OS NOSOS TEXTOS PARA AS LETRAS GALEGAS
Letras Galegas 2018
1
Letras Galegas 2018
2
"A miña relación con Galicia e a miña opción pola súa lingua é simplente unha historia de amor"
Mª VICTORIA MORENO LETRAS GALEGAS 2018
Letras Galegas 2018
3
Letras Galegas 2018
4
A VERDADEIRA HISTORIA DE MARIQUIÑA Mariquiña vivía cos seus país nunha aldea a dous ou tres kilómetros da cidade... ...«Queimadiña co sol de vran, enchoupadiña coa choiva ni inverno, facía tódolos días o camino da aldea á cidade e voltaba da cidade para a aldea. Sempre levaba un cestiño na man: cando iba, coa comida do pai. Cando voltaba, cos mandados da nai. «Facendo tódolos días o mesmo camino, acadóu moitos amigos. «Entre os habitantes do camiño somentes un tiña mala fama: o lobo... ...«-¿Qué faréi eu -decía- se atopo cun lobo? «E atopouno o día da tremoada. «Mariquiña voltaba prá aldea un serán mouro coma o inferno. Ollábanse os lóstregos na lonxanza e as nubes apurábanse moito nos camiños do ceo. A nena voaba cara á casa e as pingueiras da choiva mollábanlle a cariña, os cabelos e mailas roupas. «-Hei chegar axiña -decía-. Agárdame miña nai. «Pro a choiva iba a máis e a nena veuse na obriga de percuralo agarimo dun carballo nementres escambraba. «Chegou a noite e ainda non escambrara. Mariquiña sentiu frío e máis medo. Ouservóu unha cova na veira do camino e coidóu que nela estará máis segura. Foise prá cova e durmíu un anaquiño. «Cando despeertóu ollóu un gra can na entrada. «Dixo o can: «-Boas noites, pequeña bonita. «E a nena respondéulle: «-Boas noites, meu amigo. ¿Cómo te chamas? «E durmíronse xuntiños. «Un lóstrgo despertóunos e Mariquña rompéu a chorar de medo. Letras Galegas 2018
5
«O lobo amoucóuse e decía: «-Non teñas medo, bonitiña. Se queres, déixoche a miña casa e voume baixo dun carballo. Eu estóu moi afeito ó frío. «- Eu estóu ben contigo, amigo can. «-¿Por qué choras logo? «-É por culpa dos lóstregos. «-Se falamos un pouquiño -dixo o can- coido que vas perdelo medo a tódalas cousas do campo. Os lóstregos son fermosos na noite… «Mariquiña calaba. «-Eu non entendo ós homes -engadíu o lobo- : saben facelas millores casa, saben poñer garabelos na erba, saben afiar coitelos e ainda se alporizan con todo. «-Na miña aldea somentes nos alporizamos cos lóstregos e máis cos lobos. «-¿Tamén ti, miña reina? «-Eu tamén, amigo can. «-Se me prometes gardalo segredo, vouche decir unha cousa para que non teñas medo dos lobos. «-Prometido –dixo a nena_. «Entón o lobo cavilóu, baixou a cabeza e dixo: «-¿Douche eu medo? «-Toliño –dixo a rapaza-, yi es o meu amigo. «O lobo ollóuna con tenrura i engadíu: «-Eu son un lobo, Mariquiña. « A nena quedóuse abraiada. Díxolle: «-¿Vasme comer neste intre? «O lobo, moi tristeiro, respondéulle simplemente «-Non. «-¿Vasme gardar logo pró almorzo? «-Non, Mariquiña –dixo o lobo bagoando-, na mañanciña imos xuntos buscalo almorzo no campo.
