Receitas26

Page 1



Cadernos gastronómicos 26

RECEITA DE NADAL

Se liches o título pensarás que che indicarei uns pasos para elaborar un alimento relacionado co Nadal, pero non. O que vou escribir a continuación será unha receita para pasar un bo Nadal. Ingredientes: − 500 gr. de felicidade − 300 gr. de bondade − 100 gr. de amabilidade − 200 gr. de respecto − 200 gr. de amizade − 800 gr. de cariño − 500 gr. de paz − 1 chisco de inocencia − 1 culleradiña de interese − 200 gr. de amor

Elaboración: 1. Mesturamos a felicidade coa amabilidade, con coidado, sen que caia nada. 2. Collemos o batedor e mesturamos o amor, a amizade, o cariño, a paz e o respecto. Farémolo de novo con moito xeito. 3. Engadimos un chisco de inocencia e unha culleradiña de interese. 4. Metemos todo no forno e... LISTO! No Nadal é importante estar alegre, agarrar ben forte aos teus amigos, pero, sobre todo estas datas é importante pasalas rodeado da túa familia. María Iglesias (1º ESO-B) IES MENDIÑO


Inverno 2016 O

NADAL

DESDE

O

PUNTO

DE

VISTA

DOS

LANGOSTINOS Ao chegar o Nadal, á xente

sobre todo galega gústalle mercar marisco.

Cando pescan o lagostino, el sabe que lle queda unha curta vida

pero

unha

grande

aventura. Unha vez que chega

ao mercado, cre que está mellor que no mar porque á

vez que está fresco enriba do o mercan.

xeo mira cousas novas ata que

Unha vez nas bolsas, pásao xenial; faise amigo dos demais

lagostinos. Pero pásao peor cando o meten na ola, porque aínda que estea na auga, vai demasiada calor para el. Logo cómeno e como

ningún sobrevive aos dentes humanos, non podemos saber o que sente.

Ingrid Vidal (1º ESO B) IES MENDIÑO


Cadernos gastronómicos 26

EMPAREDADO DE XAMÓN E QUEIXO Ingredientes: - 2 rebandas de xamón de York - 1 rebanda de queixo - leite - ovo - pan relado - sal - pementa Elaboración:

Primeiro poñemos as dúas rebandas do xamón e, no medio delas, a de queixo, e isto colocámolo entre dúas rebandas de pan de molde a forma de sandwich, que cortaremos en dúas metades. Nun prato teremos o leite e botarémoslle un chisco de sal e un pouquiño de pementa. Logo mollaremos moi rapidamente cada anaco do sandwich. Deseguido pasámolos por ovo batido e por pan relado e fritímolos ata que se douren. Álvaro Alonso (1º ESO-B)

IES MENDIÑO


Inverno 2016

Acabei con el. Xamais pensei que puidera facelo. A súa pel graxenta, a súa cor branquecina, o seu cheiro asanguentado... Pero aínda así, acabei con el. Baleireino e volvino encher. Noces, pasas, ameixas secas... xuntándose apiñocadas. Pecheino. Aloumiñeino con viño branco e sal. Abrín a porta. Dentro había calor, moita calor. Pechei a porta. Botaba fume. Foise torrando pouco a pouquiño e, cando estaba ben torrado, saqueino; coloqueino na mesa, servino e zampeino. Que ben sabía! Carla González e Antía Sobrado (3º ESO-B)

NADAL

Recordo un ano, cando era pequena. Era noiteboa e a miña familia e mais eu estábamos a cear nunha galería que ten a miña avoa na casa. Xa remataba a cea e aproximábase o momento no que chegaría Papá Noel para nos dar os agasallos aos meus primos e mais a min. Coma sempre, no meu barrio, un veciño disfrazábase de Papá Noel e ía polas casas repartindo agasallos. Pero ese ano o Papá Noel non era o habitual. Non tiña a típica barba branca e pelo branco. Non, este tiña o pelo e a barba negros como o carbón. Cando o vin subir pola escaleira e mirei ese pelo negro, corrín ao sitio no que estaba meu pai e subín ao seu colo. Recordo o medo que me dera aquel Papá Noel e o segura que me sentía no colo de meu pai. Colleume nos seus brazos e levoume onde aquel home estaba dado os agasallos aos meus primos. Recordo que non soltei ao meu pai ata que non me deu os meus. Lucía Mouriño (2ºBach.B) IES MENDIÑO


