agora vén Feijoo que non sabe falar galego. Intenta ser presidente e non vale nin para crego.

E logo está Xabier apelidado Bas. Que é un agarrado. Non paga nin un kas. Uxía Amorín, Lucía Barreiro, Manuel Rancaño, Miguel Rancaño

REVISTA CULTURAL Nº 30 CURSO 2015-16


FOTOS

REVISTA CULTURAL Nยบ 30 CURSO 2015-16


FOTOS

REVISTA CULTURAL Nยบ 30 CURSO 2015-16


FOTOS

REVISTA CULTURAL Nยบ 30 CURSO 2015-16


FOTOS

REVISTA CULTURAL Nยบ 30 CURSO 2015-16


FOTOS

REVISTA CULTURAL Nยบ 30 CURSO 2015-16


CREACIÓN LITERARIA RELATO “- Bastará dicir que son Xoan Pablo Castel, o pintor que matou a María Iribarne; supoño que o proceso está no recordo de todos e que non se precisan máis explicacións” -Eu asasineina por unha razón, única, por algo que é tan forte que pode provocar o que eu fixen; si, fálovos do amor. Eu estaba namorado dela, volvinme tolo, pois non era correspondido; sen embargo, doíame máis que o seu corazón pertencera ao meu irmán, ao meu propio irmán. Se non podía ser miña, non sería de ninguén. Doído, cheguei un venres pola noite; chovía a mares. Observeina pola ventá; alí estaba ela, peiteando a súa longa cabeleira dourada. Peteille; ela abriume, invitoume a pasar. Inmediatamente saquei o coitelo; os seus olliños verdes mirábanme, eses olliños verdes asustados... Pechei os ollos e craveillo sen piedade. Quedei unha hora observando o seu corpo sen vida, pero os meus sentimentos seguían dentro de min, máis vivos que nunca. Pasaban os días e non atopaba a paz que cría que ía obter coa súa morte. Dende entón refuxieime na pintura e nos meus cadros podíase observar a miña María... Xa van 35 anos daquela e segue no meu corazón, no máis profundo. Podo afirmar que levarei o seu recordo comigo á miña tumba. Alba Míguez 4º ESO “Bastará dicir que son Xoan Pablo Castel, o pintor que matou a María Iribarne; supoño que o proceso está no recordo de todos e que non se necesitan máis explicacións sobre a miña persoa” Falando doutra cousa, xa comentei que son pintor, pero non dixen que tipo de pintor; son unha persoa que pinta retratos. Agora eu non teño o meu lenzo nin o meu pincel; no cárcere só teño unha pedra e unha parede. Tardo días e días en acabar os meus debuxos, pero agora xa non queda sitio na parede e só me queda pintarme a min mesmo como un dos maiores pintores da historia, algo que non puiden cumprir antes de que me engaiolasen. Xa esquecín como eran as cores. Onde eu estou a única cor que podo ver é o gris, nin sequera me lembro da luz do sol nin das estrelas pola noite. Quédanme aínda uns oito anos para saír de aquí, non creo que aguante o suficiente como para estar vivo cando saia; estou morrendo. O único que quero é que, cando morra, lean este escrito que fixen con moito agarimo e, logo, que o metan comigo no nicho. Lucía González 4º ESO REVISTA CULTURAL Nº 30 CURSO 2015-16


CREACIÓN LITERARIA RELATO

HISTORIA ALTERNATIVA: A MONXA ABIGAIL

(Relato creado a partir do libro de Cunqueiro As crónicas do sochantre)

A miña é unha historia de engano, de infelicidade, debido á miña fe – comezou a falar o esqueleto, que vestía roupas de quen, nalgunha época pasada debeu pertencer a algún tipo de orde cristiá. Mais, como toda historia, debe comezarse polo principio.

Non teño recordos de antes de entrar no convento, xa que foi cando apenas tiña cinco anos. A nai superiora conta que a miña nai morrera e o meu pai me deixara a cargo da superiora en canto se fixou noutra moza e escapou tras dela cara ao sur, onde parece ser que segue vivindo, casando coa moza coa que marchara e traballando no mar. Por recordar, nin recordo o meu nome, o que a miña nai me puxera pouco antes de morrer, ou sequera se tiña outro nome. Mais ao entrar no convento, pasei a ser Sor Agibail de Saint Paul, que era o nome do convento no que entrara. A nai superiora educoume segundo as ensinanzas de Xesús, segundo a palabra de Deus, aprendendo os Evanxeos de memoria antes de aprender a lelos. E eu escoitaba e aprendía gustosa e feliz. E vía en Deus un ser iracundo, bondadoso, vingativo e perdoador: vía nel, quizais, a un pai, non só meu senón de todos nós, mellor que o que me desampara.

O esqueleto fixo unha pausa no seu relato. O sochantre fixouse na monxa, que levaba todo o tempo falando coa cabeza baixa, mirando seguramente para o enorme crucifixo que agora descansaba no chan. Preguntábase o porque de que levase tamaño artefacto con ela, mais non preguntou senón que decidiu calar e esperar a que a mesma monxa o explicase durante o relato.

- Foi pouco despois de cumprir os dezasete anos. Como todas as mañás, saía a recoller ao bosque flores frescas para os santos. Tiña por costume parar preto dun regato de auga nun claro do bosque, onde a luz me facía sentir que Deus estaba presente, oíndo como eu lle oraba. Nesas estaba eu cando comecei a ouvir o que cría cánticos de anxos, e un home apareceu ante min vestido con túnica do azul do ceo. Dicía ser o anxo Uriel, que viña en nome de Deus cunha mensaxe. Segundo el, víame orar a diario, pero non me escoitaba, consideraba que as miñas oracións estaban baleiras de significado, que non cría nel. Preocupada, case desesperada, temendo o peor, imploreille perdón ao anxo e a Deus pregunteille qué debía facer para demostrar a miña fe. Endexamais podería imaxinar o que sucedeu despois diso. O anxo díxome que, se a miña fe era tan grande como lle dicía, entón non podería haber pecado que ensuciase a miña alma nin mal que non puidese arranxar neste mundo no nome REVISTA CULTURAL Nº 30 CURSO 2015-16


CREACIÓN LITERARIA RELATO de Deus, polo que tiña que demostrar a miña pureza acabando cos pecadores deste mundo. Temerosa polo encargo que me outorgaran, pero máis aínda por ser unha boa cristiá para Deus, prometín levar a cabo a tarefa. Foi así que, armada coa fouciña coa que cortaba as flores no monte, acudín durante a noite ao pobo e acabei coa vida de dez dos paisanos con máis pecados nas súas costas e que seguían aínda a esas horas pola rúa, cheos de alcohol e pensamentos impuros. Para cando amenceu, todo o pobo miraba aterrado a matanza que levara baixo a luz da lúa, pero a máis aterrada era eu : por moito pecador que mataba, por cada mal que erradicaba, non conseguía quitar o sangue das miñas mans, a sucidade do pecado da miña alma incrédula, atea, pero pulcra.

