CREACIÓN LITERARIA POESÍA Que calma se sente! Unha paz fermosa irradiando o ambiente, envolvendo calquera cousa. Tranquilo e paseniño, un gran silencio na rúa dorme aos meniños, esperta á vella Lúa. Miguel Rancaño Míguez (3º ESOC) Xa hai tempo que te fuches un tesouro sempre meu voaches moi lonxe, en dirección oposta. Non sentirei morriña, porque todos pasamos polo mesmo. Unicamente afundido na vellez estou, e dende a miña cama despídome e dígoche “adeus”. Samuel Costas Castro (3ºESOB)
A ESTRELA DESCOÑECIDA Nunha noite estrelecida unha soa estrela Destaca no ceo escuro semellando unha candea Nun cadro escuro como a morte as estrelas moito brillan A señora, impotente lúa A todos nos encandila. Os focos de luz ardente crean numerosas formas que todas as noites se repiten seguindo un patrón. Inés Martínez, Rocío Toucedo e Claudia Roza (4º ESOB) REVISTA CULTURAL Nº 29 CURSO 2014-15
CREACIÓN LITERARIA POESÍA Xoguei, rin, soñei un espazo de tempo. Vin, escoitei, falei. Era feliz, non máis ca calquera nun mundo gobernado por min. Tíñao Todo, Todo Unicamente so me faltaba algo... Definitivamente souben que... Era ela. Elías Costas Bouzas (3º DIV) AOS DESTERRADOS Afastáronos do seu lar, intolerantes monstros disfrazados de vellos heroes cun falso mérito. Leváronlles as súas familias aquel renegado usurpador de poder o “caudillo” e o seu séquito. Leváronlles toda a esperanza á que se aferraba como un náufrago a unha táboa perdida. A auga que os separaba daquela terra amada, causando dor sobre abertas feridas tornouse lixivia. Bágoas que corrían polas fazulas daqueles avós que botaran da terra para esquecelos noutras novas e escuras. As viúvas choraban dos aqueles desterrados pois xa non volverían a velas. Fóranlles arrebatados. Pablo Rodríguez, José Bujones e Uxía Martínez (4ºESOB)
REVISTA CULTURAL Nº 29 CURSO 2014-15
CREACIÓN ARTÍSTICA
REVISTA CULTURAL Nº 29 CURSO 2014-15
CREACIÓN LITERARIA RELATO
SE NON CRES NAS PANTASMAS… Había Unha vez un home que vivía nunha gran cidade. Nun verán decidiu ir de vacacións a un pequeno pobo. O home quedou sorprendido ante aquela tranquilidade e aquela forma de vivir. Ao decatarse de que de que pola zona se vendía unha casa, decidiu mercala. A xente da vila avisoulle de que na casa había unha pantasma, pero el non facía caso. Xa na primeira noite escoitou ruídos e viu cousas estrañas, pero pensou que eran os veciños que querían asustalo.
Pasaron os anos e unha muller decatouse de que había varios días que non o vía na praza do pobo. Fórono buscar á casa, pero non abría, polo que decidiron entrar. Ao chegar á cociña atoparon o seu corpo no chan, e nas paredes estaba escrito con letra de neno: “O que non cre nas pantasmas será o primeiro en converterse nunha”. Elía Lago (1º ESOB)
O CANTANTE, A CANCIÓN E AS ILLAS CÍES Un día, un cantante quería compoñer unha canción, pero non lle viña a inspiración. Entón foi buscala. E foi buscala ao Camiño de Santiago. Levoulle un mes facelo, pero valeulle a pena, porque coñeceu a moitos persoas de distintos países. O malo era que non lle veu a inspiración. Entón probou a ir ás Illas Cíes. Fixo a rota da Pedra da Campá, a da Cadeira da Raíña... Fixo todas as rotas da illa, mais non lle veu a inspiración. Quedou uns días máis e, cando ía ir comer ao restaurante do camping, viu unha
muller fermosísima e namorouse dela. Ao principio era tímido, pero logo comezou a falar con ela e namoráronse os dous. Ao namorarse dela, víñalle a inspiración e por fin compuxo a canción coa axuda da súa noiva. Vendéronse moitos discos. E, para celebralo, casaron. Empezaron a poñer a canción na radio e sempre que a oían, lembraban a súa historia de amor. Sempre que podían ir ás Illas Cíes, ían. Lucía Vilaboa (1º ESOB)
REVISTA CULTURAL Nº 29 CURSO 2014-15
CREACIÓN LITERARIA POESÍA
REVISTA CULTURAL Nº 29 CURSO 2014-15
CREACIÓN LITERARIA
INVENTANDO NOTICIAS A PARTIR DUN POEMA DE LORCA POEMA DE LA SOLEÁ SORPRESA Soleá de Cádiz Muerto se quedó en la calle con un puñal en el pecho. No lo conocía nadie. ¡Cómo temblaba el farol! Madre. ¡Cómo temblaba el farolito de la calle! Era madrugada. Nadie pudo asomarse a sus ojos abiertos al duro aire. Que muerto se quedó en la calle que con un puñal en el pecho y que no lo conocía nadie.
APARECE MORTO UN MOZO NA RÚA. Estase investigando se se trata dun axuste de contas ou dun asasinato. Na madrugada de onte apareceu o cadáver dun mozo nunha rúa pouco transitada e pouco iluminada, xunto a un farol. O corpo do mozo presentaba feridas de arma branca e un puñal cravado no peito. Foi un ancián, que estaba paseando ao seu can e que, ao escaparlle este e ir a buscalo, quen atopou o cadáver do
mozo. Avisou aos servizos de urxencias e á policía. Cando chegaron, só puideron certificar a súa norte. O corpo permaneceu ata primeira hora da mañá do día seguinte agardando a que chegara o xuíz de garda e ordenara o levantamento do cadáver. Fontes da policía están investigando a identidade do mozo, quen carecía de documentos que o identificasen. Desde ese día, a rúa permanece pechada. Nuria Avión Montero (3ºESOB)
REVISTA CULTURAL Nº 29 CURSO 2014-15
CREACIÓN LITERARIA ASASINATO EN CÁDIZ. Hoxe ás 8.00 am descubriuse un cadáver acoitelado na praza de Cádiz.