Letras Galegas 2018
6
«Entón a nena comprendéu que aquel lobo era moi bo. Enxoitóulle as bágoas, deulle un bico entre as orellas e preguntóulle: «-¿E tódolos lobos son coma ti? «O lobo, sorristeiro, díxolle: «-¿E tódalas rapazas son coama ti? «Mariquiña púxose roxa de vergoña: «Perdóame, amigo lobo. Son un pouquiño tola. Eu ben sei que non hai dúas persoas igualiñas. Tampouco hai dous lobos. ¿Nonsí? «-Moi certo, -dixo o lobo-. «E durmíronse novamente na cova. «Os pais de Mariquiña e máis tódolos veciños da aldea pasaron a noite percurando nos camiños. Chegaron ó carballo, viron o cestiño e coidaron que a nena non estaría lonxe. Botaron unha ollada ó carón e deron coa cova do lobo. Dixeron: «-Pobriña, comeuna o lobo. «Colleron as escopetas apuntaron prá porta e dispararon. Ouviron un oubeo tristeiro e máis unha quixume. Foron ver e atoparon a Mariquiña, alporizada, é o lobo cunha pata ferida. Os homes queríano matar coas escopetas. A nena choraba , abrazada ó pescozo do seu amigo, pregaba que non lle fixesen xa máis mal. Díxolles: «-Este lobo é millor ca vós. Deixóume dormir na súa casa, quentóume co seu corpo, quitóume o medo dos lóstregos… E agora está ferido o pobriño. Este lobo é o meu can. Compre darlle o mesmo agarimo ca el me deu a min perante a noite. «Entón fóronse prá botica, mercaron unha boa menciña e curáronlle a pata ferida. «Agora o lobo chámase Garimoso. Aprendéu algunhas cousas dos homes, pro non todas… ...«As xentes da comarca, ó saberen esta historia, comenzaron a tratar ós lobos con máis respecto. Agora xa non lles poñen garabelos nin lles falan mal deles ós rapaces». ADAPTACIÓN DO CONTO A VERDADEIRA HISTORIA DE MARIQUIÑA, «MAR ADIANTE» TEXTO E IMAXES DE Mª VICTORIA MORENO
Letras Galegas 2018
7
Letras Galegas 2018
8
A FADA E A SALCHICHA Había unha vez unha fada chamada Sentimentos e unha salchicha moi boa que se chamaba Roi. Era a festa de San Xoán e Roi estaba moi contenta porque nesa época, polo san Xoán as fadas daban agasallos. Pero a Roi non lle deron nada. Roi preguntoulle a súa nai: -Por que non me deu a fada Sentimentos ningún agasallo? A nai díxolle: -Non o sei, voume decatar A nai decatouse de que un elefante entrara na casa de Sentimentos e mexara nos agasallos que tiña para os nenos e nenas e decidiu ir á tenda mercar un agasallo para o súa filla. Roi ao velo quedou moi contenta.
Adriana
Letras Galegas 2018
9
UN RAPAZ MOI TRAVESO Había unha vez, un día de primavera, un rapaz moi traveso que vivía no medio do bosque. Un día que estaba xogando cun prato volante rompeu unha ventá e saiu correndo. Os donos da casa chamaron a policía. A policía encontrouno e obligáronlle a amañar a ventá e metéronno unha semana no cárcere. Nesa semana volveuse bo e ao saír foille pedir perdón aos donos da casa, estes perdoárono e fixéronse amigos para sempre.
