Salvados Pedra da Aguia

Page 1

Este sálvoo eu Eu salvaría A Lúa do Senegal

de Agustin Fernandez Paz. ¿Por que?

Porque me gustou moito o que lle pasou a esta pequena nena. (E memorizo...)

“…Cando pola noite nos sentamos os catro arredor da mesa, papá explícanos que debemos ter paciencia, que non resulta doado afacerse a un novo lugar…”

Anxo Campaña Lista 2ºB.


Este sálvoo eu Eu salvaría A Lúa do Senegal

de Agustin Fernandez Paz. ¿Por que?

Porque me gustou moito o que lle pasou a esta pequena nena. (E memorizo...)

“…Cando pola noite nos sentamos os catro arredor da mesa, papá explícanos que debemos ter paciencia, que non resulta doado afacerse a un novo lugar…”

Anxo Campaña Lista 2ºB.


Este sálvoo eu Eu salvaría Tonecho de Rebordechao de

Breogán Riveiro ¿Por que?

Porque cando o lin gustoume moito, a verdade foi o que máis me gustou. (E memorizo...) “Para a avoa todos os males do mundo cúranse durmindo, así que polo serán eu estaba no meu cuarto xogando á videoconsola cando alguén petou na porta.”

Begoña González Royuela 2ºC


Eu salvaría Cartas

de Inverno de Agustín Fernandez Paz ¿Por que?

Eu salvaría O raio veloz Porque me parece interesante de Agustín Feráandez Paz.e porque fala de enigmas.

(E memorizo...) ¿Por que?

Porquepetición é de misterio. “A miña primeira é que, baixo ningún concepto, (E memorizo…) abras o sobre que acompaña esta nota. Xa sei que non é normal dicirche unha cousa  “As lágrimas correron a tinta dalgunhas así, pero confío en que entendas palabras” que teño razóns poderosas para facelo.A miña segunda petición vaiche estrañar, peropersoa ben sabes que non faría  “Cada ten unha vidacha distinta, se non chea o considerase necesario: se ves que, de historias que me encantaría unha semana despois de recibires estadesvelar” carta, eu aínda non me puxen en contacto telefónico contigo, vai á Comisaría de Vigo e pregunta  “A ver o mar, que hoxe fixo que está polo Inspector Soutullo”. marabilloso” Bruno Castro Alvite Damián López Curso: 2º A


Este sálvoo eu

Ollos de auga de Domingo Villar

Eu salvaría

¿Por que?

Este libro gustoume moito porque fala de cadáveres e asasinatos, é moi entretido porque fala da ría de Vigo, dun cadáver que é un saxofonista. Ten moitos personaxes dous deles son: Jazz e Leo Caldas. (E memorizo...)

“-Non es quen de conducir como todo mundo?” -”Terás unha casa,como todoomundo,a non ser que vivas na rúa, coma os gatos.”

Estela López Bouzas 2ºA


Este sálvoo eu Este sálvoo eu Eu salvaría Ás de moscas para Anxo de Fina Casalderrey Eu salvaría Cartas de amor de Fran

Alonso

¿Por que?

¿Por que?

Escollín este libro porque me pareceu moi divertido e ademais gustoume. Porque me pareceu moi interesante, ten un (E título moi bo, memorizo...) que chama moito atención. “Iria fixo de Spiderwoman. (E moi memorizo...) Debe ser porque está delgada. Como levaba un chándal negro, “Aquela noite esperamos a que a escuridade semellaba unha cascuda fuxindo chegase, co seu inmenso corpo os perfís das de arrentes do chan, ou mellor, cousas, é as tres da mañá, seguindo as un cornetán deses dos carballos” indicacións de que nos tiñan nas súas mans, embarcamos nunha praia de Tánxer.” Inés Suárez Mouzo 2ºC Jennifer Pérez Riveiro 2ºC



Este sálvoo eu Eu salvaría Lúa do senegal de Agustín Fernández Paz

¿Por que?

É un dos libros que lin máis entretidos, é o vocabulario non é moi difícil. (E memorizo...)

“Eu seguirei correndo nos meus soños polos camiños de Oussuye e polas rúas de Ziguinchor, o Senegal irá sempre comigo no corazón.”

José Manuel Lema Castiñeira 2ºC


Este sálvoo eu Eu salvaría Dúas

bágoas por Máquina de Fina Casalderrey ¿Por que?

