OPINIÓN
A POBREZA OCULTA Unha das miñas características, á cal lle teño moito aprecio, é a capacidade de asombrarme fronte ao novo, ao espectacular, ao creativo e ao invisible. Visibilizar a pobreza invisible pode axudar á conciencia humanística que dorme baixo o caparazón da angustia e a crise, un feito que non se pode evitar e do cal debemos asasinar as mentiras e a discriminación. Asombrémonos coa desgracia da xente esquecida; temos que iluminar o que a sociedade pretende ocultar.
Persoas que viven en lugares impensables antano como os aeroportos. O manual para vivir nun aeroporto, feito para aqueles que perderon todo nun instante, rezuma un humor cruel, un alento irónico e negro como a vida desas persoas desgraciadas. Non se pode evitar que aflore un sorriso mentres un arreguizo (un chisco de culpabilidade) percorre o lombo, loitando contra a imaxinación cínica deste mozo que son eu. As desgrazas humanas por máis que sexan deprimentes, poden ser unha perfecta arma de loita contra o politicamente correcto, que normalmente lle dá as costas a ese lince amargado e canso. Mais o lince, cando se ve en perigo de morrer, quenta o seu corpo e ataca con toda a forza á enfermidade capitalista que lle quitou o teito, os fillos e a vida. Non comprendo a eses políticos, economistas, xuíces sen dereito e banqueiros que defenden o liberalismo e o capitalismo. Cada desfiuzamento, cada vida arrebatada, cada rescate que paga a cidadanía, cada multinacional do Ibex 35 que atopa un asento nos Congresos... non son máis ca un atentado contra a lei de xustiza natural que os pais do liberalismo defendían con toda a súa convicción. Locke falaba dun dereito natural inviolable en, para, e pola vida, a liberdade e a propiedade. Non é que eu sexa un liberal, mais a historia mostra como un soño que pretendía acabar co Antigo Réxime, ao longo do tempo, converteuse nun imperialismo máis cruel e despiadado que calquera réxime autoritario. Debe ser a cidadanía quen debe rebelarse contra a inxustiza dos bancos e o capital, escravizador da vontade humana que é necesaria para desprenderse das cadeas que a suxeitan nun mundo controlado polas marcas, o mundano e o innecesario. Onde quedou o 15-M?
Anxo Bello Solla (2º Bach.)
REVISTA CULTURAL Nº 31 CURSO 2016-17
OPINIÓN
(DES)IGUALDADE Aínda que prefiramos falar,escoitar,pensar e ler sobre cousas agradables, a min gústame cinguirme á realidade. É por iso que me sinto coa obriga de relatar algo que todos sabemos que está, mesmo non lle damos a importancia necesaria.
Nos últimos meses disparouse o número de ataques violentos en distintos países do mundo, e, para min, o máis preocupante é a atención que poñemos nós nestes terribles sucesos,dependendo de a quen afectou ou onde ocorrera. Quero amosarvos isto con claros e diversos exemplos, máis estame custando atopar noticias, estatísticas e demais información sobre ataques a países pobres,o que me leva a pensar na manipulación que exercen os medios de comunicación sobre este tipo de noticias, o desinformados que vivimos realmente. Por isto, vou tentar falar dende o que eu sei e penso. Escoitamos polo menos tres veces ao mes nas noticias os bombardeos que recibe, poñamos por caso, Siria. Pero non quere dicir que só ocorran ese número de ataques, mais só nos informan dalgúns. Por que? E por que cando isto sucede nun lugar como foi por exemplo o ataque terrorista en Londres hai un mes escaso sae cincocentas veces nas noticias? Non lle quito importancia a este último,só creo que hai que darlle a mesma a todos. Estou segura de que en lugares como Siria, ataques moito peores ocorren todos os días, mais, con toda a mágoa do mundo, atrévome a dicir que os occidentais temos a situación nefasta dos lugares pobres moi normalizada, ese é o noso problema.
Agora, segundo quen fora o afectado,ou afectados no altercado, inflúe tamén o nivel de importancia que se lle dá. O 12 de abril o bus do Borussia Dormund recibiu tres bombas e o xogador de fútbol español Marc Bartra saíu ferido como consecuencia. No mesmo día este foi operado, e todo o mundo está ao tanto da súa situación. E sabedes que? Pensade só por un momento nos miles de nenos, mulleres e homes que morren en Siria por falta de atención médica, porque, ata os seus hospitais foron bombardeados. É triste pero certo, non queremos ver o mal ata que o temos cerca,e iso que este propio mal está creado por nós, polas propias persoas. É inevitable un furacán,un terremoto, unha erupción… mais parar estes comportamentos violentos está na man de todos os humanos. Lin hai uns días nunha rede social unha mensaxe que me impactou moito, dicía “Os atentados de Europa merecían un minuto de silencio en todo o mundo, Siria merece que o mundo enteiro grite para que deixen de matar a inocentes” Yáiza Soutullo (3º ESO)
REVISTA CULTURAL Nº 31 CURSO 2016-17
OPINIÓN
UN MAL DOS NOSOS TEMPOS:A OBESIDADE Como ben di Marinetti no seu “Manifesto futurista”, vivimos nunha sociedade mecánica, industrial, rápida. Unha sociedade alienante que non para e segue funcionando a todas horas. E é esta velocidade de vida, o estrés diario ao que estamos sometidos o que fai que descoidemos aspectos básicos para a nosa saúde como son o descanso, o exercicio ou a alimentación.
A cociña tradicional, baseada no consumo de alimentos cultivados nas propias terras, criados ao aire libre ou pescados no propio mar está a ser substituída a un ritmo vertixinoso por outra que recorre á comida rápida e aos pratos precociñados mercados directamente nos supermercados, cuxo contido, non só en azucres senón tamén en sal e conservantes é moi elevado. Isto, unido á crecente tendencia a consumir refrescos e bebidas azucradas en lugar de auga, constitúe unha lacra para o bo funcionamento metabólico do noso corpo pois, como lembraremos, somos un 70% auga.
Estamos a escoitar e ler nos medios de comunicación que o consumo das bebidas azucradas constitúe un problema para a saúde. A propia institución sanitaria das Nacións Unidas propuxo o pasado ano políticas fiscais que o gravasen un 20% ; pero, ao meu entender, pouco se solucionaría xa que, no peor dos casos, o aumento pode chegar aos 10/15 céntimos por litro, e esta non é a maneira axeitada de combater este problema. Aquelas persoas que consomen este tipo de bebidas seguirán a facelo. Baixo o meu punto de vista, a mellor maneira de resolver este problema é proporcionar unha boa información ao cidadán; pero non só nas etiquetaxes, como propón Rosaura Leis , coordinadora da unidade de Gastroentereoloxía e Nutrición Pediátrica do Hospital de Santiago, pois pode que moitas persoas non conten co nivel de coñecementos suficiente para determinaren se un alimento é bo ou malo a partir da información dunha etiqueta. Xa que logo, coido que son necesarios programas de concienciación cidadá acerca da alimentación (nas escolas, pero tamén na rúa ou mesmo nos supermercados) que recorden que os beneficios da nutrición tradicional proporcionan os medios para elixirmos os produtos que consumimos co mellor criterio posible.
Mariana Cabaleiro Lago (2º Bach.)
