festa_folc_2013:festa_folc_2013
5/8/13
23:49
Pรกgina1
festa_folc_2013:festa_folc_2013
5/8/13
23:49
Página2
UN PATRIMONIO COMÚN Nada nos é alleo. Compartimos coas nosas xentes traballo, deporte, cultura, proxectos... Sen dúbida o noso éxito é de todos. Rúa Salgueirón 11 - Apartado de Correos, 88 - 36940 Cangas. (Pontevedra) www.frigorificosmorrazo.es
festa_folc_2013:festa_folc_2013
5/8/13
23:49
Página3
LIMIAR VOLVEMOS! Despois da edición número 13, na que lle botamos un pulso á superstición do que saímos vitoriosos, AQUÍ ESTAMOS DE VOLTA!! OUTRA VEZ NA FESTA FOLC, e xa van 14, case nada eh!! Pero antes de meternos xa a ferro coas cousas deste ano, vamoslle botar primeiro un olliño ao pasado, á festa, para saudar con agarimo a quen nolo fixo pasar tan ben. Unha grandísima aperta para Ludovaina, xente da comarca, cangueiros descoñecidos para moitos, que conseguiron abrir unha noite máxica e festivaleira na que a presenza de Zurrumalla, Ruxe-Ruxe e A Compañía do Ruído foi agrandando en potencia e emoción o imponente ronsel deixado polos primeiros até converter a noite do 18 de agosto de 2012 nunha marabillosa e inesquecible festa da música do país. Moitísimas grazas aos catro de todo corazón. Eh!! que esquecemos saudar a alguén. Si! Ao Leo... ese tolo con cordura que removeu conciencias e fixo vibrar, abofé que si, coa súa raiba incontenible. Grazas tamén a ti Leo. E xa sabedes todos que agora sodes amigos do ghato para sempre. Aquí estamos para o que queirades. E este ano que? Difícil superar o cartel anterior, todos os anos pasa o mesmo. Pero non queremos superalo, sería imposible. Mais sabemos que o igualaremos. Isi si! E para iso formación de luxo para penetrar no universo fantástico da noite folc: RADIO COS; Xurxo Fernández e Quique Peón coa súa banda para mesturar o arcaísmo sonoro con melodías tradicionais e mesmo alleas aínda que próximas. Séguelle un amigo da comarca, ANXO LORENZO, que vén de chegar coa súa flamante banda, e logo de estrear disco, do festival bretón de Lorient para amosarnos a súa proposta de achegamento á música propia mediante a fusión con outras músicas. E chegamos así aos portugueses UXU KALHUS toda unha proposta anovadora coa tradición portuguesa de fondo, para rematarmos cuns dos reis do bravú, os RASTREROS, chegados dende Chantada para afervoar a base de raiba e carraxe as masas congregadas na praia de Vilariño. Ademais, entre grupo e grupo, CÉ ORQUESTRA PANTASMA, o grandísimo espectáculo da sinxeleza feita música que apaixona a nenos e maiores. E non esquezades que hai máis, toda unha semana chea de actividades. Con variedade, seguro que hai algo para vós. Achegádevos, participade e, sobre todo, pasádeo, moi, moi ben.
1
festa_folc_2013:festa_folc_2013
2
5/8/13
23:49
Pรกgina4
festa_folc_2013:festa_folc_2013
5/8/13
23:49
Página5
VII SEMANA CULTURAL MARTA ENTENZA Venres 9
Sábado 10
Cine UP 22.30h Noite de estrelas
ROCK NO HÍO Volta Las almejas borrachas Mortos en vida
24.00h
Luns 12
20.30h
Encontro pandereteiro Sons do areeiro Ardora Lembranzas da ría Grupo de baile de Vilariño
Martes 13
22.00h
Domingo 11 20.30h Audición de Guitarra Teatro LENDA LERENDA Grupo de pais e antigos alumnos do CEIP do Hío
20.30h
Amalghama-zanfona Escola de ghaitas A Nogueira
Mércores 14 Entroido de cine Acudide disfrazados das vosas pelis preferidas. Haberá premios!! Individuais, parella e grupos. 20.30h
Xoves 15 20.30h A cantar e bailar con Pilar e Pumar
Venres 16
22.30h
Cine ARRUGAS Noite de estrelas 24.00h
Sábado 17 Mostra de instrumentos Treboada Obradoiros Mexilloada Festa Folc
3
festa_folc_2013:festa_folc_2013
5/8/13
23:49
Página6
Non deixedes na casa os tambores, as gaitas, os bombos e as pandeiretas que despois do concerto segue a festa até chegar o día, e máis...