Porque me trae recordos de cando eu era máis pequena e me mandaran coller este libro, pero tamén me gusta moito polo contido do libro: a relación dun can cun neno/a. (E memorizo...)

“O propio sol agacha a cara tras dunha nube. A avoa, que aínda está a tremer da grandísima impresinó que acaba de recibir, mira cara onde está o animal, que permanece quedo, e deixa esvarar polo seu rostro dúas bágoas. Dúas bágoas por Máquina(…) …Tiven máis cans e quíxenlles moito pero, como Xusta me chamo, ningún chegou a ocupar o sitio de Máquina no meu corazón.O recordo do meu cadeliño estará sempre dentro de min cun sabor doce e amargo a un tempo, que enche o meu espírito de tenras sensacións.” .

Laura Pose 2ºC


Este sálvoo eu Eu salvaría A

lagoa das nenas mudas de Fina Casalderrey ¿Por que?

Porque é de intriga, e, ao mesmo tempo conta como ten que enfrontarse a protagonista aos problemas que lle ocorren no colexio. (E memorizo...)

“…. “-A muda vai falar! Don Ignacio achégase e axúdalle a pronunciar: -Unha pomba oíu un grito que saíu dunha ventá. Daquela cerrou o pico e púxose a axexar”. Un ogro, facendo o tolo, María Canosa A unha mamá maltrataba. 2ºB A pomba escoitouno todo E pensou: vaia pasada!...” ….…


Este sálvoo eu Eu salvaría Lúa

do Senegal de Agustín Fernández Paz ¿Por que?

Porque para ser o primeiro libro en galego que lin pareceume moi interesante. (E memorizo...)

“Levo todos estes días véndote minguar, amiga Lúa... vaste apagando cada noite un pouco máis, dun xeito tan calado que case nin se nota.”

Matías Lema Guedes


Este sálvoo eu Eu salvaría A

casa da luz De Xabier P. Docampo ¿Por que?

Porque é o libro que estou a ler, e o pequeño cacho que lin, gustoume moito. Recomendoumo meu pai, porque a película vai saír ( ou xa saeu, non recordo...) e teño ganas de poder comparar o filme con este libro tan ben escrito... (E memorizo...)

“(...),eran moitas das cousas que Pumariño apañaba nas obras de reforma que axudaba, pero as máis delas eran aquelas que atopaba agochadas nos valados. Todos xuntos e perfectamente ordenados había moitos pucheiros de todos os tamaños, feituras e materiais. Serían arredor de vinte ou trinta. Algúns estaban rachados, pero moitos deles tiñan os anacos desprendidos. Aquilo recordaba a un museo arqueolóxico.” Rui Santalla Méndez, 2º B


Este sálvoo eu Eu salvaría Lúa

do Senegal de Agustín Fernández Paz Este sálvoo eu que? Lúa do¿Por Senegal Agustín Fernández Paz Porquedefala dunha rapaza que só

ten de amiga a Lúa e ensínache moitos lugares, ¿Por que? palabras novas e culturas. Foi un libro no que me (E gustou moito memorizo...) a confianza que ten na lúa. ``¡Que alegría, descubrirte hoxe no medio do ceo escuro! memorizo...) Despois de tantos días de chuvia (E e nubes grises, xa case perdera a esperanza de volverte ver…´´ “¡Qué alegría, descubrirte hoxe no medio do ceo escuro! Despois de tantos días de chuvia e nubes grises, xa case perdera a esperanza de volverte a ver” Sara Carril 2ºA Sara Lema Blanco 2ºC


Este sálvoo eu Eu salvaría A

vida secreta de María Mariño de Fran Alonso ¿Por que?

Porque conta toda a vida dela e é interesante saber toda a vida dunha persoa. Tamén me gustaron os poemas que hai nel. (E memorizo...)

O meu camiño hoxe ten o mirar dun antonte. Arrecenden os sendeiros nas agras zoan as fontes. Labrego afala ó seu gado. Mide o tempo a súa ponte. Aire quedo e tembrando. Chove perto, chove lonxe. . Aitana Costa 2ºA


Este sálvoo eu Eu salvaría Tres

pasos polo misterio de Agustín Fernández Paz ¿Por que?

Porque tres persoas explican os seus misterios e tamén os sentimentos que lles pasaro nese momento.

