Guía web 14

Page 1


“UN, DOUS, TRES, QUE VES?” AUTORA: Nadia Budde EDITORIAL: Kalandraka

Persoaxes encadeados e ilustracións cheas de colorido. Un álbum cheo de ritmo e diversión que axudará na aprendizaxe dos primeiros lectores.

“PAPÁ, MAMÁ, ANITA Y YO” AUTOR: Jérôme Ruillier EDITORIAL: Juventud

Con moi poucas palabras, a través de imaxes dunha sinxela corda, este álbum ilustra con gran sensibilidade e intelixencia as relacións persoais.


“A COCIÑEIRA DO REI” AUTORA: Soledad Felloza EDITORIAL: OQO Un rei, para mellorar, necesita cambiar de hábitos, sobre todo de dieta. Convocan a cociñeiros de todos os lugares. Mencía, unha cociñeira, decide presentarse e encher o palacio de receitas cheas de optimismo.

“SIEMBRA UN BESO” AUTORA: : Amy Krouse EDITORIAL: Océano Un breve e fermosísimo conto que nos fala da importancia do amor e da xenerosidade usando a metáfora de sementar e coidar unha planta. Un libro que é literalmente “todo amor”.


“CUANDO NACE UN MONSTRUO” AUTOR: Sean Taylor EDITORIAL: Juventud

Cando nace un monstro, poden pasar dúas cousas… Os monstros poden facer moitas máis cousas que asustar. Neste libro descobriremos cantas poden ser; ata facernos rir e provocar en nós unha risa monstrosa.

“MONCHO E A MANCHA” AUTOR:Kiko Dasilva EDITORIAL: Kalandraka

A Moncho déronlle como agasallo unha caixa de pinturas e tomou moi en serio o de chegar a ser un gran pintor. Pero, que pintaba Moncho?


“GATO ROJO, GATO AZUL” AUTOR: Jenni Desmond EDITORIAL: Lata de Sal Gato Rojo quere ser como Gato Azul e Gato Azul quere ser como Gato Rojo. Pouco a pouco irán e irannos descubrindo a importancia de ser un mesmo, unha mesma. Un libro para traballar a autoestima dende as idades máis pequenas.

“OS MONSTROS GRANDES NON CHORAN” AUTOR: Áslaug Jónsdóttir, Rakel Helmsdal & Kalle Güettler EDITORIAL: Sushi Books

A Monstro Pequeno todo lle sae xenial. Pola contra, Monstro Grande é tremendamente zoupón. Monstro Grande ponse cada vez máis triste, pero que pode facer? Todo o mundo sabe que os monstros grandes non choran… ou si?


“CATUXA QUERE SABER MÁIS” AUTORA: Concha Blanco EDITORIAL: Everest Catuxa é unha nena que se leva moi ben co seu avó e que ten moita curiosidade por todo canto lle rodea. Descubriranos o divertido que pode ser aprender, sobre todo, se utilizamos a imaxinación ao servizo da realidade.

“SALGADIÑA, A ESTRELA DE FISTERRA” “O PARAUGAS DAMEAUGAS” AUTOR: Anxo Moure EDITORIAL: Urco Un paxaro que salva a unha estrela, encargada de parar as guerras, que estaba atrapada na marea negra, un paraugas que nos fará disfrutar con pingas de poesía e amor á natureza.


“EL CARTERO SIMPÁTICO” AUTORES: Janet y Alla Ahlberg EDITORIAL: Destino Un carteiro moi especial vai visitando personaxes de contos clásicos para entregarlles unhas cartas, cartas que tamén están dentro do libro.

“SOY UN DRAGÓN” AUTOR: Philippe Goossens EDITORIAL: Edelvives A un neno cústalle aceptar un NON por resposta. Enfádase cada vez máis ata converterse nun dragón. Con este libro podemos axudar aos pequenos a aceptar a frustración ao tempo que nos achegamos ao que senten cando son invadidos polo seu propio dragón.


“ADELAIDA” AUTOR: Tomi Ungerer EDITORIAL: Kalandraka Non é un canguro coma todos. É un canguro con ás!, diferente a todos os demais. El empregará as súas diferenzas para perseguir e alcanzar os seus soños. Un libro sobre a autoestima, a superación e a busca da felicidade.