REVISTA CULTURAL Nº 31 CURSO 2016-17
OPINIÓN
A RESPECTO DO FÚTBOL En 1999, o exalcalde de Córdoba e co-fundador de Esquerda Unida, Julio Anguita, lanzou o que é posiblemente un dos discursos máis coñecidos da esquerda española, xunto ao “Non Pasarán” de Dolores Ibárruri, a “Pasionaria”. No “Gran Discurso Antisistema”, o político comunista inclúe algunhas referencias ao mundo do fútbol, polémicas polas críticas que o cordobés dirixe á manipulación que leva a cabo a promoción deste deporte na mentalidade e nas conciencias de todos os seres humanos. Se para Marx a relixión é opoio do pobo, para Anguita tamén o é o fútbol. Esta polémica idea é válida para aplicar na sociedade actual. Non é un ataque aos xogadores nin aos admiradores deste deporte, pero existe unha manipulación levada a cabo polos medios de comunicación e as empresas innegable. O mundo do fútbol converteuse nun mundo sensacionalista, cuxa función é distraer a xente do que está a acontecer. Ao igual ca relixión, esta manipulación crea seres dependentes dos goles dun futbolista famoso que os arrastra ao centro do campo de xogo dos seus fillos para loitar irracionalmente por unha cuestión que nin eles comprenden. Mesmo os levan a radicalizarse para crear violencia, semellante ao pensamento de puño e pistola na man dos fascistas. Por que clubs de fans se converten en bandeira de actos violentos, racistas (non esquezamos o acontecido na praza maior de Madrid) e homófobos, provocando tumultos, asasinatos, odio e atentados contra a dignidade doutros?
Sen dúbida non se pode xustificar este comportamento só coa paixón que sente un individuo polo seu equipo favorito, pero débese reflexionar sobre as causas deste comportamento inhumano. Os culpables non son os xogadores, nin os árbitros nin os traballadores que adican o seu tempo a esta actividade deportiva, ao igual que calquera outro deporte (semellante é o fenómeno sos “hooligans” en reino Unido). É necesaria unha reflexión que leva á moderación e ao comportamento humano propio dos seres racionais e respectuosos que debemos ser, sen renegar da nosa individualidade. É necesario abrir os ollos para recoñecer que estas accións non son máis que unha vergoña, comportamento propio dunha besta, para así accender o televisor e poder disfrutar dun partido de fútbol. Anxo Bello Solla (2º Bach.)
REVISTA CULTURAL Nº 31 CURSO 2016-17
OPINIÓN
NIHILISMO CONTEMPORÁNEO Actualmente nos enfrontamos a unha das crises máis profundas que tiveron lugar na historia da humanidade. Estamos sufrindo o que Nietzsche predixera no século XIX, “A morte de Deus”, e a aparición do “último home”. Un home que non se transcende a si mesmo, mediocre, superficial, desprezable, masificado. O home actual é unha simple forza produtiva, un autómata programado polas elites e cegado polo consumismo. Un home conformista, sen grandes aspiración que se deixa arrastrar pola corrente das augas do cotián. O “agora” non se vive e todo se mide en función da súa “utilidade”, en función da súa aplicación máis rápidas superficial. Miles de datos naufragan por todas partes, entrelazándose entre eles, ás veces de forma incoherente pero ninguén está disposto a organizalos ou compréndelos. Internet alberga demasiada información, porén, a maioría das persoas están sumidas na ignorancia. O exceso de información ás veces provoca ignorancia, porque esta abundancia provoca pánico nas persoas e prefiren refuxiarse no sinxelo. As grandes paixóns que moveron aos homes durante séculos están mortas. Non hai vida. Está todo podre. O auxe da democracia garante unha falsa sensación de liberdade. A liberdade é algo moito máis profundo que opinar ao tolo sobre calquera tema ou ir votar... A liberdade é un exercicio que depende sobre todo do individuo. Consiste nun tortuoso proceso desembarazoso da coerción psicolóxica da cultura na que somos integrados e no coñecemento de un mesmo. Isto permítenos formular unha propia táboa de valores, única e individual para poder actuar de forma coherente con ela. Aínda que unha persoa nunca se pode considerar realizada de forma plena. A vida é un continuo realizarse, un continuo cambiar. Sempre hai novas experiencias que nos permiten reformular a nosa conduta, as nosas aspiracións ou a nosa forma de percibir o mundo. Ir en contra disto sería ir contra da natureza mesma (“todo flúe” dixo acertadamente Heráclito). Tamén quixera facer especial fincapé na perda do sacro na sociedade contemporánea. Hai que infundir un novo sentido de espiritualidade ás persoas. Unha espiritualidade baseada nunha percepción sacra de realidade. E dicir, converter todo o que nos circunda en algo sacro, sentir o noso fluxo harmónico co cosmos, con todo o existente. Intentar gozar o presente en toda a súa plenitude, pero entendéndoo coma unha intersección entre o pasado e o futuro (algo difícil de realizar nestes turbulentos tempos, nos que se nos impoñen obxectivos dende fóra en contra da nosa vontade que nos obrigan a proxectarse sempre cara o futuro e fomentando un menosprezo total do presente, o presente é sempre un sacrificio para algo futuro, pero cando ese futuro se torna presente volvemos ao mesmo... O animal mitolóxico do Uróboros representa á perfección esta situación). Hai que crear un home novo sensible e paixonal pero tamén razoador. Un home que combine razón e sentimento. Un home que, ante todo sinta a vida palpitando no seu interior. Manuel Estévez (1ºBach) REVISTA CULTURAL Nº 31 CURSO 2016-17
CREACIÓN LITERARIA MAIOS
3º DE ESO TAMÉN CANTA AO MAIO
Bos dı́as para o xurado tamé n para o espectador se gañ amos hoxe o premio que sexa bo, por favor.
Este ano no Mendiñ o moito imos estudar pero con este trimestre poucas cousas imos dar.
Convidá moste Feijoo a escoitar as nosas coplas vai collendo un papeliñ o e anotando estas cousas.
Cando baixa a marea os corredores cheiran mal pregá moslle don alcalde que nos bote unha man.
Este maı́ño está feito con agarimo e amor tamé n con fiú ncho e flores pero o primeiro é mellor.
Que tristeza, que loucura que un instituto coma este teñ a un wifi de basura e non se nos conecte á rede.
Imos rematar o curso non sabemos qué facer má ndannos moito traballo e cá usanos moito estré s.
Nesta pró xima copla queriá monos queixar que o que lle pasa a Redondela non é que sexa moi normal.
REVISTA CULTURAL Nº 31 CURSO 2016-17
CREACIÓN LITERARIA MAIOS Ai pontiñ a, miñ a ponte que feitiñ a que está s e con esta armadura moito má is has de durar.
O AÁ lvaro Cunqueiro xa é unha institució n é tan grande que me perdo só con mirar ao meu caró n.
Os britá nicos co Brexit os outros con Donald Trump e nó s aquı́ en Redondela que temos a Xabier Bas.
Estamos aquı́ en Galicia pero non dá a sensació n o galego non se fala isto xa non ten perdó n.
O concellal de deportes non deixa o novo pavilló n nin a Bolboreta ou a outro só á SAR que é o maior.
Seguimos a falar de Vigo que non se nos queda atrá s co transporte gratuı́to ti saberá s ben o que fas.
Este Abel Caballero que non vende Balaı́dos e despois está Mouriñ o que o quere mudar de sitio.
O real Celta de Vigo quere mandar no estadio pero Abel Caballero di que non é necesario.
Os adolescentes todos está n a mirar Youtube xa non miran para fó ra a beleza do azul.
Os alumnos deste centro rompen os seus pantaló ns imos ver se xa se acaba na pró xima colecció n. Esta copla adicá moslla ao noso amigo Fon que está na cafetarı́a traballando mogolló n. Este maio mola moito este maio é xenial os nenos que o fixeron o premio deben gañ ar.
REVISTA CULTURAL Nº 31 CURSO 2016-17
CREACIÓN LITERARIA AUGA E LITERATURA
LUCÍA VILABOA LEDO (3º ESO)
Homenaxe a Mendiño Cingue o van da mar coas túas mans lizgairas, facendo un vaso de dúas asas xemeas. Fermosa, ven bailar aquí! Onde pouses a mar entrando ao baile, xira como a rodela cando se fai a cunca. Fermosa, ven bailar aquí!
Se miras que a mar enche nos meus ollos, dime; adeus meu amigo, xílgaro remador! Fermosa, ven bailar aquí!
Hogano a mar é un viño, quente e roxo e a gaita polo punteiro vérquea en min. Fermosa, ven bailar aquí! A. Cunqueiro.