CARPINTEIROS DESDE ...........................SR.JESÚS
4
festa_folc_2013:festa_folc_2013
5/8/13
23:49
Página7
XIV FESTA FOLC DE VILARIÑO Pola mañá cedo TREBOADA A partir das 11.00h. obradoiros para a rapazada Comemos e bebemos mentres bailamos e cantamos na Mexilloada Popular ás 12.00h. O apoxeo nocturno da XIV Festa Folc de Vilariño comezará ás 22.00h. con:
RADIO COS ANXO LORENZO UXU-KALHUS RASTREROS e CÉ ORQUESTRA PANTASMA
5
festa_folc_2013:festa_folc_2013
6
5/8/13
23:49
Pรกgina8
festa_folc_2013:festa_folc_2013
5/8/13
23:49
Página9
Baixo Cé orquestra pantasma agóchase o vigués César Freiría Prado. Naceu no barrio do Freixo alá polo ano 1975 no seo dunha familia ben coñecida na parroquia de Valladares pola sua vinculación á música: Os Cipriáns. A sua andaina musical comezou con oito anos como alumno do mestre “Moxenas” dentro do campo da Musica tradicional. Foron nesas clases onde, ademais de aprender a tocar a gaita e percusións galegas, espertou a inquedanza e curiosidade por experimentar con canto instrumento pasase preto del. Ao longo da sua vida musical trebellou con instrumentos diversos aprendidos a tocar a maioria de xeito autodidacta, clarinete, baixo, acordeón diatónico e cromático, guitarra, mandolina, harmónica.… e gran variedade de instrumentos de percusión. A sua curiosidade foi ampliándose cando se propuxo inventar algún instrumento para chegar a tocar en solitario como home orquestra: o batepés, a kalimba baixo e a guitarra de acordes fixos foron os instrumentos inventados naquel momento. Traballou durante dez anos como carpinteiro ata que con 28 anos abandoa esta profesión e marcha para Santiago de Compostela onde fai a carreira de Maxisterio musical e unha vez rematada exerce como mestre de música nunha escola da cidade durante dous anos. Despois de pasar por diferentes grupos dentro da música folc-tradicional como A Roda, Aradouro, O Ciprián e mailo can, Aturuxo, Os Cipriáns… rondallas de nadal, coros infantís e grupos de punk como: Oxtiax Ke Te Pariu, decidiu armarse en solitario como home orquestra. Con máis de catrocentos concertos en catro anos, este músico leva percorrido toda a xeografía galega dende o ano 2008 paseándose polos mellores festivais e festas do país levando ás costas a súa proposta: Cé orquestra pantasma, un proxecto musical unipersoal e versátil, grazas ao seu amplo e variado repertorio, no que se conxuga á perfección toda unha vida musical.
7
festa_folc_2013:festa_folc_2013
8
5/8/13
23:50
Pรกgina10
festa_folc_2013:festa_folc_2013
5/8/13
23:50
Página11
RADIO COS son uns famosos pandeireteiros que fan evolucionar a música galega de raíz de forma natural. Xurxo Fernandes e Quique Peón, cantantes e percusionistas do grupo, son dous referentes no campo da investigación etnográfica en Galicia. As melodías utilizadas neste proxecto pertenecen aos seus arquivos de gravacións de campo, traballo que levan facendo por todo o país dende hai máis de tres décadas. Xa vai para nove anos que RADIO COS leva percorrendo escenarios en Bélxica, Inglaterra, Escocia, Bretaña e Galicia transmitindo o seu xeito de entender a nosa música tradicional. Agora presentan o seu primeiro disco,música de raíz que mestura a sonoridad máis arcaica con elementos da propia tradición e melodías alleas que gardan relación co país. A banda está formada por tres prestixiosos músicos: Pedro Lamas na gaita e o saxo soprano, Nikolay Velikov no violín e Xan Pampín no acordeón. Este traballo, concibido con forza e ledicia, quere mostrar a invisibilidade que sofren as culturas minorizadas malia estaren aí, de rodearnos, de ser verdades manifestamente palpables.