Ainhoa
Letras Galegas 2018
10
O BALÓN E O CAN Un día no que un can saíu pasear encontrou un balón e empezou a xogar con el. _Xoga, xoga!_ ordenoulle o balón ao can. O can cansou e quedou durmido, ao espertar non estaba o balón. _Colleríao un neno_ díxose o can._ Todos teñen un balón na praia e eu, non! Un neno moi bo que andaba por alí cerca explicoulle que o deixaba xogar co seu porque o cativo estaba moi só e quería compañía. E desde aquel día foron amigos e o can nunca máis se volveu sentir só. Alejandra
Letras Galegas 2018
11
A XOANIÑA E O ASTRONAUTA Fai algún anos había un astronauta que xamais viaxara a lúa. Un día, que estaba moi deprimido, atopouse cunha xoaniña que lle preguntou: -Por que estás tan deprimido? -Porque nunca viaxei a Lúa - contestou o astronauta. -Pois… eu podo levarte! – dixo a xoaniña. -En serio? E poderás comigo? - retrucou o astronauta. -Claro que podo - contestou a xoaniña. E levouno e tan contentos estaban que quedaron a vivir na Lúa e… VIVIRON FELICES E COMERON PERDICES Antía
Letras Galegas 2018
12
A ÁRBORE DE NADAL Hai moito tempo, nunha noite de Nadal, unha familia formada por tres persoas saíu mercar a árbore porque sen ela non se podían ter regalos. Elixiron unha e, cando regresaron a casa, puxérona diante dunha estufa e... que pasou? Cando acenderon a árbore, decatáronse de que lle saía fume, saíron correndo e chamaron aos bombeiros. Ao chegar estes, apagaron o lume e a familia decidiu colocala noutro sitio para que non volvese pasar o mesmo. Brais G
Letras Galegas 2018
13
O cabalo pequeniño Érase unha vez un cabalo pequeno, que vivía nun bosque coa súa familia. Un día escapou do bosque e perdeuse. A súa familia estaba moi preocupada e triste. Ao cabo dun tempo, os seus pais, escoitárono rinchar unha e outra vez. Os seus pais atopárono porque tiñan bo ouvido e o cabaliño tamén rinchaba moi forte. Cando chegaron xunta del o pai díxolle: - Non volvas escapar nunca máis do bosque ata que sexas maior, mentres sexas pequeno tes saír con nós. O cabaliño entendeuno e non volveu marchar só. Brais V
Letras Galegas 2018
14
A FADA E A SALCHICHA Había unha vez unha fada que se atopou cunha salchicha. A fada saudouna: _Ola salchicha! A salchicha contestoulle: _Ola fada! Como a fada tiña fame, ao ver a salchicha, foi a por ela. A salchicha escondeuse, a fada non sabía onde se metera, polo que decidiu durmir e, ao espertar, xa perdera as ganas. Entón, seguiron falando e, cando remataron, fóronse para as súas casas. Bruno
Letras Galegas 2018
15
O CAN E O BALÓN Érase unha vez un can ao que chamaban Pluto que vivía nunha casa con Marisa, a súa dona. Un día, Pluto ladraba, ladraba e ladraba e Marisa xa non sabía que facer con el. Pensou e pensou e, ao día seguinte, regaloulle un balón; pero, cando abriu a porta da casa, Pluto fuxiu, baixou as escaleiras moi rápido e mancouse. _Pluto, estás ben? Marisa correu escaleiras abaixo e levouno ao veterinario que lle dixo: «Este can rompeu unha pata». Púxolle unha venda e pediulle que o vixiase moi ben. Desde aquel día Pluto non fixo ningunha trasnada máis e xogou moito coa pelota. Celia
Letras Galegas 2018
16
O CAN E O BALÓN Había unha vez un can que tiña un balón vermello e sempre que saía pasear o levaba. Un día, a pelota pasou por riba dun pincho e desinchou . Entón, o can levouno onda o seu dono que o amañou poñéndolle un parche. O animaliño volveu xogar co seu balón. Pasados uns días, encontrou outro can, comezaron a coñecerse e a xogar xuntos. Os días foron correndo, o can esqueceuse da pelota e só xogaba cos cans que ía coñecendo e, unha tarde, ao regresar a casa veu o balón detrás da porta e deuse de conta de que non se acordara da súa pelotiña! E púxose a xogar con ela. Cloe
Letras Galegas 2018
17