REVISTA CULTURAL Nº 31 CURSO 2016-17
CREACIÓN LITERARIA AUGA E LITERATURA
TANIA GÓMEZ PAZOS (3º ESO)
¡E como ao mediodía, fasta o río, brisas, aires, pradiños e arborado pousaban calorosos e sen brío cal viaxeiro da serán o alento frío de arrulos misteriosos impregnado, con pasiño lixeiro se achegaba ¡aire, río e floriña axitaba! Rosalía de Castro.
REVISTA CULTURAL Nº 31 CURSO 2016-17
CREACIÓN LITERARIA AUGA E LITERATURA
SARA IGLESIAS RODRÍGUEZ (3º ESO) Canta a fonte, costureira, merla fonte asubiadora...! ¡Ten tesouras para a Noite E agulliñas para a Aurora...! ¡Canta a fonte costureira!
No serán ao Ceu- Narciso fura o balandrán de estrelas; na Alborada o fío da auga vai cosendo as buratelas. ¡Canta a fonte costureira!
Zurceume ben os amores a se espellar no seu cano... Puxo noos de todo Tempo en liñas de todo o ano. ¡Canta a fonte costureira! F. Bouza Brei
REVISTA CULTURAL Nº 31 CURSO 2016-17
CREACIÓN LITERARIA AUGA E LITERATURA
2º premio do III Concurso fotográfico “Galicia, Auga e Literatura) LAURA LAGO PIEDRAS (3º ESO) (…) A auga torturada discurría por canles artificiais e a súa patética canción era laio de dor e sobresalto. Actualmente este xardín é un caos no que a vida agroma poderosa e en desorde. O seu aspecto de ruína ten un ar insólito e romántico: agora a sagra hedra aperta ao buxo. E a auga canta a súa alegría ceibe e venturosa. Manuel María
REVISTA CULTURAL Nº 31 CURSO 2016-17
CREACIÓN LITERARIA AUGA E LITERATURA
ADRIÁN RODRÍGUEZ PAREDES (3º ESO)
(...)
Olládeme no mar: que valentía levo na miña testa mariñeira! Un almirante en orde de batalla con escuadróns de poleros de líquida bravura. Que raio vencedor enarbolan os mastros? Boguemos mariñeiro, esfarrapemos xuntos a fronteira de tebras que fecha a liberdade.
Olládeme no mar: Veño de lonxe pero teño nos ósos como un fulgor salgado e son parte do mar, e máis perfecta, a parte vencedora, a non sulcada. Veño de lonxe a naufragar con gozo. A. Avilés de Taramancos.
REVISTA CULTURAL Nº 31 CURSO 2016-17
CREACIÓN LITERARIA POESÍA
TARDES DE AMARGURA A noite é un reflexo da miña alma, que no día se converte nunha luz radiante. A chuvia é o desafogo desas nubes negras cheas de amargura que tapan o ceo do mércores. Enchen de auga todas as rúas e pasan desapercibidas unha vez que descargan todas esa amargura, que queda no recordo.
Sempre aí, acompañándome nesas tardes de amargura coma se unha acedume mordente de agonía e a loucura que me produce esa sensación non tivesen outro sitio onde ir. O silenzo invádeme, o sangue xéaseme E neva no máis profundo do meu ser.
Sempre aquí, comigo, nesas tardes de amargura cando o olvido non esquece e a cordura déixame soa. Lucía Mouriño Leirós LOUCURA LATENTE A noite é escura e fría e no día vólvese cálida e alegre, a chuvia é húmida e rabiosa. Sobre todo nas tardes de mércores enche todas as rúas e pasa as noites vivindo no recordo.
Sempre aí está, tranquila, aínda que o día fose acedume mordente e a loucura os posuíse a todos.
O silenzo é pesado, o sangue flúe con rapidez e neva sobre o Tellado.
Sempre aquí, no meu estudo, acerado, eu penso, cavilo no olvido dos meus fíos e a cordura mestúrase coa loucura. Aitana García García REVISTA CULTURAL Nº 30 CURSO 2016-17
CREACIÓN LITERARIA POESÍA
A noite é fría e no día quente a chuvia é o único que arrefría esta bochornosa tarde de mércores enchendo de auga as rúas e pasando do ceo á terra cando a paisaxe soleada só queda no recordo.
Sempre aí fora, nos días chuviosos, enchendo os cristais de acedume mordente cando a depresión e a loucura son o único que nos queda.
O silencio rómpese co son das gotas estalando, o sangue que emana das feridas das nubes, e neva sobre os tellados das beirarrúas ata rematar de limpalas.
Sempre aquí, na miña xa mollada testa, camiñando nas rúas asolagadas onde o olvido permanece mentres que a razón e a cordura hai tempo que deixaron de estar. Carlos González Cabaleiro
Erea Cabaleiro (1ºESO) REVISTA CULTURAL Nº 30 CURSO 2016-17
CREACIÓN LITERARIA POESÍA CHUVIA GALEGA A noite é muda e as almas choran e no día berran. A chuvia é galega. Nunha feira de mércores enche de vida as labregas rúas e pasa desapercibida só nas amplas terras, no recordo.
Sempre aí, fría e húmida, crea na terra unha acedume mordente bélica e a loucura brota nas persoas. O silencio dos labregos, o sangue dos valerosos, e neva nos corpos feridos.
Sempre aquí, no recordo dunha terra marcada, no olvido ausente e na cordura latente. Carla Barciela López IMPRESIÓN NOCTURNA Sexan os meus ollos descricións da noite na gaiola, e as miñas lembranzas escuras notas dunha melancólica sonata de aceiro e luz. Nai pedra, longa noite de saudade vendo a Charlot cego, preto do abismo, ou a Godard nunha cinta de fatal beleza coas campás do cinematógrafo baixo os grandes letreiros de neón, agullas e vinilo. Agochado baixo a luz, pendente da música sen luar e da lubre de brancura e espíritos de néboa que se confunden na palma do pintor durmido. Anxo Bello Solla REVISTA CULTURAL Nº 30 CURSO 2016-17
CREACIÓN LITERARIA POESÍA
A RAPOSA E A CEGOÑA Un dı́a nunha vila fermosa
unha idea ocorré uselle á raposa
“Mañ á convidarei xantar á cegoñ a,
voulle facer caer a cara de vergoñ a”. Ao dı́a seguinte chegou a convidada que moi famenta estaba,
pero a cegoñ a quedou abraiada
un prato chan na mesa repousaba. A cegoñ a, que era educada,
non se queixou e quedou calada mais ao dı́a seguinte
devolveulle a xogada. Preparou unha sopa, convidou a raposa,
pero esta non puido xantar
pois a xerra non era de doar. Un prato chan,
unha xerra estreita,
unha ensinanza mortal
e a raposa segue famenta.
Estela Muíños Gargamala (2º ESO)
REVISTA CULTURAL Nº 31 CURSO 2016-17
CREACIÓN LITERARIA POESÍA
A RAPOSA E A CEGOÑA A raposa trampulleira
invita á cegoñ a a xantar, a cegoñ a moi contenta acé ptao sen pensar. A noite seguinte
a raposa serve a cea,
pero o prato é moi baixo
e a cegoñ a non lle chega. A cegoñ a enfadada decı́dese vingar
e convida a raposa
a un sabroso manxar. “Come, come”, di a cegoñ a servı́ndolle unha xerra
pero a xerra é moi fonda e a raposa non lle chega. Esta é a historia
da cegoñ a e a raposa
que por querelo todo ela non probou a sopa.