Descoñécese a identidade do asasino, o que podemos saber é que era un atracador. “O asasino tiña claras as súas intencións: levar os cartos e non
A vítima presenta signos de ter sido
deixar nin rastro”, sostén o xefe da
acoitelada cinco veces no peito.
policía de Cádiz.
Os feitos transcorreron de madrugada,
Para
segundo os informes forenses. Non
increméntase o número de policías
houbo testemuñas, polo tanto, foi un
pola noite e recomendase estar en
asasinato silandeiro e rápido.
casa antes do anoitecer.
evitar
A vítima era un turista alemán duns 36
máis
asasinatos,
Luís Díaz Álvarez (3ºE SOB)
anos, algo moi normal por estas datas xa que o número de turistas alemáns aumenta.
ASASINAN A UN HOME DE
madrugada do día de hoxe, segundo
MADRUGADA EN CARABANCHEL.
demostrou a autopsia realizada. O
O home fora un coñecido traficante de drogas. Morre asasinado un home, cuxo nome aínda non se coñece, na rúa San Isidro, en Carabanchel. O falecido tiña un
asasinato
seguramente
estivera
relacionado co pasado do defunto. Aínda non se recoñeceu ao falecido nin á persoa que o matou, pero a policía xa está en marcha.
pasado vencellado co mercado da
É xa o décimo asasinato que acontece
droga e, debido a iso, distanciárase da
neste barrio debido ao mercado da
súa familia e dos seus amigos. Quedara
droga no que vai de ano, e xa é
libre hai pouco tempo tras permanecer
considerado un dos barrios máis
oito anos no cárcere do lugar onde o
perigosos de España.
asasinaron. O asasino empregou un puñal que
Manuel García Fernández (3º ESOB)
cravou no peito da vítima durante a REVISTA CULTURAL Nº 29 CURSO 2014-15
CREACIÓN LITERARIA ASASINATO EN CÁDIZ.
determinar que o asasino foi o señor
Na madrugada do día de onte, o señor
Lorenzo Míguez Salgueiro. Ao
Miguel Fernández Prado foi asasinado
parecer, a causa do asasinato foi unha
nun barrio de Cádiz. Os forenses
débeda de cinco mil euros que o señor
afirman que o asasino cravoulle un
Miguel non lle devolveu.
puñal no peito, o que provocou unha hemorraxia interna e, posteriormente, foi empurrado contra un farol cercano perdendo
así
o
coñecemento
o
suficiente tempo como para acabar coa súa vida.
Os veciños afirman que o asasinado non era coñecido por ninguén dese barrio. Os documentos que o señor Miguel portaba demostraron que era sevillano. O xuízo contra o señor Lorenzo terá lugar o 27 de setembro ás
Grazas a unha pegada que había no mango do puñal, os forenses puideron
12.00 da mañá. Manuel Ángel Lago Martínez (3ºESOB)
REVISTA CULTURAL Nº 29 CURSO 2014-15
CREACIÓN LITERARIA POESÍA
A ESTRELA DESCOÑECIDA Nunha noite estrelecida unha soa estrela alumea destaca no ceo escuro semellando unha candea
Nun cadro escuro como a morte as estrelas moito brilan A señora impotente A todos nos encandila
Os focos de luz ardente crean numerosas formas que todas as noites se repiten seguindo un patrón
Inés Martínez Gallego Rocio Toucedo Rodríguez Claudia Roza Vidal
REVISTA CULTURAL Nº 29 CURSO 2014-15
CREACIÓN LITERARIA TEXTOS HOLOGRÁFICOS Eu, Antía Collazo, outórgolle á miña filla Vicky os cadros que pintei da miña infancia, todos en branco, para que algún día debuxe con tinta de imaxinación os seus soños máis profundos. Eu, Antía Collazo, o nome polo que todos me coñecían, déixolle ao meu querido pai, con mellor saúde ca min, o nome de Dana. Eu, Antía Collazo, déixolle ao meu compañeiro de armas, Hugo, o cheiro a cloro que mantiven toda a vida e que el deixou cando cumpriu quince anos. Esta fragancia gárdase no máis profundo da miña pel. Eu, cuxo nome non sei, deixo ao meu noivo da adolescencia as promesas que nunca chegamos a cumprir. Deixo a area da praia do Vao á miña irmá maior, Uxía, onde pasamos os peores momentos facendo o que máis nos gusta. Deixo á miña irmá menor, Noa, todos os sorrisos que me sacaba cada mañá de nubes infinitas. Deixo ao sol o ruído da choiva; ao río, a auga salgada; ás bágoas, cada brillo nos ollos; aos dentes, as miñas queridas uñas que nunca os deixaron sos nos momentos de nerviosismo. Déixolle ao tempo o reloxo, para que sempre saiba que hora é. Déixolles ás viaxes interminables en coche a música, para que endexamais se esquezan dela. Déixolles aos cegos todas as sensacións que producen as cores. Eu, Antía Collazo Ferradáns, outórgolle todo o que vivín nesta vida humana, xa sexa bo ou malo, ao meu inimigo máis respectado que me acompaña durante meses, apodado morte, para que saiba que gañei esta liorta durante moitos anos e que xa vai sendo hora de deixalo gañar. Antía Collazo Ferradáns (3º ESO) Eu, Patricia Villar Suárez, deixo o boli e o lapis co que escribín as miñas mellores historias ao meu irmán pequeno para que aprenda ben a escrita. Eu, Patricia Villar Suárez, deixo a miña gran imaxinación á miña curmá como recordo das miñas distraccións nos seus mundos de fantasía.. Eu, Patricia Villar Suárez, regalo os meus máis secretos sentimentos aos meus fillos para que os garden e coiden ben con todo o seu anhelo. Eu, Patricia Villar Suárez, deixo a miña colección de libros que tanto aprecio ás persoas que os saiban valorar tanto coma min. Eu, Patricia Villar Suárez, entrego a miña voz chillona ao neto, para que poida desafogarse berrando aos catro ventos todo aquilo que dolorosamente garda no seu interior. Eu, Patricia Villar Suárez, deixo toda a miña bondade e o meu amor ao primeiro membro que naza na miña familia, para que medre cun bo corazón e cheo de alegría. Patricia Villar Suárez (3º ESO) REVISTA CULTURAL Nº 29 CURSO 2014-15
