IES Mendiño Receitas nº 22

Page 1



Cadernos gastronómicos 22

PASTEL DE BONITO Ingredientes: − − − −

½kg de patacas 50g de mantenga 1 xema de ovo Unha lata de bonito 220g

de

Elaboración: Cocemos as patacas coa pel. Unha vez cocidas, pelámolas e pasámolas polo pasapurés. Engadímoslle 25 gr. de manteiga e a xema de ovo. Amasamos ben. Nun cunco botamos o bonito de lata, escorrido do aceite. Engadímoslle o resto da manteiga (os outros 25 gr.). Remexemos ben para que quede ben desfeito o bonito. Untamos un molde baixo cun pouco de manteiga espolvoreámoslle pan relado por enriba. Retiramos o resto.

e

Dividimos o puré de patacas preparado en dúas porcións. Poñemos unha delas no molde, facendo unha capa. Enriba poñemos outra capa da mestura do bonito e logo outra capa de pataca. Vólcase, dándolle a volta, a unha fonte. Cóbrese con maionesa e decórase con olivas e espárragos.

IES MENDIÑO


Primavera 2015 Nunha curta tarde de primavera era, era no que a un esquío o sangue se lle acelera era, era. Convidounos o señor Garrafón fon,fon a un viño en tazón zon, zon. Logo diso marchamos amos, amos a un furancho en Betanzos anzos, anzos. Aínda que o furancho era feo eo, eo comíase de medo edo, edo. Trouxéronnos uns chipiróns ons, ons cunha ducia de mexillóns ons, ons. Despois desa gran cata ata,ata metémonos un cubata ata, ata. Logo deste final tan inesperado rematamos este poema ben cantado. Samuel Peso e Adrián Bouzón (2º BACH)

IES MENDIÑO


Cadernos gastronómicos 22

CREMA DE PATELOS

Aquí, en Redondela, gozamos da sorte de termos patelos á venda na praza de abastos durante grande parte do ano. Este prato aproveita o seu sabor exquisito e que non desmerece para nada o doutros mariscos máis prezados. Probádeo e incluso o poderedes usar como primeiro prato nun xantar especial, como o de Nadal, por exemplo. Ingredientes: − 1 cebola − ½ pemento verde − ½ pemento vermello − 1 litro e ½ de caldo de peixe − 1 Kg. de patelos − Salsa de tomate − Sal − Aceite de oliva Elaboración: Picamos o pemento verde e o pemento vermello e pochámolo en aceite de oliva. Salgamos. Partimos os patelos ao medio e engadímolos ás verduras pochadas. Remexemos. Regamos cun pouco de brandy e falmexámolos (prendémoslle lume para que evapore o alcohol. IES MENDIÑO


Primavera 2015

Se temos problema, deixamos só que evapore co lume da cociña, pero o flambexado dálle outro sabor). Engadímoslle un pouco de salsa de tomate (ou tomate frito). Refogamos e botámoslle o caldo de peixe. Deixamos cocer 12/15 minutos. Unha vez feito, retiramos do lume e triturámolo todo. Logo filtrámolo polo coador chinés ou por un coador que non deixe pasar as cascas trituradas e pasámolo a outra pota. Cocemos o puré 5 minutos máis e servímolo acompañado, se queremos, de costróns de pan frito.

IES MENDIÑO


Cadernos gastronómicos 22

POLO AO CHILINDRÓN

E para que non vos queixedes, velaquí vos deixamos unha receta moi moi moi doada de facer e moi moi moi saborosa. Xa nos contaredes se temos ou non razón. Ingredientes − − − − − − −

un polo troceado en anacos pequenos unha cebola unha cenoira un sobre de azafrán sal un chorriño de aceite un vaso de viño Branco

Elaboración Bótanse todos os ingredientes nunha pota moderado durante unha media hora. Sérvese acompañado dun puré de patacas.

IES MENDIÑO

e fanse a lume


Primavera 2015

De que podemos falar? De sobremesas, comida típica do entroido, comida galega...Estamos dubidando. Todos falan. Moitas gargalladas. Pouco escriben. A profesora falando de comida; case son as dúas e éntranos a fame. Xa temos a idea. Falaremos das comidas típicas do verán. O que está claro é que de comida temos que falar. Estrondo das máquinas das obras do novo pavillón. Xa podían acabalo. Lola mándanos falar baixo. Tiña razón Gumersindo, os españois falamos moi alto. Mirámonos pensativos. Todavía as ideas non están moi claras. Comezamos falando da comida das nosas avoas. Ai, as avoas!, tiñan que ser eternas. E as súas comidas, tamén. Rimos. Poñémonos a falar do que comemos nas nosas casas. Que diferenza de unha a outra! Na miña casa, pasta; na dela, salpicón. Pero as dúas igual de típicas no verán. Seguimos a cavilar e lembrámonos de que non mencionamos o marisco galego. Sae o tema das patacas. Natalia mírame estrañada porque lle digo que eu non como patacas. Na súa casa son moito de patacas. Seguimos, que nos desviamos do tema. Ensaladilla rusa, din os da fila de atrás. Agora Lola lenos a súa historia. Temos que rematar que xa vai tocar o timbre. Miro o reloxo. Un cuarto de hora para rematar. Que ganas de chegar á casa e comer! Que haberá de comida? Oxalá algo rico. Natalia di que lle toca arroz con polo. Non estaría mal comer iso nós tamén. Quédanos pouco. As ganas de vir pola tarde non existen. Os luns son horribles. Pouco falamos de comida. Inda escribimos. Toca o timbre. Marchamos. Lorena Collado e Natalia Vilaboa (2º BACH.)