Marta Muíños (2º ESO)
REVISTA CULTURAL Nº 31 CURSO 2016-17
CREACIÓN LITERARIA POESÍA - HAIKÚ
Busca a branca luz un oco entre as negras nubes. Carlos Glez. Cabaleiro O tempo branco, a calor das mantas, o son da chuvia. Aitana García García Molla as follas choiva de lóstregos, paso do tempo. Mikel Pico de Oliveira Caen as tellas. nunha vella aldea desfanse as casas. Inés Martínez Mouriño Os mil paxaros asubían fermosos as vivas cores. Carla Barciela López Noites escuras alumean a lúa, sombras na alma. Sara Pérez Borrajo
REVISTA CULTURAL Nº 31 CURSO 2016-17
CREACIÓN LITERARIA POESÍA _ TAUTOGRAMAS Gardamos grandes gorxas coas gadoupas gafadas do gabinete. Aitana García García Poder de pirata palpitando na popa, prisioneiro da patria, protexido do pobo, perdoado polo pasado Mikel Pico de Oliveira
Ana Santorio (1º ESO)
Desvergonzado de dicir que digo, desexando durmir disertando. Lucía Mouriño Leirós Ollo as cousas da vida, ocasións feroces. O observatorio da visa, os outros outonos pasados. Antoloxía e Gnoseoloxía, o home e a vida. Aitana García García
Feroces feras ferintes facendo feridas feras, formulando ferintes fragmentos, finitos e fráxiles froitos de feridas feras e ferintes. Lucía Mouriño Leirós Poucas palabras poden prometerse pero, pai, prométeme pretos paxariños. Sara Pérez Borrajo REVISTA CULTURAL Nº 30 CURSO 2016-17
CREACIÓN LITERARIA POESÍA
A LINGUA DAS BOLBORETAS Silencio. O camiño ás fauces para deixar paso a un furgón. Pragado de soños
Risos. Ventos febles axitaban as primeiras follas do outono. Frío no meu corpo quente, quente de vergoña, quente de rabia. Sapoconcho. Viga mantedora da sabedoría, base de falsas promesas de ver a pequena lingua das bolboretas.
Levádeo! Facede desaparecer os piares da educación! Perseguídeos até a morte! Que ningunha verba quede libre; nós somos a súa censura. Cariño odioso daquel que abandona as promesas, as viaxes, as apertas; nada de traxes, aventuras, procuras. Silencio.
REVISTA CULTURAL Nº 30 CURSO 2016-17
CREACIÓN LITERARIA POESÍA
SÓ POR AÍ I don’t wanna miss a thing e pénsote mentres camiño por onde os rueiros me levan cara ti.
As miñas guedellas hanche inspirar nostalxia Ou! Raíña da noite que me invade. Fuxín dos meus por terte en min. Fóra de ti todo son inquedanzas. Afastamento dos que me procuran: un vendedor ambulante casado cunha vella que delira laméntase de que o meu non ten cura. De ti non me quero liberar. Zóasme o sangue até me deixar seco, mais eu son indiferente. Zoa en min ata comigo rematar.
REVISTA CULTURAL Nº 30 CURSO 2016-17
CREACIÓN LITERARIA POESÍA
O MÍSTER E IRON MAIDEN:
Voltar coas mans baleiras tivera sido mellor que voltar só. En que demos pensabas para causarnos tal dor? O mar ten moitos ollos, testemuños do que pasou nun sono aletargado do que ninguén che avisou.
Volta co triunfo nas mans! Grita que fuches ti quen triunfou! O míster xa esquece que grazas a el marcaches un gol.
Remata xa con isto! Esperta dese letargo que usou o espectro de Iron Maiden e pra quitarche a vida validou.
REVISTA CULTURAL Nº 30 CURSO 2016-17
CREACIÓN LITERARIA POESÍA
DEBUXOS ANIMADOS Salchichas verdes separan o amor de sempre morto.
Rivalidade: porcos superheroes, morte absoluta.
REVISTA CULTURAL Nº 30 CURSO 2016-17
CREACIÓN LITERARIA POESÍA A CHEGADA DA SABEDORÍA CO TEMPO: “Anque as follas sexan moitas, a raíz é só unha”, e busqueina ata a loucura, pai, son o fillo que non te cura. Sálvame da tolería que me preme. Só buscaba soidade na rúa cando un can de grande orella dura me persegue ata inspirar tenrura. As rosas de O’Leary son a fermosura, mais non as souben mirar coa brancura de quen, inocente, abandona a amargura. Nunca na vida din a altura pero hoxe a sabedoría en min xura que anque as follas sexan moitas, a raíz é só unha.
Uxía Martínez e Manuel Otero (2ºBach)
REVISTA CULTURAL Nº 30 CURSO 2016-17
CREACIร N LITERARIA RELATO
RECREANDO Vento ferido de CARLOS CASARES
REVISTA CULTURAL Nยบ 30 CURSO 2016-17
CREACIÓN LITERARIA RELATO
O xogo da guerra Botámolo a sortes e tocoume. Eu penso que a miña irmá fixo trampa, pero calei. Díxome miña nai “Ven”. Eu non quería ir, pero é o que hai. Miña nai era especial, segundo o meu pai, pero eu penso que só era algo distinta ao que temos entendido por normal. “Ven”, repetiu. E fun. O alboio quedaba lonxe. Algo así como a cincuenta metros da casa e, claro, aínda por riba chovía e, para darlle máis brasa ao asunto, tiña que ir buscar as verduras para cear logo. Non é que non me gusten, só que as coles de Bruxelas, unha das integrantes da cea danme moito noxo, e, segundo o sorteo, tíñaas que papar eu. Cheguei e collín as verduras, non quixen nin miralas. Púxenas na cociña e miña nai cociñounas, soas, sen unha mísera pataca. Púxome o prato diante e espetoume: “Come”. Díxenlle que non. “Mira, neno, non me enchas”, volvín dicir que non. “Mira que…” Sabía que ía dicir algo do móbil, para ela todo é culpa do móbil; que perdemos o partido, culpa do móbil; que Feijoo non sabe falar galego, culpa do móbil e así todos os días. Eu non quería, ben o sabe Deus. E comín. Acabei o prato e fun ao baño. Agora, dous días despois sigo no hospital; resulta que , por vomitar, queimei o esófago e fixen feridas na boca. Cando chegue á casa… ben o sei, que lle meto un candeado ao alboio que non o abre nin o Judini ese.