CREACIÓN LITERARIA POESÍA
Marcos Carballido Lago Nicolás Álvarez Blanco
REVISTA CULTURAL Nº 29 CURSO 2014-15
ENTREVISTA
ENTREVISTA Á ESCRITORA ELENA GALLEGO Como é que non sendo galega escribes en galego?, porque te criaches aquí? Eu escribo en galego porque é a lingua que falo na miña vida cotiá, porque me gusta e coido que os meus personaxes teñen unha identidade propia que dificilmente sabería expresar doutro xeito. Eu non nacín en Galicia porque naquel momento meus pais traballaban fóra do país, mais crieime en Verín, unha vila da provincia de Ourense. Aínda así, meus pais non falaban galego na casa e, ata que cheguei ao instituto, todas as materias da escola impartíanse en castelán. Isto mudou trala aprobación da Lei de Normalización Lingüística, o 14 de xullo de 1983, e dende aquela puiden estudar, traballar e vivir en lingua galega. Cando empezaches a escribir historias e por que? Eu comecei a escribir historias dende ben cativa, porque era un xeito de crear novos mundos nos que vivir. Con 13 anos atrevinme a escribir a miña primeira “novela”, nun feixe de folios que a miña nai tiña gardados nun caixón da casa. Tamén escribía poesías, coas
que
ganei
algún
certame do meu instituto. En que te inspiraches para escribir Dragal? Dragal naceu para demostrarlle ao meu fillo Adrián (si, chámase como o protagonista, mais o seu nome non leva “h”) que en Galicia dragóns
pode
haber
tan fantásticos
como os das novelas que el adoitaba ler con 15 e 16 anos, e ademais en lingua galega. Que acontecería se un rapaz como el se transformaba, na vida real, no último dragón? Esa foi a cerna de Dragal, a orixe. Por que elixiches Santiago como lugar no que pasa a historia novelada? A historia de Dragal non acontece nun lugar concreto, aínda que poidan recoñecerse diversas localizacións de Galicia. Os nosos personaxes viven nunha vila da costa na que hai catacumbas (en Galicia hai algunha vila na que hai túneles REVISTA CULTURAL Nº 29 CURSO 2014-15
ENTREVISTA soterrados), e Dragal podería ter algún parentesco co dragón que habitou no Pico Sacro (Ou aínda vive alí, quen sabe!). En realidade a historia de Dragal acontece en Galicia, porque me inspirei na nosa historia e lendas. Por que fixeches unha triloxía? Dragal non naceu como unha triloxía. O meu reto era escribir unha novela para demostrarlle ao meu fillo que podía haber novelas de dragóns galegos, con elementos ha historia de Galicia, escritas en lingua galega, que enganchasen aos lectores da súa idade. Cando rematei a novela decidín presentala a un concurso, o Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil, do que quedou finalista. Tal e como o recomendou o xurado, Edicións Xerais propúxome a súa publicación. Mais como a historia de Dragal quedaba incompleta no primeiro libro, era preciso rematala. Seguín escribindo e, dese xeito, converteuse en triloxía. Que che resulta máis fácil escribir unha novela ou un artigo? Por que? Pola súa dimensión, resulta máis sinxelo escribir unha noticia de prensa ou unha reportaxe. En calquera caso, o traballo da xornalista e o da escritora non é o mesmo. Os xornalistas debemos captar a realidade, ser testemuñas do que acontece, para transmitirlle esa realidade aos nosos lectores, ouvintes ou telespectadores. Os novelistas xogamos coa imaxinación para crear outros mundos, inventar historias que engaiolen ao lector. En ambos casos traballamos coas palabras, mais son dous mundos diferentes. En que se parece Hadrián aos rapaces de hoxe en día? Hadrián é un rapaz normal, coas ilusións, obxectivos e problemas dos rapaces de calquera rapaz de hoxe. A única diferenza é que se transforma en dragón. Pero talvez non sexa o único. Quizais existan máis dragalianos entre nós... Porque a saga continúa. Tes en mente algunha nova novela? No mes de marzo verá a luz unha nova entrega da saga Dragal, “A estirpe do dragón”. Ademais, estou traballando noutros proxectos que poderían ver a luz en 2015, pero que prefiro non avanzar. Se queredes ler outras novelas miñas, podedes descubrir a historia dos Sete Caveiras, unha novela negra ideal para aqueles aos que tamén lles gustan os misterios de Agatha Christie. Samuel Santos e Manuel Rancaño (3º ESO-C)
REVISTA CULTURAL Nº 29 CURSO 2014-15
ENTREVISTA
