R I
Nยบ 26
Revista Cultural IES Mendiño Redondela
Creación literaria - Poesía
Unha estrela que brilla unha alma perdida unha lúa solitaria un amor sen manorada. Unha gota de choiva unha lágrima de doazón un soplo de vento un suspiro do corazón. Un murmuro na noite palabras nunca ditas un cometa perdido un amor sen sentido. O meu concepto de amor un sentimento vago, efémero unha ilusión que se acaba entre un suspiro e o outro. Unha dor que leva á morte, e ao mesmo tempo énchete de felicidade, e láñate por dentro. O amor non se esgota non se equivoca chega no momento máis inoportuno e déixate cegado.
Ana Táboas 3º ESO
1
Revista Cultural IES Mendiño Redondela
Creación literaria - Poesía TAUTOGRAMA
I Amar amare amei Amando a Anxo atolondrei Ao acubillarme ao anoitecer As ás ata Anxo alcei Abraceino, achucheino. Ameino A alguén así anteriormente amei? Amei amo amarei. II Cando en cincos cacen, cando cen catorces corran, Cando en cincos cacen, cando cen catorces corran, cando corenta cazos cociñen, cearemos cocendo comida. III A avioneta amarela aterra achegándose á azotea, axitando aire, arrincando area.
REDACCIÓN ALFABÉTICA I Alá bois, correde diante! Elefante fronte Guinea. Hoxe imos, koala, loitar moito no ñoño olvido, pero quen roerá sangue? Únete vaca! Whisky, xabarín yonqui. Zumba! II Amence belixerante corpo dantesco e fuxiu, grotesco impulso, kamicace ladrón no ñu ó país quimera rezando só, tamén urxindo viño, xestando yonqui zafado.
Alumnos / as de 4º . Obradoiro de escrita.
2
Curso 2011-2012
CADÁVER EXQUISITO I En tempo de exilio quedou Celso Emilio porque en Celanova non hai barcos, porque non hai trincheiras, porque hai moitas canteiras abertas por mineiros caídos das maceiras collendo borracheiras. II Frenética aceleración de ciclos rápidos Irrefrenables ganas de ensoñacións lentas Fatídica combinación de mentes soas Oh, Venus, a que xogar? Porque bo o é Terrible o destino daqueles que non saben esperar Tétrico o daqueles que só saben respirar Triste o daqueles que non saben olvidar
III Reinterpretando os clásicos O teito é de pedra, de pedra son os muros e as paredes. O teito é de cristal, de cristal son as ventás e as portas. O teito é de madeira, de madeira son as mesas e as cadeiras. O teito é de formigas, de formigas son as casas e os valados. E eu, acubillado Nesta aula fría de pedra.
FIANDO RESPOSTAS Na primavera quente que nunca chegou, As pombas cantaban mellor. O son da guerra da amada palmeira, celestial explosión de interplanetarios bicos, de cantos de serpe mariña, Rumoroso chacal de substantivo adxectivo, recita fechadas verbas do colexio en lugar do gato que formiguea a paz. ............................. Si, no ceo as nubes voan. Dicimos que son libres, que non teñen sentido. Os sete paxaros cantan coma nun karaoke. Saberá a guerra fuxir como fan as nubes pola noite? Todo o mundo sabe que non, que o conxunto de adxectivos está fechado cando falamos da guerra.
3
Revista Cultural IES Mendiño Redondela
Creación literaria - Poesía
VARIACIÓNS “Se alguna vez dixese ao fugaz momento: Detente, es tan fermoso! Entón poderás cárgame de cadeas.” I Parte Fausto.J. W. Goethe Baixada aos infernos - Delirio de Rimbaud - A droga enmudece os sentidos – Visión postdelirio. Puñais das Furias, o mundo é gran torta de Satán, todo está resolto, a morte é a miña meretriz, febre azul intravenosa, sangue na copa do meu peito, rapsodia fantástica policromada, fume que danza e foxe, agullas ferruxentas, sangue e zume pancreático escala pentatónica, o teu bico sabe a mel de moscas Adorámoste Morgana da Noite! Ave, ladaíña de Eva! lumieiras de libros baleiros, sós, nos sorrisos pretéritos. s.o.s. convidados de pedra, zume de limón nos ollos, sudarios sen utilizar, sabas e escuridade, veludo vermello de relicarios sen morador, non existo, cans sinistros sedentes de gorxas acoiteladas, alquimia e alquimistas, cor vermella de ferro, son pétreo da vea rachándose, escrito do meu sangue, cabuxas escuras de ollos cegos, O señor das moscas... ................................... ...................................
4
...................................Todo iso es ti. A pega do peteiro punzante que venda os ollos, Campás rotas, Zume de roseiras, Toda a destrución es ti Toda a inexistencia Toda ti es a Sarta metistofélica e fuxidía que alimenta as sombras e o sabor acedo na miña carcasa humana agord! Agora! agord! agord! Agora dóiome porque sinto o brazo mastigado polos gatos famentos, dunha noite sen dono, coma agullas os seus dentes raptores. Os gatos mastigaban a vea, os gatos mastigaban a vea, os gatos mastigaban a vea, os gatos do lombo vermello, os gatos do lombo vermello, os gatos do lombo vermello! “Ao fin de que te liberes deste medo/direite, porque eu vin o que escoitei/naquel punto primeiro cando me doín de ti” Canto II Divina Comedia. Dante Aligeri A silueta do poeta perfilouse delimitada diante do sol eterno – Refuxio na penumbra – Reflexións infernais Porque vivimos na cova das sombras grises, un vento cálido fai soar os mes ósos. Porque os meus ollos viraron vermellos ca carraxe, metal, area e po Porque sinto na caldeira destrutiva e plutónica o metal cobrizo, do corazón.
Curso 2011-2012 Porque teño na man a presenza afastada Porque remexo o sangue callado depositado nas furnas e as tebras Porque son a néboa bretemosa que ascende e asubía Porque vives na luz dos meus días Porque eu non son e ti xa es Porque o ceo é azul, quen me abandonou nesta beira distante do Estixia? Onde? Porque todas as nubes foron de xofre, cáusticos fachos de esperanza no baleiro de todo o tempo Porque ergo a voz nesta escuridade que confunde a alma, nesta noite perpetua
converteres a miña existencia inútil Porque fuxín do meu corpo absorto na morte, o meu corpo no regazo sentimental da Parca... As despedidas son a doce forma de inxerir zume de sal. As bágoas eternas dun lacrimoso nas cúpulas góticas. As candeas aínda estaban acesas dentro de min. As ás dun anxo negro; libereime ás súas mans.
Abel Lorenzo Rodríguez. 1º Bach.
Porque antes do ocaso, voces que non miro chaman por min, provintes dun non sei que descoñezo... Porque teño medo, os meus ollos son dúas grandes lagoas sinistras de azul eléctrico Porque non encontro repouso, alma etérea, espírito que foxes Porque todo o que coñecía retorna atroz á consciencia, límite, sentidos. Porque choro por min, choro por quen morreu, choro polas flores de outono secas Porque Dante ensinounos o seu rostro aquilino, recortado por un baño de luz alaranxada. Porque estou só comigo mesmo, nun punto reconcentrado e denso desta parte da nada, egocéntrica. Porque te quero Xulia, por nada máis que por
5
Revista Cultural IES Mendiño Redondela
Creación literaria - Poesía
S
on tus bonitos ojos, es tu pelo o es tu piel
creo que son tus labios que me alteran y dejan ese dulce sabor a miel. Cuando me miras con esos hermosos ojos, galopan los sentimientos en mis venas y
los músculos se me quedan flojos. Al sentir el suave tacto de tu piel el cabello se me eriza, mi pulso se acelera y soy más frágil que el papel, el cariño que podría darte es mayor de lo que pudieras imaginarte. Intentando darte una buen impresión, por cambiar y ser mejor, te ofrecí mi corazón Nunca me dijiste adiós, ni hasta luego, unicamente me das esos besos que quedan en mis labios grabados a fuego y, me descolocas, pues en ese momento las hormonas por mi sangre las neuronas vuelven locas. Tú, mi cielo, eres lo más importante para mí considerándome afortunado solo por fijarme en ti. Tus bonitos labios me gustaría besar pues una hermosura como tú no sería capaz de despreciar. Pensando en ti escribo los versos de esta canción pensando en ti afloran sentimientos sinceros en mi humilde corazón.
David Cabaleiro. 3º ESO.
6
Curso
Creación literaria - Relato NA HONRA DE ÁLVARO CUNQUEIRO
2011-2012
Xurxo Patas de galo Na época que eu retrataba nas feiras da comarca de Verín, tiven o pracer de coñecer a un curioso personaxe. A este chamábano Xurxo Patas de galo por un curioso motivo. Nacera con patas de galiña en vez de pés! Non quero imaxinar a cara que tivo que pór Lourdes ao parir un neno que de primeiras parecía san, e ao final acababa sendo medio polo. Ninguén soubo determinar como aconteceu este feito, mesmo as vellas fachendosas de Verín dicían que Lourdes llos puxera ao seu marido cun galo. Seguindo coa vida de Xurxo, este non tivo unha boa infancia desgrazadamente, sendo evidente o seu problema, e non era o seu único problema, este era moi sensible ao frío. A súa nai tampouco sabía que facer, xa que era fillo único e necesitaba quen traballase o campo, e o pobre Xurxo non podía coas súas patiñas, mesmo pensou en sacarlle partido vendéndoo a un circo ambulante. Cando este cumprIu a maioría de idade, e despois de ir recoller leña ao monte, volveu como sempre con frío nos pés, máis ben nas patas e, co fin de se quentar, puxo a quecer unha pouca auga nunha pota. Ao rematar de quentar, puxo as patas en remollo quedando este coma un rei. Acabando co remedio tradicional, foi secar as patas e deixou a pota enriba da cociña. Namentres chegou a nai Lourdes do mercado e quedou marabillada cando viu que alguén deixara feito enriba da cociña o bo caldo na pota. Pensando que un caldo era, colleu unha culler e catou o “caldo”. Lourdes estivo a piques de chorar de alegría, fora o mellor caldo de polo que probara na súa vida, e iso que probara os exquisitos caldos da festa da parroquia de Castrelos do Val onde seica fan os mellores de todo Ourense. Ao rematar a viaxe ó país das delicias, preguntoulle ó seu fillo quen fixera e como aquel marabilloso caldo. Xurxo relatoulle á súa nai que era auga quente de se lavar as patas e a nai quedou pampa. A raíz disto, Xurxo Patas de galo foi coñecido en toda a comarca de Verín. Todos o querían para que mollara as patas nas potas fervendo e amenizar as festas co seu delicioso caldo. Pagábanlle moi ben, conseguindo así resolver os seus problemas de diñeiro, e conseguindo por fin uns par de zapatos que o protexían do frío e das miradas da xente cara ás súas patas. O bo de Xurxo Patas de galo acabou sendo un reputado chef de cociña na Bretaña francesa, coa súa especialidade, caldo máxico de polo. Os franceses adorábano e todo mundo lle preguntaba pola receta secreta, xa que estes non sospeitaban nada de que Xurxo mollaba as patas nos caldos para darlles o seu ”toque especial”. O segredo quedou na comarca de Verín, onde ninguén falou nunca máis mal das patas que posuía. Stefano García e Martín Cea (2º Bach.)