9
festa_folc_2013:festa_folc_2013
10
5/8/13
23:50
Pรกgina12
festa_folc_2013:festa_folc_2013
5/8/13
23:50
Página13
Anxo Lorenzo é un artista que posúe todas as calidades para chegar á esencia da propia música para facela súa, moldeala ao seu antollo e construír novas formas. Así noo amosa no seu novo disco "Tirán", inspirado nunha longa viaxe musical que o levou a coñecer mil lugares e melodías que compartir con músicos de diferentes nacións. Unha viaxe que sempre empeza e remata en Galicia. Na súa ampla experiencia como gaiteiro colaborou en numerosos proxectos musicais fusionando os sons tradicionais da gaita con unha gran variedade de estilos, desde a mú-
sica electrónica ao jazz, pasando polo pop, rock ou flamenco. Deste xeito conseguiu converter a gaita nun instrumento sen fronteiras que parece non ter límites ante a súa mestría. Agora, Anxo preséntase con unha banda formada por experimentados músicos de recoñecida traxectoria na música tradicional e no folk. Desta maneira, acompáñano Xose Liz ao bouzouki, Álvaro Iglesias ao Contrabaixo, Luis Peixoto ao cavaquiño, mandolina e percusións, e o receentemente incorporado violinista Irlandés Eoghan Neff.
11
festa_folc_2013:festa_folc_2013
5/8/13
23:50
Pรกgina14
telf. 618 666 739
12
festa_folc_2013:festa_folc_2013
5/8/13
23:50
Página15
Portugueses e normalmente etiquetados como folk rock, a base de Uxu Kalhus é o desenvolvemento das músicas tradicionais dos cinco continentes, con corridinhos, mallhao, viras, ou chotiças, que nos levan de Iberoamérica a África, pasando por Europa. Misturan todo iso co rock, o jazz, ou o ska, influencias que se xuntan nun cóctel que lle confire ao seu son innegablemente tradicional, unha forza, potencia e modernidade propias de calqueira banda de rock ou hard blues actual..
13
festa_folc_2013:festa_folc_2013
5/8/13
23:51
PĂĄgina16
electrodomĂŠsticos
14
festa_folc_2013:festa_folc_2013
5/8/13
23:51
Página17
O fenómeno bravú foi un movemento heteroxéneo cunha serie de pautas comúns: a lingua galega, a reivindicación das raíces e moitas ganas de festa. Con el saíron os Rastreros grupo bravú que se achegou ao punk e ao rock máis gamberro gaita en man. A banda naceu no 89 e moi axiña o seu son evoluciona do punk máis clásico á fusión bravú. Pouco a pouco fixéronse un nome terras do Monte Faro, quentando o ambiente a base de moitas revolucións e festa contaxiosa. No 91 gravan os once temas da maqueta “Non lle Toque-lo Rabo á Vaca que Pensa Que é o Boi” e os catro cortes do EP “Perigo! Animais Ceibes”. Pero no 96 acadan un impacto importante coa participación no recopilatorio “Unión Bravú” co himno agrario “Tractorada” e con “Nitramón 15,15,15”. Aínda que o seu maior éxito chega coa inclusión no Xabarín Club do videoclip de “O sacristán de Basán”. Edicións do Cumio reparou neles e edita o seu único disco “A Piñón Fixo, A Golpe de Pixo”, catorce temas acelerados entre os que inclúen un corte en catalán “Aquesta terra” e un en inglés “Hate song”. Colaboran no recopilatorio a prol do asturiano “L'Asturianu Muévese” con “La de la vaca” e tocan no espectáculo “A Feira das Mentiras” organizado por Manu Chao en Compostela. A partir de aquí chega un silencio que se rompería coa súa participación na homenaxe a Os Diplomáticos de Monte-Alto -“120 Capadores” con “Platinos” e no Castañazo Rock de Chantada. Este verán escolleron a Festa Folc de Vilariño entre os poucos directos que darán polo país. Sen dúbida, un pracer.
