Libros de Rosa Aneiros- Club Arao

Page 1

ROSA ANEIROS

Licenciada en Ciencias da Comunicación, desenvolveu actividade docente na Escola de Humanidades da USC en Lugo e colaborou no programa da Radio Galega Un día por diante, así como en varios xornais e revistas. Traballaba no Consello da Cultura Galega.

Foi guionista da curtametraxe O señor do telexornal realizado por Álex Sampaio, aínda que a súa actividade literaria está centrada no relato e, sobre todo, na novela. Con Resistencia recibiu o premio Arcebispo Xoán de San Clemente á mellor novela en lingua galega do ano 2002. En 2009 gañou o premio Xerais á mellor novela con Sol de inverno así como o premio Fundación Caixa Galicia ao mellor título de literatura xuvenil, con Ás de bolboreta, que así mesmo foi incluído na prestixiosa lista The White Ravens 2010. Obtivo tamén o Premio Irmandade do Libro da Federación de Librarías de Galicia á mellor obra infantil e xuvenil do 2013, pola triloxía Ámote Leo A.

En 2019 gañou o Premio Merlín de Literatura Infantil con Xelís, o guieiro das botellas de mar da que o xurado destacou "a excepcional construción dun universo propio, habitado por unha rica galería de personaxes que se sitúan entre o fantástico e o real, para tratar a problemática actual da crise ecolóxica e da contaminación do plástico". (Galipedia)

Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.