Tarefa 1 o meirande

Page 1

O MEIRANDE Como sabedes, o venres imos de excursión ao Meirande. Pero… que é e onde está isto do Meirande? Imos investigar… Primeiro, imos buscar onde está este lugar, pois teremos que saber como chegar alí o venres. Imos facelo con google maps. Tedes que conseguir toda esta información (e anotala na libreta de xeito ordenado): - Cantos kilómetros imos percorrer, entre a ida e a volta. - Canto tempo se prevee que tardemos pola ruta máis rápida. - Por que estradas imos circular. - En que concello está. Despois, imos ver que é o Meirande. Nesta entrada podedes consutar algunhas páxinas interesantes para saber por que o imos visitar. Cando teñades clara toda a información que se vos pide na páxina seguinte (que tamén tedes que anotar), iredes contarlle aos outros cursos que a van visitalo o que poden facer alí.


DATOS SOBRE O MEIRANDE ●

Que tipo de lugar é.

Que da a coñecer.

Que podemos ver alí.

Canto custa entrar.

Cal é o horario de visita.

Que vos parece.


A BATALLA DE RANDE Agora que xa sabemos onde imos e por que, imos coñecer un pouquiño máis sobre o que aconteceu en Rande alá polo ano 1702. Lede con atención o folleto que fixo a profe de 6º sobre este feito histórico (está nesta entrada) e escribide entre todos un pequeno texto que explique o que aconteceu (na libreta, por suposto). Finalmente, ilustrade o texto cun debuxo da batalla. Ao ataque, !


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.