Cadernos gastronómicos 26

SEBASTIÁN

Non sei. Non sei o que pasará mañá. O Nadal é a peor época para nós. Imos desaparecendo un a un.

Estabamos todos xuntos no campo de

concentración

Entón,

unha

aquela

mancha

noite.

negra

achegóuseme. Cada vez máis. Ata

que, de súpeto, levantoume no aire

con moita forza e comezou a

quitarme a pel, pouco a pouco. Tiña unha dor terrible, pero tamén medo.

Que quería facerme aquela especie

de monstro? Matarme? Non sabía o que podería facer e, cando me dei

conta, xa non tiña pel ningunha. A

mancha pretendía mergullarme nun líquido branco, como se fose un fochanca de auga. E conseguiuno. Xa bañado coa pringosa

substancia, decidiu torturarme doutra forma. Meteume nunha cavidade na que uns grandes pesos caían sobre min, triturándome.

Que dura fora a miña vida, primeiro intentando sobrevivir para logo acabar sendo un langostino mollado en mahonesa.

Valeria Crespo e Aroa Blas (3º ESO-B)

IES MENDIÑO


Inverno 2016

BACALLAU CON NATAS (Receita portuguesa) Ingredientes: - Bacallau desalgado - Patacas - Cebola - Sal e aceite - Bechamel

Elaboración: Cocemos o bacallau e escorrémolo. Desfacémolo coas mans, quitándolle pel e espiñas. Se usamos migas de bacallau, evitamos este último traballo. Picamos pataca e cebola como para facer unha tortilla de patacas. Tamén podemos cortas as patacas en rodas finas. Fritimos pataca e cebola nunha tixola con aceite. Sacámolo logo e poñémolo nunha fonte de forno. Estendemos por riba o bacallau desfiañado. Mesturamos todo ben e, se fose necesario, rectificamos de sazón Preparamos unha bechamel (ou utilizamos unha das que xa venden feitas) e verquémola por riba. Mesturamos de novo e metemos no forno a gratinar. Cando estea un pouco dourado, sacamos do forno e servimos.

NOTA: Este mesmo prato podemos facelo substituíndo o bacallau por tiras de polo ou pavo fritas con champiñóns. Está boísimo tamén. Departamento de lingua e literatura galega IES MENDIÑO


Cadernos gastronómicos 26

A ÁRBORE DE NADAL

Quitei as luvas e sentín o frío nas mans; estirei os brazos e comecei a correr pola corredoira arbórea. As follas en forma de agulla das coníferas facíanme cóxegas nas miñas frías mans. Parei cando, xa exhausta e coas mans da cor da guinda do roscón de Reis, topei coa árbore máis fermosa que endexamais vira. O abeto medía uns dous metros, non era nin moi ancho nin moi estreito, perfecto para o tamaño do salón; a súa frondosidade era envexable e tiña unha forma cónica case perfecta, excepto por unha póla que crebaba a harmonía. Xa estaba decidido, aquela ía ser a nosa árbore dese ano. Acerqueime ao verdor case hipnotizante do abeto; collín unha serra que había no chan e, cando me dispoñía a cortar aquela póla, unha fría pinga de auga esvarou desde o comezo do tronco deica o chan; era brillante, case parecía un diamante de xeo. Non lle dei importancia. Volvín ao meu, pero a escena volveuse repetir; un arreguizo percorreume desde caluga ata o final das miñas costas. Se non soase como unha loucura, diría que o abeto estaba chorando. De súpeto, oín unha voz; pensei que era miña nai, pero a voz retumbaba na miña cabeza. “Por favor, non me mutiles”. Quedei alí, chantada como unha árbore máis; o abeto falárame, pero como? A árbore só repetía iso unha e outra vez. Estaba volvéndome tola. Tirei a serra ao chan e comecei a correr tanto como me permitían as miñas pernas. Metinme no coche e pechei as portas. Meus pais, abraiados ante os meus berros, decidiron volver á casa, e por vez primeira, sen a árbore. Ao chegar á casa, púxenme a buscar información no ordenador e atopei unha páxina que me deixou un mal sabor de boca. Durante IES MENDIÑO