A FADA E A SALCHICHA Un día, unha fada que camiñaba polo bosque, encontrou unha salchicha e quixo comela. Parecíalle que tiña moito mollo e comezou a darlle bocadiños, pero escoitou unha voz que lle dicía: _Non me comas, non me comas! _Quen é?_ preguntou a fada. _Son eu, a salchicha. _Ah!_ asombrouse a fada. _Non te preocupes, son só unha salchicha parlante que veño do planeta Vimbarandas. _Oh!, non o sabía. _Pois agora xa o coñeces. _Veña, queres que deamos un paseo?_ propuxo a salchicha. _Si_ respondeu a fada. _Pero… eu creo que non podo- dixo a salchicha. _Por que? _Porque non teño pernas. Entón, a fada fixo un feitizo máxico para que a salchicha tivese pernas. David
Letras Galegas 2018
18
O EXTRATERRESTRE Había unha vez un alieníxena persoa chamado Sennome. A súa familia era verde e tiña un círculo amarelo na testa. Sennome tiña un prato volante pero estaba roto e teno que arranxar porque quere invadir a Terra e quere invadila xa. -Quero vivir na Terra e levar aos seus habitantes para o espazo exterior! – dixo sen nome. -Sennome non podemos facer iso! – dixo o seu pai – Porque cres que somos alieníxenas persoas? Porque viñemos do planeta Terra no ano 2882. Senome quedou pensando e dixo: -Pois cando arranxe o prato voador irei coñecer a Terra e non lle farei dano a ninguén. Pasados uns anos foi e coñeceu moita xente e non quixo marchar de alí Denis
Letras Galegas 2018
19
AMIGOS INSEPARABLES Érase unha vez un rinoceronte, un elefante, un dragón e unha aguia. Os seus nomes eran Raerpo, Sol, Espigón e Gargantúo. Un día, Raerpo e Sol estaban recollendo as froitas e apareceu Espigón porque quería tomar un café con eles dous. Cando regresaban da cafetería, os tres irmáns viron un furacán. Raerpo e Espigón corrían moito e, de repente, chamounos Sol para dicirlles que, no bosque, os recollería un camión, pero que aínda lles faltaban quince km para chegar alí. Nese mesmo instante, aparecéuselles Gargantúo e levounos ata o bosque, alí chegou Sol, recolleunos aos tres e… Colorín, colorado, conto rematado Gabriel
Letras Galegas 2018
20
O UNICORNIO E A MAZÁ Había unha vez un unicornio que se chamaba Sara e unha mazá que se chamaba Mazaíña. Un día a mazá caeu da árbore, ia para unha festa e tiña un lazo na cabeza, ao vela tan guapa Sara preguntoulle: - A onde vas? - Vou a unha festa – respondeu Mazaíña. - E de quen é? - volveu preguntar Sara. - Da nosa amiga, Cloe – contestou Mazaíña. - Podo ir eu tamén? - Non o sei. Pregúntalle a ela que para iso é a súa festa. - Vale, entón imos ! Cando chegaron Sara preguntoulle a Cloe se podía estar na súa festa e Cloe respostoulle: -Pero si eu te invitei. -Pois eu non o sabía respostou Cloe. - Veña, agora ponte este vestido. - Grazas! Ao entrar na casa, os convidados comezaron a dicirlle a Sara. -Que guapa estás! Cortaches o Pelo? Tes un vestido novo? Ah, xa sei son os zapatos! - Pero… se eu non levo zapatos- dixo Sara- o que si teño é un vestido novo. - Veña imos bailar, que xa é a hora do vals. Todas se puxeron a bailar e pasaron unha tarde estupenda. Laura Letras Galegas 2018
21
A GAIVOTA E O RAÑACEOS Había unha vez un rañaceos e unha gaivota. Un día a gaivota estrelouse contra o rañaceos. -Ai! – berrou a gaivota. - Ola, gaivota! Por que te estrelaches? - preguntou o rañaceos. - As aves non vemos o cristal - contestou. - Pois tes que ter ir máis amodo- dixo o rañaceos. Uns días despois houbo un terremoto e derrubou ao rañaceos. A gaivota foi voando a preguntarlle: - Estás ben? - Non, estou todo desfeito- contestou o rañaceos. A gaivota púxose a amañalo e levoulle moito tempo. Cando rematou o rañaceos deulle as grazas. Desde entón son moi bos amigos. Luca
Letras Galegas 2018
22
XABI E MAX Había un neno , chamado Xabi e un can chamado Max. Un día estaban xogando cun pau e Xabi despistouse, porque pensaba que o chamaban, e non soubo onde lanzou o pau. Max púxose a buscalo e non o atopou. Ao día seguinte foron por un camiño e atoparon unha porta para cans. Max entrou e atopou moitos cans iguais a el, xogando cun pau e púxose a xogar con eles. Como pasaba moito tempo Xabi foi ver que pasaba e viu tantos cans iguais que non sabía cal era Max, ata que un foi onda el e deulle o pau. Xabi coñeceuno e os dous marcharon contentos para a súa casa. Lucas
Letras Galegas 2018