7
Revista Cultural IES Mendiño Redondela
Creación literaria - Relato
FUTURO IMPERFECTO:
"Durmía desexando que ningún dos dous, nin ti nin eu, abrísemos os ollos ao día seguinte, pregándolle á morte a delicadeza de levarnos xuntos, sen decatarnos, e ficar nesa postura para o resto da eternidade"
"Púidome a tristeza da rabia producida pola impotencia de comprobar que se esgotaba o tempo"
8
"Durmiches profundamente durante moitas horas, déixandome tempo para derrubarme, descompoñerme e recompoñerme antes do teu espertar"
Curso 2011-2012
"Entón aconteceu un feito insólito: unha vez no hospital, o cuarto encheuse de voitres e corvos, aves de mal agoiro que só parecen ao final, cando a morte está tan próxima que a cheiran"
"E fíxose a Nada. O principio da miña vida sen ti era a Nada"
Brais Álvarez Sánchez 1ºA BACH.
9
Revista Cultural IES Mendiño Redondela
Creación literaria - Relato
UN TRATO MORTAL
Arturo e Xoán vivían na mesma aldea, Avite. Dende rapaces compartiran xogos e pelexas, por suposto pelexas. Eran rivais en todo o que se propuñan; para eles un traballo, calquera xogo que ambos practicasen eran unha competición, unha disputa a morte na que sempre había un perdedor e un gañador. Cando chegaron á adolescencia, un mércores de cinsa, morreu o mestre de Arturo e de Xoán dando unha clase; diante de todos os alumnos que, paralizados polo susto e polo medo, tardaron moito en reaccionar, pero non puideron facer nada polo difunto do señor Don Ramiro. Dedicaba as clases a compartir as súas aventuras e os seus coñecementos co seu alumnado. Con el aprenderon a pescar, a disparar cunha pistola e, o máis importante, a apreciar a amizade; por iso lle tíñan un gran aprecio. Toda a aldea suspendeu a festa do entroido pola homenaxa do leito da morte do mestre Don Ramiro, e algúns dos alumnos ofrecéronse a levar o ataúde, entre eles Xoán e Arturo. O silencio que acompañaba ese último paseo foi esterrecedor, e grazas a ese enorme e respetado silencio, Arturo e Xoán, cada un por separado, puideron escoitar claros sonidos de pequenos golpes xordos dentro do ataúde. Mirándose mutuamente, case atemorizados. Miraron cara aos demais acompañantes en busca de que alguén tamén o escoitase, pero os seus rostros só mostraban a pena pola perda do seu querido profesor. Todo o tempo que durou o enterro, Arturo e Xoán evitaron mirarse e non se dirixiron a palabra. Polas súas cabezas rondaba dicirlles a todos o que escoitaran, pero o medo a facer o ridículo selou as súas bocas. De regreso á casa, o remordemento non lles deixaba durmir. A media noite, cando cada un polo seu lado volveron ao cemiterio, ían vestidos de escuro e con gorros para evitar ser recoñecidos. Arturo chegou de primeiro. Protexido polo silencio e a escuridade absoluta que reinaban nos camposantos, buscou temeroso a tumba de Don Ramiro. Latexáballe o corazón aceleradamente, apenas podía conter o alento; para colmo non era unha noite moi luminosa e o canto dunha curuxa poñíalle a pel de galiña. Xa vira a escasos metros, a lápida do profesor. Arturo foi valente, máis que ante a moza pola que suspiraba - Tranquilo, Arturo... non sentirás ruído ningún; e só unha vela que arde... - dixo unha voz que retumbaba entre as tumbas facéndose máis e máis grave. - Aaahhh!... Don Ramiro, Don Ramiro! Vostede... disculpe, xa sabe! Son eu... - dixo tembloroso.
10
Curso 2011-2012 - Don Ramiro! Don Ramiro! Está vostede vivo? - susurrou Arturo. - Toc, toc, toc! - foi a resposta á pregunta. Arturo tamén botou correr tras de Xoán, que o esperaba fóra. - Este é o noso segredo, ninguén pode sabelo. Quen o conte... Morrerá! - dixo Xoán. Arturo prometeu non contalo a ninguén. Testemuña deste pacto foi a curuxa, que fuxiu despois de que os dous marcharan cada un polo seu lado. Os anos foron pasando. Arturo casou con Paula; emigraron a Francia. Os veráns regresaban á súa terra natal, pero Xoán e Arturo evitaban encontrarse. Un dos veráns, Arturo soubo que Xoán e falecera había uns días e que el lle deixara unha nota xunto ao notario. Arturo foi buscala. Xoán felicitárao pola súa voda con Paula e confesaralle que, dende que dixera o segredo, O seu cerebro non aguantaba máis.
Dende que llo contara a súa irmá, unha curuxa vella incansablemente o perseguía como se fose cobrar o trato ao que se someteran. Algúns días, despois de ter escrito a carta, Xoán empezouse a encontrar mal e acabou falecendo, xunto o segredo de Don Ramiro.A partir dese día, Arturo non volveu a Avite e quedou en Francia.
Sergio Muñiz, Brandon Piñeiro, Pablo Martínez e Sergio García (2º ESO)
11
Revista Cultural IES Mendiño Redondela
Creación literaria - Relato
A rúa acabou por se converter no cárcere Escoiteino na radio e fiquei horrorizado. Ata que punto iamos chegar? Ou mellor dito, ata que punto iamos retroceder? En todas as partes se falaba a medias verbas de Valencia, pero daba a impresión de que só servía para alimentar a pasiva compaixón dos egoístas que non tiñan que saír á rúa a recibir porras e patadas por protestar polo que se lles quitaba. Ninguén facía nada, mentres que o lume, hipnótico e rebelde, arrasaba colectores de lixo. Ninguén era o suficientemente home ou muller para recoñecer que nese lume tamén se queimaba a súa liberdade. Todos eses homes e mulleres que renunciaban á súa liberdade por seren como un año submiso e deixaren que lle poñan o coitelo no pescozo, eran os mesmos que se sentaban na cociña a tomar café e consideraban que os seus fillos non sabían nada e non podían facer nada. -Os seus fillos son os que van levantar o país! Berraba meu avó sentado no salón, ao carón dunha bandeira da República. E así foi. Os fillos dos homes e mulleres que
12
bebían café na cociña foron os que saíron ás rúas de Valencia a expór os seus débiles corpos á brutalidade sen fundamentos da policía. A rúa acabou por se converter no cárcere e todos os que tiñan a coraxe de se manifestar eran golpeados, maltratados e humillados asemade. Eran violados moralmente. E todos eramos nenos. E todos somos tratados coma ratas. O serán estaba frío cando saín da casa e respirábase outro aire. A miña nai mirárame aos ollos e fíxome prometerlle que volvería. Eu desviei a mirada e ela apañoume a palestina laranxa e bicoume a cabeza. Era unha nai e tiña ese sentido do futuro que teñen todas as nais. Levaba a mochila lixeira: algúns papeis, bolígrafos, unha botella de auga, unha caixa de cigarros e pouco máis. Apurei o paso e o día tamén apurou. Dun momento a outro vin pasar ao monstro da represión actual e á pantasma da revolución ao redor de min. Eu estaba absolutamente paralizado e fiquei no medio da praza á que chegara. O cigarro consumíase nos meus beizos mentres sentía como aos demais lle caía enriba o peso do retroceso. E caín derrubado de pura impotencia. Ese non era o meu sitio e tampouco tiña nada que facer. Era un inútil dentro dunha morea de xente valente. Había tempo que o sol marchara e o único que sentía era a pedra fría da praza pegada á cara. E logo, atopeime
Curso 2011-2012 repugnante e débil. Fora a loitar pola inxustiza como os outros días! Non para quedar no chan coma un verme e ser esmagado.. Rompín a chorar de camiño a casa. As rúas, desertas, eran a mellor fotografía que podía atopar do que pasara ese día. Os escaparates das tendas estaban rotos e non había ningún farol acendido. Era todo unha desolación rebelde. Eu non sabía nada. Que foi o que pasara? Cheguei á casa e aterrei na miña habitación. Devorei o paquete de cigarros e puxen os Sex Pistols tan alto como puiden para tapar os meus pensamentos de escoria. Dábame igual espertar a toda a casa. Soamente quería calar a porquería que era eu e
Subín a unha cadeira e sentín o tacto da morte de nó que tiña no pescozo. Entonces, primeiro tensión, logo o silencio.
Aloxi Centeno. 4º ESO.
acabar coa impotencia de non ter feito nada sen razón ningunha, Lembrei berros e golpes secos. Quitei a planta que colgaba do teito e no seu lugar atei unha corda.