IES MENDIÑO


Cadernos gastronómicos 22

CASTAÑETA RECHEA Ingredientes: − − − − − −

Unha castañeta Xamón cocido en lonchas Queixo en lascas ou lonchas Aceite de oliva para fretir Salsa de tomate Sal

Elaboración: Pídese á peixeira que nos limpe a castañeta e nola abra en dúas metades. Pásase cada metade, unha vez salgada, por fariña, e fretímola un pouco nunha tixola. Entre as dúas metades da castañeta poñemos xamón cocido e queixo en lascas, ao gusto. Atamos o peixe cun fío para que queden as dúas partes ben unidas. Ponse nunha fonte forno e bótaselle salsa de tomate por enriba. Metémolo no forno medio uns 30 minutos e servimos.

IES MENDIÑO


Primavera 2015

Poallaba. Poallaba sen acougo. Tiña a sensación de que barrallaba tamén nos meus miolos. Tanto tempo agardando polo sol, polos días claros… e levaba xa case unha semana barruzando. A primavera non daba estourado. Alagadas estaban as eiras, as leiras, os camiños… como anegados estaban tamén os meus pensamentos. Non me decatei de que a pota coas patacas e cebola fervía a cachón ata que sentín o cheiro a cebola e o bafo que inzaba toda a cociña. Baixei a forza do lume e abrín axiña a neveira para tirar o congro que meu pai pescara a noite anterior. Mais a miña sorpresa foi que, ao abrir a neveira, sentín unha voz que dicía “Chegas tarde de máis, hai xa un cuarto de hora que debía estar dentro”. Vireime axiña na procura de quen dixera tal, pero non había ninguén na cociña. Ollei pola xanela coa esperanza de atopar o autor da frase que escoitara, pero tampouco vin a ninguén. Chovía fóra e semellaba chover tamén dentro do meu maxín. Abaneei a cabeza con forza coa idea de asentar o que houbese alí adentro e volvín abrir a neveira. Xa case tiña nas miñas mans o congro cando volvín escoitar “E aínda segues a perder o tempo’” Non podía ser; eu non podía estar ben; era o congro quen me falaba. Acheguei o congro á miña cara; sentía a necesidade de velo o máis preto posible por se movía a pequerrecha boca, por se dela saían aquelas palabras. Pero non, o congro tiña a ollada fixa, a boca queda. Volvín sentir “A que agardas?, a que se desfagan as patacas?” Se socato entendino; era a voz da miña avoa o que eu sentía no meu maxín. Ela fora quen me aprendera a cociñar, quen me corrixía, quen me guiaba… Ollei de novo a fiestra. Estaba claro, precisaba a calor do sol, sentir o vento seco na cara e no corazón; necesitaba que a primavera petase axiña na miña porta. Adrián Paredes e Lola (2º BACH.)

IES MENDIÑO


Cadernos gastronómicos 22

OVOS RECHEOS DE BOI DE MAR

Todos coñecemos os ovos recheos, pero por que non darlles un toque especial e enchelos de carne de centolo, boi de mar, caranguexo, gambas ou lagostinos? Se non temos ou nos parece un exceso, podemos botar man do atún ou bonito de lata. Pero, aínda así, por que non completar ese toque cunhas especias e ingredientes diferentes? O resultado será un prato con resonancias case exóticas. Imos probar. Ingredientes: − 6 ovos − Carne de boi de mar cocida e esmiuzada (ou doutro marisco, pero surimi non, por favor) − 2 culleradas de cebola morada picadiña − 2 culleradas de pemento vermello picadiño. − 2 culleradas de pemento verde picadiño − 2 culleradas de cogombros encurtidos (pepinillos en vinagre) picadiños − 1 cullerada de cilantro fresco picadito − 2 culleradas de zume de limón − 1 cullerada de aceite de oliva − Salsa mahonesa − 1 culleradiña de mostaza − 1 culleradiña de comino (opcional) − Sal e pementa Elaboración: Poñemos os ovos en auga fría con sal ao lume e deixamos que cozan 10 minutos dende que rompa a auga a ferver. Pelámolos e enfriámolos. IES MENDIÑO


Primavera 2015

Mesturamos a carne de boi coa cebola, pementos, zume de limテウn, cilantro, aceite de oliva e salpimentamos ao gusto (podemos deixar esta mezcla na neveira mentres non presisamos usala). Partimos os ovos pola metade e retiramos as xemas, que aplastaremos cun garfo e mesturaremos con unhas culleradas de salsa mahonesa e a mostaza. Engadir comino, se se desexa, e sal ao gusto.

