LEYMAH GBOWEE

Page 1


Naceu en Liberia, un paĂ­s de Ă frica o 1 de Febreiro de 1972.


Cando tiña 17 anos empezou unha guerra no seu país. Ela marchou para a capital, Monrovia, fíxose terapeuta e traballou con nenos soldados. Pensou entón que as cousas só podían cambiar se as mulleres, as nais, ían educando aos seus fillos na paz e saían ás rúas a pedir PAZ. Uniu a mulleres cristiás e musulmás e xuntas, vestidas de branco, saían ás rúas a pedir paz cantando e rezando. Buscaban a PAZ sen violencia ningunha.


Fundou un movemento chamado Mulleres de Liberia pola Paz e coas súas presións pacíficas conseguiron rematar a segunda guerra no 2003.

Defende tamén a importancia da educación (sobre todo das nenas) e o dereito das mulleres a participar na vida política. Grazas á súa actividade, no 2005, Liberia foi o primeiro país africano en ter unha muller presidenta do goberno. Déronlle o premio Nobel en 2011 e segue traballando pola paz e axudando a nenas das aldeas africanas a estudar


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.