13
Revista Cultural IES Mendiño Redondela
Creación literaria - Relato
O inverno
O inverno xa está aquí, e con el, a campaña de Nadal. Os supermercados e hipermercados, os centros comerciais, tratan de vender a mediados de outubro os turróns que cando chega o Nadal xa estarán caducados. E dádevos conta? Á saída deses centros comerciais cheos de xente disposta a malgastar o seu diñeiro, está sempre algún vagabundo. Un deses que non come dende hai anos, e o pouco diñeiro que lle chega gástao Deus sabe en que vicios; que recibe insultos e burlas das familias cando pasan polo seu lado. Un deses, deses que tan pouco teñen que perder, é Moncho. Moncho adoita durmir no inverno no banco e no verán no banco. Bendita confusión: no inverno no Banco e no verán no banco. Quero dicir: no verán está tirado nun parque a maioría do tempo, incluída a noite que pasa tirado no seu banco, asento habitual, vendo as estrelas. No inverno, polo contrario, pasa os días á saída dun deses centros comerciais mencionados, pedindo cartos, e gastando a metade en vicios. Sen embargo, Moncho sabe que non sobrevivirá demasiadas noites máis sen unha manta, e comeza a aforrar para mercar tan apreciado e básico mal…quero dicir, ben material.
Pasou xa varias noites con frío na sucursal, e non podía evitar as toses e o malestar que iso lle provocaba. As toses comezaban a mesturarse cun doce sabor a sangue, a alcohol. Por mor de non aforrar para a manta, Moncho repetíase: “isto vaime acabar por matar”. Na sucursal non ía frío, levaban todo o día coa calefacción, e todo o mundo que entraba polo día estaba en manga curta; pero así e todo, o vagabundo retirábase tarde do centro comercial (xa que a xente vai aos centros comerciais ata de noite, non sei se vos fixastes, pero é incrible, ata as doce da noite!) porque alí sempre se pode sacar algo de diñeiro; retirábase tarde e o frío levábao el no corpo, na cabeza, xa lle custaba ata pensar.
14
Curso 2011-2012
Aquel 25 de decembro sucedeu o inevitable; Moncho, entre botellas de viño e unha cazadora como únicas compañeiras, apareceu morto naquela sucursal. Pero non choredes polo bo home, nooon!. Non merecía o trato de home sequera. Acaso é tal alguén que non lle importa a ninguén polo simple feito de durmir nun banco? De feito, credes que realmente importa despois desta crítica? Non credes que se de verdade importase, algo cambiaría aquel 25 de decembro? Non foi así, nunca o será, a vida moderna segue exactamente igual; polo tanto, a conclusión é obvia: ou polo menos, podería parécelo: a xente como Moncho non importa. Non si?
Manuel Pérez Docampo. 4º B.
15
Revista Cultural IES Mendiño Redondela
Creación literaria - Relato abarca Vigo. Chamárona esa mañá para observar o lugar do crime e as condicións pertinentes; ela sería quen conduciría a investigación do asasinato.
CAP I T UL O I
U
ns ollos xa asulagados pola noite pero que aínda gardaban o recordo de que puideran ver. Un horror doutro mundo que traspasou os límites da máis escura loucura. Cravado na branca parede falsa do cuarto de estar cunhas varas de ferro moi grosas, que parecen ser as patas dalgunha cadeira, que suxeitaban os xeonllos, cadeiras, ombreiros e antebrazos, deixando os pés cravados no chan. Con sangue, un debuxo dunhas ás de bolboreta ao redor da figura masculina, que, aberto polo ventre, deixaba caer os intestinos. Definitivamente cunha escena espantosa e macabra cun rezume acedo de descomposición que a alguén san perturbaría ata os máis ínfimos recunchos da súa alma. Lisa Aguayo era a inspectora xefa encargada do territorio que
16
Non era a primeira vez que vía un cadáver produto de homicidio, pero de tal magnitude, xamais. A visión da faciana marcada pola dor, do contido do abdome, fóra, e das ás de sangue reteulle a respiración nun shook frío que percorreu a parte baixa das costas, subindo despois ata chegar á caluga. - Parece que alguén estaba moi enfadado…-era a voz do seu axudante, que observaba xunto a ela sen a menor mostra de desagrado. - Non entendo como non che revolve as tripas. - Tan só é carne desfeita, haina en calquera chacinería…con malos carniceiros, claro.acompañou o comentario cun lene sorriso, e a súa xefa dedicoulle un xesto de impaciencia. Hugo era un proxecto de integración de persoas con trastronos emocionais, un psicópata. A súa mente fría e a capacidade para prever os movementos dos asasinos resultaban moi útiles na profesión que tanto adoraba: para el a investigación era como
intentar ter a mente dun descoñecido. - Que opinan, ademais do enfado? - A vítima era homosexual, promiscua e non moi ética nos asuntos amorosos, como revelan todos os homes con actitude de “tíñao merecido” que rondan por aquí. Xunto á forza necesaria para pintar este cadro indicaría a calquera principiante un crime por despeito feito por un ou varios amantes. - Pero? - As ás de bolboreta fan referencia á sexualidade da vítima, alguén tan enfadado non se para a sinalar algo obvio, a non ser que o considere humillante. O asasino é un homófobo. Por último a crucifixión mostra unha mente cristiá, total, un membro do “Opus Dei”- acompañou a última graza doutro sorriso. - Todo ben…-Hugo abriu a boca para ceixar caer un “xa o sei”. - ...menos unha cousa.-a expresión do seu axudante mudou ata a confusión. A tenente proseguiu. - Ao igual cá bolboreta, a cruz non sería representada por un cristián; iso só mostra que alguén con algún coñecemento sobre criminoloxía trata de confundirnos. Tamén confundiches as marcas do chan. O aspirante fitouna cunha cella enmarcada._ Pequenas marcas, case cultas polo sangue; …feitas con golpes de…Ergueu o rostro ata as barras que suxeitaban o
Curso cadáver. - Cravoulle as varas, atravesándoo, antes de levántalocontinuou a líder da investigación. - Non precisaría facelo de ter axuda: é unha soa persoa. Pero deduciches moi ben para ser un principiante. Teño que irme, estou algo mareada.-A muller marchou branca, deixando ao rapaz pasmado pensando “. Xa estaba acostumado a encontrar un extraordinario oponente na súa superior, o cal era máis estimulante ca frustrante debido ás súas dificultades para atopar alguén do seu nivel…ou superior. A inspectora superábao pese a non ter os seus nervios controlados e a mente xélida. Gañábao estando en desventaxe. - Agora son eu o que está mareado.-por segunda vez saíu desa habitación alguén coa cara branca.
CA P I T ULO 2 No despacho de Lisa un par de cadeiras de piñeiro diante do escritorio, unha delas ocupada
por Hugo. - En canto volten de Madrid, xa teremos as pegadas das patas das cadeiras; agora necesitamos alguén con quen comparalas. Tamén atoparon restos de lentes na escena do crime. - Tamén os restos das cadeiras...Fai falla ter maña para facer iso... - Pois temos bastantes sospeitosos, os vídeos mostran alguén nos corredores co escudo de Demetrix, de nova tecnoloxía. - Ben, iso explica a facilidade do asasino para descuartizar mobles. Imos alí a reducir o número? - Si, pero temos que facelo sen interrogatorios, non temos probas concluíntes. - Claro, así é máis divertido... Aparcaron xunto ao escueto edificio de "Demetrix". - Buscamos a alguén con cara de ter durmido pouco e , se cadra, algunhas rozaduras nas mans...Sinalou a inspectora. - Ou un leve aroma a crema hidratante..-puntualizou o sei compañeiro. A Lisa, a pesar de que intentaba estar o máis en calma posible, a idea de encontrarse coa besta executora do crime a asqueaba profundamente. Un ser que pode ver a cara mentres somete a un humano a esa dor provocaba un medo terrible nela, coma a que teñen os nenos polos monstros. Pero como alguén chega a ser así?
2011-2012
"De metrix" era a empresa pion eira en materia de tecnoloxí a punta, subministraba a tentas outras empresas e a fachada reflectía o seu estatus comercial. Entrar alí esixindo coartadas sería como entrar nunha igrexa e pedir un bocata de chourizo ao cura. - Bo día!-sorriulle Hogo ao porteiro. - Policía.- interompeuno Lisa.Ese uniforme que leva...É o que empregan todos aquí? - Que? Non, só o servizo...os traballadores empregan outro. - Pois o sospeitoso é un traballador, porque ese non é o uniforme das cintas.-vaticinou Hugo. - Poderíanos levar xunto ao director? - Claro. Avanzaron entre técnicos e enxeñeiros manipulando curiosos artefactos. O Director tamén estaba na enorme sala, dando indicacións a algúns traballadores. Señor director, a inspectora Aguayo, da policía, e o seu axudante.-Comentou o porteiro. O director era un home grande, de aspecto forte, cunhas lentes que parecían novas. - Grazas, Xan; podes marchar.Sorrriu o director. - Espero serlles de axuda. Que os trae por aquí?-Hugo adiantóuselles para estreitar a súa man, ningunha aspereza notable nelas...
17
Revista Cultural IES Mendiño Redondela A inspe ctora falou: Unha pequ ena inves tigaci ón, queriamo s facerlle algunhas preguntas sobre os uniformes da empresa. Levan o mesmo tempo todos aquí? - Si, incluso eu, como pode comprobar.-Respondeu o director.-Lidia frunciu o entrecello ao ver a Hugo rascando o nariz; os xestos naturais non eran comúns nel.Cada quen ten os seus, uns tres ou catro por persoa.-Hugo parecía estar ulindo algo. - Ese non é o que levaba onte, supoño.-Comentou o axudante. - Pois non, pero por que o...? - Verá.- continuou alzando un pouco a voz.-Estamos na procura de alguén que abriu en canal a un home, sacou os seus intestinos fóra e cravouno na parede, deixándoo crucificado sobre un mar de sangue.- Cando acabou de falar todo o mundo miraba sen dar creto. - Hugo! .-A inspectora sabía que actuar dun xeito tan agresivo era o ideal para perder a colaboración dos sospeitosos. - Como se atreve?.- O Director non concibía semellante escena no lugar do traballo.