Alejandro Figueroa (4º ESO)
Monólogo Se me din, pois que me digan, que se eu non entendo, nin entendo. Se me din, pois que digan, que eu das miñas orellas fago xordeira. E é que se falo, porque falo; e se calo, porque calo. Entón mellor berro e así quito o medo. Si, eu tamén sei berrar! Que sei que eu non son igual, pois seino. Que sei que eu son distinto, quizais especial, seino. Que nun intre o meu redor vólvese enxordecedor e tapo as orellas. Que nun intre o tacto vólvese arrepiante e afástome dos abrazos. Que nun intre o cheiro vólvese tan forte que o nariz nin o soporta. Que nun intre a lingua quéimaseme co leite e o colacao, aínda cando non está fervendo. Que nun intre morro de dor polos meus propios sentidos. E se me din, pois que me digan, que se non entendo, pois non entendo. –e se me din, pois que digan, que se saben que non entendo o sarcasmo, moito menos unha broma. E se me din, pois que digan, pero que non me amolen por ser como son. E se me din, pois que digan, pero que non me amolen por ser quen son. Patricia Vilar (4º ESO)
REVISTA CULTURAL Nº 30 CURSO 2016-17
CREACIÓN LITERARIA RELATO
UNHA HISTORIA QUE ARREPÍA Era unha noite escura e sombría. Fóra chovía a mares e nin sequera o suave son da televisión conseguía transportarme ás tranquilas augas do sono.Na habitación contigua oía a lenta e pausada respiración dos meus pais. Levanteime e asomeime á ventá. Nalgún punto da lonxanía produciuse un breve resplandor e, no instante seguinte, un enxordecedor trono caeu. Estremecinme dos pés á cabeza, e unha suor fría percorreume as costas. Aquela era unha desas noites nas que penso que algo malo vai suceder irremediablemente. E esta é unha desas noites nas que o medo se me mete no corpo e a parálise apodérase de min. Aínda que me diga que só era unha noite de treboada non podo quitarme de enriba o desacougo. Apoiei a fronte contra o frío cristal e mirei fóra. A escuridade tragárao todo.Todo, menos a lúa, decateime. Ía volver de novo á cama cando percibín algo distinto na noite. Apreciei unha especie de vulto xusto cando un raio prateado da lúa iluminou tenuemente a noite. A masa informe levantou a peluda cabeza e ouveou á lúa.Sentín que me quedaba ríxida e o medo apderouse de min con máis forza. Corrín cara á porta da miña habitación para avisar os meus pais, pero cando alcancei o pomo, a realidade golpeoume. Que lles ía dicir? “Mamá, papá, correde a pola escopeta, hai un home lobo na casa!” Claro que non. Estarei tola? Non existe tal cousa! Volvín deitarme, agora convencida de que fora unha mala xogada da miña mente producida polo medo, a miña superstición e esas antigas lendas que tanto me gustaban. A pesar das miñas cavilacións, quedaban aínda rastros do terror que experimentara ao ver ao lobishome pola ventá. Tentei pechar os ollos e esquecer, pero logo duns minutos, escoitei un ruído estraño na habitación dos meus pais, como de cruxidos e un borboriñeo, e logo unhas suaves pisadas, case inaudibles. Levanteime por segunda vez esa noite, e fun cara á habitación dos meus pais. Cando ía abrir á porta, percibín un terrible fedor a sal e óxido xuntos. Só podía significar unha cousa, e creo que non estou preparada para enfrontala... Malia todo, entrei. Afoguei un grito de terror e tristeza. Enfronte de min, xacían os meus pais, desangados e destripados; mortos. Tapei a boca coa man. Esvarei. Estrañamente, as lágrimas non acudían. Non podo dicir canto tempo estiven así, medio tumbada, coa man sobre a boca e os ollos abertos de puro terror. Entón oín uns pasos fortes e sorprendentemente coñecidos para min. Erguinme coma unha zombi e no limiar da porta estaba o meu mellor amigo, Xoaquín. Tiña o ademán serio e grave, pero cando dirixiu a súa mirada a min, o seu rostro dulcificouse. Acercouse a min, con brazos abertos, en sinal de aperta. Non sei porque pero vacilei e aparteime, unha idea arredada bulía na miña cabeza. Tentei recuperala, pero estaba demasiado conmocionada e confusa como para centrarme en nada nese momento. Cando Xoaquín tentou apertarme de novo, non me resistín e correspondín á súa aperta. Porén, notei algo raro. O seu corpo estaba ardendo, e non sei cómo, pero souben que non era de febre. Sentín as REVISTA CULTURAL Nº 30 CURSO 2016-17
CREACIร N LITERARIA RELATO
REVISTA CULTURAL Nยบ 30 CURSO 2016-17
CREACIร N LITERARIA RELATO
REVISTA CULTURAL Nยบ 30 CURSO 2016-17
CREACIÓN LITERARIA RELATO súas unllas que me rascaban, e notei que os seus brazos se recubrían de pelaxe por momentos. De súpeto, sentín un pinchazo moi forte na miña pel que empezou a arder máis do que me podería abrasar unha fogueira. Gritei e gritei de pura dor, sen importarme nada máis. De súpeto, deixei de notar a aperta, e baixei os brazos, con esa idea totalmente desenvolvida na miña mente, porque diante miña, xa non había un rapaz de dezaseis anos, senón un enorme lobo branco como a neve. Simulaba a perfecta imaxe da pureza, de non ser porque tiña a súa preciosa pelaxe manchada de sangue. A intensa dor seguía abrasándome, pero tentei reprimila. Fuxín cara á porta principal e, cos ombreiros, rompina. Estaba moi asustada e demasiado emperrada en fuxir. Pero unha segunda idea empezou a xermolar na miña mente, unha idea moito máis terrorífica cá anterior. Non mirei para atrás a ver se me perseguía o lobo branco. A esas alturas o único que percibía con intensa claridade era a absoluta dor do meu meu pescozo. Cesei un segundo a miña carreira, para tocar a ferida, pero cando palpei o pescozo, alí non había nada. A incesante chuvia caía sobre min. Pensei se todo aquilo non fora máis ca un terrible e angustioso pesadelo, se todo sucedera en realidade. Cavilaba nisto cando unha dor moito máis forte e abrasadora cá anterior me sacudiu de arriba a abaixo, alertándome de que todo fora real, dolorosamente real. De pronto, deixei de sentir a chuvia sobre min, e mirara onde mirara, vía todo vermello, só vía sangue. Nun momento de lucidez en medio do miña tortura, pareceume ver o fermoso lobo branco, iluminándome o camiño, e pareceume ver todo un pouco menos vermello, un pouco menos terrorífico. A dor regresou tan forte coma antes, pero agora soportábaa mellor. De pronto, encontreime correndo a gran velocidade, sentindo que o lume na miñas veas xa non era un inimigo, e cos últimos rescoldos da dor, caín na negrura apacible que segue á inconsciencia. Unha claridade repentina fíxome emerxer do meu tranquilo estado. Incluso antes de abrir os ollos, sentín coma se tivese o corpo descolocado, cos ósos rotos. Non me podía mover. As bágoas ameazaban con saír e os recordos da noite anterior viñeron á min coma terribles pesadelos dos que xamais escaparei. Todo o meu corpo tremeu. Non podía crer que nunha soa noite todos os meus pesadelos, os meus medos máis profundos e escuros se fixesen realidade. No sabía qué era o que me esperaba, se enfrontarme a terrible idea na que nin sequera me atrevera a pensar, ou se todo fora un pesadelo moi real, e amencería na miña brandiña cama, coma se nada pasara. Facendo de tripas corazón e cunha soberana forza de vontade, abrín os ollos. Antía Rodríguez (3º ESO)
REVISTA CULTURAL Nº 30 CURSO 2016-17
CREACIÓN LITERARIA RELATO
Carla Martínez e Claudia Kaulback
REVISTA CULTURAL Nº 30 CURSO 2016-17
CREACIÓN LITERARIA RELATO Botábao en falta. Aquela rapaza era incapaz de vivir sen seu avó, eran os mellores amigos que podían existir. Ela pasárao mal cando el se puxera malo, pero a el doíalle máis non poder estar con ela ca a dor que tiña. Aquela rapaza vagaba pola casa adiante coma unha alma en pena, sempre esperaba que foran as sete para poder ir ao hospital a xunta del. Subir por aquel elevador supoñíalle unha ledicia inmensa, sentíase cada vez máis preto del, e el podía sentila chegar. Ao abrir aquela porta da habitación 202, un raio de luz traspasaba miradas, dous corazóns uníanse mediante dous sorrisos, dous sorrisos sinceros. A hora facíase moi curta, sempre facía falta máis tempo para estar xuntos, unha hora un ao lado do outro parecíalles un minuto, e un minuto separados convertíase en unha hora. Compartían sorrisos, segredos, lían poemas, cantaban...O mellor momento para aquela rapaza era cando o seu avó lle cantaba, sempre cantaba a mesma canción e ela nunca se cansaba de oíla. O avó contaba que tivera unha infancia moi dura, que seu pai morrera cando el tiña once anos e que tivera que deixar a escola para ir traballar, tiña que manter a familia cando se converteu en home da casa. No tempo que tiña libre dáballe clase unha mestra ourensá que vivía na súa casa, chamábase Aurora. O seu avó sempre lle repetía aquela lección que aprendera no ano 50 e era que todas palabras que en castelán empezan por “h”, en galego empezan por “f”. Quedáralle gravado na súa memoria toda a vida, igual que a ela. Cando se despedían naquela habitación era a hora de cear, ela non o quería deixar só a esa hora porque eles sempre ceaban xuntos; non lle gustaba marchar mentres el comía, colocáballe uns auriculares que como el dicía, eran chulos de carallo, tíñallos que poñer porque el poñía a televisión moi alta e o compañeiro do lado queixábase, dicía que era parvo. Cando el marchou, ela pasouno fatal, unha parte da súa vida marchou con el, todos os recordos permanecían. Ela aínda segue esperando que alguén a esperte dese pesadelo, que a chame á porta pola noite e que lle pregunte se está durmindo. Ela quere que volva o seu avó. Pasou toda a súa vida con aquel home de mans fortes, que a arrolaba cando era só un bebé, recorda cando lían “O Carro” de Manuel María, poema que marcou as súas vidas, recordaba a súa frase por excelencia: entendes o choio”, ou cando lle dicía algo do que só eles dous se decataban: “cada un para si”. Pensa que nunca poderá encontrar a alguén coma el. E ten razón, nunca vai volver a ter outro avó, outro avó que a marque para toda a vida, un mestre que marchou antes de tempo. Carla Martínez e Claudia Kaulback (4º ESO)
REVISTA CULTURAL Nº 30 CURSO 2016-17
CREACIÓN LITERARIA RELATO
O baile segue. Ela, sentada nun banco de pedra da alameda soa,
non ve a ninguén. Chegou esta mañá ben cedo. Agardábana os tíos na estación.