O PASO DO TEMPO NA INDUSTRIA DE REDONDELA Celia e Eva son nai e filla e son dúas xeracións vivas de mulleres que traballaron e traballan (respectivamente) nunha das empresas que se dedican á conserva de peixe e marisco no concello de Redondela. Ambas as dúas son avoa e nai dun alumno deste centro (Daniel Domínguez Arosa, de 2º ESO A) A conserveira Rodríguez, Pascual & Cía S.L. (La Coca) foi fundada en 1961 por D. José Rodríguez Lago, para a fabricación de peixes e mariscos. Tras o falecemento do seu fundador en 1979, a empresa pasou a ser dirixida polos seus fillos. Celia comezou a traballar cando tiña 21 anos. Daquela a empresa tiña arredor de 20 ou 30 empregados. Houbo unha época (hai aproximadamente 10 anos) que chegou a ter sobre 50 empregadas. Agora, na época de Eva como traballadora, a empresa volve a contar con 20 ou 30. A diminución puido deberse á mecanización do sector. Cando empezaches a traballar, como eran os horarios e as quendas de traballo? C: Era xornada continua todo o ano. Se había exceso de traballo quedabamos a traballar máis horas (as que fixeran falta) e pagábanse máis ou menos a unha peseta a hora extra que para aqueles tempos eran moi ben pagadas E: Agora é xornada partida no inverno e polo verán é xornada intensiva de 7 a 3. Cal era a parte máis dura do traballo? C: Palear a cuncha. A fábrica estaba en Vilavella e non era nada moderna. O máis duro era palear a cuncha que viñan buscar en camións para levar para abono das leiras. Tamén era moi duro o traballo cos atúns porque eran moi grandes e pesados. Había homes que facían eses traballos, pero ás veces había que axudarlles. E: Tamén palear a cuncha, pero agora só en ocasións moi contadas cando rompe a máquina. O dos atúns aínda o seguimos facendo a man e non hai homes. Eran apropiados os salarios?
REVISTA CULTURAL Nº 29 CURSO 2014-15
ENTREVISTA C: Traballar alí estaba moi mal visto polo olor que se daba a peixe ao saír e por iso os salarios eran bastante bos porque non atopan moita xente que quixese traballar alí. Ademais, como xa dixen, as horas extras pagábanse se quedabas a traballar ou a limpar. E: Está pagado correctamente, por convenio. O difícil agora é entrar. Todo o mundo quere traballar alí e só o fan os familiares de antigas traballadoras. Canta produción se sacaba diariamente? C: Traballábase moito para Francia, par Barcelona e tamén para Redondela. Exportábase máis do que se producía para a contorna. Tamén tamén traballabamos para o exército con latas propias e exclusivas. E: Agora séguese traballando moito para Francia e tamén para particulares que van alí a comprar xa que se traballa con mexillón, berberecho, cabala, atún, zamburiña e bacallau, polbo, sardiña, xouba... Que traballo se facía a man e cal con máquinas? C: A man limpábase o peixe, botábanse as salsas e os aceites nas latas e incluso se pechaban as latas meténdoas manualmente nunha máquina. E: Só limpamos o peixe a man. Todo o demais fano as máquinas. Como ves o futuro da empresa? C: É unha empresa herdada. Fundouna o pai que se dedicaba máis ben ao labor de dirixir e agora lévaa un dos fillos que é un máis na empresa e traballa como o primeiro.O seu labor como traballador e como xefe é ideal. E: Por produción, podería continuar, pero os xefes están próximos á xubilación e os seus descendentes non se adican especificamente a este negocio. O futuro pode ser un traspaso, unha venta ou unha cooperativa entre as traballadoras. Cres que cambiará tanto a fabricación que o poderán facer todo as máquinas? C: Hai traballo que sempre se terá que facer a man, como, por exemplo, limpar o peixe ou empacar. Pero aí outros traballos que xa fan as máquinas. E: As máquinas sacaron moitos postos de traballo, pero tamén aliviaron moito o esforzo físico das traballadoras. Hai cousas que se teñen e se terán que facer a man. Que opinas sobre a situación laboral? C: O traballo era normal, non había controis, pero fixen de todo. Sempre estiven ben tratada como empregada porque tamén me adaptei a todo o que me mandaban; nunca me chamaron a atención porque non me neguei a facer nada. Así, tamén aprendín de todo. E: Teño unha situación laboral que moita xente quixera: soldo, pagas extras, cea de Nada, cesta de fin de ano, participación de lotaría e, o máis importante, unha moi boa conciliación da vida familiar e laboral.
REVISTA CULTURAL Nº 29 CURSO 2014-15
CREACIÓN LITERARIA POESÍA
REVISTA CULTURAL Nº 29 CURSO 2014-15
OPINIÓN
A RESPECTO DAS CONSTRUCIÓNS NO NOSO TERRITORIO O urbanismo e a arquitectura en Galicia son moi pouco respectuosos co medio que os rodea. Os núcleos urbanos no noso territorio están moi dispersos; entre eles adoita haber edificacións, xa sexa vivendas, edificios comerciais ou industriais, ademais de solo agrícola. Ao meu parecer isto fai que o medioambiente en Galicia se vexa totalmente modificado polo home exceptuando os lugares que, por sorte, chegaron a ser espazos protexidos; por exemplo, as serras dos Ancares e O Courel ou as fragas do Eume. O resto dos espazos naturais máis correntes e próximos ás zonas urbanizadas están moi modificados xa que se buscou que tiveran un rendemento económico, como terras de cultivo e, principalmente, como explotacións forestais. Na maioría dos montes fixéronse plantacións de eucaliptos, unha especie procedente de Australia cun gran rendemento económico, xa que teñen un crecemento moi rápido, pero cun gran problema, que secan o solo e non deixan que outras especies autóctonas como os carballos medren preto deles. Outros problemas son os diferentes proxectos de infraestruturas públicas que, debido á mala organización do urbanismo, afecta a moitos habitantes e, por suposto, ao medioambiente. Entre estas estruturas, destacan as construcións de estradas e vías para o tren de alta velocidade que, non noso concello e noutros, provocaron as protestas de veciños ou o PXOU de moitos concellos coma o redondelán que están aínda sen ser aprobados ou suscitan a protesta dunha parte considerable da veciñanza. Lucas Couñago Barreiro (2º BACH.)