(E memorizo...)

“Esta noite, cando a lúa chea brille con todo o sue explendor no máis alto do ceo, non haberá portas nin fiestras que impidan a chegada do horror” Sheila Lema Bouzas 2ºC


Este sálvoo eu Eu salvaría O

gol imposible de Enrique Sánchez

¿Por que? Porque me parece interesante para os demais e tamén para os que xogan ao fútbol e aos que lles guste ese deporte. (E memorizo...) “Era incrible. Estaba a ver a Javier Varela, e iso era imposible. Agora que, ó mellor, o imposible fora o de había once anos. En todo caso, algo non encaixaba. Estaba en Madrid por mor dunha encomenda do meu xornal. Rematárao antes do previsto e quedárame un día libre. Decidín aproveitalo na compaña de Pedro Valdés, un amigo dos tempos da escola.”

Soraya Jouane Casas 2ºB



Este sálvoo eu Eu salvaría O

único que queda é o amor de Agustín Fernández Paz. ¿Por que?

Porque dos libros que lin en galego é un dos que máis me gusta, e ademais é un libro moi bonito, porque conta diferentes historias de amor. (E memorizo...)

El permanece toda a noite de pé, indiferente á vida que pasa ao noso carón. Só ten ollos para o edificio de enfronte; ou, mellor, para as fiestras do sexto andar, o lugar onde Ela vive.

Adela Dios 2º B


Este sálvoo eu Eu salvaría Tonecho de Rebordechao de Breogán Riveiro.

¿Por que? Porque me gustou e porque é moi interesante.

(E memorizo...) “...Lembro que naquel intre de medo sen fondo pensei que os lobos debían ter algo de gatos, porque a súa ollada tiña algo dos felinos. Entón oín un rebumbio ás miñas costas era o Langrán púxoseme diante, facéndolle fronte ao lobo, protexéndome, ladrando ameazante…” Adrián Lado Andrade 2ºB


Este sálvoo eu

Eu salvaría Lúa do Senegal de Agustín Fernández Paz ¿Por que? Este libro gustoume porque fala dunha rapariga de cor, que o seu pai tivo que vivir en varios sitios, un deles e no que quedou a vivir foi en Vigo. (E memorizo...) “Lémbrome dese momento sempre que me vén a tristeza, sobre todo pola noite, cando me meto na cama e non podo durmir. Entón síntome coma se a alegría me abandonase cando o avión despegou do aeroporto de Dakar.”

Adrián Vigo Suárez 2ºA.


Este sálvoo eu Eu salvaría O raio veloz

de Agustín Fernández Paz ¿Por qué? É o meu libro preferido porque trata sobre un rapaz que moi bo. (E memorizo…)

``Abriu uns boletíns ao azar ¡A súa intuición non o enganaba! Aquela profesora debía de ser das que disfrutaban poñendo notas baixas, pois en bastantes asignaturas aparecían as temidas letras N.M. que indicaban a calificación insuficiente, acompañadas por abundantes signos negativos. ¡Canto sufrimento podía haber nos fogares de aqueles rapaces!¡Aquela inxustiza necesitaba a súa intervención!” Alejandro Lista Martínez

2ºA


Este sálvoo eu Eu salvaría Resistencia

de Rosa Aneiros ¿Por que?

Porque a súa lectura, ademais de emocionarme, levoume a disfrutar coñecendo unha parte de Portugal viaxando na realidade polos lugares do libro. (E memorizo...)

“Isaura tomou o camiño de San Pedro de Moel sen mirar atrás. Sentía que as pernas lle fallaban e na caixa do peito había algo que lle batía tan fortemente que quixera botalo fóra. “

Auri Guerrero


Este sálvoo eu Eu salvaría A

pomba e o degolando de Fina Casalderrey ¿Por que?

Porque é divertido e aprendin moitas cousas.

(E memorizo...) “Ultimamente dáme por levantarme de noite, achégome á cociña e collo o coitelo máis aguzado que atopo, daquela vou dereito á saída coa intención de llo espetar no peito a quen nalgún momento da miña vida me fixo dano”.