Ao pouco, a Garda apresoume e preguntábanme constantemente por que matara a aqueles homes inocentes; e eu só sabía dicir que todo o fixera en nome de Deus. E chamaba polo anxo Uriel para que me auxiliase, mais non apareceu. Consideraron que dicía blasfemia, que me deixara enganar e seducir polo demo, e condeáronme a morte. Pronto fun coñecida como a fulana de Belcebú ou como a acólita de Satanás. E para que non puidese ver a aquel anxo, que non era máis ca o anxo caído, queimáronme os ollos. Foi entón que levantou a cabeza deixando ver a súa faciana osuda. O sochantre puido ver entón como a caveira, amarelada co paso do tempo e que aínda conservaba unhas guedellas de pelo adheridas, tiña as cuncas dos ollos totalmente ennegrecidas, queimadas. Sor Abigail proseguiu entón coa súa historia.

- Tras queimarme os ollos, as eminencias eclesiásticas acordaron que a única forma de limpar os meus pecados e destruír todo rastro impuro da miña alma era morrer na cruz, coma o noso señor Xesucristo fixera no seu momentoo esqueleto da monxa comezou a fregar as mans, e o sochantre puido observar os longos ósos dos dedos, que estaban esnaquizados de xeito que trazaban un burato.- Consideraron que non era suficiente castigo, e decidiron encadearme tamén á cruz, de maneira que a miña penitencia sería cargar coa cruz e vagar polo mundo ata gañar o perdón de Deus. Dende ese memento, xa van catro anos que levo vagando por esta terra co crucifixo ao lombo, e non vexo próximo o día da miñas absolución, xa que tras ser enganada tan facilmente pola miña fe cega, decidín non confiar en nada, non crer en nada... Negar a miña salvación divina, negar a miña fe. Samuel Iglesias 2º BACH

REVISTA CULTURAL Nº 30 CURSO 2015-16


CREACIÓN LITERARIA RELATO

NUN MINUTO EÉ incrible como unha persoa pode cambiar a vida doutra nun minuto; por exemplo, a vida de cor rosa que levaba Branca ata que un amor fixo que se volvese negra. Pero é mellor que comece presentando á miñ a amiga.

A vida de Branca era perfecta e sen preocupació ns, vida de cor rosa. Ela era unha moza normal, boa estudante, unha promesa na pintura... Tiñ a un aquel para o debuxo, xa que cando collı́a o lapis e comezaba a trazar liñ as sentı́a que se inzaba de felicidade, como se estivese nun mundo diferente onde ela era a auté ntica e indiscutible protagonista.

Estaban na primeira semana do primeiro trimestre de curso e pouco tiñ a que facer, os mestres inda non comezaran coa sú a carga de explicació ns, exercicios, apuntamentos, traballos... Entó n ocorré uselle ir á aula de arte a debuxar tranquila. Levaba xa un bo tempo enfrascada na sú a obra cando notou unha respiració n pausada detrá s dela. Virouse e... viu ao mozo do que todas as rapazas do instituto estaban namoradas, incluı́da ela. − Ola, non sabı́a que estabas aquı́. Entrei á procura dun caderno que deixara esquecido e vinte absorta no teu debuxo. Achegueime e o que vin deixoume marabillado- dixo timidamente o mozo- Podo quedar a debuxar contigo? − Cla...claro, Hugo.

− Vaste presentar ao concurso do pró ximo trimestre? Tes un verdadeiro donpreguntou mentres collı́a asento a caró n de Branca, o que fixo que esta se REVISTA CULTURAL Nº 30 CURSO 2015-16


CREACIÓN LITERARIA RELATO puxese nerviosa.

− Non, como xa gañ ei o anterior, neste non podo participar.

Branca non podı́a crer que aquel rapaz, o seu amor, Hugo, estivera con ela toda a hora. E aı́nda menos que, dı́a tras dı́a, a chamase para quedar con ela, para falar e para debuxar xuntos.

E ası́ foi como, de vagariñ o, foron intimando. E ası́ foi como, pouco a pouquiñ o, chegou o amor. O tempo pasaba mol, doce, té pedo, entre risos e apertas. E case sen se decataren, chegou o segundo trimestre. E chegou o momento do concurso de debuxos. E chegou o dı́a da entrega dos premios.

Branca estaba entre o pú blico agardando ver as obras e esperaba expectante ver a do seu namorado, aquela obra na que dicı́a tanto levaba traballando e que nunca lle deixara ver. E resultou ser o gañ ador. O corazó n latexaba descontrolado na caixa do peito. A ledicia que sentı́a por ser Hugo o premiado case non lle permitı́a respirar.

Cando destaparon o cadro de Hugo, recoñ eceu aqueles trazos, aquelas cores docemente empregadas, aquelas pinceladas fortes e puntiagudas como a dor que lle furaba o peito. Era o seu cadro. E nun minuto comprendeu porque un rapaz tan popular como Hugo estaba saı́ndo cunha rapaza tan normal coma ela; non era porque a quixese senó n que que o que querı́a era un dos seus debuxos para gañ ar o concurso. Erguese nun chouto, ferida, humillada...Querı́a desaparecer, ser invisible... Saı́u, pero antes voltou a ollada atrá s. Hugo recollı́a o premio e na sú a cara estendı́ase un sorriso malicioso.

Por mor desa dor que sentı́a no peito, Branca botou os dı́as a chorar pechada na sú a casa, pechada en si mesma. Mais, ao cabo, grazas a aquelas bá goas aprendeu a non se deixar levar só polo corazó n e a razoar o porqué das cousas antes de que estas se volvesen negras. Marta González 3º ESO

REVISTA CULTURAL Nº 30 CURSO 2015-16


CREACIÓN LITERARIA RELATO

COUSAS DAQUELA Daquela tiña 13 anos. Como din todos os maiores, a idade das hormonas, a idade da parvoeira, a idade na que estamos revolucionados. Non lles discuto nada aos maiores, pero hai moitas cousas que non entenden, por moito que digan que tamén tiveron adolescencia.

Había un mes que fora o meu aniversario, e sentíame moi maior por ir xa en primeiro de ESO. Eu sempre fora unha nena calada e de boas notas, tímida, algo seria e que, a diferenza de todas as súas amigas, non lle interesaban os rapaces. Mantiña unha boa relación coa miña familia; ía ao conservatorio desde os oito anos e ese curso entrara en balonmán, que se convertera na miña nova afección. Tiña o pelo rizo bastante feo, ollos marróns e unha boca normal. Dependía dunhas gafas para poder ver o mundo con nitidez, cousa que me molestaba moito. Non era nin alta nin baixa para a miña idade; tiña as pernas longas e as costas anchas. Estaba delgada, pero víame fea. Co paso das semanas, eu centrábame nos estudos máis que nada, pero ultimamente había... non sei como dicilo, sensacións raras que estaban a espertar en min. Pensaba en cousas que non tiñan sentido; esvaecíame por momentos da realidade e comezaba a preocuparme por motivos que ata o momento non tiveran importancia. Notaba que estaba cambiando, tanto física como psicoloxicamente. Non era madurar, pero tampouco alterarme; era simplemente iso, cambiar.