23
A FADA E O UNICORNIO Érase unha vez unha fada e un unicornio que vivían en Fantasilandia. Un día, no que estaban a xogar ao brilé, viron como alguén chamaba á fada. Era o seu pai que lle dixo: -Témonos que ir porque un volcán entrou en erupción. -Eu non me quero marchar, estou ben aquí_ respondeu a fada. E entre os dous pensaron unha solución. Chegaron á conclusión de que era mellor refuxiarse e despois dela, volver. E así o fixeron. Todo o mundo escapou de Fantasilandia, agocháronse e, así, ninguén resultou ferido. Lucía
Letras Galegas 2018
24
UN SOÑO RESPLANDECENTE Había unha nena, chamada Xulia que para ela só existían os soños, pero non os pesadelos se non os soños tranquilos. Soñaba cun lugar tranquilo, con herba suave e sedosa, cun sol quente e brillante. Alí vivían os unicornios. Unha noite, ao che gar ao seu soño dixo: -Que fermosa está a paisaxe! Pero… -Noooon! – berrou Xulia. Unha enorme nube de auga tapou o brillante e resplandecente sol! O unicornio non estaba! Pasados uns segundos, un raio atacouna, pero con tan boa sorte que apareceu o unicornio e salvouna e escapou dese horrible soño. Desde ese día seguiu soñando, pero co seu amigo o unicornio. Mirian
Letras Galegas 2018
25
O CAN E O SEU AMIGO O BALÓN Había unha vez un can chamado Comebalóns ao que, un día soleado, o seu dono lle mercou un balón vermello. O animaliño, dado o nome que tiña, «Comebalóns», quería mordelo. _Pero can, non me trabes!_ berroulle a pelota. _Mira, como non teño nada que morder, quero pegarche unha pequena dentada_ díxolle o can. _Por que non nos facemos amigos_ propúxolle o balón. -Pensareino. -De acordo, pero vas prometer que non me vas morder nunca máis. -Prométocho!- aseguroulle o can. E colorín colorado, este conto está rematado. Nico
Letras Galegas 2018
26
O ENGANO Érase unha vez un neno que se chamaba Xoán e unha nena que se chamaba Cecilia e eran irmáns. Un día Xoán e Cecilia foron ao bosque xogar cun «platillo voante» e perdéronse. Buscando a saída atoparon unha persoa moi rara que lles dixo: - Axudareivos a saír de aquí, pero despois teredes que facer unha cousa por min. Levounos polo bosque sen que se deran conta de que era unha bruxa. Cando estaban xa saíndo do bosque preguntáronlle: -Que temos que facer por ti? -Nada, vouvos comer! –dixo a bruxa. - Corre! –dixo Xoán. Os dous correron e correron e libráronse da bruxa. A bruxa nunca a viu ninguén nunca máis. Nicole
Letras Galegas 2018
27
O UNICORNIO Nun bosque vivía un unicornio moi pequeno. Todos os que o vían, ríanse del unha e outra vez. Un día comeu moitas mazás e, ao día seguinte, era o máis grande de toda a súa manda de unicornios e, así, nunca máis se meteron con el. Ata que un día... o tigre se burlou del, pelexaron e gañou o unicornio e obrigouno a marcharse moi lonxe e, deste xeito, nunca máis se meteron con el. Pablo
Letras Galegas 2018
28
O EXTRATERRESTRE Había unha vez un extraterrestre que vivía no Polo sur e pasaba frío, pero vivía ao lado dos dous seus mellores amigos, que eran un pingüín e un oso panda. O extraterrestre quería ver o que había máis alá e colleu o seu barco e marchou. Chegou a unha illa americana, pero como botaba de menos aos seus amigos volveu para o polo e cando chegou non estaban. Buscounos por toda a illa e non os atopou. Despois colleu o barco e deu a volta ao mundo e nada. Cando xa non sabía que facer baixou nunha illa e… atopounos pechados nunha gaiola, sacounos, pero os homes que os pecharan perseguíronnos e tiveron que ir correndo ata o barco e marchar da illa e fóronse para a súa casa e viviron felices. Pedro
Letras Galegas 2018
29
BLASA Érase unha vez un can que andaba sempre xogando cunha pelota. O animaliño estaba abandonado. Un día, chegaron uns rapaces e colleron o can para vendelo. O can estaba triste e preocupado porque non tiña a súa pelotiña que era como a súa amiga. Pasaron moitos meses e veu unha parella que querían un can, mirárono e comprárono e chamárono Blasa. E colorín, colorado… este conto do can e a pelota rematou!
