IES Mendió Receitas nº 24

Page 1



Cadernos gastronómicos 24 O Nadal é tempo de comer galdrumes. É tempo de disfrutar na cociña, probando a facer receitas novas. É tempo de compartir coa

familia, coas amizades. Por iso, neste novo número dos Cadernos Gastronómicos do Mendiño abundan receitas de larpeiradas: para

que poidades engaiolar pola dozura no padal a calquera. E entre espera e espera, algúns textiños e debuxos para entretervos. Bo proveito e Bo Nadal

IES MENDIÑO


Inverno 2015

GAMBAS Á GABARDINA: UNHA ORLY PERFECTA Ingredientes (para ½ quilo de gambas) 4 culleradas de fariña (80 gramos aproximadamente) 3 culleradas de maicena 1 culleradiña de levadura química 200 ml de cervexa 50 ml. de auga Sal e pementa Unhas febras de azafrán Un pouquiño de curry (opcional) Elaboración

Nun bol poñemos por esta orde: a fariña, a maicena, a levadura, o azafrán, sal e pementa. Mesturamos ben estes ingredientes secos e engadimos a cervexa, a auga e traballamos ben con unha batedora. Podemos poñer unicamente a cervexa, neste caso serían 250 ml desta. Se se lle quere engadir o curry, case nada, cóllese coa punta dun coitelo (un cuarto de culleriña aproximadamente). Deixamos repousar a masa durante 15 minutos.

Pelamos as gambas deixándolles unicamente a cola, secámolas sobre un papel de cociña, cubrímolas con máis papel de cociña e presionamos lixeiramente. Pasamos unha a unha as gambas pola orly e introducímolas directamente nunha tixola con abundante aceite quente. IES MENDIÑO

Dto. de Galego


Cadernos gastronテウmicos 24

IES MENDIテ前


Inverno 2015 A cociña O exército ábrese camiño polas infranqueables fronteiras que o arredan do seu obxectivo. Cada una das pisadas por si mesma non representa una alteración significativa na sala, pero a unión de todas elas, coordinadas coa maior exactitude posible, transforma o lento avanzar da infantería nun temblor digno se ser estudado polos sismógrafos. Co obxectivo á vista, avanzan sen mirar cara atrás, decididas a dar todo pola causa e voltar á casa coa misión cumprida. A gloria caerá sobre elas, serán as heroínas do momento. Paso, paso, paso; todas ao compás. Sortean ventos furacanados, doces áreas movedizas, vertixinosas columnas e, á fin, alcanzan a súa meta; a torta de aniversario de Xavier, Orgullosas do seu logro, as formigas comezan a penicar nela para transportala ao formigueiro, cando, de súpeto, a nai de Xabier irrompe na sala e, a berros intenta liberar o celmoso pastel da invasión de insectos á que foi sometido. Pero é demasiado tarde e a torta acaba no lixo. Outra vitoria en equipo. Mariana Cabaleiro 1º Bach IES MENDIÑO


Cadernos gastronómicos 24

PESCADA RECHEA AO FORNO Ingredientes - 1 pescada grande - ½ quilo de mexillóns - Aceite de oliva - 1 cebola grande - allo - 1 pemento vermello - ½ quilo de chipiróns

Elaboración. Quitámoslle a espiña á pescada. Para o recheo: Abrimos os mexillóns ao vapor. Nunha tixola botamos aceite de oliva, sofrimos cebola, allo e pemento; cando todo estea dourado, incorporamos os chipiróns, a mestura mantémola no lume durante 4 minutos; retiramos e mesturamos cos mexillóns. Remexemos e probamos de sal. Enchemos a pescada e pechámola con palillos. Nunha fonte botamos aceite de oliva e poñemos unha unha cama de patacas en redondo moi finas e enriba a pescada rechea. Botámoslle un chorro de aceite e perexil. Quentamos o forno 5 minutos a 200 graos por arriba e por embaixo. Metemos ao forno 30 minutos.