18
Creación literaria - Relato
- Non sabe canto o sinto...Disculpouse a inspectora.-pero, por outro lado, a súa cara de indignación non ten nin rastro de medo e horror que mostran os seus traballadores...Está ofendido, non alterado. Iso xunto á crema das mans que detectou o meu axudante, o casual cambio de uniforme e as lentes novas lévame a preguntarlle onde estivo á noite.mentres falaba, Hugo colleu unha chamada do móbil e tivo unha curta conversación. - Señorita, asegúrolle que terá noticias dos meus avogados.Respondeu o furibundo director. - Xa temos os resultados das pegadas dactilares. –Interrompeu Hugo.- Coinciden coas súas, señor Gómez. O líder da empresa pasou da indignación á confusión e logo ao medo, para, por fin, botar unha mirada ao redor e correr coma un demo, seguida de veloz Lisa. Hugo observou como corrían. - Hai algunha saída por ese lado? .-Preguntoulle a un apalambrado traballador. - N...Non. - Iso pásalles por non preguntar antes de botar a correr...-E foi tras del camiñando. Axiña os atopou; el esposado e ela colgando o teléfono. Xa vén unha patrulla para aquí. Ao cabo dunhas horas o asasino confeso estaba nunha cela, e os dous detectives tomando un descanso. - Polo visto.-comentou a inspectora.- Asasino e vítima eran irmáns...o maior foi o que atopamos mutilado; se cadra
unha vinganza polos abusos do seu irmán cando eran pequenos. De aí a súa homofobia e a rabia mostrada no crime. _Un crime xustificado, pois? .-Hugo parecía pensativo... - Dende logo é un atenuante...Unha cousa,... - Aínda tardarán uns días en ter as pegadas, pero agora xa confesou-... só tiven que ver o nome da plaquiña identificadora... - Iso foi arriscado.Reprendeuno a súa xefa.- Pero supoño que funcionou...En fin, volvo á casa; foi un caso breve pero intenso... - Unha cousa máis.- O home de mente fría sacou un paquetiño do seu caixón.-Feliz aniversario. Lisa recibiuno sen saber que dicir. Santiago Mougán Elena Jurado. 2º Bach.
Curso 2011-2012 14 de Abril Cantas cousas tan distintas podía significar unha mesma data: un nacemento, unha morte... Para nós era o comezo da fin. Canto sufrimento partir dese día, pero cantos bos momentos tamén. Penso que até entón eu nunca soubera valorar realmente o tempo, mais agora que a ti se che esgotaba, agora que xa case era tarde para o aproveitar xunto a ti, meu querido irmán, dérame de conta do importante que era sacarlle o máximo partido a cada intre. Non sabiamos ben como te infectaras da SIDA, poia, aínda que foi a túa antiga moza, Ánxela, a que che dixo que era portadora do virus e polo tanto ti tamén podías selo, non se podía obviar o feito de que, coma ela e moitos outros, tamén te picabas, así que era moi posible que a enfermidade penetrara no teu organismo deste outro xeito. Sentía tanta dor cada vez que pensaba que ti mesmo decidiras matarte levando aquela vida, que apenas era quen de estar ao teu carón sen reprocharcho, sen botarcho na cara. Non entendía porqué o facías, non comprendía porqué non vías o evidente. Eu, que tanto te adoraba, que te admiraba a ti máis que a calquera outra persoa conese teu xeito de ver a vida, con esa filosofía tan curiosa, por seres quen de plasmar a realidade nun lenzo con pouco máis ca dous trazos, non coñecía, non sabía que era o que te impulsaba a consumir aquela noxenta droga: a heroína, que tanto che mermaba o organismo, incluso máis do que eu pensaba daquela. Até aquel 14 de abril no que o comprendín todo. Daquela ti xa te rehabilitaras da túa drogodependencia. Finalmente decidiras tomar as rendas da túa vida. E conseguíralo, mais o destino aínda reservara para ti un bo golpe deses que resultan certeiros e letais. Eras seropositivo. Así o indicaban as análises que fixeras unha semana antes por recomendación de Ánxela. E foi isto o que me fixo abrir os ollos: as drogas, todos aqueles ambientes nos que te movías, non eran máis que o teu medio de evasión deste noxento mundo para o que eras demasiado bo, demasiado grande. Ti eras quen de percibilo todo tal e como era, de sentir a realidade e de reflectila. Os teus ollos estaban libres de vendaxes. Pero eu, mil e unha veces máis ignorante, xamais chegara a intuír sequera que era o que semellaba, que todo era unha mentira que a sociedade, pura hipocresía, se adicara a xulgarte aínda descoñecendo o teu delito. O proceso foi duro, demasiado. Xa o fora o da rehabiliación da drogodependencia, mais daquela estabas convencido de que había saída e propuxécheste atopala. Pero agora era distinto, non dependía de ti, senón da fortuna e semellaba que esta se esquecera de ti e de todos nós que estamos contigo. Nunca quixeches agochar o teu mal como fixeran moitos outros e tíñaslle especial aprezo a todos aqueles famosos que tamén padecían o VIH e daban a cara declarándoo publicamente, mais para
19
Revista Cultural IES Mendiño Redondela
Creación literaria - Relato
eles non era como para calquera outro enfermo; eles tiñan séquitos de fans, prestixio e sobre tod contaban coa máis poderosa das armas: os cartos. Por iso a min me fascinaba tanto a túa ousadía, mais tróuxoche ben de problemas. A xente cría que a SIDA era como o virus da gripe que se contaxiaba polo aire e supoño que foi por iso que te repudiaron, que te humillaron, facéndoche tanto dano coas súas verbas como a enfermidade cos seus achaques. Pero ti aguantáchelo todo estoico, pois sabías ben que a nai de tódols prexuízos non era outra cousa que a ignorancia dunha sociedade que estaba aínda máis enferma ca ti.
O desprezo máis grande recibíchelo un día de xullo. Probablemente non fora o peor nin o máis desagradable, pero foi o que a ti máis che doeu. Por aquel entón, o efecto dos retrovirais e do mesmo virus eran xa visibles no teu rostro e por todo o teu corpo; ti que sempre foras tan guapo, presentabas agora un aspecto enfermizo, a dor estaba a deixar demasiados vestixios na túa face. Con todo, aquel halo de serenidade que es quen de lle transmitir aos demais cunha soa ollada, seguía a rodearte e a axudarme a min, que cada vez me sentía esmorecer máis a miúdo, a reconfortarme aos poucos. Se cadra, fora esa paz que transmitías, esa calor, ese profundo cariño que irradiabas o que fixo que aquel cativo se achegase a ti naquel parque, mais debeu resultar invisible para a súa avoa que axiña o afastou de nós á vez que lle dicía “á xente coma esa é mellor non achegarse”. Non sei como fuches quen de calar, nin tampouco porqué o fixeches e o certo é que se eu non reaccionei descargando a rabia que sentía rubir pola miña gorxa contra aquela señora, que tan digna ía polo mundo arrebatándolles a dignidade aos demais, foi porque ti tampouco o fixeras, senón que quedaches alí, cos ollos tristeiros e sen pronunciar palabra. Dende logo, vaia noxo daba todo aquilo, non podía deixar de pensalo, nin ti tampouco pese ao teu aguante, mais aquilo que ocorrera fíxoche tomar unha importante decisión que ao día seguinte me anunciaches: resolveras adicar o teu tempo a informar, a axudar a todos aqueles que coma ti estaban enfermos ou a calquera que quixera achegárseche para saber máis da SIDA que comezaba a ser algo tan común coma descoñecido. E así o fixeches. Percorriches centros de desintoxicación onde eran moitos os que estaban enfermos, lograches dar charlas en centros de ensino onde explicabas que o mal que ti e cada día máis xente sufriades non se lle ía pegar a ninguén por dar unha aperta e que mereciades tanto
20
Curso 2011-2012
respecto coma todo o mundo, pois erades seropositivos pero non por iso perderades a vosa condición de persoas. Ata chegaches a saír nos xornais locais defendendo a túa causa que tamén era a miña. Finalmente, algúns entendéronte, recibiron a túa mensaxe e uníronse a ti na túa loita; se cadra non foron todos os que algunha vez intentaches facer entrar en razón, pero eran suficientes como para que t iveras claro que recoñecían o teu labor, mais non o facían con agasallos nin con grandes homenaxes, senón con respecto cara a todos aqueles que algunha vez cometeran o erro de deixarse levar polas drogas, cara aos enfermos da SIDA ou cara a calquera membro doutro sector marxinal. Así o fixeron aqueles que te entenderon e que deixaron atrás os seus prexuízos para axudar a aqueles que noutrora desprezaran, porque ti, meu adorado irmán, déchesnos a todos nós a maior das leccións: hai que coñecer para poder entender, pero xamais se pode xulgar, pois non todos sentimos nin vivimos as mesmas cousas do mesmo xeito. Pero abríchesnos os ollos, para abandonarnos despois, para deixarnos sen luz, sen amparo. A morte non se esquecera de ti e ela, aínda que a todos por igual, si que podía xulgar. Presentóuseche coa forma dunha “infección oportunista” que non lle tivese feito dano a unha persoa sa, pero si a ti que xa estabas enfermo. Esa época foi demasiado dura, demasiado triste como para tratar de lembrala, prefiro investir o meu tempo en continuar o teu labor, en seguir tratando de axudar aos demais. En definitiva, tratando de chegarche a ti á altura dos zapatos. Araceli Álvarez Amoedo. Verónica Roza Vidal. 1º Bach.
