Recomendacións nadal 13

Page 1


PRELECTORES/AS (E. INFANTIL) SOPA VERDE Ángela Madeira e Till Charlier Edit.: OQO Era unha vez un coello ao que só lle gustaba o verde: leitugas verdes, brócolis verdes, coles verdes, chícharos verdes, espinacas verdes, alcachofas verdes, pementos verdes… NON FAI FALTA A VOZ Armando Quintero & Marco Somá Edit. OQO Todos os animais teñen a súa voz.(...) O can ladra. Os cachorriños responden. O gato miaña. Os gatiños… tamén! E a xirafa? A xirafa non ten voz. E a xirafiña, aínda menos! Pero a xirafa ten un pescozo moi longo… Tan longo que, con el, acariña a súa cría. NICOMEDES, O PELÓN Pinto e Chinto Edit.: Kalandraka A súa espléndida cabeleira converteuse nunha cabeza pelada. Pero Nicomedes, que non ten nin un pelo de parvo, empeza a enxeñar insólitas alternativas á súa prematura calvicie. A grandes males, grandes remedios.

BOAS NOITES BUFO! Pat Hutchins Edit.: Kalandraka Abellas, corvos, estorniños, pombas... todos molestan o sono do bufo. Un conto acumulativo e repleto de sonoridades, que reúne unha boa representación da fauna do bosque, onde este sabio paxaro é o rei da noite. PUPI APRENDE INGLÉS Edit. Oxford Pupi é un pequeno extraterrestre que vive a miles de galaxias da Terra. Nunha das súas viaxes para descubrir o mundo coñece a Margaret, coa que aprenderá moitas cancións e descubrirá un idioma novo.


PRIMEIROS LECTORES (1º CICLO) AS AVENTURAS DA MAZÁ VERMELLA Jan Lööf Edit.: Kalandraka Había unha vez un señor con traxe de raias ao que lle cadrou pasar por unha froitaría. «Que ben me sabería unha mazá moi celmosa» pensou o señor, e entrou na tenda. O froiteiro pensou que o señor sería fácil de enganar, e sacou unha mazá de plástico..." AS ESTRAMBÓTICAS VIAXES DE GULLIVER Pinto e Chinto Edit.: Bululú O mariño Gulliver viaxa no seu barco a lombos da súa onda amestrada, Poseidona, que o leva por tódolos mares do mundo na procura de aventuras. Ven con el a coñecer tan fantásticos lugares. ACUARIO María Canosa Edit.: Émbora Poemario con instrucións para aprender e recoñecer a rica fauna e flora das augas. LA COLECCIONISTA DE PALABRAS Sonja Wimmer Edit.: Cuento de luz Un poético conto sobre a maxia da palabra, sobre o poder que ten cando é positiva e fai do mundo un lugar mellor no que vivir. LA MEJOR FAMILIA DEL MUNDO Susana López Edit.: SM Á porta dun orfanato, Carlota espera a chegada da su familia de adopción. Durante toda a noite anterior non durmiu cos nervios e pediu un desexo: “Espero que mi familia sea la mejor del mundo!” PUPI Y LOS FANTASMAS María Menéndez –Ponte Edit.: Barco de Vapor- SM Pupi, o simpático extraterrestre, está durmindo en casa dun amigo cando de súpeto chegan uns invitados inesperados... YOU MAKE ME SMILE Lon Marlow Edit.: Oxford Chega a primeira nevarada do inverno e con ela una experiencia marabillosa chea de felicidade.


LECTORES AUTÓNOMOS (2º CICLO) PESADELO NO TREN DE CHOCOLATE Fina Casalderrey Edit.: Galaxia Iria e o seu irmán Lino van emprender a súa primeira viaxe en tren sós. Cando o tren chega á estación, o avó Manuel osma un agoiro no aire. Parece coma se o tren Chocolate os estivese a advertir dun perigo inminente. DEZ PIRATAS Gloria Sánchez Edit.: Alfaguara A autora cántanos, nun ton moi humorístico, a historia de dez piratas que saen na busca dun tesouro, pero polo camiño irán desaparecendo ata que só queda o loro. RICK 1. COMO SOBREVIVIER A UNA FAMILIA DE CHIFLADOS. Antje Szillat Edit.: Anaya Rick ten unha viva que lle encanta ata que o seu pai comeza a saír coa súa profesora. A lea está garantida!! CONTOS PARA NENOS QUE DURMEN DESEGUIDA Pinto e Chinto Edit.: Kalandraka Nin por moito, nin por pouco, duran canto teñen que durar. Contos exentos de insomnio dos que destaca a súa brevidade, a agudeza narrativa e o humor. 29 HISTORIAS DISPARATADAS Úrsula Wölfen Edit.: Kalandraka Relatos cheos de enxeño e imaxinación para viaxar a un mundo de cores e formas, onde todo, ata o máis inverosímil, e posible. LUCES EN EL CANAL David Fernández Sifres Edit.: Barco de Vapor- SM Ao barqueiro ninguén preguntoulle o seu nome, qué son esas luces que saen da barca , ou polo monstro que aparece algunhas noites... Pero Frits está disposto a descubrilo, decatándose de que a realidade e máis do que un ve. CHRISTMAS SPIDER Edit.: Combel Unha nova habitante chega a casa e non é nada ben recibida, ata que chega a noite de Nadal.....Ten Cd para seguir a lectura e divertirse coa historia.


