plan tics

Page 1

CEIP S. SALVADOR - TEIS

PLAN INTEGRACIÓN TIC EQUIPO- TIC

2011-13 .


1.- CONTEXTUALIZACIÓN: CARACTERÍSTICAS DO CENTRO. Composición e tipoloxía:

O CEIP SAN SALVADOR de Teis ( Vigo) é de titularidade pública. Está ubicado nunha parroquia periférica de Vigo. No curso 2011-12 hai 3 unidades de Educación Infantil e 8 unidades de Educación Primaria. A plantilla do profesorado está composta por 16 mestres/as a templo completo, xunto con 3 mestras compartidas e un orientador tamén compartido. Postos de traballo: -

3 de Educación Infantil

-

1 de Apoio a Educación Infantil.

-

8 de Educación Primaria

-

8 especialistas: o Orientador ( compartido) o Inglés o 2º Inglés (compartida) o Audición e linguaxe ( compartida) o Relixión (compartida) o Música o Pedagogía Terapeutica. o Educación Física.

Características do alumnado: -

A día 12 de setembro ( inicio de curso) hai matriculados e asistindo 195 alumnos/as.

-

Alumnos/as estranxeiros de procedencia diversa.

-

Alta porcentaxe de alumnado con necesidades educativas especiais (n.e.e.)

-

O nivel socio-económico familiar é baixo.

2


-

Maioritariamente son castelán falantes.

Estudio inicial do Centro: Referido ás características de toda a comunidade Educativa (pais, nais, mestres, mestras, alumnos, alumnas ) para determinar: -

O uso e coñecemento das T.I.C.

-

Espectativas sobre as mesmas.

-

As necesidades formativas.

-

As carencias tecnolóxicas e as posibilidades de colaboración.

Metodoloxía: -

Enquisas.

-

Entrevistas

-

Cuestionarios

Como punto de partida para concretar o nivel de competencia dixital das familias, a disponibilidade de recursos T.I.C. e de conexión a Internet nos fogares, as espectativas de comunicación co centro, administrouse unha enquisa ás familias elaborada conxuntamente pola comisión Tics da ANPA e o Equipo Tics do centro. Tamén se administrou un cuestionario sobre competencia dixital e implicación entre o profesorado. Dos que resaltamos as valoración seguintes: *Valoración da enquisa das familias: ( pódese ver no anexo e na web do centro) -

O nivel de participación foi de 102 familias. En 8 de cada 10 fogares hai ordenador. O 75 % ten conexión a internet. O 86 % está interesado en recibir información do centro por correo electrónico. Como conclusión xeral, o equipamento dos fogares é suficiente para facer un maior uso das tics no colexio. *Valoración do cuestionario do profesorado: Participación da totalidade do profesorado do centro neste curso. Un 72% do profesorado do centro está disposto a formar parte dun grupo de traballo para mellorar a súa competencia dixital.

Temporalización : Ó longo dos cursos 2011-12 e 2012-13. 3.- OBXECTIVOS:

3


Teremos en conta as enquisas elaboradas no curso 2010-11: Para o alumnado: Potenciar a capacidade de razoamento do alumnado, a súa motivación e o seu afán de coñecemento. Utilizar o ordenador como medio de creación, de integración, de cooperación e de expresión das propias ideas. Potenciar a comunicación cos seus semellantes. Favorece-la aprendizaxe das competencias incluidadas nas distintas programacións de aula mediante a integración das T.I.C. no proceso de ensino – aprendizaxe. Procurar a integración do alumnado con n.e.e. mediante o uso das T.I.C. Crear un banco de aplicacións dirixido a atender a todo o alumnado e outro específico para a atención dos alumnos con n.e.e. Para os/as mestres/as: Mellorar o plantexamento pedagóxico a través das T.I.C. Empregar as T.I.C. para o traballo cotián e as actividades de aula: programacións, controis, fichas….. Saber consultar e sacar información a través das T.I.C., tanto para temas profesionais como para experiencias interesantes cara a súa actividade docente. Intercambiar experiencias, coñecementos, actividades e participar en foros, chats,….e diversas redes de colaboración como Internet. Empregar as T.I.C. para desenvolve-los proxectos, unidades didácticas, .... Apoiar e asesorar dende o Equipo de Novas Tecnoloxías ó profesorado. Participar na elaboración da Pax Web , fomentar a creación de Blogues. Crear un banco de recursos para os diferentes ciclos, tanto para a pax Web coma para a aula de informática. Intentar formar un grupo de traballo atendendo ós coñecementos e intereses de seus compoñentes. Coparticipar xunto coa ANPA do centro na mellora das competencias dixitais. Informar ás familias dos contidos , metodoloxía e actividades levadas a cabo na aula de informática . 4