REVISTA CULTURAL Nº 29 CURSO 2014-15
OPINIÓN
¿ES ESPAÑA UN PAÍS MACHISTA? Una encuesta del CIS afirma que entre el 30 y el 40% de los jóvenes de entre 18 y 25 años creen que las mujeres que han sufrido violencia de género "tuvieron que haber hecho algo". Centrándome en esta encuesta, podría comenzar afirmando que, efectivamente, España es un país machista. Pero no debemos precipitarnos, ya que también se deben incluir en la encuesta aquellos hombres de mayor y menor edad. Antes de nada, cabe decir que el machismo es, según la Real Academia Española, "una actitud de prepotencia de los varones respecto de las mujeres". En mi opinión, a esta definición se deben añadir las palabras superioridad y poder sobre la mujer. Eso sería plenamente el machismo, según mi punto de vista. Es aquí donde encontramos la violencia de género, en el poder sobre la mujer y la idea errónea de sentirse superiores. En la vida diaria se hace notar en frases como:"¡No me enfades o no respondo de mis actos", en cuyo caso se amenaza a la mujer y hace sentir miedo; "Ascendiste en tu puesto/Conseguiste aprobar porque te llevabas bien con el jefe/los profesores", o en el caso de que el maltrato físico ya existiese, "Te pego porque te quiero", para justificarse de su hecho. Estas y muchas más son frecuentes en la vida de las mujeres maltratadas. Esos no son medios para dar a entender a tu mujer que tú llevas la voz cantante en tu casa, o que no debe hacer algo hecho y que no te gusta. Menos todavía para acabar una discusión, acompañado con un golpe; eso sería la gota que habría colmado el vaso. Para acercaros otro dato veraz y más concreto, debo deciros que las muertes por violencia de género en el pasado año 2014 han sido muchas menos que en 2008, 2010 o 2011, aunque considerables, en concreto 53. Pero no solo es esto, sino que a ello se le deben sumar los casos que no han llegado a ser mortales, o aquellos que no han sido ni siquiera comunicados por miedo, vergüenza o ignorancia. La vergüenza de la maltratada, el miedo de sus hijos o la ignorancia de su familia y/o vecinos. Por lo tanto, queridos compañeros, mi conclusión es muy clara: el machismo en España dista mucho de ser un problema del pasado. Uxía Martínez (4ºESO- B)
REVISTA CULTURAL Nº 29 CURSO 2014-15
OPINIÓN
Machismo oculto ¿Qué es el machismo? Según la RAE, el machismo es la actitud de prepotencia de los hombres respecto a las mujeres. Personalmente, considero esta definición totalmente errónea. Para empezar, el machismo no es algo que únicamente impongan los hombres, sino que es un hecho que ha influenciado a la sociedad durante siglos y siglos y, lógicamente, no es sencillo de cambiar. Es esencial saber separar entre sexismo y machismo. Creo que se debe erradicar principalmente el sexismo, pues desapareciendo este, el machismo sería nulo. ¿Cómo erradicar el sexismo? Primero deberíamos detectar qué es lo que influencia tanto a la sociedad de hoy en día, fijarnos en pequeños detalles y verlos desde otra perspectiva. El ejemplo más claro es la publicidad. Dejando de lado la cosificación a la que se ve degradada el ser humano debido ai marketing, los productos de limpieza son anunciados por mujeres, mientras que los productos de, por ejemplo, jardinería, son protagonizados por hombres. De hecho, el otro día vi un anuncio que empezaba diciendo algo así como "rosa, niña; azul, niño". Ser bombardeados día tras día con estos tópicos influencia a la sociedad sin que esta se dé cuenta, pues lo hemos asumido tan bien que nos parece algo normal y correcto esta separación por sexos (es más, yendo más allá, nos impone una única forma de vida y hasta la negación de nuestra propia identidad y orientación sexual). No se debería permitir esto. No deberíamos permitir esto. Este sexismo es el que ha agigantado el machismo, es el culpable de las vejaciones a la mujer que cada día son más frecuentes. Pero, negando lo sentenciado por la RAE, como ya he dicho, no es algo que ejercen únicamente los hombres, pues propias mujeres creen que es normal que un hombre las controle (entre otras). De esto culpo a libros como 50 sombras de Grey, que parece tratar las relaciones abusivas (porque no nos engañemos, vende una relación abusiva) como algo inofensivo. Critico a todas aquellas obras con el "chico malo que se comporta así por un pasado traumático" como protagonista y que hacen que una relación donde se sufre violencia de género parezca un juego, un reto para vivir una historia de amor bonita. Si no ha sido detectado todo esto en un simple libro, ¿qué nos dice que será detectado el machismo en la sociedad? Inés Pérez Couñago (4ºESO A) REVISTA CULTURAL Nº 29 CURSO 2014-15
OPINIÓN