Pasou o día espiando vellos
detalles: a tecla do piano que daba un son a pao que lle rinchaba os dentes.
REVISTA CULTURAL Nº 30 CURSO 2016-17
CREACIÓN LITERARIA RELATO
Aquel xornal do ano 1912,
alguén
que
gardara
quen
sabe
cando! Na páxina 12 do dicionario latino de
Raimundo
Miguel.
de
María López (4º ESO)
REVISTA CULTURAL Nº 30 CURSO 2016-17
CREACIÓN LITERARIA RELATO
VISIÓNS 13 de marzo de 1850 Sei que o lume se achega; vese ao lonxe. A xente cre que está controlado, pero non é certo. Seino, sei que non me estou enganando. O que non teño claro é como dicirlles aos meus pais que teño un don; podo ter visións. Algo si é certo: o futuro sempre pode cambiar. Mais confío que esta vez non sexa así.
2 de abril de 1850 O único que fago é escribir cartas, se cadra unha simple pluma e un papel poden facer algo. Levo tempo dicíndolle a meus pais que teño un don, pero continúan sen crerme. Estou sentada á beira da fiestra. Pecho os ollos. Suplico que non pase nada. Pero o lume segue a achegarse; deixa montes queimados; leva por diante todo canto topa. Aínda así, as persoas que me rodean seguen a crer que os bombeiros van solucionar o problema.
30 de abril de 1850 Non sei qué facer, se escapar, se ficar e alomenos estar os últimos días que me restan coa miña familia. Decido saír do meu cuarto e correr cara á porta da saída, non para fuxir senón para visualizar o lume atentamente. Subo a un muro situado a carón da miña casa coa axuda das fortes enredadeiras que o cobren. Albisco ao lonxe. Collo a miña pluma e un papel e escribo. Ollo á fronte, esta volta sen xanela, apenas se ve verde; todo é lume. Consigo tamén apreciarcatro persoíñas vestidas de cores un pouco estrañas. Doulles todo o meu apoio, pero sei que esta vez non poderán facer nada. Agora mesmo chove. Escoito unha voz que di o meu nome:”Abril”, pero non fago caso. Espero que a chuvia continúe días. Pero chova ou trone, ninguén vai mudar o meu xeito de pensar. 15 de maio de 1850 Pecho os ollos; a chuvia molla moi devagar a miña face. De novo, percibo outra visión; nela amósase o lume rodeando a nosa casa; vaina queimando lentamente. De súpeto, asústome e caio ao chan desde un muro que mide uns dous metros. Érgome do chan, magoada, con feridas nas pernas e nos brazos; algo me rescatara. É inexplicable, como se algún ser me collera e me ceibara bruscamente no chan. REVISTA CULTURAL Nº 30 CURSO 2016-17
CREACIÓN LITERARIA RELATO Decido voltar á casa, non me explico que puido ser aquilo porque un ser humano non podería ter corrido tan rápido. Cando chego á casa, estou enchoupada. Pero non me importa, porque sigo a pensar no lume. Percibo unha visión, ou iso cría, porque ao final non consigo ver nada; é dicir, non vexo ningún tipo de imaxe, senón que o vexo todo negro. Asústame o que isto poida significar. É o final; xa non hai volta atrás. O lume rodea a casa. Escribo a derradeira carta co fin de que alguén algún día a atope. Vexo pola fiestra. Será a derradeira vez que o faga. O sol brilla máis que nunca; despídome del; despídome dos soños que deixo atrás e despídome; despídome sobre todo da vida: adeus.
15 de maio de 1855 Atópanse tres corpos sen identificar e unha caixa de aluminio cuxo interior contén catro cartas. Todo isto é atopado nunha casa calcinada polo lume. Esta vez o lume xogou unha mala pasada.
María Iglesias Rodríguez (1º ESO)
REVISTA CULTURAL Nº 30 CURSO 2016-17
CREACIÓN LITERARIA RELATO
RELATO ESCRITO A PARTIR DA SEGUINTE NOTICIA:
Recordo aqueles ollos abertos cos que me soías mirar. Unha mirada melancólica que me devolvía a realidade. Aquel día a súa ollada non era diferente. Daquela non entendía ben o porque; normal, tendo en conta que só tiña 6 anos de idade. Cando miña nai me levou ata aquela embarcación de goma negra e desgastada, emocioneime. “Unha viaxe”, pensei. Naquel día gris de outubro aínda non comprendía que ía ser de todo menos unha viaxe. Se cadra un punto e aparte ou unha forma covarde de fuxir e deixar atrás o pouco que tiñamos: o noso fogar. No momento no que os meus pés espidos tocaron a lancha, o tempo detívose. Se non fose polo ollar tristeiro da miña nai, seguramente seguiría alí. O medo petrificoume. Fiquei ancorada no pouco valente que era pero o meu orgullo obrigoume a dar ouitro paso adiante. Non era o único alí. A miña memoria traizoeira non me permite lembrar cantos homes, mulleres e nenos agardaban alí unha esperanza. Os xornais din que 480, e eu era un desa conta total. Pouco a pouco, iámonos arredando da que fora a nosa terra, abalados polas ondas cun ruído mecánico constante que non me permitía escoitar máis que os pequenos sons que emitían as gaivotas. O tempo avanzaba cunha lentitude inigualable. Só podía ver a inmensidade do mar. - Cando veremos terra?- berreille a miña nai para que a miña voz sobrepasase o monótono ton do motor. A súa expresión mudou por completo. Os seus ollos, antes baleiros, xiraron para verme e nun susurro, díxome: - Axiña. Crina. Non tiña porque crela. REVISTA CULTURAL Nº 30 CURSO 2016-17
CREACIÓN LITERARIA RELATO O axiña converteuse en horas e horas e un reloxo imaginario movía as agullas ao compás do mar; o mar que se converteu no meu principal foco de atención; un mar en calma ata que... Ata que se escoitou un forte ruído acompañado dun berro arrepiente de dor. Unha seguinte peza de metal brillante de una navegación, que comezou a perder aire a un ritmo irregular. Ollei só unha vez para atrás e vinos. Aqueles cinco homes con armas nas mans e un aspecto feroz. Agora sei que o que pretendían facer era roubar e secuestrar aos pasaxeiros; é dicir, a nós. Volvín a vista e foi a derradeira vez que vin a miña nai viva. Unha bala atravesoulle o peito e o sangue salpicoume na cara. Prefiro pensar que non sufriu; é o máis fácil. Unha idea fugaz pasoume pola mente. - Adeus- deiteille no oído- Quérote. Empuxeina ao mar antes de que a barcaza fose a pique. Foi un acto puramente egoísta; non soportaba ver os seus ollos sen vida. Caín na auga salgada e foi a miña oportunidade de deixar de pensar. Cando subín á superficie respirei profundamente e soltei todas as penas. O meu corpo relaxouse. Pechei os ollos e sentinme parte dun conxunto, parte do mar como a miña nai. Non sei canto tempo permanecín así. Cada segundo foi coma un soño. Un soño ou un pesadelo que rematou cando unha forte luz me iluminou a cara. Palpabrexei intentando adaptar os meus ollos a tal cantidade de luz. Alguén me agarrou do brazo e subiume á cuberta dun gran navío. Esa mesma persoa deume unha manta e salvoume. Salvoume como fuixera antes miña nai. - Como te chamas? –díxo o meu heroe. -Grazas- foi o único que fun capaz de dicir. Aínda hoxe penso que a mellor palabra dun idioma é a que me serve para agradecer de forma sincera, un grazas. Catro anos despois. Carlota Fernández Martínez (3º ESO)
REVISTA CULTURAL Nº 30 CURSO 2016-17
CREACIÓN LITERARIA DESCRIBINDO