LECTORES EXPERTOS/AS (3º CICLO) O SEGREDO DO LAGARTO ARNAL (Recomendado 6º) Andrea Maceiras Edit. Bahía Despois dunha visita ao que será o seu instituto o próximo curso, David sente que algo non vai ben. Así que está disposto a pasar o verán tratando de dar luz ás sombras do seu pasado: reencontrarse con amigos, esquecer o divorcio dos seus pais, revelar un segredo familiar do pasado... A MARBILLOSA MEDICINA DE GEORGE (Recomendado para 6º) Ronald Dahl Edit. Xerais A avoa de George é moi especial e rara, así que el decide prepararlle unha beberaxe con efectos moi máxicos!! DESDE UNHA ESTRELA DISTANTE Agustín Fernández Paz Edit. Sopa de libros- Xerais Daniela está pasando uns días na casa da súa avoa . Unha tarde , ao abrir un baúl no faiado, aparécelle un rato decidido a falar con ela e que, en realidade, é un extraterrestre! Poderán chegar a entenderse dous seres tan diferentes? EL LADRÓN DE MENTIRAS Roberto Santiago Edit. El barco de vapor– SM Fernando, despois de ver a película “Mentiras arriesgadas”, decide intentar mentir daquela maneira. Isto tráelle unha serie de problemas que o protagonista debe de solucionar ao longo do libro. YO AQUÍ SÓLO SOY EL PERRO Jutta Richter Edit. Lóguez Ediciones Anton é un can pastor inmigrado que ten morriña. E a pesares de estar moi ben coa súa nova familia, non se comportan do mesmo xeito que as ovellas, ás que está acostumado, e iso provocará simpáticos malentendidos. A CHRISTMAS CAROL Charles Dickens Edit. Oxford Este conto tradicional de Charles Dickens relata a historia de Scrooge, que na noite de Nadal recibe a visita de catro fantasmas, estes lle ensinan valores coma a amizade, o respecto e o amor. Esta historia foi un auténtico bestseller na súa época e perdura ata os noso días.


RECOMENDADOS PARA O CLUB DE LECTURA O CASTIÑEIRO DE ABRIL Antonio Manuel Fraga Edit. Merlín Xerais Buto, conta a historia de Baltasar, un rapaz que vive coas súas tías, moi antipáticas e un pouco malvadas. Acompañado do seu can, vende na praza dos Zoqueiros xoguetes de madeira, para aforrar e poder reunirse co seu pai. A aparición do Castañeiro de Abril provocará acontecementos que trastornan a vida da xente do seu barrio. XILDAS Antonio Manuel Fraga Edit. Sushi Books A vida transcorre allea á fantasía na vila mariñeira de Sesgaña. Ata que un día Catuxa, atopa o trasno Xildas. Xunto cos seus amigos argalla un plan para axudar a Xildas e buscarlle un novo fogar. Mentres, o antipático Sr. Samesuga pídelle explicacións á súa veciña Catuxa polas trasnadas que se suceden nos seus dominios.. .

PARA TODA A FAMILIA ROSALÍA PEQUENIÑA Uxía Senlle Edit.Galaxia A música é sempre un dos mellores vehículos para descubrir e gozar da poesía. Uxía déixanos un feixe de cancións para retratar esa muller que uns chamaron tola e outros santa: a verdadeira Rosalía. Rosalía pequeniña, pirata, poeta, aventureira ou fada. Rosalía pequeniña para cantar, para rir, para gozar ou bailar. Rosalía de Castro. Na voz de Uxía e na voz dunha lexión de cantadeiras e un nutrido grupo de músicos.

ASTERIX E OS PICTOS Jean-Yves Ferri/ Didier Conrad Edit. Xerais Chega o novo álbum da colección clásica de Astérix cos personaxes de sempre e moitos novos: varios clans enteiros, de feito! Desta volta, Astérix e Obélix viaxan a Caledonia, a Escocia romana.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.