Perdín vellas amistades e fixen outras novas. E comecei a ver as cousas doutra maneira, dende outro punto de vista. Gustábame pasar o tempo soa e pensar; adoitaba pensar moito. O curso no se me estaba a facer difícil, polo que mantiven as miñas notas. O meu medo a REVISTA CULTURAL Nº 30 CURSO 2015-16


CREACIÓN LITERARIA RELATO durmir fóra da casa seguía a perseguirme e non me deixaba en paz; e por culpa del moitas veces o pasaba mal.

Encantábame escribir, e tiña un diario no que anotaba todo o que me pasaba, tanto o bo coma o malo; todas as miñas sensacións, observacións, sentimentos e demais.

E logo, aparte diso, estaba a sensación. Digo a “sensación” porque para min xa era coñecida, levaba perseguíndome catro meses. Pode parecer pouco tempo, pero non fan falla anos para que pasen moitas cousas diferentes. Esa sensación tíñaa bastantes veces. E diredes que é unha parvada adolescente, pero para min non o era. Será porque nunca me namorara de verdade, só tivera o típico noivo de cando vas en primaria; a miña vida amorosa de calquera tipo reducíase a iso. Era doutro colexio; non sabía de cal porque de momento non coñecía a todos. Tiña un nome bonito; era máis alto ca min, de ollos claros, delgado, e sacaba moi boas notas tamén. Eu pensaba en falarlle algún día, ou simplemente saudalo, pero non vía nada diso. Cada vez que me atopaba con el poñíame nerviosa e colorada. Este tema tíñame bastante pensativa, tanto que ata os meus pais o notaban, pero estaba sempre presente na miña cabeza.

Soamente tiña trece anos, pero algo me dicía que aquilo era especial, diferente do demais. Nunca llo dixen a ninguén; non me gustaba falar desas cousas; eu apuntábao todo no meu diario. Era como o meu segredo; moi meu, que ninguén debía saber. Moitas veces soñaba e imaxinaba cousas que non cría nin de lonxe que pasasen, pero eu tiña a miña ilusión. Non era desas rapazas que pintaban o seu nome nos cadernos nin facían o parvo coas amigas para chamar a atención. Eu calábao como quen agocha un tesouro. Eran as 23:16 horas e ao día seguinte tiña clase e exame de Sociais, polo que pechei o diario desexando saber qué pasaría nun futuro, nas voltas que daría a miña vida ata entón, porque aínda era pequena. Metinme na cama e tapeime ben; estudara todo o tema do exame, pero aínda así estaba nerviosa. E así rematou aquel xoves, no que daquela tiña trece anos.

Claudia Kaulback 3º ESO

REVISTA CULTURAL Nº 30 CURSO 2015-16


CREACIÓN LITERARIA RELATO

SUCESO INESPERADO Eu, como cada tarde de domingo, estaba tirado no sofá da miña casa escoitando as noticias. De súpeto, sae unha nova de última hora que falaba sobre un roubo nunha tenda de gominolas da nosa vila a mans dun encapuchado do que se descoñecía a súa identidade. Púxenme pálido ao momento, xa que na nosa vila é raro que pase algo, e máis desa índole e tamén porque a tenda estaba xusto ao lado do bar ao que, cada venres, o meu amigo Edu e eu acudimos para matar as tardes.

O luns, no instituto, o tema de conversa, ata nas clases, foi ese. Non nos cabía na cabeza o que ocorrera e tampouco lle viamos moito sentido a verdade; unha tenda de gominolas?, para que? Porque como non sexa para coller a merenda gratis, non o entendo; rico non se ía facer, por suposto.

Durante os seguintes días de clase, o tema foise esquecendo pouco a pouco ata o punto que pasou a ser unha anécdota máis que poderiamos contar cando nos collese o aburrimento.

Pero semanas despois de que se producise o delito, a policía publicou un aviso no periódico que dicía que o delincuente non era un home adulto senón un adolescente de entre quince e dezaoito anos. Isto fixo que volvese a rondar o tema nas aulas, con moito máis medo e nerviosismo ca antes porque, ademais, informaran de que non collía ningunha lambetada senón que quería envelenar REVISTA CULTURAL Nº 30 CURSO 2015-16


CREACIÓN LITERARIA RELATO as gominolas de azucre, non sabemos o porqué. Ao parecer, debía ser diabético xa que os investigadores atoparan doses de insulina que, probablemente, lle deberan caer do peto, polo que especulaban que debera ser un tipo de consolo propio para así non sentirse “discriminado” ao non poder tomar dito produto.

Edu e mais eu quedamos para falarmos deste tema que nos estaba a agobiar moito aos dous. E creo que moito máis a el porque ultimamente o notaba máis raro ca nunca; suaba moito; procuraba non falar do tema con outra xente que non fora eu. E outras cousas que me chamaban moito a atención. Por iso nos citaramos a tarde do venres, previo ao cumprimento do mes do furto no noso bar de sempre; anque, por primeira vez, a Edu non lle agradou moito a idea. Cando entramos, el viña medio suando e contoume que estaba así porque viñera correndo. Eu non lle contestei nada máis porque quedei sen palabras. Pedimos as nosa bebidas e, logo de lle dar un par de grolos á miña auga, pregunteille a Edu se lle pasaba algo. El empezoume a falar de que ultimamente estaba un pouco agobiado co tema dos exames e deberes, pero nada máis. Non o crin totalmente, pero decidín cambiar de tema porque sabía que non o ía pasar ben. Non me dera tempo a iniciar unha nova conversa cando a policía irrompeu no local e cortounos o tema. Un dos axentes aproximouse a nós e preguntounos cal dos dous era Eduardo Bolaños Pérez. Edu deu un paso adiante, temeroso; entregoulle o DNI ao axente e comezou a chorar. Sen que ninguén lle preguntase nada, empezou a confesar todo. iso.

Desta si me puxen pálido, máis ben transparente; na miña vida contara con

Agora fágolle visitas todos os días ao centro de menores da Coruña. Pero aínda a día de hoxe sigo preguntándome por que, sendo diabético, seguía pedindo unha Coca-Cola. Alejandro Figueroa 3º ESO

REVISTA CULTURAL Nº 30 CURSO 2015-16


CREACIÓN LITERARIA RELATO

UNHA VIAXE EXTRAORDINARIA Un dı́a soleado, no verá n, estaba o noso protagonista, Xosé , xogando ao escondite na vila cos seus amigos Anxo e Helena. Divagando sobre cal serı́a un bo escondite, foise adentrando nalgunhas canellas totalmente descoñ ecidas para el e para os seus amigos. De sú peto, cando xa crı́a que atopara o mellor escondite, decatouse de que xa estaba perdido; nese mesmo momento deulle un ataque de ansiedade e non foi quen de lembrar o camiñ o de volta. Asustado, correu en busca de algué n que o puidese axudar. Un intre despois, atopouse cunha muller que ı́a camiñ ando un tanto a pré sa e el preguntoulle desesperado: -

-

Bos dı́as, señ ora, -saudouna amablemente- pode dicirme onde me atopo?