IES MENDIÑO


Inverno 2015

SALMÓN CON FIDEOS

Ingredientes: - 3 dentes de allo - 2 cebolas medianas - 2 cenorias - 2 tomates - ½ pemento vermello - ½ vasiño de viño branco - Un pouquiño de sal - 4 toros de salmón fresco

Elaboración: Pícase as cebolas, os allos, as cenorias, o pemento e os tomates e déixase pochar un pouquiño; engádese o viño e o salmón (ao que previamente lle quitamos a pel, as espiñas e cortamos en dados). Déixase un pouco na pota ata que colle a color da salsa; logo retírase para outro recipiente. Na pota onde estaba a salsa, bótanse os fideos e vanse remexendo de cando en vez. Cando estes xa estean case feitos, engadimos aos fideos o salmón que tiñamos apartado e deixamos un pouco máis ao lume ata que terminen de facerse. Manuel Ángel Lago 4º ESO

IES MENDIÑO


Cadernos gastronómicos 24 Comida Din que é o principal dunha cociña, en cambio non nos damos conta de que con ela e nela inclúense feitos que moitas veces pasamos por alto. Sentimentos. Alegría, amargura, nostalxia, saudade, cariño. Todo iso expresado nun só prato cociñado por unha muller ou por un home calquera, quen sabe onde e quen sabe en que época. Calor. A calor no ambiente que xeran os fogóns nos que quentas as potas, como a auga que se evapora e fai que a temperatura aumente. Familia. Catro, tres ou dúas persoas abondan para formar a propia; como ben din, mellor só ca mal acompañado. Pensamentos. Os que se xeran no meu maxín. Palabras. As que redacto unha tras outra, esperando que algún día a alguén lle prazan. Persoas. Xuntas, separadas, coñecidas ou descoñecidas, que comparten estancia, aire, pode que pensamento e quen sabe se gustos. Gusto. Aquel sereno, pausado, pracenteiro ou breve, apurado e incompleto gusto que produce a comida. Comida. Uxía Martínez 1º Bach

IES MENDIÑO


Inverno 2015

FLAN DE MELOCOTÓN OU ANANÁS Ingredientes: -

1 bote de melocotón ou ananas grande en almibre 200 gramos de azucre 6 ovos Un chorriño de coñac ou whisky (opcional) 1 culleriña de maicena

Elaboración Nun cazo bátese o melocotón ou o ananás co azucre; ponse a cocer 5 minutos e déixase arrefriar.

Nun recipiente distinto bátense os ovos co coñac e a maicena. Mestúrase todo. Acaramélase un molde e quéntase o forno a 180º. Vérquese a mestura no molde acaramelado e ponse ao baño María no forno entre 30 e 40 minutos. Déixase arrefriar no molde, antes de desmoldalo.

IES MENDIÑO


Cadernos gastronómicos 24

BISCOITO DE MANDARINA Ingredientes: -

3 ou 4 mandarinas 250 gramos de fariña 250 gramos de azucre 3 ovos 1 iogur 1 sobre de Royal Un pouquiño de sal 2 culleradas de aceite de xirasol

Elaboración:

Poñer nun bol as mandarinas limpas e sen pelar (recortarlle só un pouco a monda nos dous extremos), os ovos e o azucre e triturar todo. Engadir o aceite, o sal, o iogur e bater ben. E, por último, engadir a fariña tamizada co Royal e volver bater ben. Botar nun molde e meter no forno a 180º ata que estea feito. Marta González 3º ESO

IES MENDIÑO


Inverno 2015 Na cociña estaba aquela sombra escura, dun negro intenso, como a bandeira anarquista. Fría, tan aterrecida que xeaba a estancia e deixábate sen folgos. Os meus termorreceptores nerviosos nunca percibiran en estímulo tan forte como ese. O berrido que foi emitido era quen de fracturarme os tres ósos que se atopan no oído e de desintegrar a membrana coñecida como tímpano. Eu atopábame alí cun medo espantoso, coma cando es pequeno e che contan unha historia de medo en medio da escuridade da noite...pero, ao mesmo tempo, sentía unha certa inquietude por descifrar o que querían dicirme... Marcos Carballido

1º Bach.

Mentres meu pai agardaba as novas das accións que tiña en bolsa e mentres a miña avoa me facía o almorzo coa dozura que a caracterizaba, chegou a esperada carta. A carta que confirmaba a miña admisión na sinfónica de Viena, a que levaba esperando dende había 3 meses tras a proba de acceso. Tras a abraiante noticia, celebrámolo. Celebrámolo cun almorzo especial, un batido de mango, deses que tanto me gustan e unhas torradas de marmelada de pexego, molladas nunha cunca de leite quentiño. Todo isto, acompañado de ledicia, plans de viaxe, os parabéns deles e dos que me chamaron... Nunca esquecerei a cociña onde souben que a miña vida daría un xiro de 180º. Yáiza Torres 1º Bach IES MENDIÑO


Cadernos gastronテウmicos 24

IES MENDIテ前


CASTAGNACCIO

Inverno 2015

Ingredientes para preparar “castagnaccio”, doce típico toscano -

200 gramos de fariña de castañas 70 gramos de pasas 40 gramos de piñóns ou/e de noces 4 culleres de aceite virxe extra Un pouco de romeiro fresco Sal 300 ml de auga fría

Elaboración Tomar unha ensaladeira e mesturar lentamente a fariña de castañas coa auga. Verter o aceite sen deixar de mesturar. Engadir as pasas, os piñóns e o sal. Acender o forno a 200º C. Untar con aceite unha bandexa de forno de diámetro 20cms e verter a mestura. Ciscarlle pro riba romeiro e enfornalo a 200 graos durante 25/30 minutos.