Aurora Parga González 2ºC


Este sálvoo eu Eu salvaría Ollos de auga de Domingo Villar Por que? Ollos de auga conta a historia dun crime que sucedeu en Vigo,e como uns inspectores o van resolvendo pouco a pouco. Ademais, ten un toque de humor, que fai que aínda que a historia sexa dura,teña un toque divertido. E ademais mantente coa intriga hasta o final. (E memorizo...) - Está fresca – dixo Estévez, que volvera da orela cos pés mollados-.Maiscoa calor que vai,se me bañase quedaría como novo.A vostede seguro que non lle parecería ven se en calzóns…(...) Estévez desfíxose da súa roupa nun abrir e pechar de ollos e saíu ás carreitas parao mar levantando nubes de area arredorde si. (…) De aí a unpouco, Estévezsaíu da auga blasfemando,mantendo o equilibrio nunha soa perna.Coas dúas mans suxeitaba o pé da outra.

Belinda 4ºA


Eu salvaría Cartas

de Inverno de Agustín Fernandez Paz ¿Por que?

Porque me parece interesante e porque fala de enigmas. (E memorizo...)

“A miña primeira petición é que, baixo ningún concepto, abras o sobre que acompaña esta nota. Xa sei que non é normal dicirche unha cousa así, pero confío en que entendas que teño razóns poderosas para facelo.A miña segunda petición vaiche estrañar, pero ben sabes que non cha faría se non o considerase necesario: se ves que, unha semana despois de recibires esta carta, eu aínda non me puxen en contacto telefónico contigo, vai á Comisaría de Vigo e pregunta polo Inspector Soutullo”. Bruno Castro Alvite


Este sálvoo eu Eu salvaría Tonecho de Rebordechao de Breogán Riveiro Por que? Porque tiña unha mestura de diversión e misterio (E memorizo...)

Achegueime de novo e toquei a pedra. Alí onde eu lembraba claramente ter fendido dun couce unha portiña de madeira podre, agora só había pedra. A casa volverase de súpeto escura, as columnas que se coaban polos buratos das fiestras xa non estaban, de seguro que polo paso dunha nube que ocultara o sol.

Camila Mouzo 4º PDC


Salvando libros Que libro salvarías ti? Esta exposición xorde dun traballo colaborativo entre 96 bibliotecas escolares galegas e pretende ser unha chamada de atención sobre a importancia de apreciar, coidar e manter o noso patrimonio cultural escrito. Pretendemos difundir a idea de que é imposible destruír os libros e os valores que neles se transmiten se somos quen de conseguir que formen parte de nós para sempre. Maio 2011


Este sálvoo eu Eu salvaría Un

home que xaceu aquí De Aníbal C. Malvar ¿Por que?

Porque me apetece moito lelo e porque me chamou moito a atención, tanto o libro como o título. (E memorizo...)

“… No primeiro bar, saíndo de Lisboa, pedín un Old Bushmills. Era hora de ir cambiando de whisky.”

Clara Pose 2ºB


Eu salvaría O

raio veloz de Agustín Feráandez Paz. ¿Por que?

Porque é de misterio. (E memorizo…)

 “As lágrimas correron a tinta dalgunhas palabras”  “Cada persoa ten unha vida distinta, chea de historias que me encantaría desvelar”  “A ver o mar, que hoxe fixo que está marabilloso” Damián López Curso: 2º A


Este sálvoo eu

A lúa do Senegal de Agustín Fernández Paz

Eu salvaría

¿Por que? Escollín este libro porque é un dos poucos que teño dun escritor galego e escrito en galego, e ademais o escollín porque a historia que conta adoita ocorrer habitualmente.

(E memorizo...) “ “A vida era agradable en Ziguinchor: pasábao moi

ben na escola, xogaba coas amigas ata que chegaba a noite, a xente do barrio queríaa ben…”

Daniel Lado 2ºC


Este sálvoo eu Eu salvaría Lúa

do Senegal de Agustín Fernández Paz ¿Por que?

A razón pola cal escollín este libro é porque di que aínda que esteas vivindo nun lugar, a cabeza e o corazón están no sitio que se deixa, aínda que xa non esteas nel. O único que tiña Khoedi, a protagonista era a lúa de todas as noites. A súa amiga, a que alumea todas as noites tanto no Senegal como en Vigo. (E memorizo...)

“¡Que alegría, descubrirte hoxe no medio do ceo escuro!Despois de tantos días de chuvia e nubes grises, xa case perdera a esperanza de volverte ver.”

Desirée Lema 2ºC


Este sálvoo eu Eu salvaría: Os

libros arden mal De Manuel Rivas ¿Por que?

