Inventario ilustrado de animais G. Virginie Aladjidi / Emmanuelle Tchoukriel

Page 1


as rexións polares Oso polar Ursus maritimus Clase: MAMÍFERO O xigante da banquisa, o oso polar confúndese coa brancura do xeo: tan só ten os ollos e o fociño negros. As súas patas lixeiramente palmeadas permítenlle nadar ben.

– lámina 1 –


as rexións polares

Pingüíns emperadores Aptenodytes forsteri Clase: AVE Estas aves non poden voar, pero nadan moi ben grazas á súa densa plumaxe e ás súas patas palmadas. Os pingüíns macho e femia fan o cortexo saudándose e tocándose o peteiro. O macho é o que incuba os ovos.

– lámina 2 –


as rexións polares Curuxa nival ou bufo branco Bubo scandiacus Clase: AVE A curuxa nival pasa máis tempo pousada ou en terra que voando. Mantense quente grazas ás súas plumas longas e mestas, que lle recobren as patas e case lle ocultan o peteiro. As femias están zarrapicadas de marxas negras, e os machos teñen unha plumaxe completamente branca.

– lámina 3 –


as rexións polares

Raposo polar Alopex lagopus Clase: MAMÍFERO De cor parda no verán e branca no inverno, este raposo ten un pelame mesto que o protexe do frío. O pequeno tamaño das súas orellas limita a perda de calor corporal.

– lámina 4 –


os océanos

Gran tiburón branco Carcharodon carcharias Clase: PEIXE CARTILAXINOSO Grazas ao movemento da súa cola en forma de lúa crecente, o gran tiburón branco é un excelente nadador e pode dar saltos espectaculares fóra da auga. Cos seus agudos dentes triangulares desgarra a carne das presas.

– lámina 5 –


os océanos

Golfiños comúns Delphinus delphis Clase: MAMÍFERO O golfiño non deixa de moverse (nin sequera cando dorme!), pois ten que subir para respirar cada certo tempo á superficie da auga. O seu corpo afusado e a súa pel lisa fan del un consumado nadador.

– lámina 6 –



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.