21
Revista Cultural IES Mendiño Redondela
Creación literaria - Opinión
Entrevista a J. Antonio Orge, autor do libro Aproximación á historia da Illa de San Simon
No mes de xaneiro estivo no noso centro José Antonio Orge, home nado en Redondela, amante do seu pobo e, se cadra, o mellor coñecedor da súa historia. Defensor a ultranza de todo o que atinxe a Redondela. É un dos membros fundadores do Seminario de Estudios Redondeláns, amais de ser o seu presidente. Ten colaborado en varias revistas e periódicos con traballos científicos baseados en aspectos históricos da súa vila como as cruces, cruceiros e petos de ánimas no concello de Redondela ou os miliarios romanos en Redondela, por citarmos tan só dous exemplos. E, desde logo, non podemos deixar de citar os seus interesantísimos libros As illas de san Simón. Aproximación á sua historia, editados en galego e en castelán ou Redondela a través do tempo; libros que algúns de nós consultamos neste curso e que nos espertaron un interese por sabermos máis cousas, non só do noso pasado senón tamén do noso presente, pois moitas veces non nos paramos a ver nin somos quen de recoñecermos aquilo que nos identifica e que outros desde lonxe saben recoñecer, como neste caso a nosa illa de San Simón que está sempre aí, pousada ao noso carón, testemuña calada do paso do tempo. Aproveitamos para, xa que o tiñamos aquí, facerlle unha serie de preguntas a respecto da nosa illa e deseguido presentamos un estracto da entrevista que lle realizamos.
- Boa tarde, moitas grazas por estar hoxe aquí connosco. Gustaríame comezar esta pequena entrevista preguntándolle cando xurdiu en vostede a idea de investigar sobre a historia de Redondela e, máis concretamente, sobre a da Illa de San Simón. - Grazas a ti e boa tarde. A verdade é que todo comezou como un pasatempo e tamén polo meu interese en coñecer as cousas do meu pobo. Amais disto, tiven un familiar que traballaba como “xefe de cociña” no Lazareto .
22
Curso - Falou vostede con alguén que estivo na illa?
2011-2012
- Pois si, estiven co primeiro preso que houbo alí, Pastor Rodríguez, un socialista de Vigo, ao cal trasladaran desde o náutico de Vigo ata as illas. Falei tamén con Jesús Bernárdez, o fillo de Telmo Bernárdez que fora alcalde de Redondela ao que se coñecía co sobrenome de “o médico dos pobres”. Falei tamén con algún dos supervivintes do accidente que houbera cunha lancha motora na que viaxaban 60 ocupantes e dos cales morreron unhas 45 persoas. - Como escribiu o seu libro? - Funo redactando por episodios, primeiro a man e logo a máquina e, xa máis tarde, a ordenador. - Quen fixo as fotografías?
- Fíxenas eu porque son afeccionado á fotografía; de pequeño meu pai regalárame unha cámara e eu levábaa a todas as partes. - Tiña vostede claro que quería escribir un libro? - O certo é que non pensara niso; só me movía polo afán de saber, pola curiosidade, fora moitas veces á illa e a illa estaba sempre aí. - Houbo proxectos sobre a utilización da illa? - Pois si, por exemplo, Javier Varona, o arquitecto, foi o encargado de propoñer diversos proxectos, algúns deseñados coa axuda de Pepe Barc, mais quedaron só niso, en proxectos. Lembro un que pretendía levar alí o Museo do Mar, pero por problemas políticos non se deu feito. Había outro que pretendía facer alí unha escola de vela, outro quería montar un centro de talasoterapia, etc.
Queremos darlle as grazas de todo corazón a José Antonio Orge, porque sabemos que é un home de ben, que sempre está disposto a acudir de xeito totalmente desinteresado a onde o necesiten, como o día que estivo aquí, no noso centro. Yurena García 3º ESO
23
Revista Cultural IES Mendiño Redondela
Creación literaria - Opinión
Música: Los chikos del maíz
O rap é un tipo de música que xurdiu nos barrios
pobres de Nova York cando as persoas de clase social baixa,os traballadores, buscaban formas de expresar a súa rabia, o desencanto coa situación. Esta é a historia que se conta en todos os sitios, pero, a partir de aí, houbo un cambio na temática deste tipo de música, moitos artistas “prostituíron” as súas letras a cambio de diñeiro, tanto que chegan as xentes humildes a presumir de cochazos e xente rica a presumir de ter que vender droga para sobrevivir. Neste contexto xorde en 2004, un novo grupo de rap, que intenta revitalizar a escena deste tipo de música intentando volver ás súas orixes: a música cunha mensaxe de protesta, que intente transmitir algo; o grupo formado por Toni o Sucio e Nega (estudantes de xornalismo e audiovisuais respectivamente) como MCs e Loren-D como DJ e produtor (función da que se desentenderá pouco máis adiante) será bautizado como Los Chikos del Maíz. O grupo saca a súa primeira maqueta, chamada “Miedo y asco en Valencia” nada máis ser formado, no 2005. Esta faise un oco na rede, e comeza a ser difundida polos internautas, ten boa acollida. Ademais desta maqueta, sacan outra no 2007 co título “A D10 le pido”, coa que gañan o afecto do público. Entre as cancións máis destacadas destas maquetas está “Trabajador@s” ou “Estilo Faluya”. Así mesmo, os compoñentes do grupo continúan sacando traballos en solitario, como “Geometría & Angustia” de Nega “Rawpublik” de Toni. No centro de causas da fama deste grupo está, por que negalo?, o seu punto de vista radical da política, declarándose en todo momento marxistas-leninistas. Isto leva consigo a denuncia e crítica en todas as súas letras das inxustizas creadas polo sistema capitalista (xa sexan creadas a través dos medios de comunicación, o goberno, etc), recorrendo con certa frecuencia ao humor negro e á ironía: “Dóeme o 11 de setembro...non polas torres xemelgas, polo derrocamento de Allende”. O problema destas letras comprometidas coas loitas sociais, vén cando o grupo comeza a ser famoso de verdade. En abril de 2010, o grupo é contratado por Esquerda Unida para dar un concerto en homenaxe á II República en Sevilla; despois de estar todo arranxado e preparado para o espectáculo, o PP, en colaboración coa AVT, decide presentar unha denuncia contra o grupo, acusándoos de enaltecemento do terrorismo, co que se intenta cancelar o concerto. O grupo alega no xuízo que se serven da ironía e non se debe tomar ao pé da letra todas as cancións, ademais de condenar todas as accións violentas de ETA ou outro tipo de violencia ou represión.
24
Curso 2011-2012 Con tales argumentos, a denuncia foi arquivada ao carecer de probas de tal incitación ao terrorismo, e non prospera. Despois disto, en maio de 2011, publican o que é, ata a data, o seu último traballo, xa en disco e con selo discográfico: “Pasión de Talibanes”, e dan o salto definitivo ao estrelato: o disco foi o nº 48 dos máis vendidos en España naquel maio. O grupo conta con novo DJ e produtor, Bokah, que se encarga de producir os “beats” do novo disco. Así e todo, o grupo recibe numerosas críticas por parte de novos oíntes que ven neles un esquerdismo radical que non os convence. Sorte que diante disto, seguen estando os seus fans de sempre, que seguen a ver neles un ran referente con líricas intelixentes, críticas e comprometidas. Era, por tanto, necesario un grupo coma este no panorama do rap en España, que andaba perdido dende hai tempo buscando un novo referente, cansado de MCs da Vella Escola que non aportaban xa nada novidoso. Por outra parte, e como anécdota, comentar que os integrantes do grupo xa tiñan experiencia: no rap e nas loitas sociais, xa que participaron en ambos campos de forma moi activa antes do grupo. Manuel Pérez Docampo.4º ESO.