Xuntar a mestura das xemas ao preparado da carne de boi e unir todo ben. Cunha culler rechear as metades de ovo con este preparado. Decorar os ovos recheos con fテュos da carne de boi e herbas frescas (cilantro, perexil...). Para servilos podemos presentalos sobre unha follas de leituga. Deste xeito, entrarannos polos ollos antes que pola boca.

IES MENDIテ前


Cadernos gastronómicos 22 Ao fogar retornan os paxaros enchendo de cores o lugar. Os ríos comezan a cantar, o silencio invernal vai quedando atrás. Que agocha esa derradeira pota? Soa a melancolía, unha cálida e fonda dor. Despedímonos de tantos domingos estivais ao seu carón. María Fernández, Rocío Gómez e Adrián Piedras (2º BACH.)

IES MENDIÑO


Primavera 2015

OVOS RECHEOS

O certo é que, cando estamos apurados de tempo, podemos recorrer a esta sinxela receita e, en pouco tempo, teremos un primeiro prato moi apetecible nesta época. Ingredientes: − Ovos (ao gusto) − Mahonesa − Atún ou bonito − Olivas Elaboración: Primeiro cocemos os ovos. Cando arrefríen, quitámoslles a casa. Unha vez quitada a casa, cortámolos pola metade. Collemos todas as xemas e mesturámolas cun pouco de mahonesa e de atún (ou bonito). Repartimos esa mestura polos ocos que quedaron nas claras dos ovos. Adornamos con olivas picadas ou cunha oliva e un escarvadentes.

IES MENDIÑO


Cadernos gastronテウmicos 22

IES MENDIテ前


Primavera 2015

“A primavera, a comida altera”

Comezaba o inverno e xa desexaba que chegase a primavera. Odiaba esta época do ano, chea de neve, frío e moitas mantas; por non falar de comida, esa que non me gusta nada como o cocido, as lentellas, a sopa… Boto de menos o sol, ver florecer toda a vexetación do meu arredor e sobre todo todas as boas comidas que entran na miña boca e tocan o meu padal. Levo moito tempo coa conta atrás cara marzo, marcando os días no meu almanaque: 1, 2, 3,4… Xa é primavera. Deime de conta cando lle preguntei a miña nai que había de comer. Cando a palabra “churrasco” saiu dos seus beizos un mundo de felicidade presentouse de súpeto. O meu desexo cumprírase por fin. Chegara a miña estación favorita e por fin ía degustar os meus pratos preferidos: ensaladas de todo tipo, macedonias, algúns xeados, paellas (todas para min) Cáeseme a baba só de pensar na comida; teño fame… Gonzalo Balado e Guillermo Viéitez (2º BACH.)

IES MENDIÑO


Cadernos gastronómicos 22

TORTA TRES CHOCOLATES

Ingredientes Base - 100 gramos de galletas María - 80 gramos de manteiga - 2 culleriñas de cacao Pisos - 175 gramos de chocolate negro - 175 gramos de chocolate con leite - 175 gramos de chocolate branco - 600 ml de nata líquida con 35% de materia graxa - 700 ml de leite - 3 sobres de leite callado

Elaboración Base Derrete a manteiga durante un minuto no microondas.Tritura as galletas cunha picadora ou morteiro. Mestura as dúas culleriñas de cacao e a manteiga coas galletas triturada ata que formes unha masa. Esparexe a masa nun molde desmoldable axudándote dunha espátula, e méteo no frigorífico durante 20 minutos aproximadamente, para que a masa se solidifique. Piso de chocolate negro IES MENDIÑO


Primavera 2015

Pon un pouco de leite frío nun vaso, e disolve o sobre de leite callado. Nunha cazola pon a quentar 200 ml de leite, 200 ml de nata, o chocolate negro partido en anacos e o leite callado. Importante: Non parar de remover, porque se pode pegar á cazola. Cando a mestura teña unha textura cremosa, agrega a mestura ao molde que está no frigorífico e volve meter o molde no frigorífico durante 20 minutos. Piso de chocolate con leite Realiza os mesmos pasos que co piso de chocolate negro, só que agora co chocolate con leite. Piso de chocolate branco Realiza os mesmos pasos que co piso de chocolate negro, só que agora co chocolate branco. Finalmente, deixa a torta 24 horas no frigorífico e, desmóntaa do molde con coidado de non a romper. Consellos: Aos pisos de chocolate negro e con leite pódenselle botar 50 gramos de azucre cando se poñan na cazola. As libras de chocolate adoitan variar de peso segundo as marcas, dá o mesmo que varíe o peso das libras algúns gramos. Para que non estean soltos os pisos, antes de botar cada piso é conveniente pasar un garfo por enriba para que se unan. É importante non parar de remover cando teñamos ao lume a cazola.

IES MENDIÑO



EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA BIBLIOTECA IES MENDIÑO


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.