Inverno 2016

centos de anos, a humanidade levaba espoliando os bosques. Pero o máis preocupante era o dos abetos, arrincados só para decorar durante uns días as casas de despreocupadas xentes. Sentín un profundo desacougo, eu era partícipe desa barbarie. Pero podía arranxalo. Entón soou o espertador; todo fora un soño. Diante miña, o televisor acendido estaba a retransmitir unha reportaxe de Grenpeace sobre o Nadal e os seus excesos. Aínda que todo fora un soño, a deforestación e o malgasto enerxético que aumentan en Nadal é unha realidade. Dende ese ano ata hoxe, en vez de ir mercar un abeto, a miña familia e eu temos unha nova tradición. Cos tempo e o esforzo que gastabamos en arrincar unha árbore, agora imos ao bosque e plantamos un abeto. Se todos fixeramos o mesmo, o bosque sería un lugar fermoso e non, como vén sendo, baleiro e triste. Laura Freitas (2º Bach)

IES MENDIÑO


Cadernos gastronómicos 26

TORTA CUBERTA DE AMÉNDOA (versión 1) Ingredientes: - 1 brick de nata - 1 vaso de auga cheo de azucre - 5 ovos - 2 vasos de fariña - 1 sobre de Royal Ingredientes para o almibre: - 4 culleradas de leite - 3 partes dun vaso cheo de azucre - 150 gr. de manteiga 100 gr. de améndoa fileteada

Elaboración da torta: Montar a nata co batedor e reservala no frigorífico. Bater os ovos co azucre e, cando estean moi espumosos, engadir a nata e a fariña mesturada co Royal. Mesturar ben e encher unha empanadeira engraxada. Cocer no forno a 180º durante quince minutos. Á metade da cocción, sen sacalo do forno, cubrilo co almibre e acabar de cocer. Elaboración do almibre: Disolver o azucre no leite; engadir a manteiga e améndoa fileteada. Ferver isto. Cubrir a torta e metela de novo no forno ata que se doure. Antía Blanco (3º ESO) IES MENDIÑO


Inverno 2016

IES MENDIÑO


Cadernos gastronómicos 26

TORTA DE AMÉNDOA (versión 2) Ingredientes para o biscoito: - ¼ l. de nata líquida - 3 ovos - 250 gr. de azucre - 300 gr. de fariña - 1 sobre Royal

Para cubrir: - 125 gr. de manteiga - 200 gr. de azucre - 3 culleradas de leite - 250 gr. de améndoa laminada

Elaboración Mesturar todos os ingredientes do biscoito e botar a mestura nun recipiente previamente cuberto de margarina e fariña. Meter no forno, xa quente, uns 20 ou 30 minutos. Poñer nun cazo a margarina co azucre e o leite. Cando empece a desfacerse a margarina, engadir a améndoa e mesturar ata que a margarina estea completamente derretida. Cócese o biscoito. Sácase un momento para cubrilo coa améndoa e gratínase ata que a améndoa estea dourada. Facer na bandexa do forno. Raquel Fernández (profe de Tecnoloxía)

IES MENDIÑO


CAKE DE NOCES

Inverno 2016

Ingredientes: - 500 gr. de fariña - 150 gr. de manteiga - 200 gr. de noces - 120 gr. de azucre - 1 sobre de Royal - 1 ovo - 2 vasos de leite Elaboración: Quitarlles as cascas ás noces e picalas moi finiñas. Poñelas nun bol; engadir a fariña e o Royal e remexer. Incorporar os 150 gr. de manteiga fundida, o azucre, o ovo e o leite, mesturando todo cunha culler de madeira. Traballar esta mestura durante uns minutos; logo vertela nun molde untado de manteiga e enfariñado. Deixalo cocer e arrefriar antes de cortar.