25
Revista Cultural IES Mendiño Redondela
Creación literaria - Opinión
O Deporte O deporte é un exercicio físico que ten unhas normas obrigadas, como todos os deportes en xeral. Son moitos e moi variados; uns poden ser de mar, como o surf, outros de terra como o tenis, de altura como o parapente ou de montaña, como o alpinismo. Con todo, o deporte rei é o fútbol. A palabra “fútbol” deriva do inglés “football” (“foot”: pé mais “ball”: pelota). Consiste nun xogo de dous equipos con once xogadores que compiten entre eles. Teñen que xogar co pé; se rozan coa man é tarxeta amarela, execpto porteiro. A súa finalidade é meter o balón na portería contraria, ou sexa, marcar gol, pois o que máis goles marque, gaña. O fútbol é un deporte recoñecido mundialmente e, dependendo de en que continente se xogue, é diferente. Onde hai mellor fútbol é en Europa, xa que ten as mellores ligas como a Premier ou a española, chamada Liga BBVA. A pesar das alegrías que proporciona e das cousas boas que ten, tamén ten a súa parte negativa. Ao longo do tempo, o que era un xogo de equipo, de rapidez... converteuse nun negocio que move moitísimos cartos. Os xogadores non só xogan ao fútbol senón que tamén fan anuncios de roupa deportiva, fan pases de modelos... e está continuamente saíndo nos medios de comunicación con grandes luxos. Outro aspecto negativo do fútbol é a violencia, que non é pouco e que se dá tanto dentro como fóra do campo. Dentro, hai insultos entre os propios xogadores, insultos que ás veces poden ser racistas e agresivos. Fóra, os espectadores defenden cada un ao seu equipo e chegan a insultar aos contrarios, tiran cousas ao campo, aos árbitros e mesmo se ten producido algunha pelexa tan violenta que mesmo acabou en traxedia. A pesar de todos estes aspectos negativos, o certo é que o fútbol é o deporte que máis se practica no noso país. No noso instituto, este ano, e baixo a organización do profesor de Educación Física, se realizou un campionato de futbito no que participaron moitos compañeiros nosos dos diferentes niveis educativos, tanto da ESO como de Bacharelato.Había dúas categorías, unha para o 1º ciclo de ESO e outra para o 2º ciclo de ESO e mais Bacharelato. Na primeira categoría competiron cinco equipos e resultou gañador un grupo de 2º de ESO. No último posto, sen gañar ningún partido, quedaron “Os gusanitos”. Na segunda categoría, cunha final de 3º e 4º de ESO contra Bacharelato acabaron gañando os maiores. As finais foron o día no que celebramos o Entroido no noso centro. Aos equipos gañadores déronlles un pequeño trofeo e aos participantes, unha moeda de chocolate como se fose unha medalla. Esperamos que o ano que vén se volva celebrar este torneo que nos fixo pasar bos momentos nos recreos, sobre todo eses días nos que chovía e non se podía andar polo patio. Vanesa Vidal e Lara Cabaleiro (2º ESO)
26
Curso O fútbol
2011-2012
O fútbol é o deporte máis practicado en España e no mundo. España xa ten no seu haber unha Eurocopa e un Mundial e vai xa pola súa segunda Eurocopa. Para practicar este deporte dependes dun terreo de xogo e dun balón. Hai varios tipos de fútbol: fútbol 7, fútbol 11, fútbol sala... Moitos nenos e nenas xogan por diversión, pero poucos chegan a ser verdadeiros profesionais. Eu practico e xogo a este deporte no U. D. Santa Mariña. Estamos na liga máis alta de Galicia. Esta semana xogamos co gran Deportivo da Coruña. Temos que facer longas viaxes por Galicia e o noso autobús convértese nunha discoteca na que a música vai “a tope” e os berros que damos parecen a música de fondo. Á hora de xogar, somos señores serios que deixamos a pel no campo e sempre saímos coa cabeza ben erguida. A volta no bus é moito máis relaxada; gañemos ou perdamos, pois estamos esgotadísimos e xa non nos quedan folgos para berrar. Todos nós soñamos con xogar na LFP (Liga de fútbol profesional) e, a poder ser, todos no mesmo equipo, cobrando moitos millóns e tendo noivas ou mulleres despampanantes. E sempre dándoo todo no terreo de xogo. O fútbol é para todos nós unha forma de convivencia na que vas deixando amigos por todos os terreos de xogo, e ás veces tamén algún enimigo (todo hai que dicilo), posto que algunhas veces danse situacións de violencia que non nos gustan a todos. Ata agora o noso equipo non era moi coñecido pero este ano estámonos facendo coñecer. Adrián M. Aguiar (2º ESO)
27
Revista Cultural IES Mendiño Redondela
Creación literaria - Opinión
A música para nós A
música é unha arte de combinar os sons dacordo
coas leis da melodía, a harmonía e o ritmo. Hai moitos tipos de música que poden reducirse a dous: a moderna e a clásica. Dentro da música moderna hai diferentes tipos, como por exemplo o hip-hop, o rap, o pop, o heavy... e, na música clásica, os distintos tipos son o canto gregoriano, a música da época medieval, do Renacemento, do Barroco, etc. A música non é tan só un son, senón que tamén é unha forma de expresión xa que moitas melodías poden transmitirnos emocións diferentes como tristura, alegría, enfado e demais sentimentos e teñen un papel fundamental nas películas porque se usa para darnos medo, poñernos nerviosos, etc. A nós a música que máis nos gusta é o pop, xa que é o que máis variedade de cancións ten e o grupo que máis nos gusta é “Maldita Nerea” e, como solista, Pablo Alborán. Hai actividades no noso centro que teñen como tema central a música e que a nós nos gustan especialmente. Unha delas que nos encantou foi unha á que asistimos o mes pasado. Tratábase dun grupo de alumnos de música tradicional galega do Conservatorio Superior de Música de Vigo que veu invitado pola ANPA do noso instituto. Interpretaron diferentes melodías con distintos instrumentos: pandeireta, gaita, acordeón... Estiveron con nós durante unha hora e pareceunos fantástico.
28
Curso 2011-2012 Nós, os alumnos de 2º de ESO, xunto cos de 3º e 4º e mais algúns de 1º de
Bacharelato
participamos nun
pequeno concerto para celebrar o “Día das Letras Galegas” que este ano se adica a Valentín Paz Andrade, do que tamén imos ler algún poema. O concerto estaba organizado pola nosa profesora de Música do Instituto quen tamén xa organizara outro acto musical cando celebramos o “Día da Paz”. Daquela tocaran rapaces e rapazas de 1º de Bacharelato e cantamos cancións, unha delas cantouna unha compañeira nosa e nós fixemos o estribillo.
Nair Seijas e Alba Corujeira (2º ESO)
29
Revista Cultural IES Mendiño Redondela
Creación literaria - Opinión
A CONTAMINACIÓN A contaminación é a impregnación do aire,
da auga e do solo con produtos que afectan á saúde do home, á calidade de vida e ao funcionamento natural dos ecosistemas. Sobre todo, a contaminación da atmosfera por emisións industriais, incineradoras, motores de combustión interna e outras fontes. Tamén se contaminan a auga dos ríos, dos lagos, dos mares... por culpa dos resíduos domésticos urbanos, polas nucleares, as industrias, etc. A contaminación ambiental converteuse nas últimas décadas nun dos problemas máis preocupantes para os Gobernos e os esforzos para evitalos son cada vez maiores. Con todo, hai moitos lugares do planeta que seguen sendo o “vertedoiro” do mundo. O instituto Blackomiten nos Estados Unidos elaborou a lista dos dez lugares máis contaminados do mundo entre os cales están Linfen, unha cidade duns 200.000 habitantes situada no corazón mineiro de China. A contaminación de monóxido de carbono, de cinsas, de dióxido de sulfuro, de arsénico ou de chumbo é tal que vivir alí é como unha “penitencia”. Norilsk foi unha cidade industrial fundada en 1986, é unha poboación de cinco millóns de persoas que quedou exposta aos efectos da radioactividade. Vinte anos despois, na zona segue habendo concentracións elevadas de plutonio e outros metais pesados. Hai moitos outros casos de contaminación no mundo, algúns moi próximos a nós e ás veces non nos decatamos do dano que podemos facer ao non reciclar o lixo, ao emitir ao aire gases contaminantes, etc. porque no fondo non somos conscientes do malo que isto é para todos nós. Tamara Monteagudo (2º ESO)
30
Curso O P I NA NDO
2011-2012
Que os policías pidan ao Ministerio do Interior poder levar pasamontañas nas manifestacións para que os indignados non os poidan recoñecer, paréceme, cando menos, absurdo e unha proba do abuso do poder que, en ocasións, mostran os axentes antidisturbios. Segundo os datos recollidos nas Memorias da Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid, nos últimos dous anos experimentouse un aumento da violencia contra a Policía. A policía propón o uso de dita prenda porque cando agreden “no nome da lei” a calquera que defenda o que é seu e esta persoa logra colgar o rostro do axente na Rede, podería abrirse unha investigación. Un exemplo do que queren evitar usando o pasamontaña é a suspensión dun policía que agrediu a unha indignada en Bruxelas. En particular, penso que Interior non debería permitir o uso de pasamontañas xa que, a pesar de incrementar a, xa de por si polémica cantidade de diñeiro, que é destinada aos uniformes dos axentes da lei, todos recollen o que sementan, ou non?
Aloxi Centeno(4ºESO)
31
Revista Cultural IES Mendiño Redondela
O instituto - Charlas
Desde hai xa anos, o noso centro participa en actividades dirixidas ao alumnado que tocan diferentes aspectos da nosa realidade: saídas culturais, conferencias, obradoiros, etc. Este ano, realizáronse unha serie de charlas expositivas sobre a nosa realidade máis inmediata, pois constatamos que moitas veces vivimos de costas ao lugar no que moramos ou polo que decote andamos. Tentouse realizar a meirande parte destes actos nas tardes do luns para que as familias que estivesen interesadas e puidesen asistiran a estas charlas. Asemade, quíxose combinar estas charlas coa participación directa de escritores de obras que o alumnado leu neste curso. A idea é procurar eses vencellos que, desde a escola, coidamos deben facerse con asociacións e entidades que traballan a prol do noso.
ANXO FARIÑA
O día 20 de abril deste ano estivo connosco Anxo Fariña, escritor e debuxante duns coñecidos nosos, os Megatoxos, aos que lles seguimos a pista desde que saíron á luz. Anxo Fariña naceu en Vigo. Licenciado en Belas Artes, é escritor, ilustrador e Director de Arte. Home activo que gusta de compartir en directo o seu traballo creativo cos seus lectores, como xa temos comprobado no noso centro noutras ocasións e como volvemos comprobar agora que está aquí connosco.
32
Curso 2011-2012 XOSÉ COUÑAGO O día 9 de xaneiro visitounos Xosé Couñago, natural do barrio do Coto, en Cesantes. Licenciado en Galego-Portugués, traballa como profesor na Escola Oficial de Idiomas de Vigo e foi membro da Asociación "Alén Nós" de Redondela . Ata o ano 2010 foi o responsable da Vogalía de Cultura da Federación Veciñal "Eduardo Chao" de Vigo, formada por 36 asociacións veciñais. Ten traballado enormemente en diferentes campañas normalizadoras. Como divulgador cultural é o autor da páxina web "Patrimonio Cultural de Vigo", na que se recolle a catalogación e descrición dos elementos patrimoniais deste concello e tamén da páxina web "O Monte Penide. Arqueoloxía e lendas deste espazo natural de Redondela", na que se recolle a catalogación completa de todos os seus xacementos arqueolóxicos. Ultimamente, entrou no mundo audiovisual como guionista e presentador do programa de televisión Lendas Vivas, unha serie de docuficcións nas que se divulgan e escenifican diferentes historias lendarias de Galicia. E acudiu ao noso centro para nos falar de lendas de lugares nosos, moi próximos a nós fisicamente.
XULIA ALONSO DÍAZ O día 16 de xaneiro sentímonos especialmente contentos por termos aquí a Xulia Alonso Díaz, autora da novela Futuro Imperfecto que lemos neste primeiro trimestre e que tanto nos gustou. Xulia Alonso Díaz naceu na Rúa, en Ourense. Realizou os estudos de Psicoloxía en Santiago e traballou na Xunta de Galicia ata o ano 2008, momento no que motivos de saúde a apartan do mundo laboral. Esta novela fala dunha historia de amor cun final triste, pero tamén esperanzador; foi unha novela que nos resultou especialmente emociante; moveunos o corazón. Soubo transportarnos a ese inferno da dependencia das drogas, da dureza da desintoxicación, da terrible loita contra a enfermidade e da dor pola morte de quen tanto queres. Pero a carón deste sufrimento, tamén nos levou á marabilla do sentimento amoroso, da emociante maternidade, da valentía de encarar a morte e facerlle fronte. Lendo esta novela descubrimos que non todo é unicamente ficción senón que, por veces, a vida e literatura camiñan agarradas da man.