O USO DO TELÉFONO MÓBIL Segundo as Normas de Organización e Funcionamento (NOF) do IES Mendiño, no seu artigo 2.14 no que se regula o uso da telefonía móbil e outros aparatos electrónicos, o alumnado ten prohibido o uso do móbil e de aparatos reprodutores de gravacións sonoras en todo o recinto escolar do instituto. Esta norma, coma todas as prohibicións, causa controversias e diferenzas de opinión. Neste artigo recóllense algunhas das declaracións do alumnado, tanto a favor coma en contra. Por unha banda, parte do alumnado está a favor desta decisión e maniféstao en afirmacións como as seguintes: 1. O uso do móbil nos centros escolares debería estar prohibido porque mentras os profesores explican, os alumnos non atenden ás súas explicacións porque están a falar cos seus amigos a través das redes sociais. 2. O seu emprego non só afecta á súa vida académica senón tamén á súa vida social, é dicir, que o alumnado ao estar co móbil non interactúa entre si. Por exemplo, saen ao patio e quedan parados falando polo móbil e non xogan nin falan uns con outros en persoa. 3. O teléfono móbil na aula ten que estar prohibido porque se podería utilizar para buscar as solucións nos exames e non sería xusto para outras persoas que estudan. 4. Dentro do recinto escolar non é necesario o uso de telefonía móbil porque se xorde alguna urxencia, pódese empregar o teléfono fixo do instituto. Por outro lado, está o alumnado que cre que o teléfono móbil debería estar permitido dentro das instalacións do recinto escolar. As razóns poden resumirse nos seguintes puntos: 1. O teléfono móbil podería utilizarse como ferramenta de traballo para consultar dúbidas puntuais xa que non se conta con ordenador en cada aula do instituto. 2. En caso de emerxencia poderían empregarse os dispositivos móbiles para avisar os pais ou incluso o 061. REVISTA CULTURAL Nº 29 CURSO 2014-15
OPINIÓN 3. Aínda que non resulta de todo pedagóxico, o teléfono móbil usaríase en determinadas aulas como ferramenta de entretemento ao igual que se fai cos reprodutores de DVD. Poderían achegarse outras xustificacións, tanto a favor coma en contra do emprego da telefonía móbil e de aparatos reprodutores de música, pero o que parece claro é que nin o propio alumnado se pon de acordo con respecto a unha norma que resulta tan controvertida a priori. Alumnado de reforzo de Lingua e literatura galega de 2º ESO A
REVISTA CULTURAL Nº 29 CURSO 2014-15
CREACIÓN LITERARIA POESÍA
REVISTA CULTURAL Nº 29 CURSO 2014-15
BIOGRAFÍAS
“Benito Novelle, o avó” Naceu no ano 1936 na parroquia de Cesantes (Redondela), onde viviu boa parte da súa vida acompañado das súas tres irmás e dos seus pais. Cando tiña 12 anos (a miña idade actual), deixou os estudos para facerse mariñeiro coma o seu pai e os seus irmáns. Tiñan un pequeno barco co que pescaban para logo vender as capturas coa súa nai.
En 1952 casou coa miña avoa, Josefa Fernández, coa que tivo cinco fillas nunha casa preto da praia de Cesantes á que se mudaron despois de casar. Mentres o meu avó ía pescar nunha embarcación da súa propiedade; a miña avoa coidaba dos fillos, traballaba no campo e, cando era época, ía mariscar. En 1970 marchou nun cableiro inglés, no que percorreu varios países de todos os continentes: Xapón, India, Australia, Cuba, Estados Unidos, Hawai... Ao meu avó o que máis lle gustou foi as Illas Bermudas. Segundo di el, é un lugar onde se respira tranquilidade: un remanso de paz, no que te podías bañar a calquera hora do día ou da noite. Nese barco fixo moitos amigos. En 1985 o barco inglés decidiu contratar a tripulación con menos soldo, polo que o meu avó e os seus compañeiros deixaron o barco e, como moitos galegos, tivo que ir buscarse a vida.
REVISTA CULTURAL Nº 29 CURSO 2014-15
BIOGRAFÍAS Ao regresar, colle de novo a súa barquiña e volta á pesca de baixura coa axuda do seu fillo Pedro. No ano 2001 xubilouse e agora adica o seu tempo libre a coidar as leiras. Ainoa Rodríguez Novelle (1º ESO C)
“Ramona Míguez Pérez, A Penisca” Naceu en xullo de 1915 en Cesantes, un pequeno pobo de Redondela. Non tivo unha vida sinxela. Comezou a traballar moi nova, primeiro no xornal e logo no mar. Quedou embarazada moi noviña, o que lle impediu ir a festas e bailes. Ela resume estes feitos cunha frase: “Era inocente, pero non parva”. A súa vida cambiou cando coñeceu ao que sería o seu home, Jaime, “O Porrero”. Pasaron momentos complicados, sobre todo cando el marchou á guerra. Durante dous anos estivo en Teruel, pasando moita fame e perdendo moitos compañeiros. Cada vez que podía, Ramona enviáballe paquetes con comida e cartos. Jaime volveu ao cabo de moito tempo, enfermo e en cadeiras de rodas, na que estivo durante dous anos. As súas vidas melloraron cando casaron. Di que, grazas a el, viviu coma unha raíña. Ademais de admirar ao seu home, tamén adora á súa numerosa familia: dous fillos, cinco netos, seis bisnetos e un tataraneto. Chegou a ver casar unha bisneta, aínda que non lle gustan moito as vodas, porque di que xa non está para eses trotes. Conta que, despois de xubilarse aos 65 anos, deixou todos os traballos do campo e díxolle á súa familia: “Eu xa traballei bastante, agora tócame descansar”. Hoxe en día leva unha vida tranquila, na mesma casa na que naceu. Pasa as tardes vendo no televisor ao seu querido Jorge Javier Vázquez. Cal é o segredo para chegar a esa idade? Di que todos os días toma os seus “actimeles”; pero que o mellor é ter unha familia que te queira. Yaiza Soutullo Pérez (1º ESO C)