15
festa_folc_2013:festa_folc_2013
5/8/13
23:51
Pรกgina18
Balea obradoiro de gaitas
Roberto Sotelo - Tl 666 533 184 - obradoirobalea@gmail.com Outeiro de Balea 8, Darbo - Cangas do Morrazo
16
festa_folc_2013:festa_folc_2013
5/8/13
23:51
Página19
1ª MOSTRA DE INSTRUMENTOS TRADICIONAIS FESTA FOLC DE VILARIÑO
Este ano temos unha novidade importante na FESTA FOLC, unha mostra de artesanía á que asistirán diferentes artesáns do país para amosarnos os seus instrumentos. Pedímoslles ás “Foliqueiras” que nos preparasen un pequeno texto sobre a súa actividade. Velaquí vai: Hai xa 6 anos, na ladeira do Monte da Madroa que mira cara a Ría de Vigo, naceu o “Taller das Foliqueiras”. É o espírito inquieto e creativo destas dúas “pandeireteiras” o que as leva a sentir curiosidade pola construción dos instrumentos de percusión que xa daquela tocaban. Grazas as ensinanzas de amigos expertos na materia, ten lugar a súa aprendizaxe coa elaboración das súas propias pandeiretas. Por mor do resultado, e animadas polas boas amizades coas que gozan dos felices momentos de clases e foliadas, principian o seu labor profesional facendo pandeiretas por encargo do ámbito máis cercano. Tempo despois, e movidas polo seu carácter loitador, a súa enerxía creativa e a mesma curiosidade do principio, deciden lanzarse a elaboración doutros instrumentos de percusión: bombos, tambores, pandeiros, pandeiretas, tarrañolas, culleres. Fan este traballo sempre de xeito artesanal, curvando as madeiras manualmente, (humedecendo e aplicando calor para lograr a forma circular, cando se precisa), para logo, dependendo do instrumento do que se trate, encolar, lixar ou tallar, finalmente danlle o acabado, (vernizando, pintando, debuxando, escribindo….). É precisamente o proceso do acabado o que caracteriza o traballo das “Foliqueiras” constituíndo o seu sinal de identidade. Elas deciden darlle cor á música. E así, con esta filosofía, crean deseños propios ou dan forma ás ideas dos seus clientes construíndo deste xeito instrumentos persoais e únicos. Movidas pola inquedanza de mostrar o seu traballo, participan dende o inicio da súa singradura profesional en diversas mostras de artesáns de instrumentos tradicionais, como a que se celebra no “Memorial Ricardo Portela” en Pontevedra, a “Mostra de Instrumentos de Música Tradicional” en Pardiñas, Guitiriz, que este ano celebra a súa XX edición. Tamén apoian aos festivais de nova creación como “O Son do Masma” en Celeiros de Mariñao. Este ano participan con moita ilusión na “I Mostra” que se organiza no “Festival de Vilariño”, xa que dende hai anos veñen asistindo e gozando deste festivo evento cultural. Da man do seu temperamento creativo, inquedo e curioso, “As Foliqueiras” continúan a súa traxectoria investigando, explorando e buscando novos camiños e seguiran construíndo fermosos instrumentos exclusivos.