Roi
Letras Galegas 2018
30
O DESCOBREMENTO Había unha vez unha nena chamada Laura que un día descobreu a uns alieníxenas nos seus pratos voadores. Cando foi o seu aniversario, a súa familia regaloulle un prato voador cun alieníxena dentro ao que encontraran no chan. Pero aquel non era un xoguete calquera, era propiedade dun extraterrestre chamado ETÉ que estaba moi triste porque perdera o seu. -Quero o meu prato- berraba unha e outra vez ETÉ aínda que a súa nai lle mercara xa outro. -Quero o meu- seguía insistindo unha e outra vez, polo que a nai deixouno ir ao planeta Terra. «Sabedes o que son os milagres»? Pois lle ocorreu iso, un verdadeiro, porque nada máis baixar da nave encontrou o seu xoguete. Laura, a nena, perdérao e nin tan sequera se dera de conta diso. ETÉ botouse a chorar da alegría e, pola noite, deixoulle á cativa o prato voador que lle tiña regalado a súa nai. Sara M
Letras Galegas 2018
31
A FADA E A SALCHICHA MÁXICA Había unha vez unha fada chamada Ainhoa. Un día atopouse cunha salchicha, pero… esa non era unha normal, era máxica! A nena un día colleu a salchicha porque tiña fame, pero non podía comela: se o facía, morrería!!! A salchicha, rapidamente, berroulle a Ainhoa: -Non me podes comer, se o fas morreremos as dúas. A cativa quedou sorprendida, non sabía que as salchichas falaban! -Como é que as salchichas poden falar? - Son a única, son máxica!_ respondeulle a salchicha. -Que ben! Que contenta estou!_seguiu a fada. -Que che pasa logo, fada? -Hai douscentos anos que non falo con ninguén. Queres ser a miña amiga? -Siiii! Entón, as dúas prometeron que sempre serían as mellores amigas para sempre xamais! Sara O
Letras Galegas 2018
32
O PAXARIÑO Érase un paxariño que sempre ía comer millo a unha horta. Un día un labrego viuno e berroulle: -Vaite! Non te quero ver máis por aquí. Á mañá seguinte o paxariño volveu e atopou a horta baldeira e preguntoulle ao labrego: -Por que levantaches o millo? O labrego contestoulle: -Porque estou farto de que os paxariños o coman e non poida vendelo para gañar cartos. - Pero, por que non mo explicaches? Avisaría aos meus amigos e iríamos comer a outro lado. Desde entón o labrego e o paxariño foron amigos. Brais F
OS MELLORES AMIGOS Había unha vez un neno que se chamaba Nico e outro que se chamaba Pablo. Un día foron xogar co balón de Nico ao fútbol e atoparon unha fada. A fada concedeulles tres desexos. Nico pediu o primeiro desexo: Quero un lugar na miña aldea con baños e porterías para xogar ao fútbol. A fada dixo as palabras máxicas: «Pinguís, pitís, potilís» e o desexo cumpriuse. Aínda lle quedaban dous desexos, pero decidiron gardalos para outro día. E colorín colorado este conto rematou enteiro. Inés Letras Galegas 2018
33
ALUMNADO DE 3ª A
CEIP JUAN FERNANDEZ LATORRE A CORUÑA
Letras Galegas 2018
34