“Maio dos Couceiriños” E. Infantil Letra e música orixinal -Aí ven o maio fermoso, ailalelo ailala, aí ven o maio fermoso, ailalelo ailala. Ailala, ailala, ailala, ailala, Ailala, ailala, ailala, ailalaaaaaa. Os pequechos do Couceiro, vimos con moita ilusión, ensinar o noso maio, máis bonitiño que o sol. Ailala, ailala, ailala, ailala, Ailala, ailala, ailala, ailalaaaaaa.
“Maio do cuco” 1º ciclo primaria Letra orixinal, música da cantiga tradicional “Cucú, cantaba a ra” Cucú, cucú, traemos os maios, cucú, cucú, flores e ramallos. Cucú, cucú, con xestas e buxos, cucú, cucú, tapa os carabullos. Cucú, cucú, trompetas e rosas, cucú, cucú, todas moi fermosas. Cucú, cucú, que bonito está ! Cucú, cucú, do “Couceiro” vimos, cucú, cucú, cantamos e rimos. Cucú, cucú, fixemos o maio, cucú, cucú, con moito traballo. Cucú, cucú, e se lle parece, cucú, cucú, un premio merece. Cucú, cucú, marchámonos xa !
“Maio do rechouchío” 2º ciclo primaria Letra orixinal, música da cantiga tradicional “Ven bailar Carmiña”
Aí veñen os maios cubertos de flores veñen amodiño con fermosas cores
Retrouso
con fermosas cores e finos olores aí veñen os maios cubertos de flores As xestas piden fiunchos
As flores do noso maio
os fiunchos piden xestas
teñen moito colorido
os rapaces todos xuntos
e as coplas que vos cantamos
traen coroas nas testas.
soan coma un rechouchío
Retrouso
Retrouso
“Maio, esperta!” 3º ciclo primaria Letra orixinal, música versión da pandeirada de Andrés do Barro) Esperta, esperta! Xa chegou o un de maio, corre, sae a celebralo connosco neste xardín. Espertan, espertan as flores nos nosos campos, todos temos que xuntarnos para collelas para ti. Neste maíño tan colorido xuntámonos todos para cantar contigo. Marcha o inverno, chega o verán, a primavera imos celebrar!