Charo (Conserxería)

IES MENDIÑO


Cadernos gastronómicos 26

FILLOAS DE NADAL Ingredientes: - 300 gr. de fariña - 150 gr. de leite - 2 ovos - 3 culleradas de azucre Elaboración:

Precisamos un molde con forma de árbore.

Primeiro botamos nun bol a fariña, o leite, os ovos e o azucre; reméxemolo

todo ben ata que quede unha masa

homoxénea. Se seguimos correctamente os pasos anteriores, fritimos a masa nunha tixola (cun pouquiño de aceite) como se fan as filloas do entroido. Logo, deixámolas arrefriar e, cando arrefríen

dádelles a forma do molde e quedaranvos arboriñas de Nadal. Para darlles un toque máis destas festas, podédelles poñerlles azucre

glass nas puntas da árbore como se fose neve, unhas chocolatinas,

chocolate, chocolate fundido por encima e, se queredes, tamén podedes botar colorante verde na masa cando xa estea homoxénea para que se pareza máis a unha árbore de Nadal.

Andrea Devesa (1º ESO B)

IES MENDIÑO


Inverno 2016

Comezamos facendo unha bóla de neve, colocámola no chan e facémola rodar para que gañe tamaño; cando estea pola altura dos xeonllos, repetimos o proceso dúas veces, conseguindo así outras dúas bólas, pero que sexan de menor tamaño cá primeira. Amontoámolas de maior a menor, dándolle forma de cono. Aquí comeza o sacrificio, tes que quitar a bufanda, o gorro; encontrar nove pedriñas e dúas pólas. Botándolle imaxinación e espírito de Nadal lógrase un gran ... BONECO DE NEVE. Velaquí o tedes.

IES MENDIÑO


Cadernos gastronómicos 26

DEDOS DE MEIGA Ingredientes: -

100 gr. de manteiga 300 gr. de fariña 1 ovo 1 xema dun ovo 150 gr. de azucre sal Un pouquiño de Royal améndoas

Elaboración:

Bátese o ovo coa clara e mestúrase co azucre. Despois engádeselle o resto dos ingredientes e faise unha masa. Cando a mesa estea ben ligada, métese na neveira durante uns 30 minutos. Pasado este tempo, sácase e vaise cortando en anacos dándolles forma de dedo. Logo pónselle unha améndoa aberta en forma de uña. Báñanse os dedos coa xema do ovo e ao forno 15 minutos. Sácanse do forno e a papalos. Bo proveito! Luís Álvarez(1º ESO-B)

IES MENDIÑO


Inverno 2016

INFUSIÓN DE ESTRUGAS

Ingredientes: - Cinco cabezas de estrugas. Córtanse cunhas tesoiras as cabezas das estrugas (as 5-6 últimas follas, as máis tenras) - Unhas follas de menta piperita - Algún endozante: estevia (se se quere o máis natural), mel, ou azucre de cana