AGRADECEMENTO Queremos agradecer a Luís Pereda Canal que nos deixase as súas magníficas fotografías que serviron de fonte para as descricións que aparecen nesta revista: “Xubilado con cámara”. Desfrutamos tamén noutros momentos do curso na súa magnífica colección de retratos e de instantáneas de Ribadavia. Esperamos novas coleccións para o vindeiro curso. As farolas están apagadas. É de día, mais a altura dos edificios non permite á luz chegar á estreita rúa. Choveu. A rúa está mollada polo que cómpre ter coidado ao baixar pola pequena pendente, e mais se este día é sábado e pola noite vas saír de festa con tacóns. A pequena columna do extremo do balado sorrí ao fotógrafo. Semella unha bruxa piruxa cos beizos vermellos, os enormes ollos e, sobre todo, co cono a modo de sombreiro. Só lle falta un lunar nese nariz de porco que ten. A súa mascota: un pequeno bacoriño rosado que se atopa algo asustado nesa altura, vai detrás dela seguindo a súa dona ao saír do bar “O patín”. Dous bechos pintados na parede - un verde e outro con estrelas- miran pasmando a escena. Nunca ata agra...viran un porco alí. Sara Pérez (2º Bach)
REVISTA CULTURAL Nº 31 CURSO 2016-17
CREACIÓN LITERARIA DESCRIBINDO Redondela, vila mariñeira e de viadutos, vístese hoxe de azul claro con pinceladas brancas e pomposas. As augas, que teñen no seu escuro fondo centos de historias vividas, milleiros de segredos agochados, que presenciaron guerras e mortes hai milleiros de anos, hoxe permanecen tranquilas, alleas a calquera problema da vila. A tranquilidade e harmonía do momento vese acentuada ademais polo reflexo do ceo nas augas. Ao fondo, as barquiñas inestables dos mariñeiros descansan varadas na área lamacenta da ría. Detrás, unas árbores verdes e frondosas protexen do efecto da auga mariña as casas da primeira liña da Praia. Estas son principalmente novas e pintadas, na súa maioría, de granate ou cor tella. Algunhas contan con pequenas veigas onde se ven plantados os viñedos. Finalmente, ao fondo, destacan unhas montañas desgastadas polo paso do tempo e en apenas árbores que fan do que debería ser unha paisaxe verde e d¡chea de vida, un cadro desgastado e apagado. Marta Parada (2º Bach)
REVISTA CULTURAL Nº 31 CURSO 2016-17
CREACIÓN LITERARIA DESCRIBINDO Dende un recuncho, escondido tras o pilar que sustenta a ponte que une Redondela coa estrada xeral, o fotógrafo observa. Clic. Xa se achan inmortalizadas en centos de bits de imaxe dixital as mercadeiras da praza e abastos. Alleas a esta situación, observamos como levan a cabo a súa actividade cotiá. Cuns poucos caixóns plásticos cheos de leitugas, cebolas, feixóns, uvas… pero tamén da súa suor de cada día, sentan, pacientes, agardando a que os consumidores rematen a súa xornada de compra adquirindo froitas e hortalizas para gorecer os seus pratos principais. Ao fondo da imaxe, tras os postos destas traballadoras mulleres, descansan os seus fieis corceis, os animais de carga que as axudan a levar as súas mercadorías dende as fincas e leiras onde nacen, ata o corredoiro da morte no que se atopan, coma porcos no matadeiro, coma un polo que sabe que vai ser degolado. As citadas furgonetas, sen nome de empresa nin teléfono de contacto, cheas de rabuñadelas que probablemente se deban ao medo conducir que moitos dos nosos avós comparten, son o selo de identidade destas señoras que xuraría que algunha vez foron a base dunha economía familiar castigada pola necesidade. Mariana Cabaleiro (2º Bach)
REVISTA CULTURAL Nº 31 CURSO 2016-17
CREACIÓN LITERARIA DESCRIBINDO Unha rúa, unha casa. Un tempo novo, unha ruína. Chan de pedra coma a alma de Galicia, sempre unha ascensión ata o paraíso da soidade pola que sempre soño. Rodea a casa un momento de moderna tristeza. Cun edificio á dereita da morte ceibe e, á súa esquerda, un colector que aloxa nel ilusións de beleza. Todo iso é a verdadeira decadencia. Pero o espírito da foto é unha ruína. Unha pincelada escura do pasado nun momento aínda máis negro. Nótase que a casa está soa; destaca pola súa beleza presente no presente. Pedra sobre pedra, ilusión sobre ilusión, norte tras norte e lembranza tras lembranza mantiveron en pé o edificio mancillado na porta sagrada, que conduce ao misterio, cunha mensaxe asasina pero certa. Que importa a política na arte que abrazou a ruína? Un esquelete de granito, madeira e ferro. Non hai nada máis fermoso ca un cadáver do pasado. A súa varanda suxire curvas dun corpo un dunha idea en espiral, suxeitada pola verticalidade da razón e o pensamento. A casa chora, consciente de ser ruinosa nun espazo case perfecto, e dalgún xeito, alienada polo feito desprezable de esquecer o que xa forma parte do espazo nunha sombra irreal. Sen coñecer eu a realidade da ruína, permito que o meu pensamento vague polas dimensións posibles da imaxe. Ouro e cristal, jazz e mar, pracer e lírica, Proust e soidade, guerra e fraternidade, Sartre e norte… a verdadeira beleza atópase na súa individualidade Anxo Bello (2º Bach)
REVISTA CULTURAL Nº 31 CURSO 2016-17
CREACIÓN LITERARIA DESCRIBINDO Un solpor de verán. Unha lembranza morna e pasaxeira polo ton gris azulado das nubes pasaxeiras, moi ao lonxe. Luz, luz cálida dun sol lendario que alumea xa no comezo dos tempos entre cores alaranxadas. Non chega a nós esa calor natural dun atardecer de verán, as nubes ocúltana. Non contento co feito, o sol tenta escapar por entre os buratos desa masa tupida, desa barreira celestial. As parroquias de Rande e Santradán sómense na máis escura das penumbras, ambas unidas por unha sombra definida no horizonte, a fermosa e non rematada ponte de Rande, como amosan os altos guindastres que a sosteñen. O mar, respondendo ás aclamacións dun ceo azul, cobre as costas das parroquias escurecidas e mais da solitaria praia da vila que viu nacer. O pavimento, nunha loita por lle gañar terreo ás naturais areas é pisado polo único depredador da imaxe. O seu costume é saír a correr no solpor que lle lembra aqueles días de nenos nos que corría cos seus compañeiros. As súas roupas, dun ton vermello intenso e negro profundo semellan o fondo dun logo reflectante que resalta aos ollos de calquera condutor despistado. Saúda coa cara virada para deixar a súa pegada nunha fotografía case eterna, pero sempre con coidado de ver onde pisa. Uxía Martínez (2º Bach)
REVISTA CULTURAL Nº 31 CURSO 2016-17
CREACIÓN ARTÍSTICA
REVISTA CULTURAL Nº 31 CURSO 2016-17
CREACIÓN ARTÍSTICA
ENTRE INTERIORES A maxia está entre interiores.
Dende pequenos nos ensinaron a non xulgar un libro pola súa portada, a probar a comida antes de dicir que non nos gusta, a querer as persoas pola súa personalidade e non polo seu aspecto, etc.; pero de verdade levamos isto a cabo?
Cantas veces temos oído que x político non poderá ser presidente polas súas pintas, cantas veces temos escoitado que non deberiamos xuntarnos con x persoas porque teñen mala pinta ou cantas veces non probamos a comida porque nos ten mala pinta?
Imaxinádevos que sodes cegos, xulgariamos a comida polo seu sabor; aos políticos, polos seus discursos; ás persoas, polo seu corazón; aos cantantes, pola súa música; a un libro, pola súa historia. Imaxinádevos xulgar as cousas polo que son, que disparate! Unha vez máis, o que de verdade debemos aprender é que a maxia está entre interiores.
