A verdadeira historia de carapuchiña G / A. R. Almodovar / Marc Taeger

Page 1

A. R. Almodóvar

NI

EL GIL 20

PRE I

O

A

M

NT

IL

A

05

D

Marc Taeger

LIB

RO I N

F


Había unha vez unha nena moi xeitosa que vivía nunha aldea, preto dun bosque.

Chamábanlle Carapuchiña, ou Carapuchiña Vermella, porque a súa avoa, que vivía noutra aldea dos arredores, regaláralle unha capa desa cor, cunha carapucha para o frío.

Á nena prestáballe tanto aquela peza que a quería pór un día si e outro tamén. Mais a súa nai dixéralle que era só para saír da casa, cousa que non ocorría moi a miúdo.



As máis das veces Carapuchiña pasaba o tempo aprendendo a coser, veña a coser. Pero como isto non lle gustaba nada, no canto de meter a agulla pola tea, prefería poñer alfinetes. Así remataba antes.


Un día, a súa nai, que tiña o bo costume de facer toda clase de tortiñas, madalenas e outros doces no forno da casa, sacou uns bolos de leite que recendían.

Así como Carapuchiña os uliu soltou a costura e apareceu correndo na cociña: –Podo comer un, mamá? –Non miña filla, que están moi quentes e faríanche mal na barriga. Mellor, vai á casa da avoa, que está un pouco enferma, e lévaslle uns cantos. Cando chegues, seguro que xa arrefriaron. Ah! E tamén lle levas unha botella de leite.



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.