Por que me ensina cousas, que non sabía, de lugares coñecidos da nenez e da adolescencia. Porque é un cumio da literatura que encumbra o idioma.

(E memorizo...) Ela observa. Ten visto moitas cousas. Esa clase de lume, non. Ela non leu nunca un libro. Houbo un tempo, talvez o máis feliz, en que foi vendedora de xornais. Pregoaba noticias sen as saber ler. Por iso pensa que lle prexudican. Que van contra ela. Están a queimar o que nunca tivo, o que a unha sempre lle faltou. Ese fume ten algo raro, escoce, métese por detrás dos ollos.

Emilio Roca


Eu salvaría Deitado frente ó mar... De Celso Emilio Ferreiro

Porque despois de tanto tempo é tan actual...

Lingua proletaria do meu pobo eu faloa porque si, porque me gusta, porque me peta e quero e dame a gana porque me sae de dentro, alá do fondo dunha tristura aceda que me abrangue ó ver tantos patufos desleigados, pequenos mequetrefes sen raíces que ó pór a garabata xa non saben afirmarse no amor dos devanceiros, fala-la fala nai, a fala dos abós que temos mortos, e ser, co rostro erguido, mariñeiros, labregos da linguaxe, remo e arado, proa e rella sempre..

Gema Lois


Este sálvoo eu Eu salvaría Ás de moscas para Anxo de Fina Casalderrey

¿Por que?

Escollín este libro porque me pareceu moi divertido e ademais gustoume. (E memorizo...)

“Iria fixo de Spiderwoman. Debe ser porque está moi delgada. Como levaba un chándal negro, semellaba unha cascuda fuxindo de arrentes do chan, ou mellor, un cornetán deses dos carballos”

Inés Suárez Mouzo 2ºC


Este sálvoo eu Eu salvaría

A lagoa das nenas mudas. De Fina Calsaderrey ¿Por que?

Trata dunha rapaza que vai vivir a outro lugar. (E memorizo...)

“Todos me falaban á vez.. Eu non entendía nada. Fuxín ao outro extremo do patio e entráronme moitas ganas de chorar.”

Iris Álvarez 2º A


Este sálvoo eu Eu salvaría Ismael,que foi mariñeiro

¿Por que? Porque me gusta e o meu nome aparece no título

(E memorizo...) .

Ismael Campaña 4ºA


Este sálvoo eu Eu salvaría Cartas de amor de Fran Alonso

¿Por que?

Porque me pareceu moi interesante, ten un título moi bo, que chama moito atención. (E memorizo...) “Aquela

noite esperamos a que a escuridade chegase, co seu inmenso corpo os perfís das cousas, é as tres da mañá, seguindo as indicacións de que nos tiñan nas súas mans, embarcamos nunha praia de Tánxer.” Jennifer Pérez Riveiro 2ºC


Este sálvoo eu Eu salvaría Follas Novas de Rosalía de Castro

Por que? Porque gozo coa súa sensibilidade. Porque conecto coas almas atormentadas. Porque nel atópase o poema

A ventura é traidora

(E memorizo...) Tembra a que unha inmensa dicha Neste mundo te sorprenda; Grorias,aquí,sobrehumanas Tran desventuras supremas. Nin maxines que pasan os dores Como pasan os gustos na Terra; ¡hai infernos na memoria, cando n’os hai na conciencia!

Mar Ramos

Mar Ramos


Este sálvoo eu Eu salvaría Lúa

do Senegal Agustín Fernández Paz ¿Por que?

Escollín este libro porque nos ensina que as persoas que veñen doutro país para traballar a un descoñecido, non é facil para ninguén , e tamén , sobre todo, soportar as miradas da xente . Pero o máis triste e deixar o teu país natal. (E memorizo…)

“¡Que alegría descubrirte hoxe no medio do ceo escravo! Despois de tantos días de chuvia E nubes grises que case perdera a esperanza de verte.”

María Lema 2ºC


Eu salvaría: Os

dous de sempre De Castelao ¿Por que?

