Enxeñería xenética Silvia López Villasenín 4º ESO
¿QUE É A ENXEÑERÍA
XENÉTICA?
A
enxeñería xenética é a ciencia biolóxica que trata da manipulación dos xenes. A
aplicación dos coñecementos da enxenería xenética constitúe a biotecnoloxía.
O ADN pode cortarse en anacos por medio das enzimas de restrinción. Estes anacos quedan cuns extremos ou bordes cohesivos, tamén chamados bordes pegaxosos, que fan que se poidan unir anacos de distinta orixe, formando un ADN chamado recombinante.
En enxeñería xenética é necesario a obtención de moitas copias de anacos de ADN para o seu estudio e manipulación. Conséguese mediante a clonación, que pode ser "en vivo" utilizando células que actúan como axentes replicativos, ou "in vitro", mediante a PCR, (Reacción en Cadena da Polimerasa).
Para
introducir ADN recombinante en células hospedadoras, recúrrese a elementos xénicos chamados vectores xénicos.
Estos son os plásmidos, os bacteriófagos e os cósmidos.
PCR
A biotecnoloxía é importante en medicina, agricultura e gandería e reporta una serie de proveitos, entre eles está a síntese de productos necesarios para a vida, diagnosis e remedio de moitas enfermidades, a prevención de enfermidades hereditarias e a consecución de plantas e animales transxénicos.
O estudio do xenoma humano, gracias á tecnoloxía da enxeñería xenética, completado en xunio de 2000 abre un campo imposible de predecir e cuxa finalidade é producir melloras na humanidade.
Todas estas investigacións e aplicacións, deben ser realizadas tendo en conta as normas universais da ética, a dignidade humana e a conservación da natureza, constituíndo un patrimonio común a todos os pobos.
TOMATES TRANSXÉNICOS
Martín Cortizas Suárez
4º ESO
Conseguiron modificar tomates insertando xenes que xeran antioxidantes que poden previr enfermidades como o cancro, de visión, obesidade... As cualidades destes tomates, conséguense ao insertar xenes dunha determinada Planta (neste caso unha flor chamada Boca de Dragón) que ten un alto contido en aminoácidos (antocionina), que tamén se atopa nalgúns froitos como as moras, arandos...
ALGÚNS EXEMPLOS DE TOMATES TRANSXÉNICOS Os tomates toman a cor da froita da que sacan os Xenes, como aquí se pode ver
PATACA TRANSXÉNICA Jennifer Feal Meijide
PATACA TRANSXÉNICA Esta pataca está modificada xeneticamente para incrementar o contenido de amIdón e destinalo á fabricación de papel, deterxentes, pegamento e outros productos industriais. Contén un xen que o fai resistente a determinados antibióticos, advertiron o perigo deste tipo de organismo modificado xeneticamente, xa que se preucupan por se por se poden xenerar problemas sanitarios e humáns
RATO HUMANIZADO PARA ESTUDAR O VIH
Adrián Allegue García 4º ESO
Conseguíuse crear un rato transxénico cun estómago e unha medula ósea humanos para estudar a incidencia do virus VIH nos humanos, xa que alí se encontran o 90% das células inmunolóxicas do organismo. É un avance importante, xa que ata agora era imposible realizar experimentos dese tipo posto que os ratos non se contaxiaban do VIH Os resultados foron como se esperaban: 63 virus por cada célula.
 Un rato modelo creado mediante o transplante dos elementos do sistema inmunolóxico dos humanos nun rato inmunodeficiente reducirå considerablemente o tempo e o custo necesarios para probar vacinas contra o VIH.
MODIFICAN UNHA BACTERIA QUE CAUSA DIARREA PARA FABRICAR DIÉSEL SINTÉTICO Yaiza Fernández Rodríguez Bioloxía 4º E.S.O
A E. Coli vive no intestino de humanos e mamíferos dos que forma parte da súa flora intestinal. Son cepas inocuas na maioría dos casos, pero que nalgúns poden provocar importantes intoxicacións alimentarias e fortes diarreas. É a E. Coli, unha minúscula bacteria que pode ser a solución á crise enerxética.
Conseguiron unha modificación xenética da bacteria que lle permite producir un combustible químicamente idéntico ao diésel utilizado en automoción.
O derivado é tan perfecto que non é necesario nin modificar o motor dos coches nin mesturarse con outros aditivos do petróleo para poder funcionar.
A técnica funciona a nivel experimental xa que para lograr unha simple culleriña de diésel sintético necesítase 100 litros de bacterias.