Cala, neno! Que levo pré sa –contestou ela cun ton groseiro.

Vostede é unha maleducada! –gritou el cheo de carraxe e desesperació n, á vez que a señ ora continuaba andado sen nin sequera virar a cabeza para mirar cara ao rapaz.

REVISTA CULTURAL Nº 30 CURSO 2015-16


CREACIÓN LITERARIA RELATO Logo dunha hora buscando en balde, o neno atopou unha taberna. Entrou buscando axuda; alı́ habı́a catro homes e ningú n lle fixo caso, menos Manolo, un home duns corenta anos que lle preguntou: -

-

Ola, neno, que fas ti neste inhó spito lugar?

Pos veñ o pedindo axuda, porque non sei onde estou –dixo frené tico Xosé . Isto é Ribadavia.

Ribadavia!! Eu veñ o do orfanato de O Carballiñ o.

Tranquilo, levareite ata alı́ –calmouno o home.

Ao chegar ao orfanato, a Manolo deulle pena deixar a Xosé e adoptouno. Os dous divertı́anse moito xuntos e tratá banse como se fosen verdadeiros pai e fillo.

Tras dous anos de convivencia, Manolo decidiu cumprir o maior soñ o de Xosé e alugou un “jet” privado para viaxar polos lugares má is importantes do mundo. A primeira viaxe foi a Parı́s, onde visitaron a Torre Eiffel e compraron algú ns “souvenirs”. Na segunda viaxe foron má is cara ao norte e tomaron rumbo a Inglaterra, onde visitaron numerosos lugares como o “Big Ben”, o “London Eye”, o Palacio de Buckingham e moitos lugares de interese turı́stico. En terceiro lugar, viaxaron a Italia para ver a Torre de Pisa e o Coliseo romano, onde celebraban unha festa conmemorando os tempos da romanizació n. E, por ú ltimo, viaxaron a Estados Unidos.

Pero cando case chegaran tiveron uns problemas co motor do avió n e caeron ao mar sen ningunha consecuencia grave. Tras unhas horas vagando nas augas, un barco atopounos e levounos cara a Estados Unidos. Alı́ alugaron un automó bil e visitaron a Estatua da Liberdade, o parque Yellowstone e a Casa Branca. E, antes de voltar a Españ a, probaron sorte nunha subasta de trasteiros e compraron un que resultou ter pertencido á cantante Amy Withe House e fixé ronse millonarios. Isaac Alfonso 3º ESO

REVISTA CULTURAL Nº 30 CURSO 2015-16


POESÍA

Ainoa Rodríguez 2º ESO

Aquela voz

chea de auga e de milagres que

nos di monotonamente dende a súa

agonía simple de frautas e metáforas:

“HOMES CHEOS DE SILENCIO NO MILAGRE DA AUGA: PURIFICADE A VOSA ALMA CON SORRISOS

INMORTAIS. APREIXADE O VIOLÍN DO VENTO

PARA CANTAR A VOSA CANCIÓN REXA E INDOMÁBEL” Manuel María: Advento

REVISTA CULTURAL Nº 30 CURSO 2015-16


BIOGRAFÍA

BIOGRAFÍA DE RAUL RIVAS CABALEIRO, O MEU AVÓ Raúl Rivas Cabaleiro naceu en Redondela, na parroquia de Cesantes, no lugar de Carballiño, un 16 de agosto de 1932. Era o terceiro de cinco irmáns. Os seus pais chamábanse Ramón e Rosa, de profesión mariñeiro e pescadeira respectivamente. A súa infancia non foi moi grata porque naceu no tempo da guerra. Carecían de cartos para compraren comida e, ademais, pasaban moito frío. Desde ben cativo tivo que axudar ao seu pai a traballar no mar e coidar a súa irmá máis pequena. Case non tiñan tempo para iren á escola, pero o pouco que ía aproveitábao moi ben porque lle gustaba moito aprender. O 8 de xaneiro de 1961 casa con Pilar, coa que viviu durante 47 anos ata que enviuvou. Tiveron dous fillos, Manuel e Raúl. A finais do ano 61 tivo que emigrar a Australia, país no que traballou durante doce anos nun barco petroleiro. Debido a que traballaba nun barco, tivo a oportunidade de coñecer países como Singapur, Hawai, Chile, Perú, Estados Unidos... Ao cumprir os 41 anos decide regresar do estranxeiro e adicarse a traballar no mar, levando canda el o seu fillo máis vello o cal, ao casar, marchou aos Estados Unidos a traballar, e actualmente segue vivindo alí coa súa muller. Raúl, aos 53 anos de idade, sufriu unha grave enfermidade que o obrigou a se retirar. Pasouno moi mal pero, grazas ao apoio da súa muller e dos seus fillos, logrou saír adiante. Di que se sente un home afortunado, aínda que tivo que emigrar e deixar a súa muller, e perder a infancia dos seus fillos. Pero, hoxe en día, cos seus netos, séntese o home máis feliz do mundo. Actualmente vive na parroquia do Viso, no lugar de Soutoxuste, co seu fillo menor e a súa familia. Noelia Rivas 1º ESO

REVISTA CULTURAL Nº 30 CURSO 2015-16


AUTOBIOGRAFÍA

Esta que vedes aquí son eu, Lucía González Vázquez. Nacín en Vigo o 18 de setembro de 2000. A miña familia fórmana o meu pai, a miña nai e o meu irmán. De entre todos os meus familiares, con quen teño unha relación especial é coa miña avoa, porque sinto que podo contarlle todo e que podo confiar nela para o que sexa.

Os momentos máis importantes da miña vida e dos que gardo un grato recordo son varios. A primeira vez que montei a cabalo; lémbroa porque foi unha das mellores experiencias da miña vida. A miña comuñón, da que gardo bo recordo porque ver a toda a familia reunida, ben provocoume moita felicidade. Cando coñecín os meus mellores amigos porque pasei con eles, nesa época, unha experiencia incrible que deseguro non se ha repetir...

O que máis me gusta do mundo é o amor que senten as persoas entre elas e a solidariedade da maioría da xente, porque é xusto axudar aos demais cando máis o necesiten. O que aborrezo e non podo soportar é o odio que senten algunhas persoas, porque ese desprezo que experimentan é o peor que lle pode pasar a alguén.

Dos meus mellores amigos e amigas valoro de maneira especial que me axuden nos momentos difíciles, que se preocupen por min.

