CEIP S. SALVADOR
Periodo de adaptaci贸n 2012-13
CEIP S. SALVADOR
CEIP S. SALVADOR
CEIP S. SALVADOR
CEIP S. SALVADOR
BENVIDOS Ó COLEXIO !
O momento da entrada no colexio ten moita importancia na evolución que terá o voso fillo ou filla, por iso é necesario que xuntos o preparemos para que transcurra da mellor maneira posible.
Hai algunhas cousas que dende a casa debedes procurar e que contamos de seguido:
CEIP S. SALVADOR
CEIP S. SALVADOR
Tende en conta que o colexio supón a apertura do neno ou nena a un mundo máis amplo, máis diverso e descoñecido. Na familia sentese seguro/a, é un lugar coñecido por el/ela ,sendo ademais o centro de atención; pero na escola vaise atopar con outras normas e costumes.
Faládelle con suficiente antelación de que irá ó colexio e do ben que ó vai pasar alí, facendo amigos e amigas e participando de moitos xogos.
CEIP S. SALVADOR
CEIP S. SALVADOR
Para algúns nenos/as este paso casacolexio resulta moi duro. Estes nenos/as poden volver a conductas anteriores máis infantís: mollar a cama, chupar o dedo, ou tics nervosos. Temos que ser pacientes con estas alteracións que desaparecen as poucas semanas, cando se afaga ó colexio.
Os pais teñen que amosar interese, preguntandolle sobre o que fixo no colexio, sobre os seus compañeiros e compañeiras, etc...
CEIP S. SALVADOR
O voso fillo ou filla daráse conta de que aínda que xa non pode estar todo o tempo con vós, seguides preocupados polas súas cousas.
É moi importante a puntualidade ,tanto nas entradas coma nas saídas.
CEIP S. SALVADOR
É normal que esteades un pouco preocupados de cómo vivirá o voso fillo ou filla este primeiro contacto co colexio. O neno ou nena non ten que notar esta inquietude vosa; se non estades vós tranquilos, será difícil que o voso fillo ou filla este tranquilo.
Amosádevos contentos e confiados, deste xeito dades o voso fillo ou filla a seguridade que necesita.
CEIP S. SALVADOR
Non empreguede-la escola como ameaza nin coma castigo, non lle digades cousas como “ xa verás cando vaias á escola” ou “ a mestra vaite poñer a andar”. O neno ou a nena non debe ver a escola como un lugar onde so se vai a obedecer e a recibir castigos.
CEIP S. SALVADOR
Nas despedidas non engañedes ó/á neno/ nena, estade tranquilos e non lle mintades ( non lle digades que ides estar nun sitio ou que lle ides mercar unha cousa, se non é certo ). Para eles/elas o peor non é chorar, senón a angustia de non sabe-lo que vai pasar.
CEIP S. SALVADOR
Cando o voso fillo ou filla leve ĂĄ casa algĂşn traballo debedes valoralo, amosar interese , comentar e compartir con el/ela o contido do mesmo.
CEIP S. SALVADOR
Se conservade-los traballos do voso fillo ou filla podedes comproba-los avances que tivo durante o curso.
Se o neno ou a nena ve que vos gustan os seus debuxos, construccións, figuras ..... collerá confianza en si mesmo/a e terá ganas de aprender e mellorar cada día.
CEIP S. SALVADOR
CEIP S. SALVADOR
Outra cousa a ter en conta é a roupa, traédelle roupa cómoda que lle sexa doada de quitar cando vaia ó baño. É moi importante que controle esfínteres e que sexa quen de pedir para ir ó baño.
Os zapatos preferiblemente con peche de velcro, para fomentar a autonomía e a axilidade do/a neno/a.É necesario etiquetar cazadoras e chaquetas para evitar extravíos.
CEIP S. SALVADOR
Debedes mandarlle un mandilón (abotoado por diante), con botóns grandes, co seu nome e cunha cinta ( 15 cm) para colgalo.
É fundamental que o/a neno/a veña o colexio ben descansado, para iso debe ter un horario de durmir amplo e estable, se o/a neno/a se deita tódolos dias á mesma hora, collerá este hábito e seravos máis doado controlar as horas de sono que deben ser entre 9 e 10 .
CEIP S. SALVADOR
CEIP S. SALVADOR
Erguede o/a neno/nena con tempo dabondo para que almorce ben. Os nenos ou nenas que tan só toman unha galleta ou un vaso de zume, sentiránse cansos moi cedo.
Se credes convínte que a nena coma algo no recreo, non lle mandedes lambetadas ou pasteliños que ademais de producir colesterol enchen o estómago e non alimentan; só serven para sacarlles as ganas de comer.
CEIP S. SALVADOR
Recomendamos unha peza de froita ou un bocadillo peque帽o. A alimentaci贸n debe ser variada e equilibrada; tentamos favorecer a masticaci贸n para fortalecer a mand铆bula.
CEIP S. SALVADOR
A educación dos nenos ou nenas faise tanto na familia coma na escola, polo tanto é necesaria unha colaboración estreita entre as familias e o profesorado. Todos temos o mesmo obxectivo : “ A felicidade e o desenvolvemento armónico dos nenos e das nenas “ Se tedes algunha dúbida ou queredes preguntar algo, debedes facelo individualmente solicitando unha entrevista.
CEIP S. SALVADOR
A atenci贸n as familias 茅 os MARTES de catro a cinco da tarde previa cita.
Recibide un cordial sa煤do
O equipo de Educaci贸n Infantil.