Observacións Na mestura pódese engadir 50 gramos de azucre glass, pois non ten nada doce Comer morno e acompañar cun vasiño de moscatel de Málaga. Tamén se pode acompañar con requeixo ou mel. IES MENDIÑO


Cadernos gastronómicos 24 Hai moito tempo, nunha vella vila, vivía un señor de moita, moita idade. A súa casiña non era unha cousa doutro mundo, pero el era todo un luxo. Como todas as casas, tiña un dormitorio, un salón e un baño. O inusual chegaba cando te fixabas na cociña. Non era como as demais. Non tiña nin formo nin frigorífico, nin ningunha das cousas nas que estás a pensar. Porén, cada vez que os pobres nenos da vila ían á súa casa a por alimento, sempre saían cun sorriso. De seguro que non entendes este feito, pero voucho explicar. A cociña deste señor era unha fábrica de soños. Os nenos que entraban nela, pasaban da tristeza á más absoluta ledicia, xa que o vello lles facía ver o lado bo da vida, unha receita para esquecer o cruel destino que lles esperaba. E con isto chego á conclusión do conto: ata nos máis escuros e tristes momentos da vida é posible atopar algo que che faga olvidalos. Roberto González 1º Bach

IES MENDIÑO


Inverno 2015

Espertei ben cedo, debían ser as catro da mañá e, como non, tiña fame. Para non espertar o meu pai, que aquela noite quedara durmir na mesa da cociña, decidín utilizar ese superpoder que todos temos: poder camiñar pola túa casa sen chocar con nada a pesar de estar na escuridade máis absoluta. Pero, ao parecer, ese superpoder desaparecera pois foi pisar na cociña e chocar cunha cadeira e, de seguido, co que parecía a neveira...prendín a luz e atopei o meu pai desmontándoa. Descubrimos que era sonámbulo. Marta Parada 1º Bach

IES MENDIÑO


Cadernos gastronómicos 24

MADALENAS DE CORES Ingredientes: - ¼ litro de aceite de oliva - ¼ litro de azucre - 6 ovos - 350 gramos de fariña - 1 sobre de lévedo en po - 2 culleradas de brandy - 40 moldes de papel - Colorante alimentario

Elaboración: Bátense os ovos enteiros co azucre, o aceite e o brandy. Mestúrase a fariña co lévedo e engádese, pouco a pouco, á mestura anterior. Sepárase a masa en tantos recipientes como cores se vaian usar. A cada recipiente bótanselle tantas gotas de colorante alimentario como intensidade de cor se desexe obter. Colócanse os moldes de papel en bandexas para o forno e énchense coa masa ata a metade. Métense no forno a 175º durante uns 15 ou 20 minutos. Para que queden mellor, pódense decorar cunha mestura de azucre e colorante.

IES MENDIÑO

Enma Rodríguez 2º ESO


Inverno 2015

PASTEL DE AMÉNDOA

Ingredientes: - 1 sobre de nata de 200 gramos - 1 vaso (dos de auga) cheo de azucre - 5 ovos - 2 vasos (dos de auga) de fariña - 1 sobre de lévedo en po

Cobertura: - 4 culleradas de leite - ¾ do contido dun vaso de auga de azucre - 150 gramos de manteiga - 100 gramos de améndoa laminada

Elaboración: Móntase a nata coa batedora e gárdase na neveira. Logo bátense os ovos co azucre; cando estean ben espumosos, sácase a nata da neveira e reméxese. Engádeselle a fariña co lévedo en po. Mestúrase todo ben. A masa bótase nunha bandexa engraxada con manteiga. Ponse a cocer no forno a 180º durante 15 minutos. Mentres, preparamos a cobertura: disólvese o azucre no leite; engádese a améndoa laminada. Ponse ao lume a ferver. Á metade da coción, sácase o pastel do forno, cóbrese coa preparación anterior e vólvese introducir no forno. Cócese de novo ata que se poña dourada. Antía Balado 2º ESO

IES MENDIÑO



EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DEPARTAMENTO DE LINGUA E LITERATURA GALEGA BIBLIOTECA IES MENDIÑO


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.