Ollando lecturas 14 15

Page 1

III Certame fotogrรกfico

Biblioteca IES Pedra da Aguia Curso 2014/2015


A biblioteca do IES Pedra da Aguia convoca o III Certame Fotográfico

Ollando Lecturas Coas seguintes BASES:    

Tema: a lectura na vida cotiá. Dirixido aos Centros Escolares do Concello de Camariñas. As fotos serán orixinais e deberán estar realizadas no presente ano 2014. Cada participante poderá presentar un máximo de 2 fotos.

 

     

As fotos presentaranse a través do programa Instagram coa etiqueta #ollandolecturas15. Deberá indicarse autor/a e curso. Na mesma páxina quedarán expostas as fotos publicamente. Tamén se poden envíar por correo electrónico a: (biblioteca.ies.pedradaaguia@gmail.com) indicando autor/a e curso. O formato admitido será o jpg (jpeg), habitual en cámaras dixitais, teléfonos móbiles, etc. A organización terá os dereitos da foto baixo licenza Creative Commons. Os premios poden quedar desertos. O xurado estará formado polo equipo de biblioteca do IES Pedra da Aguia e a súa decisión será inapelable. A presentación de fotografías implica a aceptación destas bases.

Premio Primaria: Cheque-regalo, por valor de 15 €, a canxear en calquera librería do Concello, con factura a nome do IES Pedra da Aguia. O gañador/a indicará previamente o nome da librería seleccionada. Premio Secundaria: Cheque-regalo, por valor de 25 €, a canxear en calquera librería, con factura a nome do IES Pedra da Aguia. O gañador/a indicará previamente o nome da librería seleccionada.

Prazo de Presentación: 12 abril 2015


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.