33
Revista Cultural IES Mendiño Redondela
O instituto - Charlas
ÁNGEL DE LA CRUZ Estivo tamén connosco o día 21 de maio Ángel de la Cruz, recoñecido guionista, director e escritor; facetas estas tres que nós coñecemos ben, pois amais de lermos a súa novela O descenso do derradeiro ocaso, que nos gustou enormemente, tamén puidemos gozar da súa longametraxe Os mortos van ás présas, película que nos divertiu moitísimo e nos fixo reparar en moitos tópicos da nosa sociedade galega, sobre todo nos relacionados coa morte, tema este que tamén está moi presente na súa obra O descenso do derradeiro ocaso. Dende o ano 95, Ángel de la Cruz vén traballando no mundo audiovisual e aínda que supoñemos que o camiño foi longo e díficil, a meta foi ben sustanciosa, pois foille recoñecido o seu traballo con moitos premios, entre os que salientamos os tres Goyas que leva recibido polas súas películas de animación "O bosque animado", "O soño dunha noite de San Xoán" e "Enrugas", última película galardoada.
CARLOS ANTUÑA Carlos Antuña estivo connosco o día 30 de xaneiro para falarnos dun dos nosos símbolos: Os viadutos. Home que, a pesar de nacer en Salvaterra de Miño, leva moitos anos vivindo e traballando aquí, de xeito tal que é tan redondelán coma nós. Profesor de Primaria e licenciado en Xeografía e Historia, traballou como docente e director do colexio “Santa Mariña” e actualmente desempeña o posto de Inspector de Educación na provincia de Pontevedra. É membro fundador do Seminario de Estudios Redondeláns e Vicepresidente do mesmo. Ten publicados moitos e diferentes artigos e libros sobre diversos aspectos da nosa historia e da nosa cultura en xeral. Imos só citar algún dos moitos que escribiu: Estudo das actas dos plenos do Concello de Redondela de 1931 a 1939; “Apuntamentos para o estudo do levantamento de 1846 en Redondela”; O galeguismo na provincia de Pontevedra (1930-1936); “O Grupo Galeguista de Redondela (1931-1936) “Cruces, cruceiros e petos de ánimas no Concello de Redondela” , etc.
34
Curso JOSÉ ANTONIO ORGE
2011-2012
O día 23 de xaneiro visitounos José Antonio Orge para falarnos sobre outro dos símbolos de Redondela: as illas de San Simón e Santo Antón. Presentamos nesta nosa revista un estrato dunha entrevista que lle fixeron a este gran estudoso da nosa historia local.
X.A. XESTEIRA X.A. Xesteira estivo cos alumnos de 4º de ESO, xuntos falamos do seu libro Contos de familia e lemos un texto inedito.
35
Revista Cultural IES Mendiño Redondela
O instituto - Clube Lectura
Dende o ano pasado, no noso instituto, contamos cun clube de lectura, do que calquera alumno pode facerse socio e así poder desfrutar de todas as lecturas propostas e intervir na posta en común que cada mes se fai na biblioteca á hora do recreo. Del forman parte alumnos, profesores e persoal administrativo e, entre todos, chegamos a conclusións moi interesantes que nos permiten decatarnos de cousas referentes ao libro que, se cadra, nos tivesen pasado desapercibidas. E iso si, se algo hai que destacar destas xuntanzas, aparte do xa dito, é a saborosa merenda que nos fai Alfonso (Cafetería do centro) da que todos os membros do clube podemos desfrutar, e todo por cortesía do IES Mendiño, o noso instituto.
Araceli Amoedo e Verónica Roza 1º Bach.
36
Curso 2011-2012
37
Revista Cultural IES Mendiño Redondela
O instituto - Viaxe a Roma
DIARIO DUNHA VIAXE INESQUECIBLE: ROMA-FLORENCIA 2012
Organizada polos Departamentos de Historia da Arte e Relixión Católica e acompañadas polas “professoressas” Nélida e Almudena, un grupo de 22 alumnos e alumnas de 2º de Bacharelato fixemos unha viaxe cultural a Roma e Florencia no pasado mes de xaneiro. É practicamente imposible poñer por escrito todo o que fixemos, sentimos e vivimos ao longo desa inesquecible semana; pero as pinceladas que recollo neste pequeno diario estou segura de que vos van pór os dentes longos de envexa. Velaí vai:
LUNS 9-1-2012 Hoxe foi un día esgotador e cheo de sorpresas.... iso si, non moi agradables. Ás sete e media da mañá presentámonos no aeroporto de Peinador, contando con chegar a Roma, vía Madrid, ás dúas da tarde. Ese era o plan; pero nada aconteceu como estaba previsto, porque..... HABÍA FOLGA DE IBERIA!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! e o noso voo Madrid-Roma estaba cancelado. Tiñamos que cambiar os nosos plans, e a única solución que nos quedaba era voar ao aeroporto de Bolonia, onde nos recollería un autobús que nos levaría ata Roma. Así foi. Ás 9:30 horas saímos de Peinador cara Madrid, onde chegamos unha hora máis tarde. Logo tivemos que esperar en Barajas ata as 15:20 horas, hora de saída do voo a Bolonia. As professoressas, sempre atentas, presentaron reclamación e déronnos uns bonos para comer no aeroporto. Chegamos e recollemos as maletas. Por fin respiramos, porque había quen estaba moi preocupada por se se perdía a súa. Subimos ao autobús que nos levou a Roma. Chegamos ao hotel ás doce da noite. As profesoras tramitaron o das habitacións e repartíronnos a cea que nos deixaran do restaurante. Tamén nos advertiron de que para recuperar a tarde que perderamos por mor da folga, teriamos que erguernos máis cedo. Non, por favor!!!!!!!!!!
MARTES 10-1-2012 Hoxe collemos o metro para ir ao Vaticano. Ás 9 da mañá xa estabamos na Basílica de S. Pedro. Ese esceario que tanto miramos na televisión, cheo de xente e no que todos desexabamos estar algún día, plasmouse diante de nós, de xeito que formabamos parte del, non eramos espectadores, senón actores e actrices.
38
Curso 2011-2012 Foi xenial!!!!!!!: Primeiro visitamos a Basílica, onde destacamos “A Piedade” de Miguel Anxo. Tamén nos impactou ver a tumba do beato Xoán Paulo II, pois é o noso papa máis coñecido. Ás 10:30 tiñamos cita reservada para visitar os Museos Vaticanos, onde collemos a rota exipcia. É algo impresionante, digno de ver. Son enormes e había milleiros de esculturas e cadros (que bonitas as estancias de Rafael!); pero o noso obxectivo era, como non podía ser doutro xeito, a Capela Sixtina. Non se pode describir tanta beleza. Como ben sabedes, esta capela foi decorada por Miguel Anxo. No teito relátase a historia da salvación: creación, profetas... nos laterais atopamos diversas esceas da vida de Cristo: nacemento, adoración, bautismo.... e no altar, o xuízo final, interpretación da pasaxe do evanxeo de Mateu, segundo nos contou a profesoresa Almudena, experta na materia. Estivemos alí arredor de media hora, e a verdade é que non daban ganas de marchar. Comemos no Vaticano e ás 15:00 tiñamos cita para visitar as Scavi; é dicir, a necrópole debaixo da basílica de S. Pedro. Foi unha das cousas que máis nos gustou da viaxe. Iamos en dous grupos, de 12 persoas cada un deles, cun guía. O noso grupo non tivo moita sorte, porque o guía non falaba demasiado ben o español; pero o outro grupo, no que a guía si que se expresaba correctamente en castelán, chegou verdadeiramente impactado da visita. Ao saír das Scavi subimos á cúpula. É cansada, pero paga a pena, porque ten unhas vistas impresionantes de toda Roma. Como xa estaba anoitecendo puidemos ver a caída da tarde desde alí. Precioso!. Arredor das 18:30 puxémonos en camiño cara Roma de novo: Castel Sant'Angelo, illa Tiberina, Trastévere (coa fermosa Igrexa de Santa María), S. Luis dos Franceses cos seus impresionantes Caravaggio..... tanto por ver. A iso das 21:00 horas chegamos ao restaurante para cear. Todo estaba boísimo. Rematamos e .... para o hotel a durmir. Estamos moi cansados!.
MÉRCORES 11-1-2012 Toca madrugar de novo. Despois de almorzar, camiñamos ata a Basílica de S. Xoán de Letrán, a sé do Papa. É impresionante. Ten unhas esculturas dos apóstolos enormes, e o chan é alucinante. Ao ladiño tamén visitamos a Scala Santa.
39
Revista Cultural IES Mendiño Redondela
O instituto - Viaxe a Roma
Logo fomos cara á Boca della veritá, onde comprobamos que somos persoas sinceras, pois a pesares de que todos metemos a man nela, ninguén a perdeu. Fotos, fotos, fotos.... e camiñamos, camiñamos, camiñamos ata chegar ao Coliseo. É un lugar que che deixa un sabor agridoce, ao pensar que estabamos nun lugar no que miles de anos atrás morreran milleiros e milleiros de persoas por capricho do emperador de turno. Despois marchamos cara ao Barrio Xudeu, pasando polo Teatro Marcelo. Comemos e logo, por recomendación de Neli, tomamos de postre unha tarta Pola tarde visitamos a Basílica de Santa María e “Il Gesú”. Ademais da basílica de S. Pedro e a de S. Xoán de Letrán, esta igrexa foi das que máis nos gustou. Fiel ao seu estilo barroco, estaba moi decorada e mestura pintura e escultura, producindo un efecto 3D en quen a visita.