REVISTA CULTURAL Nº 29 CURSO 2014-15
IMPRESIÓNS ARTÍSITCAS
“A columna rota de Frida Kalho” Neste autorretrato, Frida está soa, chorando nunha chaira baixo un ceo tormentoso. Quizás sexa o seu xeito de expresar a dor física e mental. As súas antiestéticas cellas chegan a dar ata medo. O seu cabelo escuro, colocado por detrás dos ombreiros, deixa máis ao descuberto o seu corpo, no que as correaxes do corsé semellan ser o único que sostén o corpo roto da pintora. Unha
columna
fendida
en
varios
anacos
representa a súa caluga danada. A dramática abertura no seu corpo e as fisuras da seca paisaxe convértense en sinais de soidade e de dor. Este sentimento parece estar intensificado polos cravos atravesando a súa cara e o seu corpo, encarando máis duramente a tortura sufrida, na que o cravo máis longo traspasa o seu corazón. Porén, os seus beizos non indican a tristura que podería estar sufrindo, senón máis ben un xesto de aire altivo, o mesmo que o resto da cara, a pesares das bágoas esvarando polas súas meixelas. O mesmo acontece co resto das faccións retratadas, que non parecen transmitir dor, a diferenza do que ocorría co seu torso, senón superioridade. Yaiza Soutullo Pérez (1º ESO C)
REVISTA CULTURAL Nº 29 CURSO 2014-15
IMPRESIÓNS ARTÍSITCAS
“Aurorretrato aos 26 anos de Alberto Durero” Vai vestido elegantemente cunha especie de túnica ou algo similar que o fai estar moi escotado. É completamente branca con algúns detalles en azul mariño e unha grosa liña pola parte do escote de cor dourada. A súa pel non é nin moi clara nin moi escura, podería dicirse que ten un toque dourado ao igual que o seu pelo tan coidado, longo ata o ombreiro e rizado, ou tamén como a súa barba. Detrás del, ao fondo, non se pode apreciar ben o que hai pola súa cor tan escura. Á dereita hai unha ventá encadrada por un marco de cor dourada que deixa ver cara afora unha fermosa paisaxe. Debaixo desta ventá pode apreciarse que hai unhas letras douradas tamén, pero nas que non pode lerse ben o que pon. Alberto Durero tentaba expresar que os pintores da época medieval non eran uns simples artesáns, como se pensaba. Esa é a razón pola que vai vestido tan elegantemente. Aínda que a min o cadro, non sei por que razón, non me transmite moitas sensacións. Verónica Peralta Valente (1º ESO C)
REVISTA CULTURAL Nº 29 CURSO 2014-15
BANDA DESEÑADA
SETE CAVEIRAS de Elena Gallego
Home duns 43 anos chamado Antón G. M., pertencente a Valladolid, apareceu tirado nas augas do peirao de Vigo. Ten unha cazadora de motorista negra e vermella. No seu peto apareceu un click policía. Pertencía ao grupo das “caveiras”.
Cando Marta escoitou a noticia do novo cadáver, dirixiuse ao mercado do Berbés. Os restos atopados pertencían a Carlods Pereira, un home de 43 anos. Cando era novo, pertencía ao grupo dos “caveiras”. Exercía de garda civil e residía en Ourense. REVISTA CULTURAL Nº 29 CURSO 2014-15
BANDA DESEÑADA
Aparece abandonado na praia de Samil o corpo dun bañista, orixinario de Olívica. Tamén pertencía ao grupo dos “caveiras”. Actualmente traballaba como funcionario da Xunta e residía en Compostela. Tiña tamén 43 anos, como as demais vítimas.
O cuarto “caveira” aparece una praia de Matadoiro. Chamábase Roi Pérez Fernández, máis coñecido como O Rato. Ao parecer, atopárono morto cun traxe de submarinista. Residía en Vigo e era informático na súa tenda. Ao igual que as outras vítimas, tiña 43 anos. Marta odiaba os velorios. Tan pronto chegou, atopou o garda civil do primeiro crime. Este pasoulle información dunha nova vítima e Marta non tardou en chegar ao lugar indicado. Unha vez alí atopou dentro do coche un “click”... REVISTA CULTURAL Nº 29 CURSO 2014-15
BANDA DESEÑADA
O redactor xefe do xornal leu o informe “Aparece o cadáver dun home de 43 anos de idade na praia do Vao. O rescate produciuse ás 23:00 horas. Trátase de Xosé Dacosta, un coñecido cirurxián procedente de Vigo que residía en Lisboa. Dispoñíame a voltar ao coche cando se súpeto pareceume ver un obxecto de cor azul no medio da maraña. Con cuidado sumerxín a man entre os restos. Tardei uns intres pero ao final atopei o “xoguetiño”.
O policía contoulle a Marta que aparecera o sexto cadáver. Tratábase de Xocas Figueiredo de 43 anos. Escultor de baixo nivel, pero coñecido nos círculos da alta sociedade madrileña. Vivía nun chalé de Somosaguas. Marta atopou un sobre cun CD. Meteuno no ordenador e abriuno. Nel aparecía unha canción... Cando Marta e Fernando chegaron á praia, atoparon unha toalla negra, cunha caveira sorrindo e o “click” ao lado.
REVISTA CULTURAL Nº 29 CURSO 2014-15
BANDA DESEÑADA
Falei con Fernando sobre a desaparición de Curuxeiras e sobre os motivos do asasino para matar os “caveiras”. Decidimos buscar nos informes dos anos 86, na movida viguesa. Daquela, os “caveiras” non eran máis ca rapaces. Logo dunhas horas de busca, atopei o caso dunha rapaza violada por sete rapaces e o seu suicidio tempo despois. A rapaza tiña un irmán pequeno que a acompañaba, o cal recibiu unha malleira dos rapaces... Todo coincidía, o asasino xa tiña un motivo, mais por que ía deixando os bonequiños?