Supoño que a estas alturas vos estaredes preguntando como son. Pois ben, o meu cabelo é loiro e liso, os meus ollos son verdes; a miña boca non é nin grande nin pequena, e os meus beizos non son nin demasiado grosos nin demasiado finos. En canto á miña estatura, mido 1,67 cm. O meu peso é axeitado á miña á miña idade e, polo que se refire á miña complexión, sonche de cadeiras anchas. Polo que atinxe á miña maneira de ser, os que mellor me coñecen din de min que son divertida e graciosa. Eu coido que entre as miñas principais vertudes podo destacar que me preocupo polos demais e, sen dúbida, entre os meus defectos figura que son moi terca. Lucía González 4º ESO

REVISTA CULTURAL Nº 30 CURSO 2015-16


IMPRESIÓNS ARTÍSTICAS Presentámosvos agora dúas interpretacións diferentes que os nosos rapaces realizaron a partir da obra de arte “A Primavera” do gran pintor Boticelli.

O lugar no que se desenvolve a obra é un amplo xardín que, pola súa cantidade de árbores, semella en certo modo ser un bosque. A paisaxe é primaveral, pois intúese polas laranxas das árbores e os pétalos das rosas ciscados pola moi escura herba, que fai que os personaxes non vexan os pés. A paisaxe é bastante escura e está moi cargada de elementos naturais. O personaxe que está no aire, flotando, é Cupido, espido, coas súas brancas ás, repartindo as súas frechas de amor. Xusto debaixo de Cupido e no centro da composición áchase a deusa Venus que, sen dúbida, é o personaxe principal. Mesmo me arriscaría a dicir que todos os personaxes están a celebrar unha festa na súa honra. A figura en cuestión está parada, ten unha faciana pálida, que aparenta estar pensando. Viste un atondo prateado que semella ser de metal e tamén viste, desde os pés ata os ombreiro,s unha tea vermella bastante engurrada. Á dereita contemplamos a outro personaxe feminino que aparenta estar andando. Ten unha cara rosada cun rostro severo. Vai vestida cunha tea de vestido transparente e con follas colocadas moi coidadosamente e cunha tiara feita de follas tamén. Ao seu lado dereito está outra figura feminina, que resulta moi curiosa pola súa tea transparente, o seu despeiteado cabelo e o seu rostro asustado do que saen herbas. A esta figura estalle soprando e agarrando Céfiro que ten a face e o corpo dunha cor azul ceo, que se atopa camuflado entre as palmeiras e ten a cara ladeada. REVISTA CULTURAL Nº 30 CURSO 2015-16


IMPRESIÓNS ARTÍSTICAS Partindo do eixe central cara á esquerda, pódense apreciar tres gracias danzando ledamente. As súas vestimentas son totalmente transparentes e os seus rostros están concentrados na fermosa danza levada a cabo. Ao seu carón atópase un robusto home cunha capa vermella que non lle cobre a parte central do peito nin os brazos. Destaca unha espada que leva atada á cadeira cunha fita que lle chega desde o ombreiro esquerdo. A min paréceme que o cadro está saturado e transmíteme unha sensación de frialdade e estrañeza. O título da obra non me parece que se axuste ao contido do cadro. Andrea Duarte 1º ESO

A quen primeiramente vemos é a un varón cun grupo de mulleres, que abranguen toda a parte central da imaxe e, xa que logo, é o máis destacable no cadro. Parece que se atopan nun escuro xardín, cuxa herba pisan os seus pés descalzos. Esta parece húmida e está cuberta de pétalos de flores de cores doces e moi agradables á vista. As súas roupas non son moi chamativas: as mulleres máis sinxelas, situadas no extremo dereito do cadro, visten delicadas prendas non moi variopintas, como se se tratase de muselinas. A que se atopa máis á dereita, vese molestada por un maligno ser, de pel escura e con traxe, cuxo aspecto se completa cunhas ás negras como o carbón. Á esquerda desta muller atópanse dúas máis; unha delas cun traxe diverso, cheo de pregues. A outra sitúase no centro da imaxe, dando a coñecer a súa importancia. A súa pel é tan clara como a area. O peiteado básase en dúas perfectas trenzas ben loiras. Loce un vestido branco, como se se tratase dunha noria nun altar, e este está abrigado por un destacable manto cor alaranxada. Enriba da súa cabeza voa un pequeno anxo de lixeiras ás e tresa pel. Xunto a esta muller, están as tres delicadas mulleres vestidas con musolinas, que se presentan realizando un baile que debe ser típico. Algo que caracteriza a todas estas mozas é o seu aspecto, pois semellan embarazadas. No extremo esquerdo do cadro, áchase un robusto home arroupado por unha tea roxiza e algo fina, axustada grazas a un cinturón cunha espada. As súas botas son escuras e non lle chegan aos pés. Por último, a unha distancia non moi arredada, albiscamos un conxunto de árbores de tons escuros, cunha froita sobresaínte: a laranxa que, grazas a ese detalle, nos dá a entender que están en primavera. Este cadro apórtame unha sensación sombría, pero tamén de compañeirismo. Ainoa García 1ºESO

REVISTA CULTURAL Nº 30 CURSO 2015-16


CREACIÓN LITERARIA ÁS CRÓNICAS DE AOCHANTRE

AS CRÓNICAS DO SOCHANTRE: NUN UNIVERSO ALTERNATIVO Velaí vai a nosa versión da obra de Cunqueiro. Trasladamos os feitos e personaxes a un mundo actual distorsionado, cheo de delincuencia e drogas. Está ubicado no Bronx de Nova York.

¿?

“fragoneta”…

Este é o sochantre, Charles Anne de Crozón. Que foi chamado para ir tocar o bombardino ao enterro de Quelven.

Cando saíu pola mañá da súa casa recolleuno unha

que o levaría á ceremonia, pero dentro había máis asistentes a dito enterro. No traxecto decatouse de que os acompañantes en realidade estaban mortos e eran pantasmas. Cando pararon nunha gasolineira, os ocupantes contáronlle como morreron:

Coulaincourt de Bayeux era un coronel que dirixía un exército moi prestixioso. Este personaxe ocultaba un gran segredo, era un enfermo sexual que ía todas as noites a un club de alterne. Pero certo día bebeu demasiada augardente de herbas e confundiu un convento de monxas co seu habitual club. Nese intre cruzouse con Sor Maribel e confundiuna cunha prostituta, ofreceulle cartos a cambio de favores sexuais e a monxa negoulle a ofrenda. Tras este rexeitamento, o coronel golpeuna fortemente e violouna. O sheriff viuno todo porque estaba alí rezando e levouno á forca onde foi executado.

¿?