Para as familias: Favorece-la comunicación e a información das familias a través do correo electrónico e da paxina web do colexio. Coparticipar xunto Equipo TIC do centro na mellora das competencias dixitais. Facer charlas as familias nun espazo habilitado con proxector, pantalla e ordenador. Centro: Fomentar o uso dos medios informáticos como forma de romper desigualdades sociais. Potenciar actividades de participación de toda a Comunidade Educativa nas diferentes actividades do Centro: páxina Web, revista escolar, actividades culturais, etc…. Impulsar a comunicación con outros centros e localidades, para coñecer e transmitir valores sociais de respecto doutros costumes e outras formas de vida. Conseguir que o alumnado acceda ao mundo de internet con capacidade de procura de información e de tratamento crítico da mesma. Facilitar o acceso a estas ferramentas por parte dos alumnos con n.e.e. e nas tarefas de apoio e reforzó de aprendizaxes. Potenciar o emprego das T.I.C. como ferramenta de traballo no proceso de ensino-aprendizaxe. Solicitar os organismos correspondentes a conexión a internet ou ben facer a instalación por conta propia en tódalas aulas. Contratar persoal especializado para o mantemento dos equipos informáticos. Facilitar o profesorado o uso das novas tecnoloxías, repoñendo os mateiais necesarios para a labor docente.( Tinta impresoras). Fomentar o emprego do software libre. Contribuir á formación do profesorado empregando as novas tecnoloxías. Solicitar ás familias , os enderezos de correo electrónico e a súa autorización para recibir comunicados.( Establecer un calendario de actuación)Aquelas familia que non teñan acceso a internet seguirán recibindo os comunicados mediante circulares.

5


Informarse e solicitar como fixeron outros centros da zona o programa ABALAR. 4.- ORGANIZACIÓN DOS ESPACIOS NO CENTRO Neste curso 2011-12 contamos con: Aula de informática, varios ordenadores con conexión, outros sin ela, e algúns obsoletos. Proposta 1: Revisar toda a instalación. Retirar pizarras de tiza e colocar pantalla video proxección dual . Colocación fixa da PDI. Proposta 2: Revisar os ordenadores e adxudicalos a cada aula. Proposta 3: Revisar os ordenadores, adxudicar os que non teñen conexión a internet as aulas e seguir mantendo a aula para traballo en 2 grupos . Un grupo nos ordenadores e outro grupo na PDI. A Biblioteca e Audiovisuais dispón de 4 ordenadores e conexión a Internet. 1 ordenador para servicio da biblioteca. Proposta: Colocar unha pantalla e cañon . Aula T.I.C. ten conexión a Internet , ainda que carece de espacio, ventilación e iluminación. Proposta: Instalación de 3 portátiles e un ordenador de mesa con impresora procedente de dirección. Instalar impresora laser . Sala de mestres/as dispónse de 2 ordenadores con conexión a internet e 1 impresora que resulta insuficiente para o nº de profesorado. Proposta: Outra impresora. E. Infantil :As aulas de infantil dispoñen dun recuncho para o ordenador. Proposta: Acceso a internet en tódalas aulas e a presenza de P.D.I. nas aulas de 4 e 5 anos. A aula de 3 anos xa dispón de P.D.I. O Departamento de Orientación, a aula de Audición e Linguaxe, e a de Pedagoxía Terapéutica, dispoñen de ordenador e conexión a internet para traballar de xeito individual e en pequenos grupos. Proposta: Impresoras en cada aula. Creación de unha Sala de conferencias:

6


Proposta: Colocación dunha pantalla video proxección dual e cañon na aula que está enfrente de informática para este fin. Para o Centro: Proposta: Conexión a internet en tódalas aulas. Comprar algunha cámara de fotos máis.

5.- ORGANIZACIÓN DOS HORARIOS

Criterios para a elaboración do horario de informática: A principios de curso estableceráse un horario de utilización da aula de Informática. Tódolos grupos disporán , como mínimo, dunha sesión semanal. Favorecer o desdobre de grupos de alumnos para a mellor utilización dos recursos da aula de Informática. Os primeiros en elexir horario son o profesorado que que comparte colexio e o mestre de PT e a mestra de AL. Nas sesión que a aula queda libre disporáse dun horario de utilización, previa reserva. Estará colocado na sala de mestres e na porta de entra á aula de Informática.

HORARIO DA AULA DE INFORMÁTICA:

7


INFORMÁTICA 9-9.50

LUNS

MARTES

MÉRCORES

Inglés 4ºB

4ºA

10.40-11.30

11.30-12.00

12.20-13.10

1º APOIO

6ºB

------- RECREO -----PT (1º) E.I

4ºB

E.I.

5 ANOS 13.10-14.00

VENRES

PT

9.50-10.40

12.00-12.20

XOVES

Inglés 4ºA

4 ANOS 1º

HORARIO DE UTILIZACIÓN NAS HORAS VALEIRAS DIA

MES

HORA

GRUPO

MESTRE/A

6.- PLAN DE AVALIACIÓN DA INTEGRACIÓN DAS TICS

Todo o alumnado participa do plan sin discriminación do nivel educativo, dificultades de aprendizaxe , sexo ou calquera outra diferencia. Anualmente concretaránse as accións prioritarias do plan, integrándose estas na PXA do centro en coherencia coa liña curricular e a ideolóxica do PEC. Nivel de contribución das TIC a consecución dos obxectivos pedagóxicos de cada unha das areas e ciclos asi como as ACI. 8

6ºA


Grado de consideración e participación dos distintos sectores da comunidade educativa en relación a este plan. Valoración do plan por parte dos distintos sectores da comunidade educativa. Grado de satisfacción das proposta do plan por parte da comunidade educativa.

O equipo de novas tecnoloxías: Jesús Abel Souto. Beatriz Cabaleiro Gómez Esther Campo Feijoo Alfredo Fornos Pérez Laura L. Gil Esteves Fernando Pérez Mariño.

9


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.