XOVES 12-1-2012 Hoxe erguémonos máis cedo do habitual: ás 6 da mañá, porque ás 7 tiñamos que estar almorzando para poder saír pitando á estación de Termini, onde collemos o tren das 8:15 da mañá para Florencia. Por suposto, durante os 90 minutos que dura a viaxe, unha boa parte de nós aproveitamos para durmir. Ás 9:45 da mañá estabamos en Florencia. En primeiro lugar fomos visitar a catedral. Como diría a professoressa Almudena: LO MÁS!!!!!!!!!!!!!!!!!. É unha das cousas máis bonitas que vin na miña vida. Posteriormente visitamos as Capelas Mediceas, nas que tiñamos cita para as 11 da mañá. Son tumbas feitas por Miguel Anxo para diferentes membros da familia Medicci, grandes mecenas florentinos. Ás 12:30 da mañá tiñamos cita para visitar a Galleria degli Uffizi, un museo no que destaca a pintura, con cadros tan importantes coma “A Primavera” ou “O nacemento de Venus”, ámbolos dous de Botticcelli e outros. Ao saír do museo comemos na Praza da Signoria, onde se atopa unha réplica perfecta do David de Miguel Anxo. Ao rematar de comer, visitamos o Baptisterio da Catedral..... e a Ponte Veccia, que ten unhas xoierías que quitan o hipo. A iso das cinco da tarde marchamos ao mercadiño de S. Lourenzo. As professoressas deixáronnos tempo para compras e, despois de moito regatear, conseguimos boas gangas. É un mercado fundamentalmente de artigos de pel, que se conseguen a un prezo moito máis asequible que aquí. Cando nos demos de conta, xa era hora de coller o tren de volta para Roma.... iso si, cargadiñas de bolsas. Chegamos á estación, fomos ao hotel para deixar as bolsas e marchamos para o restaurante. Ceamos (ben, como sempre) e outra vez para o hotel.... xa case durmiamos polo camiño.
40
Curso VENRES 13-1-2012
2011-2012
Non quero que isto remate!!!!!!!!!!!!!. Que rápido pasou o tempo!. Hoxe é o derradeiro día. Visitamos a Igrexa de Sta. María a Maior e a de S. Pietro in Vincoli, na que se atopa o “Moisés” de Miguel Anxo, que é unha escultura impresionante. Tamén están aquí as cadeas de S. Pedro. Logo camiñamos cara á Fontana di Trevi, un lugar que me namorou e me impresionou. Non podedes imaxinar a súa maxestuosidade e a súa enormidade ata que estás alí. Por suposto, cumprimos coa tradición de tirar a moeda para que voltemos a Roma. Comemos nunha pizzería que nos recomendaron as professoressas na que as pizzas estaban moi boas e tiñan un prezo asequible. Logo, estivemos na zona da Fontana, compramos máis cousas e a iso das catro camiñamos cara á igrexa de Sta. María da Vitoria, onde admiramos “A éxtase de Santa Tareixa”, escultura de Bernini. Tamén fomos ver a Igrexa de Sta María Sopra Minerva, que ten uns mosaicos que son impresionantisimos. Quedaba unha cousa por facer: visitar a famosísima xeadería Giolitti. Abraiamos cos xeados que tiña, de máis de cincuenta sabores de todo o que vos poidades imaxinar... Que riquísimos estaban!!!!!!!!!!. Fomos camiñando pola Vía do Corso e Vía Condotti (tenda das grandes marcas de moda) e chegamos á Praza de España, que tan afeitas estabamos a ver na tele nos desfiles de modas. Ao un ladiño da praza está a embaixada de España diante da Santa Sé. Collemos un bus para ir ao restaurante, onde ceamos por última vez. Cando chegamos ao hotel.... había que facer a maleta e, como era a derradeira noite en Roma, non iamos durmir tan pronto, así que nos puxemos a falar nas habitacións.
SÁBADO 14-1-2012 A viaxe chega ao seu fin demasiado rápido. Pola mañá demos o último paseo ata a praza do Campidoglio e visitamos unha fermosa igrexa. De volta ao hotel, cargamos as maletas e collemos o bus que nos levou ao aeroporto, onde comemos. Ás 15:00 horas collemos o voo Roma-Madrid, onde chegamos ás 17:30. No aeroporto gastamos os nosos últimos cartos nun xeado e ás 19:30 collemos o voo para Peinador, onde chegamos arredor das 21 horas. Cando fomos coller a equipaxe.... a Carla Pérez perdéranlle unha maleta. Almudena foi a reclamar con ela e dixéronlle que quedara en Madrid e que ao día seguinte lla levaban á casa. Así foi. O domingo pola tarde xa tiña a maleta con ela. Os nosos pais estaban todos esperándonos no aeroporto, e foi moi emotivo reencontrarnos con eles. Agora lembro todos os momentos inesquecibles que vivimos: - encantoume toda Roma: arte, ambiente da cidade, comida, italianos.... - a compaña era a ideal: unha viaxe cos amigos é moi desexable - a viaxe estaba perfectamente organizada e salvo o do retraso do primeiro día por mor da folga, o resto estaba todo previsto e marabillosamente preparado. Non houbo lugar para a improvisación, todo ía ben atadiño. Grazas, professoressas!!!!!. - as professoressas portáronse xenial con nós. Preocupábanse moito, sempre estaban pendentes do que podiamos necesitar e comprendían o noso afán de parar nas tendas para comprar. Ademais, como este ano é o terceiro que se realiza a viaxe, controlan a cidade coma se fose Redondela. A pesares do andazo.... pagou a pena desde o primeiro ata o derradeiro día. Só agardo que o dito da Fontana di Trevi sexa verdade e poida volver. É unha experiencia única e inesquecible. Oxalá vós teñades a oportunidade de ir... nin se vos ocorra desaproveitala. SARA PINTOS OTERO 2º BACHARELATO A
41
Revista Cultural IES Mendi単o Redondela
Visita a celanova: Este ano os alumnos de cuarto da ESO realizaron unha viaxe a Celanova. Aqui vos deixo algunha das imaxes da visita:
42
O instituto - Visita Celanova
Curso 2011-2012
43
Revista Cultural IES Mendi単o Redondela
44
O instituto - Viaxe Londres
Curso 2011-2012
45
Revista Cultural IES Mendiño Redondela Ollos de auga.
46
Creación Artística Banda Deseñada
Curso 2011-2012
47
Revista Cultural IES Mendiño Redondela
48
Creación Artística Banda Deseñada
Curso 2011-2012
Alba Amoedo e Triana Blanco 2ยบ Bach.
49
Revista Cultural IES Mendiño Redondela
Creación Artística Banda Deseñada
ÁNXEL FOLE
Samuel Iglesias 2º ESO
50
Curso 2011-2012
Alba Martínez, Paula Domínguez e Antía Rivas. 3º ESO
51
Revista Cultural IES Mendiño Redondela
52
Creación Artística Banda Deseñada
Curso 2011-2012
Ana Táboas, Carmen Filgueira, María Fernández, Andrea Veiga e Cristina Álvarez. 3º ESO
53
Revista Cultural IES Mendiño Redondela
Creación Artística Banda Deseñada
LEO CALDAS
Ao inspector Leo Caldas asignáronlle a investigación dun crime. Este vai acompañado do seu novo axudante Rafael Estévez, un home trasladado desde Zaragoza a Vigo e con pouca paciencia e mal carácter
Desprazáronse ata a casa onde residía o asasinado Lois Reigosa. Este morrera pola noite e fora descuberto pola súa limpadora á mañá seguinte.
Estaban no fogar os membros da UIDC recollendo pistas; entre os que se encontraban Clara e Guzmán Barrio, o médico forense. Esta ensinoulles o corpo aos policías. O primeiro que lles sorprendeu foron os danos que o cadáver presentaba nos xenitais, estes estaban completamente destrozados.
Observaron a casa e Caldas colleu unha foto do desaparecido e gardouna. Era saxofonista e tiñan a sospeita de que era homosexual. Clara comunicoulle que a investigación sería difícil, pois a limpadora deixara as súas pegadas por toda a casa.
54
Curso 2011-2012
Tras interrogar á limpadora, Caldas recibiu a chamada do médico forense, que tiña novas noticias. Os xenitais foran danados mediante unha inxección de formol.
Ao rematar a chamada, Caldas e Estévez foron ao laboratorio que fabrica formol. O dono deste era Ramón Ríos, un amigo da infancia do inspector. Este citou aos policías con Isidro Freire, que lles daría a información que requerían.
Isidro Freire atopábase co seu can Pipo.o animal fixo moi boas migas con Estévez. O home entregoulles a lista cos hospitais compradores do seu formol.
Caldas e Estévez foron ao enterro de Reigosa. Alí atopábanse os familiares. Pero o inspector observou que ao lonxe había un home de pelo moi branco asistindo ao funeral, chamoulle a ateción...
Ana Couñago 2º Bach.
55
Revista Cultural IES Mendiño Redondela
56
Creación Artística Banda Deseñada
Curso 2011-2012
57
Revista Cultural IES Mendiño Redondela
58
Creación Artística Banda Deseñada
Curso 2011-2012
59
Revista Cultural IES Mendiño Redondela
60
Creación Artística Banda Deseñada
Curso 2011-2012
Alejandro Rodríguez Lorenzo. 1º ESO
61
Revista Cultural IES Mendiño Redondela
Creación Artística Banda Deseñada
Uxía Martínez Lago. 1º ESO
62
O instituto - Celebracións Ao longo deste ano escolar, celebráronse distintos acontecementos, entre eles :
Curso 2011-2012
MAGOSTO E SAMAÍN
ENTROIDO
63
Revista Cultural IES Mendiño Redondela DíA DA PAZ
DíA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
64
O instituto - Celebracións
Revista maquetada polas alumnas e alumnos de Tecnoloxías da Información e comunicación de 1º de Bacharelato: Ricardo Alfaya Servent Brais Álvarez Sánchez Paula Barreiro Lorenzo David Blanco Darriba Martín Blanco González Javier Bouzón García Ayyoub Charafi Mª Silvia Couñago Muras Jorge de Haz Martínez José Domínguez Martiñán Aida Fernández Villar Rubén Fernández Villar Pablo González Amoedo Sara López Sánchez Alejandra Méndez Orge Manuel Novoa Rodríguez Penélope Rivas Pérez