Ao me decatar do caso, chamei a Fernando e atravesamos Vigo en dirección a Samil. Alí atopamos o coche e, na auga aboiado o corpo de Pablo. Non o dubidei nin un instante; botei a correr cara a el e, de súpeto, un motorista saiu de ningures e impactou contra min. Fernando disparou varias veces máis, pero o motorista xa escapara. Curuxeiras estaba asustado, mais non conseguía saber o qdicía aquel nome, non lembraba nada... De súpeto, lembrouno. Aquel día no que os “caveiras” decidiran saír toda a fin de semana para tomar camiños distintos. Cando xa rematara a farra, encontraron unha rapaza co seu irmán pequeno. Collérana e violárana, ao rapaz metéranlle unha malleira e cun “click” batéranlle na cabeza.
Horas despois, Pablo estaba estable no hospital e eu traballando na noticia do xornal. Cando xa pensara que resolvera os crimes, o asasino fuxiu. Fernando chamou para informar sobre o paradeiro do asasino, Alfredo Miranda, mais o investigado afirmaba que estaba en Nova York coa súa moza. Eu non o cría e, como sabía que a súa volta estaba próxima, fun ao aeroporto de Madrid a esperalo. Cando o atopei, faleille do caso, pero el tiña coartadas dabondo e non quería contestar. Eu non me conformaba con iso, mais era o que había. Cando cheguei ao meu despacho, recollín e avisáronme de que había un paquete no coche. A curiosidade invadiume e atopei un “click” dun pallaso que sorría.
REVISTA CULTURAL Nº 29 CURSO 2014-15
BANDA DESEร ADA
REVISTA CULTURAL Nยบ 29 CURSO 2014-15
BANDA DESEร ADA
REVISTA CULTURAL Nยบ 29 CURSO 2014-15
BANDA DESEร ADA
REVISTA CULTURAL Nยบ 29 CURSO 2014-15
Cร MIC
REVISTA CULTURAL Nยบ 29 CURSO 2014-15
Cร MIC
REVISTA CULTURAL Nยบ 29 CURSO 2014-15
Cร MIC
REVISTA CULTURAL Nยบ 29 CURSO 2014-15
BANDA DESEร ADA
REVISTA CULTURAL Nยบ 29 CURSO 2014-15
BANDA DESEร ADA
REVISTA CULTURAL Nยบ 29 CURSO 2014-15
BANDA DESEร ADA
REVISTA CULTURAL Nยบ 29 CURSO 2014-15
ESTIVEMOS EN…
ROMA E FLORENCIA O alumnado de 2º de Bacharelato que cursa Relixión visitou o Coliseo, os Foros Romanos, as principais basílicas, o Vaticano, as sinxelas igrexas románicas, as espectaculares igrexas barrocas co Il Gesù como “number one”, Santa Maria sopra Minerva co seu primor gótico ou Santa Maria in Trastevere, cos seus mosaicos espléndidos. E as fontes porque a auga de Roma, como dicía Rafael Alberti, é “infinita insistencia corredora”...; as prazas, os fermosos mosaicos, o chan de Cosmati, os cadros de Caravaggio, o barrio do Trastevere, a illa Tiberina... E na cidade de Florencia, o conxunto monumental na piazza del Duomo ou cos cadros da pinacoteca dos Uffizi. Paseos ás beiras do Arno, a Ponte Vecchio, as rúas florentinas testemuñas de Dante e de Beatrice... En fin, puidemos corroborar in situ o que afirma Javier Reverte: “son nuestros sentidos quienes nos hacen viajeros [...] el secreto del arte de viajar está en saber abrirse a las sensaciones antes que a la reflexión”. Ci vediamo, allora, bellisima Roma!
REVISTA CULTURAL Nº 29 CURSO 2014-15
ESTIVEMOS EN…
LONDON
We went to London for five days and we had an unusual really good weather. We visited the most famous places and monuments and could also practise our English, because our teachers “forgot” how to get to some places, so we had to ask some pedestrians. The first day, we ate at Candem Town, where we went shopping, but the most exhausting day was when we visited the old monuments as Big Ben, Westminster Abbey or Buckingham Palace, because we didn’t have subway tickets. The best thing about the trip was that our teachers let us do things by ourselves like looking for somewhere to have lunch or buying souvenirs. Finally, this trip helped us to get to know our classmates and teachers better and it was really worth going. Alba López Cabaleiro e Natalia Piñeiro Rodríguez (1ºBACH A)
REVISTA CULTURAL Nº 29 CURSO 2014-15
ESTIVEMOS EN…
MADRID E TOLEDO Semana formidable: tempo marabilloso, actividades estupendas, relacións sociais a tope… As barcas do Retiro, O Madrid dos Austrias, a catedral da Almudena, o barrio das Letras, O Museo do Prado, Toledo: a sinagoga, a mesquita, a catedral, “El entierro del señor de Orgaz”… e, como fin de festa o Musical de “O rei León”.
REVISTA CULTURAL Nº 29 CURSO 2014-15
TAMÉN ESTIVEMOS EN,
Cine:Diamantes negros
Pontevedra
Santiago de Compostela
Faro de Vigo
Oseira, Celanova
Teatro: Té con Kant
REVISTA CULTURAL Nº 29 CURSO 2014-15
ESTIVERON CONNOSCO
Elena Gallego
Francisco Castro
IES CHAPELA
José Antonio Orge
REVISTA CULTURAL Nº 29 CURSO 2014-15
ESTIVERON CONNOSCO
Ledicia Costas
María Alonso
Marián Ballobre
Pedro Feijoo
Universidade Laboral de Ourense
USC
REVISTA CULTURAL Nº 29 CURSO 2014-15
CELEBRAMOS
REVISTA CULTURAL Nยบ 29 CURSO 2014-15
CELEBRAMOS
REVISTA CULTURAL Nยบ 29 CURSO 2014-15
CELEBRAMOS
REVISTA CULTURAL Nยบ 29 CURSO 2014-15