REVISTA CULTURAL Nº 30 CURSO 2015-16


CREACIÓN LITERARIA ÁS CRÓNICAS DE AOCHANTRE Guy Paquirrín Parbleu era un famoso compositor de música dance. Cando estaba de xira por Grenlandia, sufriu un grave accidente que o levaría á morte. Estaba na habitación do hotel cando se lle ocorreu, dado o seu gran coeficiente intelectual, prender lume a un puro con billetes. Cando o estaba prendendo, queimou un dedo e soltou os billetes ardendo, estes foron caer dentro dun vaso con whisky, que comezou a arder. Este individuo asustouse e deulle un golpe ao vaso, derramando o seu contido inflamable sobre as cortinas, que tamén arderon. Dado que Guy Paquirrín era afeccionado a chupar Helio para falar con voz de pito, tiña unhas bombonas dese gas con el, que estouparon a causa do lume, e desgraciadamente morreu queimado.

¿? ¿?

Jean Giménez Pleven era un escribán que un día, farto do seu traballo, decidiu presentar a súa candidatura para alcalde, amañou os votos e gañou as eleccións. Este señor sabía que nalgún lugar dentro do despacho do alcalde estaba agochado un gran tesouro, polo que, no seu primeiro día como mandatario, revolveu todo o despacho para atopalo. Pensaron que se volvera tolo e puxeron a

uns gardas vixiándoo. Jean Giménez Pleven, ao verse observado constantemente, púxose nervioso e matou a todos os gardas para poder atopar tranquilamente o tesouro. O pobre avaricioso foi levado á forca por eses asasinatos. Clarina Esteban de Sain-Vaast era unha vendedora de comida rápida que gañaba moitos cartos porque a súa comida tiña moi boa fama. Un día viu que non aparecían os seus clientes e decatouse de que ao outro lado da estrada había outra muller facéndolle competencia. Clarina Esteban cruzou a rúa para ver que pasaba e contáronlle que a comida que vendía a nova vendedora estaba moito mellor. Clarina estaba moi celosa porque perdera todos os clientes e estaba perdendo moitos cartos. Así que ocorréuselle botar veleno nunha hamburguesa das que facía ela e levoulla á casa da súa competidora dicíndolle que era unha nova e mellorada receita. A nova

¿?

REVISTA CULTURAL Nº 30 CURSO 2015-16


CREACIÓN LITERARIA ÁS CRÓNICAS DE AOCHANTRE vendedora mordeu a hamburguesa envelenada e comezou a agonizar no chan. Clarina disfrutou vendo esa macabra escena e comezou a comer unha das hamburguesas da vendedora para comprobar se sabían tan ben. Era certo, mentres a súa inimiga se retorcía no chan , ela disfrutaba do manxar , gustoulle tanto que relameu os dedos, sen decatarse de que estaban manchados de veleno, e finalmente, uniuse á agonía de súa vítima , morrendo así do mesmo xeito.

¿?

Este é Monsieur de Nancy do cal non diremos nada por motivos de copyright.

Agora imos crear un novo final para a historia de As crónicas do sochantre : O sochantre quedou impactado ao descubrir que os seus acompañantes eran pantasmas. Preguntoulles por que ían ao funeral e estes responderon que eran amigos e clientes do falecido. O sochantre non entendeu a que se referían con clientes e volveu preguntar. Os mortos vivintes aclaráronlle as súas dubidas. O falecido era un famoso capo da mafia, concretamente do narcotráfico, e os pasaxeiros da fragoneta eran clientes que lle compraban droga. Durante o traxecto un porco salvaxe cruzouse diante da fragoneta e, ao tentar esquivalo, saíron da calzada chocando contra un poste dunha viña. Todo se encheu rapidamente de fume porque o motor rompeu a causa do golpe e, para poder respirar, saíron do interior. Era pola noite e baixo a luz da lúa os pasaxeiros víanse coma esqueletes. O sochantre caeu polo susto e golpeuse na cabeza quedando inconsciente. Cando recobrou a conciencia xa non estaba tirado naquela veiga senón que estaba nunha padiola nun hospital. Alí estaban dous médicos, unha enfermeira e dous policías, dos cales un tiña un gran mostacho. Os médicos dixeronlle que lle salvaron a vida porque o atoparon incosciente tirado enriba das verduras dun supermercado. Dixéronlle que sufrira unha intoxicación por consumir cogumelos alucinóxenos. O sochantre non entendía nada do que estaba pasando, non sabía que era real e que era falso. Os policías alí presentes preguntáronlle quen era o que lle vendía a droga e o sochantre, para evitar falar, tentou escapar da sala; cando saíu correndo, esvarou e caeu, golpeándose na cabeza, quedando outra vez inconsciente. Despertou na veiga, a carón da fragoneta. Os pasaxeiros mirábano fixamente e o sochantre contoulle o que vira mentres estaba inconsciente e eles botáronse a rir, pero desveláronlle un terrible segredo......CONTINUARÁ David Puga e Vanesa Vidal 2ºBACH

REVISTA CULTURAL Nº 30 CURSO 2015-16


REDLAB A NOSA REDLAB, UN GRUPO DE TRABALLO PARA INICIAR OS/AS ALUMNOS/AS NO MUNDO DA CIENCIA. Neste grupo de traballo pretendemos iniciar ao alumnado no eido das ciencias. Para logralo, quedamos algún luns á hora da comida, para, ademais de tomar o bocata, buscar campos para investigar, deseñar actividades sinxelas, desenvolvelas e crear modelos para a súa divulgación entre toda a comunidade escolar.

QUEN SOMOS? Pois… un grupo de catro profesores/as dos Departamentos de C.Naturais e de Matemáticas : Ander, Carlos, Consuelo e Milagros.

CALES SON ESTAS ACTIVIDADES? I. Deseño de robots , inicio á electrónica e programación no entorno arduino. II. Facer modelizacións para entender a selección natural mediante un exemplo moi clarificador : as bolboretas do bidueiro. III. Espertar a observación e a posta en valor das plantas que nos rodean como fonte de recursos relacionados coa saúde: a botica de…en alusión ás alumnas que traballan esta actividade. IV. As plantas como fonte de inspiración na industria do téxtil. V. O debuxo científico como algo fundamental para a ciencia, neste caso para a botánica : as ilustracións científicas, láminas e pintura.

I. Deseño de robots: O obxectivo é que os rapaces/as sexan capaces de construír circuítos electrónicos e que comprendan os principios básicos de programación para poderen desenvolver proxectos orixinais. O concepto que sustenta este modo de traballar é o de “traballo cooperativo ”ou aprendizaxe cooperativa, no que cada un aporta o que sabe para a consecución dos obxectivos. Descrición da actividade: Para levar a cabo esta experiencia primeiro os/as alumnos/as tiveron que aprender os conceptos básicos do funcionamento da electrónica e, a partir disto, puideron empezar a construír pequenos circuítos empregando a protoboard e a placa de Arduino. Logo xa puideron empezar a traballar co software, comprendendo os principios da programación para máis tarde aplicalos aos circuítos que tiñan construído.