ANIMAIS MODIfICADOS XENETICAMENTE
Iago Vรกzquez Cagiao
Anque de momento sexa en animais, os resultados que se publican en «Science Translational Medicine» de que unha terapia xénica pode mellorar a capacidade muscular en modelos de animais pequenos e grandes afectados por una enfermidade conxénita fatal infantil coñecida como miopatía miotubular ligada ao cromosoma X, supoñen un paso de xigante na futura abordaxe das enfermidades musculares hereditarias en humanos. Estes resultados, sumados a que non se apreciou ningunha resposta tóxica ou inmunolóxica nos cans, demostran a eficacia da terapia de reemplazo de xenes para a miopatía miotubular en modelos animais e abren o camiño a un ensaio clínico en pacientes.
Usaron dous modelos animais: ratos modificados mediante enxeñería xenética cunha mutación MTM1 e cans cunha mutación xenética MTM1 natural.
Estes animais mutantes parecen moi débiles e teñen periodos de vida curtos, similares aos dos pacientes con miopatía miotubular.
Os resultados, din, son a culminación de catro anos de investigación e mostran como a terapia xénica é eficaz para esta enfermidade muscular xenética.
CÉLULAS NAI PARA TRANSPLANTES
Miguel García Martín
Estanse a xerar órganos, a partir de células nai pluripotentes, sometendo as células nun laboratorio a pH baixo Se funciona en humanos, pode cambiar o xeito no que estamos a traballar na terapia celular. Estas células son importantes para a medicina dexenerativa para curar moitas enfermidades.
Con estas células pódense fabricar órganos que non provoquen rexeitamento polo corpo do receptor, co cal os pacientes aforraranse pastillas e outros tratamentos que á larga póden dexenerar outros órganos.
Aínda que agora está en fase de estudios, nun futuro poderemos fabricar á carta os órganos que precisemos.
CULTIVOS RESISTENTES ÓS INSECTOS
RUBÉN GARCÍA PÉREZ
4º ESO
CULTIVOS AGRÍCOLAS QUE RESISTEN O ATAQUE DE INSECTOS PRAGA Obtivéronse diversas variedades de pataca, algodón, millo e outras verduras, que son capaces de eliminar ás larvas que consumen vorazmente os seus tecidos. Isto levouse a cabo utilizando xenes modificados de bacterias que están normalmente presentes en campos agrícolas, e que son inimigos naturais dalgúns insectos.
Estas bacterias producen proteínas con actividade insecticida. Con enxeñaría xenética, agora a planta produce esta substancia nos seus tecidos; cando as larvas se intoxican e morren, evítanse os danos nas follas, flores e froitos recuperando o rendemento.
A gran vantaxe é que este tipo de proteínas non afectan á dixestión dos humanos nin tampouco a presenza doutros insectos benéficos. Polo tanto reduce moito a aplicación de insecticidas sintéticos, que usados en exceso, teñen un impacto negativo no ambiente. Para os agricultores isto representa tamén ter mellores rendementos, de calidade e tamén, reducir os custos de produción do cultivo.
ALIMENTOS TRANSXÉNICOS Efectos negativos María Fraga Tizón
4º ESO
UNHA AMEAZA PARA A FERTILIDADE Un estudio revela que o maínzo modificado xenéticamente afecta á reprodución nos ratos. Este maínzo está aprobado para a alimentación humana e animal na Unión Europea e cultivouse de forma experimental en máis de 30 municipios españois.
Amigos da Terra e Greenpeace esixen a retirada dos cultivos transxénicos actualmente no mercado
RISCO DESTES ALIMENTOS Según asociacións ecoloxistas estes alimentos non deben ser usados porque presentan riscos como: -Poderían causar alteracións xenéticas ou reaccións alérxicas nas persoas que os consumen. - Non se coñece o seu efecto a medio ou largo plazo porque estánse empezando a usar dende fai poco tempo. -As plantas tratadas xenéticamente poderían alterar o equilibrio natural.
-As que desenvolven estas plantas son grandes compañías que de esta forman aumentan o control do mercado dos alimentos e fan cada vez máis dependentes aos agricultores delas.
PROBLEMAS AMBIENTAIS O uso de transxénicos aumenta o uso de tóxicos. Provoca contaminación xenética e ademáis tamén contamina o solo. E afecta ao equilibrio ecolóxico do planeta. Colaboran coa desaparición da biodiversidade. Produce unha contaminación irreversible do suministro de sementes tradicionais.