Nacín en Vigo alá polo 1979, cando o verán estaba a piques de morrer. Neta dun inventor e filla de dous creadores de soños, escribo desde que teño memoria. Debutei na colección Fóra de Xogo coa novela “Unha estrela no vento” sendo moi nova. Na colección Abismos, xunto con outras 24 narradoras, publiquei o relato Negrita no volume “Narradoras”. “O corazón de Xúpiter” é a miña segunda novela, “Recinto Gris” a terceira e ''Un animal chamado néboa'' a cuarta. En 2014 gañei o Premio Merlín de Literatura Infantil e o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, 2015 con “Escarlatina, a cociñeira defunta”.
Síntome poeta con alma de equilibrista, porque recito nos lugares máis propicios á caída: no autobús, no supermercado, nos bares, en tendas de conxelados… E debe ser por iso que formo parte do colectivo Poetas da Hostia. A miña obra poética está recollida en distintas publicacións colectivas. Individualmente teño publicado o poemario “Xardín de Inverno”.
A día de hoxe formo parte da directiva de Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil). Son avogada a tempo parcial e poeta a tempo completo. E nas horas libres escribo novela, que é a miña verdadeira paixón. Traballei no mundo do guión cinematográfico e do audiovisual participando no proceso creativo de diversos documentais e dirixindo e protagonizando a curtametraxe poética: A miña vida é unha caixa de zapatos.
Podes ler una enterevista coa autora aquí:
Quero preguntarlle/comentarlle á autora:
_______________________________________ ________________________________________ ________________________________________ ________________________________________
________________________________________ _____________________________________________________________ ______________________________________________________________ ______________________________________________________________ ______________________________________________________________
______________________________________________________________
AlgĂşns dos libros de Ledicia que podes atopar nos andeis da biblio
16 de febreiro 2016