PARA UTILIZAR OS RECURSOS WEB DE MEIGA (CATÁLOGO DA BIBLIO) 1.- Entrar no catálogo (desde o blog, por exemplo) 2.- Picar en “Recursos electrónicos”
Ábrese unha páxina con diferentes bibliotecas con recursos on-line de pago, que para nós son gratuitos.
Picando en calquera delas aparecerá un cadro de diálogo que nos pide o código de usuario (o voso Nº de carné da biblio) e o contrasinal (O voso apelido)
Aparecerรก de novo a listaxe de bibliotecas (con enciclopedias) e picando en calquera delas xa se pode entrar!
Non é o único recurso eléctrónico do catálogo. No lateral esquerdo hai moitas cousas que poden ser interesantes para nós: Cando no catálogo xeral aparece no título unha w indica que picando nela accedemos a una páxina web relativa a ese título. (Podemos cambiala se coñecedes algunha con contidos mais axeitados)