Porque utiliza o sentido do humor e a ironía para facer unha crítica da sociedade galega dos anos 30

(E memorizo...) “Unha vez parouse diante do seu posto un home de “gabardina”; miróune ben e preguntoúlle: - E ti serás Rañolas? -Son. E ti...¿serás o afiador ourensán? -O mesmo Os dous amigos danse as mans e ceiban risadas, trocan perguntas e respostas á retesía, e por eles que ardese París naquel intre. -Eu “amúsome” moito eiquí, pero acórdome de alá-di o afiador, chapurrando francés e galego-e como xa sei ben o “métier” de eleitricista podo gañar vida en Ourense. -¿E non sintes deixar París? -Home...si che hei decir verdade, ando enamoricado dunha rapariga; pero...”je m’en fous! Et, tu sais,...” alá tamén hai mulleres”

María Varela

,


Este sálvoo eu Eu salvaría

Memorias dun neno labrego de Xosé Neira Vilas ¿Por que?

Porque é un neno que ten unha vida difícil e nos demostra valores da vida. (E memorizo...)

“… EU SON… BALBINO.Un rapaz da aldea. Coma quen dis, un ninguén. E adenais, pobre. Porque da aldea tamén é Manolito, e non hai quen lle tusa, a pesares do que lle aconteceu por causa miña.”

Maryeli Alejandra Jiménez 2ºB


Este sálvoo eu Eu salvaría Noite

de voraces sombras de Agustín Fernández Paz ¿Por que?

Porque mestura cousas de medo con relacións de amizade e amorosas. (E memorizo...) '' Cando xa estabamos a pouca distancia da casa, en un lugar moito máis escuro pola presenza de dous castaños que crecen á beira do camiño, Daniel detívose e, colléndome pola cadeira, dirixiume suavemente ata quedar apoiada no tronco dunha das árbores. Despois, sen dicir palabra, rodeoume cos seus brazos e bicoume nos beizos.''

Michael Carril Toba, 2ºA


Este sálvoo eu As de mosca para anxo

¿Por que? Porque me gustan as moscas

(E memorizo...) .

Miriam Barcia 4ºPDC


Este sálvoo eu Eu salvaría O Misterio das badaladas De Xabier P. Docampo

¿Por que? Porque poñéndoo nas mans de moitos rapaces e rapazas conseguín escoitar que disfrutaran lendo en galego.

(E memorizo...)

“Aquela noite, ás doce, o reloxo da igrexa de Eiranova non deu trece badaladas, como viña facendo desde que fora instalado. Pero tampouco deu as doce que lle correspondía dar a aquela hora. Aquela noite ás doce deu ONCE badaladas”

IES Pedra da Aguia A Ponte do Porto


Este sálvoo eu Eu salvaría: O

raio veloz de AgustínFernández Paz ¿Por que?

Escollín este libro porque me pareceu moi interesante e moi entretido. (E memorizo...)

“Aqueles poucos versos parecéronlle cargados de amor e de misterio. Oíra falara do poeta que os escribira,Paul Eluard, mais era moi pouco o que sabía del. Tiña que mercar algún libro seu, quizais se lía os poemas enteiros podería coñecer algo máis da misteriosa persoa que lle enviaba aquelas flores.” Paola Fernández Triñanes 2ºB


Este sálvoo eu Eu salvaría Ás de moscas para Anxo de Fina Casalderrey. ¿Por que? Porque foi o primeiro libro que lein cando era pequena e sería unha magoa que xa non se publicasen,e tamén porque con ese libro podense aprender moitas cousas,polo cal ainda me acordo del (E memorizo...) .

Raquel Lema 4ºA


Este sálvoo eu Eu salvaría Noite de voraces sombras De Agustín Fernandez Paz

¿Por que?

Escollín este libro, porque me encantou e porque se trata dunha rapaza á que lle van pasando moitas aventuras (E memorizo…)

“Mentiría si dixera que non agradecín a súa estancia entre nós.Ademais de facerme máis levadeira a espera que me consumía por dentro, serviu para que aquel ser invisible que parecía habitar no meu cuarto non aparecese ningunha noite máis.”.

Rosario Miñones 2ºC


Este sálvoo eu Eu salvaría A historia do home can de Pepe Carballude

Por que? Porque me pareceu chistoso todo o que fixo cando se converteu en can e o susto que collía a xente cando lle falaba.