II. Modelización sobre a selección natural mediante o cambio na poboación das bolboretas do bidueiro durante a revolución industrial en Inglaterra: O obxectivo é demostrar como os seres vivos que teñen uns caracteres favorables son capaces de sobrevivir no medio. Neste caso, camuflárense no entorno para, deste xeito, defendérense dos depredadores (os paxaros aliméntanse das bolboretas que viven no toro dos bidueiros) Para desenvolveren esta actividade as alumnas implicadas deseñan unha experiencia para “reproducir dun xeito o máis fiable posible” a variabilidade de bolboretas do medio. Idean un modelo con dous troncos de árbore, un de cor abrancuxada e outro escuro para simular dúas situación distintas: unha situación ideal,sen contaminantes no medio e polo tanto cos troncos cheos de REVISTA CULTURAL Nº 30 CURSO 2015-16


REDLAB liques e unha situación con contaminantes despois da revolución industrial, xa con moi poucos liques nos troncos das árbores.

Descrición da actividade: 1º Con papel de periódico constrúen bolboretas abrancuxadas xaspeadas que se camuflarán moi ben no tronco abrancuxado que simula a codia dos bidueiros cheas de liques (Situación anterior á revolución industrial na que non hai contaminación) Con escamas de piñas de piñeiro, constrúen bolboretas escuras , que se camuflarán moi ben no tronco sen liques, e polo tanto mais escuro (situación que xorde despois da revolución industrial, na que aparece a contaminación, diminuíndo moito a cantidade de liques nos troncos das árbores) 2º Preparamos dous troncos , un escuro e outro espolvoreado con pos de talco para simular o tronco abrancazado colonizado polos liques. 3º Unha vez elaborado o Modelo, xa feitas as bolboretas e preparados os troncos, procederemos a demostrar a Selección Natural mediante “un estudo de campo” que se levará á cabo no vestíbulo do centro durante uns días na hora do recreo e no que participarán alumnos/as . Trátase de contar bolboretas claras sobre o tronco branco e escuras sobre o escuro nun tempo limitado e cronometrado polas alumnas encargadas deste estudo. Colócanse os troncos coas bolboretas cravadas sobre eles cuns alfinetes e as alumnas encargadas do traballo irán anotando os acertos/fracasos durante a experiencia de reconto. Por último, cos resultados elaborarase un estatístico para mostrar os datos e demostrar a Evolución por selección natural. Deste xeito concluímos que: os seres vivos con caracteres favorables sobreviven e os de caracteres menos favorables acaban por desaparecer ao longo do tempo . Isto é a Selección natural defendida por Darwin.

III. A bótica de...: O obxectivo desta actividade é dar a coñecer o gran valor da biodiversidade do noso entorno inmediato e concretamente dos recursos botánicos. Recursos non só para a alimentación senón tamén para usos medicinais, estéticos, para fabricar útiles…

Descrición da actividade: O primeiro contacto destas alumnas coas plantas foi observar un herbario do Departamento de Ciencias para comprender os métodos de recolección , secado e conservación das plantas. REVISTA CULTURAL Nº 30 CURSO 2015-16


REDLAB Despois, buscar información na rede , en libros e guías da natureza sobre unhas cantas especies do noso entorno, tanto herbáceas como árbores: salgueiros, amieiros, érbedos, abelairas, estripeiros, plátanos de sombra, freixos, chantaxes, dixitalis , mimosas, cerullas, malvas, carballos, mentrastes, chantaxes… E na primavera, xa empezamos a recolección de follas , flores e a preparación do herbario. O paso final é elaborar unha breve descrición de cada especie do herbario cos usos e plasmar todo nun caderno para acompañar ó mesmo.

IV. As plantas como fonte de inspiración na a industria téxtil: O obxectivo da actividade é relacionar o mundo dos vexetais coa estampación de tecidos, facendo especial alusión os tecidos Liberty, de fama mundial.

Descrición da actividade: O primeiro contacto co mundo do téxtil e a súa relación coa natureza foi amosar ás alumnas participantes imaxes de tecidos con deseño floral. Despois, buscaron información sobre as famosas teas Liberty e nese momento xa foron entrando na historia dos almacéns Liberty e na súa traxectorioa ata a actualidade. V. O debuxo científico como algo fundamental para a ciencia, neste caso para a Botánica: As ilustracións científicas, láminas e pintura: O obxectivo desta actividade é poñer en valor esta disciplina tan necesaria para a ciencia. Esta arte divulgativa , require precisión e é fundamental, pois nunha foto temos un suxeito específico de vexetal, animal ou do reino que sexa, pero non as xeneralidades necesarias para a súa divulgación científica. Descrición da actividade: O noso estudo indaga sobre como foi evolucionando a ilustración científica dende o mundo antigo ata os nosos tempos onde as imaxes dixitais son instantáneas. Facemos alusión a grandes figuras da ilustración de ciencia e centrámonos na ilustración vexetal fundamentalmente.

DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA-XEOLOXÍA DO MENDIÑO

REVISTA CULTURAL Nº 30 CURSO 2015-16


CRÍTICA CINEMATOGRÁFICA

Carol Dúas mulleres. Dúas clases sociais. Dúas etapas vitais. Na Nova York dos anos cincuenta Carol e Therese coñécense cando a primeira acode á tenda de xoguetes na que traballa a segunda en busca do regalo de Nadal da súa filla. As chispas envolveron o abrigo de visón e o uniforme de traballo destas mulleres que quedaron unidas por unha luva esquecida no mostrador. Carol, un drama romántico de Todd Haynes protagonizado por Cate Blanchett e Rooney Mara foi a última película que tiven a oportunidade de ver antes de que os exames finais comezasen a devorar o meu tempo vital. O orixinal desta longametraxe é a maneira na que, transportados ás rúas estadounidenses do pasado século, podemos observar entre luces e sombras a evolución deste amor que, aínda nos tempos actuais, non é totalmente aceptado. A situación social é precaria para as protagonistas, e a isto engádese o feito de que Carol estea sumida nun proceso de divorcio e loitando pola custodia da súa nena pequena. Ambas as dúas mulleres son totalmente diferentes: unha loira de ollos azuis que dende nova viviu rodeada de luxos e coa vida solucionada, madura, con experiencia vital, pero atrapada nun matrimonio no que non se sente feliz. Pola outra banda, Therese acaba de chegar a Nova York. Emigrada. Nunca o pasou realmente ben e ten que gañar a vida como pode, aínda que o soño da súa vida é ser fotógrafa. É a diferenza entre ambas o que as atrae como os dous polos dun imán e fai que cunhas poucas palabras que intercambien, un sentimento comece a crecer nelas afundindo as súas raíces con cada latexo e cada respiración. É unha película moi ben lograda, que se comprende sen necesidade de palabras e que conta cun equipo de imaxe espectacular, ademais de cunha banda sonora moi individualizada para cada un dos momentos da acción. Os lugares nos que sucede a historia son case na súa totalidade internos e tanto os decorados como o vestiario lévannos de cheo á década dos cincuenta. Se tivese que poñerlle algunha pega a esta película sería o explícitas que son algunhas escenas, o que probablemente a clasifique como contido non axeitado para menores de dezaseis ou dezaoito anos. Gustoume tanto polo tema como polo xeito no que se tratou e por ser unha situación extrapolable á actualidade. Paixón, romance, denuncia social, acción, violencia, intimidade, drama…son ingredientes que se mesturan para facer deste filme unha obra interesante e, canto menos, digna de ver. Mariana Cabaleiro 1º BACH REVISTA CULTURAL Nº 30 CURSO 2015-16


