Carabus galicianus

Page 1

“Carabus galicianus”, o escaravello galego Este carábido é un representante típico dos endemismos de Galicia, habitante dos cursos altos de ríos, a casi calquera altitude. A súa distribución limítase no macizo galaico e occidente de Asturias, montes de León e sistema central portugués; desde o nivel do mar hasta os 1000 metros de altitude.

É un magnífico indicador da calidade das augas, polo que os seus factores de amenaza son a contaminación e destrucción do seu hábitat. Está incluido no Libro Vermello dos Invertebrados de España coa categoría Vulnerable da UICN. Escaravello de 20 a 28 mm, o seu aspecto xeral é oval alongado, co pronoto cadrado, cos élitros apuntados hacia o ápice e moi convexos. Cara dorsal de cor azul gris, co brillo lateral moi débil. As súas características máis destacadas son os fémures, laranxa escuro.

ADRIÁN MARCOS


Ante calquera sensación de periro busca refuxo baixo as augas, baixo as pedras ou entre o musgo húmido. É altamente higrófilo. No entorno ten que dispoñer dunha zona semiseca, a modo de praia para que poida desenvolver a súa actividade. A súa alimentación céntrase en larvas e moluscos acuáticos. Xeralmente encóntrase dentro do cauce, baixo pedras parcialmente sumerxidas: e subacuático. Este ejemplar foi fotografiado no val do río Cambás (concello de Aranga).

ADRIÁN MARCOS


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.