Estes días nos que a necesidade de quedar na casa se fai tan imperiosa… debemos intentar establecer unhas rutinas para poder levar mellor os días e as horas, especialmente cando falamos dos peques, os cales necesitan dunhas rutinas que lles axuden a conseguir un estado emocional equilibrado e a sentirse seguros… Aquí van as nosas propostas de RUTINAS DIARIAS:
1.- Momento de pequena asemblea na que falemos: do día da semana, día do calendario, horario de actividades que seguiremos pola mañá e rematar cun debuxo dalgún membro da familia ou de eles mesmos (a elexir)
2.- Momento de actividade dirixida con eles: unha receita, un experimento, unha manualidade‌(iremos deixando ideas colgadas no blogue ao longo dos dĂas)
3.- Momento de xogo por recantos: propoñer 3 recantos diferentes cada día nos que poidan xogar eles soìños de xeito libre (crebacabezas, pintura, modelado con plastilina, xogos de motricidade fina, construccións…) o que teñades na casa que saibades que deixen un momento de xogo individual no que a demanda do adulto sexa casi inexistente. Este momento será máis longo ou máis curto en función da idade e das características individuais dos peques.
4.- Momento de almorzo da media mañá (para repoñer forzas e coller enerxía ao tempo de continuar con rutinas saudables apropiadas)
5.- Momento de moverse: neste momento do día cada familia terá que adaptarse ás condicións da súa vivenda, pero é importante que os nenos teñan un
tempo de movemento varias veces ao día (pola mañá e pola tarde como mínimo). Os xogos que se lles propoñan poden ser variados en función de se vivides nun piso ou nunha casa (tamén vos deixaremos exemplos estes días).
6.- Momento de volta á calma e lectura dun conto: buscar actividades relaxantes como xogos de caricias, música tranquila, etc. para posteriormente facer a lectura dun conto.
Non vos olvidedes da importancia que ten a lectura dos contos e de compartir este momento tan especial con eles‌ os contos transportannos a lugares marabillosos e cheos de fantasĂa e fan crecer a nosa creatividade e imaxinaciĂłn.
E deste xeito xa teríamos rematada a mañá quedándonos por diante unha tarde completa para descansar un pouquiño, facer xogos de mesa en familia, ver un pouquiño a TV ou facer o que máis nos apeteza.
Recordade que estas son recomendacións coas que pretendemos axudarvos a programar as actividades cos máis pequenos o mellor posible. Esperemos que vos servan de axuda. Iremos colgando no blogue exemplos de actividades que podedes utilizar. E o máis importante, manter unha actitude positiva, gozade dos momentos en familia e pensade que todo isto sairá ben coa axuda de todos. As profes de infantil de Vincios vos enviamos a maior das nosas apertas. Moito ánimo familias!!
TODOS XUNTOS CONSEGUIRÉMOLO… QUEDA NA CASA!!