O carnaval dos animais G - Camille Sain Saëns / José Antonio Abad Varela / João Vaz de Carvalho

Page 1


2

Aquel era un día moi especial. Baixo un sol espléndido e un aire suave, ultimábanse os detalles para a celebración do aniversario do León, o rei dos animais. Moi de mañanciña, unha enorme bandada levara ata os lugares máis afastados, a invitación do León, na que convidaba a todos os animais a unha gran festa para celebrar o seu aniversario.




5

Os primeiros en chegar foron os grandes felinos: leóns, tigres, leopardos e panteras formaban un espectacular desfile e, xunto a outros moitos animais, grandes e pequenos, foron situándose na gran chaira. De súpeto, soaron unhas chamadas de advertencia que acalaron o murmurio das conversas. Anunciaban a entrada do León que, abaneando a cabeza dun lado a outro, saudaba os presentes con potentes ruxidos.


6

Unha vez que o rei se sentou nun lugar preferente, empezou a recibir as felicitacións de todos. Fronte a el, un a un, fóronse presentando os invitados. En primeira fila estaban as barulleiras galiñas, que cacarexaban sen parar, mais o galo fíxoas calar dando un golpe no chan.




Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.