Para disfrutar
2
Busca este catรกlogo no blog Vilรกn (http://pedradaaguia.blogspot.com) e atoparas informaciรณn de cada libro cando piques nel!
Memorias dun neno labrego Xosé Neira Vilas (860N-NEI-mem) É una moi boa ocasión para traer á memoria este libro de Neira Vilas, no momento en que se cumpren 50 anos da súa primeira edición. Un libro que supuxo un paso importantísimo na literatura galega xuvenil. O propio autor di que non foi escrito para rapaces, pero que eles rápidamente o fixeron seu. Tampouco está mal que recordemos como era a vida de moitos nenos non hai tantos anos. Balbino, o protagonista, cóntanos desde a súa propia visión, o mundo da súa aldea, os traballos que pasa, as inxusticias que sofre (moitas veces a causa doutro neno, o fillo do ‘señor’, que non tiña que erguerse as catro da mañán para levar as vacas a pacer), ás festas as que non pode asistir porque na casa gardan o loito por un tío que case non coñeceu… Non, non falamos da antigúedade, falamos de non hai moito tempo.
Guía de lectura IES Pedra da Aguia