17
festa_folc_2013:festa_folc_2013
5/8/13
23:51
Página20
Sanín percusión tradicional www.sanin.es www.facebook.com/saninpercusiontradicional
18
festa_folc_2013:festa_folc_2013
5/8/13
23:51
Página21
Vilariño acolle a I Mostra de Instrumentos Tradicionais onde se podera adquirir e apreciar de preto o laborioso traballo destes artesáns, deste xeito a asociación cultural O gato quere seguir achegando á aldea a arte escondida nas mans dunhas persoas que dan vida e son a uns simples aparellos que fan perpetuar a transmisión da nosa música tradicional. Estarán con nós: FOLIQUEIRAS - Percusión tradicional. Vigo. CRISTOBAL PRIETO - Gaitas e frautas. O Hio. Cangas. CÉSAR LOUREIRO - Arpa celta, zanfona e nickelharpa. Marín. SANÍN - Percusión tradicional. Santiago OBRADOIRO BALEA - Gaitas e palletas. Darbo, Cangas. BENITO QUIRÓS - Gaitas e percusión tradicional. Vigo. QUEIMA - Vento e percusión - Redondela.
19
festa_folc_2013:festa_folc_2013
5/8/13
23:51
Página22
TENDA DO GHATO Xa podedes mercar as camisolas desta edición co logobecho do moucho A 8 €. Temos tallas: 6 meses e 18, 2 anos, de 3 a 12, S, M, L, XL, XXL, XXXL; e tamén o suadoiro do ghato, en azul ou verde nas tallas: S, M, L, XL e XXL, por 18 €. Ata a semana cultural podedes atopar nos seguintes locais en Vilariño: A Pedra Amarrada, Buxaina, Churumbel, Froitería Quina, Pizza Bonna; en Aldán no Buraco, Tapería Bahía e en Cangas en A Cova da Laxe; despois xa no local social da aldea ou na festa folc o 17 de agosto, pero non tardes moito en mercala que desaparecen
20
festa_folc_2013:festa_folc_2013
5/8/13
23:51
Pรกgina23
MAIOS 2013
21
festa_folc_2013:festa_folc_2013
5/8/13
23:51
Página24
TRAVESÍA A NADO 2013
MANUEL FRANCO ARRANXO E AFINADO DE ACORDEÓNS Coitivada, 9 Telf. 629 261 035 VILARIÑO - O HÍO
22
festa_folc_2013:festa_folc_2013
5/8/13
23:52
Página25
Recoñecemento aos gaiteiros da aldea
Anxo Gago Lito
Manolo Solla, Lucho Señor José
c/Noria, 3 - CANGAS telf. 986.304449 reproautoros@hotmail.com
23
festa_folc_2013:festa_folc_2013
5/8/13
23:52
Pรกgina26
festa_folc_2013:festa_folc_2013
5/8/13
23:52
Pรกgina27
festa_folc_2013:festa_folc_2013
5/8/13
23:52
Página28
986.391.023 reservas@meunduinaplaya.com www.menduiñaplaya.com
Por fin unha federación de festivais que nos permite comunicarnos con facilidade e procurar melloras e recursos para as nosas actuacións. Se é certo iso de que a unión fai a forza, un bo número de festis do país van ser imparables. Aquí deixamos o calendario festivaleiro da FEGAFE para este 2013.
E un agasallo de honra para O Ghato, a Muinheira de Vilariño, composta especialmente para nós polo gaiteiro do Hío Anxo Gago. Velaquí a tedes.
26
festa_folc_2013:festa_folc_2013
5/8/13
23:52
Página29
Este ano o local social da aldea, encheuse de virutas, acollendo as clases de talla en madeira de Valentina Todanes os luns pola tardiñas. Esta arte de trasformar unha materia nobre como a madeira, en fermosas figuras ou obxectos de utilidade da vida diaria vén recuperar e conservar un antigo oficio que viña, ao longo da historia, da man dos imaxineiros, torneiros, restauradores, doradores e que na actualidade seguirá cos nosos alumnos. Aquí van algúns dos fermosos e laboriosos traballos que realizaron e que continuarán en outubro, apúntaste?