Elaboración: Bótanse as estrugas, a menta e a estevia (se se escolle esta planta como endozante) nunha pota. Férvese auga (como para que saian dúas ou tres tazas de infusión) e bótaselle por riba. Reméxese e déixase facer (sen lume) durante 5 minutos. Sérvese e listo. Se non se lle botou estevia, ao servir pódese endozar con mel ou azucre. Tamén se pode tomar sen endozante. As estrugas, en canto se escaldan coa auga a ferver, xa perden o picor. De tal maneira que, unha vez servida a infusión, pódense escorrer e usalas para un revolto, por exemplo. Bátese un ovo, mestúrase coas estrugas da infusión escorridas, volta e volta na tixola, sal e pementa ao gusto e listo. Sérvese sobre unha boa torrada de pan do país e xa tendes unha tosta para acompañar a infusión. Rica, saudábel e moi económica: as estrugas son moi boas para limpar o sangue e medran en case todos os camiños. Abonda un paseo verde para facerse con elas. Tede conta de non apañalas moi á beira das estradas con moito tráfico (estarán máis expostas á contaminación), nin debaixo de viñas, xa que poden ter sulfatos. Se as apañades nas vosas leiras, veredes a cara de alegría que se lle pón aos vosos avós/avoas. Olga Nogueira (Profe de Lingua Galega) IES MENDIÑO


Cadernos gastronómicos 26

NEVADIÑOS

Ingredientes para unha ducia de nevadiños: − 100 gr. de manteiga de porco suave − 220 gr. de fariña de repostería − 60 ml. de viño branco − 50 gr. de azucre − azucre glass para lles botar por enriba

Elaboración: Nun bol comezamos mesturando a manteiga de porco a temperatura ambiente xunto coa fariña e o azucre. Removendo cunha espátula, imos engadindo o viño branco moi de vagar ata formar unha masa branda. Facemos unha bóla con ela; envolvémola cun papel film transparente e deixámola repousar na neveira durante dúas horas. Prequentamos o forno a 180º con calor por arriba e por abaixo durante uns 15 minutos máis ou menos. Despois das dúas horas de espera, sacamos a masa do frigorífico e estirámola entre dous papeis de forno, deixándoa grosa, dun grosor duns 12 milímetros aproximadamente. Preparamos unha bandexa de forno forrada con papel sulfurizado e imos cortando cun molde circular os nevadiños. Metémolos no forno durante trinta minutos e logo sacámolos e deixámolos arrefriar. Unha vez fríos, esparexémoslles por riba o azucre glass. Laura Iglesias (1º ESO-B) IES MENDIÑO


Inverno 2016

GALLETAS DE XENXIBRE Ingredientes: - 350 gr. de fariña - 125 gr. de manteiga fría - 100 gr. mel - 50 gr. azucre moreno - 50 gr. azucre branco - 1 ovo mediano - 1 pizca de noz moscada - 1 cullerada de xenxibre - ½ culleradiña de canela Elaboración:

Mesturamos a fariña, o xenxibre, a noz moscada e a canela. Engadímoslle a manteiga até facer areíña. Engadimos o azucre, o ovo, o mel e amasamos. Metemos a masa na neveira 30 minutos. Estiramos a masa e cortamos as galletas coa forma desexada. Volvemos metelas na neveira 15 minutos. Forneámolas co forno prequecido a 180º, sobre 10 minutos, até que os bordes comecen a dourarse. Para decoralas derretemos chocolate branco / ou negro de sobremesas e mergullamos as galletas frías nel. Pódense logo decorar con abalorios navideños ou o que se queira. Olga Nogueira (Profe de Lingua Galega)

IES MENDIÑO


Cadernos gastronómicos 26

Como soportar o 2017 no Mendiño

1. Vir con moita alegría para lidiar con Economía. 2. Para saber o inglés e francés, pensa do revés. 3. Exercita a memoria para estudar Historia. 4. Empeza ben o día para aturar Psicoloxía. 5. Fala galego para non ser un borrego.

6. Calefacción na cafetería para non coller unha neumonía. 7. Que rematen xa coas obras, que para iso cobran! 8. A ver se é verdade e cae Selectividade.

9. Se vas a estudar Platón é mellor que te atropele un camión. 10. E se non hai excursión, non hai conclusión.

Carlos González, Aitana García, Carla Barciela e Sara Pérez (2ºBach B)

IES MENDIÑO


EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DEPARTAMENTO DE LINGUA E LITERATURA GALEGA BIBLIOTECA IES MENDIÑO


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.