REVISTA CULTURAL Nº 31 CURSO 2016-17
CREACIÓN ARTÍSTICA
A esencia de Madrid Estaba sentada, fronte ao ordenador, facendo calquera cousa, non máis alá de
calquera día cando sucedeu. Un forte cheiro a Madrid asolagou o cuarto. Ulía ao
Prado, aos desfeitos cadros de Rubens, aos xardíns de El Bosco, ás Meninas de Velázquez. Ulía a verdade, aos longos paseos de mañá polo Retiro, apreciando
sempre a beleza do Palacio de Cristal. Ulía ás súas rúas interiores que de día non eran nada e de noite cobraban vida. Ulía a café, a café do malo, do que tomas
cando chove. Ulía aos flocos de millo que se facían cada media horas nas salas do grandioso Teatro Lope de Vega. Ulía a música, á que soaba nos destartalados
saxofón ao longo da Gran Vía. Ulía a suor dentro dalgúns traxe de Micky Mouse na Porta do Sol, aso ruxidos dos leóns da Cibeles, ao fume dos coches da Calle de
Alcalá, ao eco que se producía ao berrar na Catedral da Almudena. Ulía a Madrid en toda a súa esencia. Nunca unha sensación foi tan boa.
REVISTA CULTURAL Nº 31 CURSO 2016-17
CREACIÓN ARTÍSTICA
BELEZA Fálame de ti,
de como te sentes,
das veces que choraches
cando estás soa,
non por min, senón por ti.
Fálame de ti,
da causa do teu sorriso,
da razón pola que te levantas cada mañá, do medo que sentes cando anoitece. Fálame de ti,
dos teus lunares,
dos teus ollos que amosan galaxias,
dos sorrisos que deixas cravados nas miñas costas cando te vas. Fálame de ti, despois de bicarme, antes de que te vaias.
REVISTA CULTURAL Nº 31 CURSO 2016-17
CREACIÓN ARTÍSTICA Á VIDA. A vida sen ti, xa non a quero
Que tristes aqueles que non te viron sorrir!
Sorrir de esperanza.
Que sorte aqueles que non sufriron polo teu amor!
Amor de verdade.
Que pena aqueles que non te viron espida. Espida de dor.
Que parvos aqueles que non te viron embriagada.
Embriagada de sentimentos.
Que incrédulos aqueles que non te viron vivir.
Vivir de creatividade.
Non, non quero vivir sen o teu sorriso, sen o teu amor, sen o teu corpo, sen as túas borracheiras, sen a túa arte. Négome a vivir sen ti, vida!
REVISTA CULTURAL Nº 31 CURSO 2016-17
CREACIÓN ARTÍSTICA FOGAR Miña curmá-avoa sacou os álbums de fotografías da súa infancia cando ían de vacacións a Galiza sendo pequena, comezou a explicarme como era antes o lugar onde eu vivo, ensinoume fotos da voda da miña avoa, fotos dos xantares que facían cando eran as festas da aldea, mil e unha fotos do Viso. Parecíame un lugar tan fermoso e tan descoñecido… Era moi triste que non coñecese o lugar onde eu vivía. Ensinoume unha foto da illa de San Simón na que por detrás aínda non amosaba a Ponte de Rande, a fotografía estaba en branco e negro, pero eu vivía a cor do mar e do ceo e sentíame viva. Facía tres semanas que non miraba o mar, a auga da miña ría, da miña Terra. Decateime de que á miña curmá caíalle unha bágoa polos beizos, ela tamén vía a cor do mar. De súpeto, correu unha brisa que ulía a Ría, que ulía a mar, que ulía a liberdade. Nese momento díxome algo que non esquecerei nunca:
-Non te vaias da túa Terra, aínda que te obriguen, porque ese é o teu lugar, onde debes estar, onde non vas botar nada en falta porque todo está aí.
Naquel intre deime conta do que botaba en falta: o mar, o ceo, ver pola ventá o monte da Peneda, a comida da miña avoa e, sobre todo, oír falar galego pola rúa.
REVISTA CULTURAL Nº 31 CURSO 2016-17
CREACIÓN LITERARIA VIAXE A LONDRES
MY IMPRESSIONS ABOUT LONDON The trip to London was very interesting and funny. One of the things that I liked the most was the mixture of different cultures in the same city. The visit to the National Gallery was amazing. This museum has pictures from the 13th to the 19th Century . The works that I enjoyed the most were the Venus of the mirror by Velázquez and The virgin of the rocks by Leonardo Da Vinci. There were also some interesting pictures by Rubens (Sanson and Dalila) and Rembrant (Self-portrait). On the ground floor I saw a shocking painting by Caspar Friedrich, Winter lanscape with church. The painting was small, but it expresses huge emotions. On the same floor there was the Crucifixion of Jesus by Delacroix . I must say I like the artistic movement of the Romanticism a lot. Saint Paul Cathedral is awesome too. The big dome, the mosaics are impressive. We can see there a pre-Raphaelite picture called The light of the world by William Holmant Hunt, which expresses a strange mysticism. In conclusion, I brought home important and enriching experiences I will never forget . Manuel Estévez Mouriño (1ºBach B)
Discovering London This trip has been amazing, I never thought I would have such a good time, we were so many people that it was scary, but that was the best thing, our union and the good feeling. Candem Town is a very cool place, the style that people have, the shops, how nice and multicultural people are, it is amazing, the environment is very pleasant. I have to confess one thing, the best moments I had were not in museums or historical places to my surprise, the best moments were when we were all together at the end of the day to tell the thousand stories that had happened to REVISTA CULTURAL Nº 30 CURSO 2016-17
CREACIÓN LITERARIA VIAXE A LONDRES us in the morning and afternoon, because that's when you realized how much you were enjoying. I miss people dancing in the streets, taking the tube, meeting new people (because we always knew someone new in each place), also I will miss the horrible food and the busy city, buses and red phone boxes and also, the bad weather. Thanks to the teachers for organizing this trip again that has joined us all a lot more and for helping us discover London. All the wonderful memories of this place will be in some red phone box or at the end of a Starbucks café. Antía Collazo Ferradáns (1ºBach A)
Our trip to London Our trip to London was something that most of us had been waiting for since we became ESO students and it really fulfilled our expectations, so I will start by giving thanks to the teachers who made this possible. Just when we arrived to the airport, we could feel we were getting inside a complete different world, full of little and magical details which fascinated us and made us love the city so much that we wish we hadn’t left. When you walk around the streets, you turn into an ant wandering just like everybody else in the crowd but, at the same time, you can’t stop feeling different, excited, even important, when you stare at those impressive places like the Big Ben or the Buckingham Palace, where maybe you’d like to think you are part of that amazing universe which attracts thousands and thousands of people every year. London is a city where you always have something to see or do. There are so many museums and historical buildings, interesting activities and cultures living together enriching the place, that I find it impossible to choose just one day of REVISTA CULTURAL Nº 30 CURSO 2016-17
CREACIÓN LITERARIA VIAXE A LONDRES the trip as my favourite one and I see the whole stay like one experience that I would love to repeat as soon as I can. Miguel Rancaño (1ºBach C)
TRIP TO LONDON
This trip was very special for me because it was the first time I travelled to London. It was an incredible change because their culture was very different from ours and there were a lot of people from different cultures too. My favourite part of the city was the part near to the Thames river, with the Big Ben, the London Eye and the Houses of Parliament. It was a really beautiful place to take pictures and see the awesome lanscape. I also liked Picadilly Street, because it was a very busy street and a nice place to walk around and see all the shops. I think that the only thing from London that I didn´t like was the food, because there weren't a lot of places to eat properly. Although I think that it's something which can be ignored because the trip really worth it. I would travel again to London because it's a wonderful place to visit and was a fantastic experience to do this trip with my classmates. Hugo Cabrera (1ºBach B)
REVISTA CULTURAL Nº 30 CURSO 2016-17