Carta para os meus pequerrech@s

Page 1

Meus pequerrech@s querería dicirvos tantas cousas pero as palabras

non saen fácilmente. Seguramente cunha aperta, cun sorriso, cun

agarimo, diríao todo pero non podo, así que abrirei as xanelas do

meu corazón e deixarei que broten as palabras.



Lembro que fai xa uns cantos meses, abrín a porta do terceiro curso

e atopeime cunhas cariñas curiosas que me miraban con asombro,

sen saber o que dicir ou o que facer pero que logo botaron un

sorriso. Eu pensei …. Que haberá detrás desas miradas, que me

deparará este curso.


Non tiven que pensar moito, de seguido me din conta de que cada

un de vos erades especiais, de que eran moitas as cousas que

podiamos facer xuntos e díxenme… a por todas. Non me equivoquei,

cada día o voso lado, era especial, único, inmellorable.

Conseguístedes que cada mañá me erguese cun sorriso e cunhas

ganas enormes de atoparme cos meus anxiños.



Ains! Cantas cousas recibín de vos, quédome ca inocencia de Brais,

o cariño de Candela e Paula, a disposición de Daniela Figueroa, a

creatividade de Lois, a pillería de Xaime, o desparpajo de Lucía

García, a nobreza de Gael e Gabi Bratos, o humor de Alejandro, o

sentido da amizade de Ian e Celia, o inmenso sorriso de Lucía

Lages, os continuos aloumiños de Antía, a alegría de Ixem, a


sinceridade de Gabi Lemos, os abrazos de Matías, o sorriso

permanente de Yeray, a madurez de Héctor, a dulzura de Helena e

Sariña, o compañerismo de Pedro, a curiosidade de Asier e o afecto

en tódalas formas posibles de Daniela Vila.


Non podo sentirme máis orgullosa de todos, xa que aínda vivindo a

situación que nos tocou, seguístedes sendo os mesmos nen@s

traballadores, dispostos a poder con todo, en resumo, un exemplo a

seguir.

Non podo esquecer as familias que estaban detrás, apoiando cada

unha das miñas ideas, aportando outras tantas e traballando


conxuntamente comigo para alcanzar unha mesma meta. Tocouvos

un papel difícil nesta situación, seino, por iso valoro aínda máis

todo o que me facilitástedes o meu traballo e agradezo de todo

corazón as mostras de afecto e gratitude que me fixéstedes chegar.

Despídome xa, desexándovos un feliz verán e toda a sorte do

mundo.


Grazas por todo, lĂŠvovos no meu corazĂłn!


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.