CRÍTICA CINEMATOGRÁFICA

Whisplash e a derrota Esta é una historia sobre a obsesión e a maldade. Comeza como a típica obra de superación e adestramento ao máis puro estilo “Rocky”. Poderíase dicir que é una revisión deste típico xénero dos 80. Unha revisión crítica, iso si, mofándose da pouca coherencia e credibilidade destes filmes. O noso protagonista é un batería mozo obsesionado con chegar a tocar na banda de jazz máis prestixiosa do país. A premisa pode parecer pouco interesante ou típica, pero acada moita profundidade a medida que avanza e se presenta dunha maneira maxistral ao “antagonista”, o director da banda. É una obra perfectamente consciente das trabas que pode supoñer tratar temas como a superación. Sen una dirección e un guión adecuados pode caer nun enorme estereotipo de dúas horas. En a penas dez minutos a personalidade do director queda marcada cunha maneira intelixente. En concreto, este intenta calmar os nervios do protagonista poñendo a súa man no seu ombreiro, para logo esnaquizar as súas esperanzas en dous minutos nunha escena extremadamente tensa na que comeza a berrarlle por un error imperceptible. Detalles, de primeiras nimios, cobran una importancia crucial, e toda a metraxe está chea destes elementos. Mostra como una persoa normal, coas súas inseguridades, actúa ante una situación de presión límite, dunha maneira orgánica e coherente. O protagonista abandona todo para volcarse na música. Explora que pode pasar se una persoa adicta ao que fai fracasa, a súa reacción, os seus sentimentos. É unha montaña rusa de emocións digna de ser vista. Quizais a segunda metade é un pouco inferior, pero colle forza coa escena final. Nos últimos 15 minutos de metraxe consolídase todas as ideas, a natureza do protagonista, a súa rebeldía… É …Adrenalina. Remata como comeza. Adrenalina, iso é todo. Nicolás Álvarez 1ºBACH REVISTA CULTURAL Nº 30 CURSO 2015-16


DEPORTES

O REMO O remo é un deporte que ten moita historia e tradición. Practicábase antigamente para a pesca e, en

concreto, nalgúns casos, para a pesca de baleas.

En Redondela, concretamente na parroquia de Cesantes, atópase o

Club Círculo Cultural Deportivo Cesantes

(C.C.D.C.).

Hai

anos

tamén tiñamos o Club de Remo San Simón (emprazado na zona da Punta),

motivos,

pero

por

diversos

fundamentalmente

económicos, tivo que pechar. As

súas instalacións e materiais pasaron a formar parte do C.C.D.C.

Do mesmo xeito que pasou co Club San Simón, agora o Club de remo

Cesantes é o que periga, por mor da falta de fondos económicos e de persoal.

Este club conta con 6 bateis, 2 traineriñas e dúas traíñas; hai tamén unha traíña

antiga, pero non se usa; é un recordo da regata da Concha, en San Sebastián, a

regata que todo remeiro que se precie quere gañar; e Cesantes gañouna con esa traíña antiga, que é apodada “a Xoia”.

Que o club de remo Cesantes chegase a pechar sería unha perda histórica,

deportiva e cultural para a nosa zona. E é por culpa de tantos fondos investidos

no fútbol, con pavillóns novos, campos de fútbol novos... E o noso club de remo case sen financiamento, cun local coa cuberta de chapa desde hai moitos anos...

E, tristemente, ninguén se molestou nunca en facer presión para que o club poida pervivir

Nicolás González 3º ESO

REVISTA CULTURAL Nº 30 CURSO 2015-16


DEPORTES

CRÓNICA DEPORTIVA LOCAL: “O CHOCO ESTÁ A FACER HISTORIA” Por segundo ano consecutivo, o Club Deportivo Choco entrou na segunda fase de ascenso a Segunda División B. O ano pasado tivo tan mala sorte que lle tocou diante dun clásico de Primeira División, como é o Extremadura. A falta de experiencia do Choco para afrontar estes partidos provocou que o equipo extremeño sentenciase xa a eliminatoria nun partido de ida cun claro 0-3 en Santa Mariña. Este ano volveulle tocar un equipo extremeño. E outra vez un equipo cun bo préstamo como é o Badajoz, que estivo máis de 20 anos na División de Prata Española. O partido de ida rematou cun claro 2-1 a prol do equipo redondelán, no que o Choco conseguiu adiantarse cun disparo cruzado de Comis. Xa na segunda metade, aos 6 minutos, o árbitro pitou un penalti a favor do Badajoz, nunha das xogadas máis polémicas do partido, cando o equipo choqueiro estaba a dominar o partido. A partir desa xogada, o Choco conseguiu dar a volta ao partido conseguindo o control do balón no medio do campo, e con iso volveron as xogadas de perigo a favor do equipo local. Nunha xogada de estratexia de córner, o Choco anotou o segundo gol de cabeza por parte de Fernando, o que provocou que a grada empezase a enlouquecer. O resultado foi xusto. Este domingo, 29 de maio, decidiuse o equipo que pasaría á seguinte ronda. Desde o Club choqueiro organizáronse dúas saídas en bus para que a xente de Redondela puidese animar ao Choco en Badajoz. A primeira saiu da Praza da Farola o sábado ás doce da mañá e a segunda, o domingo, ás oito da mañá. O partido finalizou felizmente para o Club Choco, merecedor dun resultado favorable: 2-2, empate que lle permite poder seguir intentando ese ascenso de categoría. Desde aquí, os nosos parabéns para este equipo que tanto esforzo e ilusión pon, de xeito desinteresado, á procura dun soño para moitos de nós. Ogallá a sorte os acompañe novamente. Anxo Ricón e Lucas Rielo 3º ESO REVISTA CULTURAL Nº 30 CURSO 2015-16


LONDON

LONDON I don´t have words to describe our trip to London. It is difficult to explain that feeling when you travel to another country, you visit incredible monuments and you have fun while you are learning English. Probably, the best adjective we would think of when we remember this trip is amazing. In my opinion, one of the best moments was when we saw the Big Ben, The London Eye and the Thames River, all at the same time. We also took a lot of beautiful photos and enjoyed the views. On the other hand, the worst thing was the rain when we arrived in London. It was very disappointing but the sun was shining the rest of the time, so the weather helped us to enjoy our trip trip even more. In conclusion, the trip to London was very different from others and I would repeat it a thousand times more. Carmen Muiños Núñez 1º BACH A

REVISTA CULTURAL Nº 30 CURSO 2015-16




Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.