(E memorizo...) Foi o moble-bar,agarrou unha copa pequerrecha,das de augardente, e botou nela unhas pingotiñas de nada.Volveu ventar o gratisimo recendo da apócema e,confiando no creto que lle merecía o saber de Kechú,enguliu dun saque o contido da copa.Tan axiñacomo rematou, sentiu por todo o corpo un formigo súbito e persistente.Ficou quedo no sitio. Notou que algo descoñecido se estaba operando nel.O traxe que levaba vestido caeulle ó chan…

Samuel Méndez 4º PDC


Este sálvoo eu Eu salvaría Lúa

do Senegal de Agustín Fernández Paz ¿Por que?

Porque fala dunha rapaza que só ten de amiga a Lúa e ensínache moitos lugares, palabras novas e culturas. (E memorizo...)

``¡Que alegría, descubrirte hoxe no medio do ceo escuro! Despois de tantos días de chuvia e nubes grises, xa case perdera a esperanza de volverte ver…´´

Sara Carril 2ºA


Este sálvoo eu

Lúa do Senegal de Agustín Fernández Paz

¿Por que?

Foi un libro no que me gustou moito a confianza que ten na lúa. (E memorizo...)

“¡Qué alegría, descubrirte hoxe no medio do ceo escuro! Despois de tantos días de chuvia e nubes grises, xa case perdera a esperanza de volverte a ver”

Sara Lema Blanco 2ºC


Este sálvoo eu Eu salvaría A Galiña Azul de Carlos Casares ¿Por que? Porque cando comezaba neste o meu oficio: mestra, este libriño e os seus contos faláronme de tolerancia, do respecto a diferenza, de que a unión fai a forza e do poder da imaxinación. E faláronme disto en galego. E memorizo...) “Pois Lorenzo ten unha galiña azul con cinco plumas roxas na ala dereita.É unha galiña moi boonita e moi rara.Pon ovos de colores. Xa puxo dous marelos, un rosa e tres verdemar. Ademáis non di cacaracá como as outras galiñas sinón que di cocorocó. E esto ten preocupadas as autoridades.”

Silvia Lijó


Este sálvoo eu Eu salvaría Tonecho de rebordechao de Breogán Riveiro

¿Por que? Porque era moi divertido e interesante

(E memorizo...) Botei a correr a fume de carozo entre os lobos, que se arredaron para me deixar pasar. Corrín a todo o que deron as miñas pernas. Corría e berraba pedindo auxilio, pero ninguén me escoitaba.Un monstro enorme saío de tras dun carballo cun machado ao ombro.

Tamara Suárez 4º PDC


Este sálvoo eu Eu salvaría: Terra

de ningures De Celso Emilio Ferreiro Por que?

É un poemario integrado por composicións sinxelas, agradables ao oído e con imaxes de gran beleza. .

(E memorizo...) Samba Se eu non fose ave de paso, quedaríame aquí a vivir, con este vento, este donaire, este gasalleiro abril que tanxe na madrugada harpas que xamais ouvín. Se eu non fose ave de paso, quedaríame aquí a vivir, que os camiños arrecenden a laranxa e alelí. Misteriosos vagalumes andan de noite a bulir, semellando no aire quedo unha chuvia de rubís.

Valentín Alvite


Este sálvoo eu Eu salvaría Ocho siglos de poesía gallega (bilingüe)

¿Por que? Porque foi un croque adolescente con versos en galego como estes do amigo Bernal de Bonaval (sXII-XIII)

(E memorizo...) A dona que eu amo e teño por señor amostradema, Deus, se vos en pracer for, senon, dadema morte.

Xaquín López


Este sálvoo eu Eu salvaría Noite de voraces sombras De Agustín Fernandez Paz

¿Por que?

Escollín este libro, porque me encantou e porque se trata dunha rapaza á que lle van pasando moitas aventuras (E memorizo…)

“Mentiría si dixera que non agradecín a súa estancia entre nós.Ademais de facerme máis levadeira a espera que me consumía por dentro, serviu para que aquel ser invisible que parecía habitar no meu cuarto non aparecese ningunha noite máis.”.

Rosario Miñones 2ºC


Este sálvoo eu Eu salvaría Retrincos

e un Ollo de Vidro de Alfonso R.Castelao ¿Por que?

Porque foi o primeiro que encontrei.

(E memorizo...)

“…tiña eu once anos cando meu pai, que estaba na Arxentina, nos chamou cabo de si; e alá fomos embarcados, a miña nai e mais eu, nun paquebote alemán. E axiña de arribar a Bos Aires…”.

Virginia Gerpe 2ºB


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.