“NON FAI FALTA A VOZ” AUTOR: Armando Quintero EDITORIAL: OQO Todos os animais teñen voz. Todos menos a xirafa. Pero para expresar sentimentos non é imprescindible falar. Con este libro comprenderémolo e valoraremos a importancia dos pequenos xestos.


“O LIBRO DOS BICOS” AUTOR: Xosé Luna Sanmartín EDITORIAL: Embora Un libro que a través de poemas (e algún trabalinguas) e moi fermosas ilustracións, faranos sentir a dozura do cariño, as infinitas maneiras de dar e recibir agarimo e aloumiños.

“FELIZ FEROZ” AUTOR: El Hematocrítico EDITORIAL: Anaya Un lobo sobriño do lobo Feroz, que come ensalada e xoga cos coellos. Isto non pode ser! O seu tío decide ensinarlle cómo converterse nun lobo terrible, pero non resulta nada fácil.


“O RAPOSO E A MESTRA” AUTOR: Manuel Rivas EDITORIAL: Xerais O raposo Pindo é un raposo solitario, que sabe as falas de todos os animais e as persoas. Ao longo do libro iremos descubrindo a súa especial relación cunha mestra e como cada un vai aprendendo do outro.

“VIAXES DE INVERNO” AUTOR: María Canosa EDITORIAL: Everest Os invernos non son sempre iguais, unhas veces son moi fríos e outras máis suaves. Pero a súa esencia non cambia nunca. Mesmo podería concentrarse todo o inverno nunha pinga de auga, como a protagonista deste libro, que fai unha longa, longa viaxe.


“ME HAN DADO CALABAZAS” AUTORA: Ester Llorens EDITORIAL: Parramón Hai contos de príncipes e princesas que non rematan comendo perdices. Hai príncipes que non saben facer moitas cousas e hai princesas que din non no canto de dicir si. Neste libro, no que quen le pode ir construíndo a historia, descubrirémolo.

“OTTO É UN RINOCERONTE” AUTOR: Ole Lund Kirkegaard EDITORIAL: Sushi Books Nova edición deste libro no que un rapaz, co seu lapis máxico, debuxa un rinoceronte que cobra vida e causa un verdadeiro rebumbio na veciñanza. Entre todos buscarán como solucionalo.


“YO AQUÍ SÓLO SOY EL PERRO” AUTOR: Jutta Richter EDITORIAL: Lóguez Neste libro o punto de vista invértese e é un can pastor, que vive lonxe dos rabaños, fálanos das relacións entre os animais da súa especie e os seres humanos. Un texto divertido que tamén nos pode axudar a reflexionar.

“O CADRO MÁIS BONITO DO MUNDO” AUTOR: Miquel Obiols EDITORIAL: Kalandraka Cinco salvaxes manchas de pintura, con moitas ganas de manchar, irannos descubrindo a través das súas peripecias o punto de mira de Joan Miró, ese grande artista.


“ESCAPAR DE UN CUENTO” AUTORA: Concha López Narváez EDITORIAL: Anaya Que pasaría se moitos dos protagonistas dos contos máis coñecidos decidiran facer algo distinto ao que conta a súa historia? Neste libro poderemos descubrilo e seguro que disfrutaremos moito ao facelo.

“LOS SIETE OSOS ENANOS” AUTOR: Émile Bravo EDITORIAL: SM

Neste cómic, sete osos ananos mineiros farannos pasar uns momentos mois divertidos coa súa historia. Acompañados de personaxes facilmente recoñecibles noutros contos infantís, vivirán unha auténtica aventura.


“ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA” AUTORA: Ledicia Costas EDITORIAL: Xerais Un rapaz recibe como agasallo de aniversario un curso de cociña. Pero non é un curso calquera, senón que é do inframundo. Por se iso fora pouco, unha cociñeira defunta será a súa compañeira nunha incrible aventura.

“UN ANAQUIÑO DE HORIZONTE” AUTOR: Arturo Abad EDITORIAL: OQO Un pirata quere saber que hai detrás do horizonte e para conseguilo decide xogar con el todas as tardes. O horizonte, agradecido, vaille regalando un anaquiño seu de cada vez.


“PROHIBIDO LEER A LEWIS CARROLL” AUTOR: Diego Arboleda EDITORIAL: Anaya Unha familia moi peculiar contrata a unha institutriz parisina para que “eduque” á pequena da casa, Alicia. Pode facer como queira, pero hai unha condición: non se pode ler ningunha obra do autor de “Alicia no país das marabillas”, Lewis, Carroll. Por que será?