TALLA EN MADEIRA
27
festa_folc_2013:festa_folc_2013
5/8/13
23:52
Página30
AGRADECEMENTOS Van xa 14 anos desta aventura de poñer en marcha a festa folc de Vilariño e non é nada doado sobrevivir a cada edición sen correr perigo de que sexa a derradeira, e se isto non acontece é por cada pequeno esforzo e o grande interese de cada unha das persoas que ano tras ano poñen empeño en que saia adiante malia restar horas de sono, ocio, tempo coa familia e tranquilidade. A Asociación Cultural O gato, sempre da man da Asociación de Veciños Pedra Amarrada, está formada por persoas que desinteresadamente ano a ano poñen o seu gran de area para que a nosa, que sempre será a vosa festa, siga a facerse. Non nos esquecemos de darlle as grazas cada ano a Miguel e a Juan polos locais, á Comunidade de Montes da parroquia do Hío por ceder as cadeiras para as actividades, a Estévez, por tantas cousas, aos que participastes na Travesía a Nado en Aninovo, na noite de San Xoán, nos Maios, como non, a Julio e a Pescados Angela, ás cociñeiras Laura, Ana, Carmiña e Pili que xunto con Pablo e Mundo nos deleitaron con riquisisimas empanadas, ás panaderías Cal Barral e Iglesias, a Raquel, Paula, Lety e Maca polos obradoiros dos nenos, a Anxo Coya polas reportaxes, a GZmúsica pola proxección na internet. Nestas últimas festas folc temos que seguir agradecéndolle a tantas persoas… a Susana e Rosi polos bocatazos tan ricos, a Soraya por estar sempre disposta, a Pili por reservar sempre unha tarde para bailar e cantar, a Paula por ser sempre un apoio… Sen dubidalo grazas a TODOS E TODAS os que botades unha man o día da festa coa montaxe, posta en marcha, e desmontaxe dos chiringos, na venta de camisolas e como non a Miniño o Mestre polos mexilóns de sempre, aos cociñeiros por facelos e aturar con paciencia as colas, tampouco podemos esquecer á xente que colabora nas comidas para os grupos (preparando, servindo e atendendo aos músicos); a todos os que facedes realidade a Festa Folc disfrutando e facendo disfrutar a miles de persoas. Graciñas tamén aos locais que ano tras ano colaboran coa venda de camisola: Buxaina, A Pedra Amarrada, A Cova da Laxe, Churumbel, Froitería Quina, Pizza Bonna, Buraco, Bahía etc. Obrigados quedamos con todos os grupos e músicos que se ofrecen para axudarnos a facer as festas rachadas!, aos de sempre Pepe o Peixe, ao ghaiteiriño, Marco, e as todas as músicas e músicos que pasades polos seráns, foliadas e entre eles os que fan a Treboada; a Estela e seus alumnos de guitarra, a Belén polo baile galego, aos grupos de pandeireta de Son do Arieiro, Lembranzas da Ría, Ardora, aos grupos: Las almejas borrachas, Volta e Mortos en Vida, Amalghama, Escola de gaitas A Nogueira; ao grupo de teatro: pais e antigos alumnos do CEIP O Hío, a todos eles grazas por participar na nosa semana cultural. Grazas novamente a tódolas empresas que poñedes publicidade na nosa revista e a VÓS, toda a xente que vides ano tras ano, que consumides no noso chiringo e que sabedes que en Vilariño sempre son ben recibidas as vosas ganas de pásalo ben. GRAZAS POR SABER MESTURAR A TROULA CO SENTIDIÑO. Temos que rematar dándolle un saúdo a toda a xente que nolo fai pasar ben e segue a facer do morrazo un referente cultural e festeiro e especialmente a toda a xente que nas aldeas do Hío traballa e loita para que a nosa música e a nosa maneira de facer as cousas continúe: Asoc. O Arco de Vilanova, Asoc. O Con de Nerga, Eira Vella de Donón, Afartacáns e as que poidan xurdir! Grazas un ano máis por facer realidade a nosa festa! E unha agarimosa lembranza para Chelo, que nos acompañou co seu baile e o seu fermoso sorriso en todas as nosas festas folc, e para señor Pepe de Carmela de Cándida, que tanto animou e seguiu a nosa festa.
28
festa_folc_2013:festa_folc_2013
5/8/13
23:53
Pรกgina31
festa_folc_2013:festa_folc_2013
5/8/13
23:53
Pรกgina32