Módulo 4 tarefa 4

Page 1

Título: The Environment Nivel: 1º BACH. Recursos: ordenadores, internet, wiki, Issuu Contidos: Vocabulario e expresións que teñen que ver cos distintos aspectos do medio ambiente: concienciación, problemas medioambientais, reciclaxe,... Procedemento: Esta proposta de actividade supón unha continuación as actividades propostas no apartado de WIKI. O profesor crea un wiki sobre o medio ambiente e invita aos alumnos como editores. Crea tamén unha páxina de inicio onde aparecen os distintos temas, entre os que poderán elixir un deles. Dependendo do número de alumnos dividirase a clase en grupos de 3 ou 4. Cada grupo irá elixindo un tema dos propostos e terá que elaborar un traballo. Primeiro deberán buscar a información e crearán unha páxina onde irán deixando as súas achegas. Poderán incluir fotografías e mesmo vídeos para completar o seu traballo. Unha vez que cada grupo acabe a súa tarefa o profesor revisará o traballo e será editado. Cando todas os temas estean ilustradas nun documento común, o profesor o converte en pdf e súbeo cun título e un comentario explicativo a Issuu para polo ao alcance de calquera usuario.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.