“VIRUS, BACTERIAS, PLAGAS Y OTRAS PESTES” AUTOR: Richard Platt EDITORIAL: Blume Un ameno pero rigoroso percorrido por pestes do pasado e do presente, con numerosas curiosidades e anécdotas ao tempo que explica como previr moitas delas e a facilidade de estenderse hoxe en día.


“A FUXIDA” AUTORA: Berta Dávila EDITORIAL: Biblos Un fermoso álbum sobre algo que sucedeu, sucede e, por desgraza, sucederá: a guerra e as súas consecuencias. Persoas que teñen que abandonar o seu país en busca de lugares máis seguros. A loita do ser humano por saír adiante.

“COLECCIÓN PEQUEÑO INGENIERO” EDITORIAL: Parramón

Colección de seis tomos que con claras explicacións, exercicios sinxelos e materiais fáciles de conseguir, introducen a xóvenes con curiosidade, con ganas de saber sobre diferentes ramas da tecnoloxía.


“PREGÚNTALLE Á DOUTORA PETEIRO SOBRE:” AUTORA: Clayre Llewellyn EDITORIAL: Baía A través de cartas que os propios protagonistas envían á Doutora Peteiro para consultarlle diferentes cousas, poderemos coñecer moito sobre: bichiños, dinosauros, o planeta Terra, etc.

“CEDRIC” AUTORES: Laudec - Cauvin EDITORIAL: Salvat Cómic con moitas historietas nas que o protagonista principal é un rapaz. Con el e todo o que o rodea, pasaremos momentos moi divertidos.


“NON HAI BERCE COMA O COLO” AUTORES: Paulo Nogueira, Magoia Bodega, Mariona Cabassa EDITORIAL: Kalandraka Libro disco de arrolos tradicionais, xoias do noso patrimonio, interpretadas por destacados intérpretes. Cantos de berce chegados de distintos lugares da xeografía galega, para gozar e adurmiñar aos máis pequenos/as da casa.

“COCIÑA INFANTIL E FAMILIAR” EDITORIAL: Ouvirmos

Gústavos exercer de “chefs”? Pois aquí atoparedes moitas receitas moi divertidas e fáciles para “meternos na cociña” cos nosos fillos e fillas e preparar saborosos manxares cunha presentación espectacular.


“LUCECÚS” AUTORES: Pirilampo EDITORIAL: Galaxia Libro disco no que os once integrantes do grupo invítannos a unir a súa voz á nosa, á da rapazada, á dos pais, á das nais, á da Terra que nos acolle. Cancións divertidas para pasalo moi ben cantando xuntos.

“CRECECUENTOS” AUTORA: Carmen Gil EDITORIAL: Parramón Aquí atoparedes 10 contos diferentes de situacións cotiás (caída de dentes, lavado de mans, esforzarse para conseguir algo…), narrados de forma moi divertida para ler cos nenos e nenas e irlles axudando a medrar.


“COLECCIÓN EMOCIÓNS” AUTORA: Mireia Canals EDITORIAL: Baía Recoñecer e expresar emocións e sentimentos é moi importante para o desenvolvemento

de

nenos

e

nenas

ata

os

oito

ou

nove

anos

aproximadamente. Con nove títulos, esta colección axudaranos a falar deles, a través das aventuras de Ana e Xavier, nas que xurden temas como a tristeza, a impulsividade, etc.

“MI LIBRO DE ARTE” EDITORIAL: Blume Fabulosa introdución á historia e aos estilos de arte, pensada para rapaces e rapazas. Con máis de 50 proxectos inspirados en grandes mestres e sinxelas explicacións, poderán desenvolver a súa creatividade e realizar mosaicos, esculturas, etc.


“COLECCIÓN PINTO Y DIBUJO” AUTORA: Mª Angels Comella EDITORIAL: Parramón Cada material ten unha infinidade de posibilidades; o único límite é a nosa capacidade de invención. Descubre con esta colección distintas técnicas e anímate a converterte en artista.

“EMOCIONARIO” AUTORA: Cristina Núñez EDITORIAL: Palabras Aladas Facilmente pasamos do amor ao odio, do odio á ira, da tristeza á alegría; en fin, de sentimento en sentimento. Este libro, que pode ser lido por lectores autónomos, enriqueceranos moito máis se o compartimos con outros.



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.