Igualdade p

Page 1

CONTOS POLA IGUALDADE

Contos Igualdade

1


Contos Igualdade

2


NIN DE NENAS NIN DE NENOS Era un día normal na casa de Mariña . Mariña encerrouse no seu cuarto e empezou a pensar: -“Porque as nenas van de rosa e os nenos van de azul?” Porque non podo xogar ao fútbol no colexio , sen que me miren mal ”? Brais , un neno completamente descoñecido para Mariña, tiña o mesmo problema, so que lle gustaba máis xogar coas bonecas, debuxar, pintar e …a cor rosa. Tampouco entendía porque as nenas non o escollían nunca, nunca para os traballos de Arte, aínda que sacase dez en Artística, ningunha nena quería ir con el, só porque era un neno . Nin Mariña nin Brais sentíanse normais, pasaron un curso malísimo porque non tiñan moitos amigos . Ao curso seguinte sentáronos xuntos. Fixéronse amigos, e chegaron a ser “mellores amigos” . Xuntos déronse conta de que o importante era pasalo ben , sexa xogando ao fútbol ou pintando. Ao final os compañeiros decatáronse de que foran bastante malos, e dixeron: - o rosa non é unha cor de nena. E as nenas viron que xogar ao fútbol era divertido. Desde ese momento no colexio crearon un equipo de fútbol mixto con equipamento rosa e o logotipo dunha boneca . Alba Contos Igualdade

3


O NENO QUE XOGABA COAS BARBIES

Érase unha vez un neno que se chamaba Pabliño “o incrible”. Vivía coa súa nai que estaba chalada e chamábase Sonía. Pabliño estaba xogando coas súas Barbies cando…!boom! A súa nai rompeu a porta do seu cuarto e díxolle: -Argharfa! Ourghirh orgu abearga! Xa o sei mamá, xogar coas Barbies sendo neno é de marica, pero a min me gusta -Contestou Pabliño Brarghar! Exclamou a nai. Que? !Castigado por marica? Oooh… protestou Pabliño. -Brarghar! Respondeu a nai -Si mamá… sen rechistar… dixo Pabliño. -Brarg. rematou a nai pechando a porta dun portazo. -Vale… vou para cama… -Pss…pss! Escoitou o neno e preguntou: -Quen é? -Son un trasno marica e axudareiche a que volvas xogar coas túas Barbies. De verdade!? -Preguntou Pabliño. Si -respondeu o trasno. Been! -Exclamou Pabliño Colle este reloxo máxico marica que para o tempo e poderás xogar coas túas Barbies -Dixo o trasno. Ok -Contestou o neno. O neno seguiu feliz durante unha semana porque despoís o reló estropeouse e o neno quedou atrapado no tempo. A súa nai curou e aprendeu que tanto os nenos coma as nenas poden xogar ao que lles guste. Álex Contos Igualdade

4


NIN AZUIS NIN ROSAS

Nun día soleado de Xuño de 1987 vivían un neno chamado Fernando e unha nena chamada Isabel. A Fernando gustábanlle dúas cousas: a cor rosa e xogar coas súas amigas. A Isabel unha : xogar ao fútbol. Isabel ríase de Fernando e das súas amigas porque vestíanse de rosa . Un día Fernando pediulle un desexo a unha estrela, quería que lle gustase o fútbol, para ser amigo de Isabel, a estrela concedeullo. Ao día seguinte, cando Isabel o veu pediulle perdón por bulrarse del. Fernado perdoouna, coa condición de que nunca se rira dos gustos da xente.

Antonio Contos Igualdade

5


A TORRE MALDIT A E SOFÍA MALDITA

Se coñeces o conto de Rapuncel iste é parecido, se agardas contareicho. Fai tempo uns campesiños tiveron un fillo. O pai abandonou porque era unha nena e el queria un neno. A nena chamábase Sofía e encerrárona nunha torre maldita. Na torre, Sofía creceu con froitas e verduras que trepaban polas paredes. Pasaron días , meses , anos e Sofía comezou a preguntarse: Onde estou? Como me chamo? O tempo seguiu pasando. No pobo correu a voz de que había unha fermosa muller pechada na torre maldita. Moitos príncipes intentaron salvala, Sofía lanzáballes algo para subir e cando chegaban xunto a ela vían que eran as súas unllas onde se agarraban e do susto caian da torre e saian correndo. Sofía, farta de non ter axuda cortou as unllas baixou da torre e foi... Recorrendo o mundo ensinando a todas as rapazas a defenderse, para que non tiveran que agardar por un príncipe que as salvarase. Beth Contos Igualdade

6


MISIÓN IGUALDADE

Había unha vez un trasniño chamado Jess que vivía nun cuarto. Ninguén sabía que estaba ali e tiña unha misión moi, pero que moi importante: “rematar coa desigualdade”. No cuarto tamén, durmían un neno, unha nena e un bebé. A nena chamábase Princesa, o neno Rei e o bebé Reina. Preguntarédesvos, porque o neno e o bebé teñen nomes máis importantes que a nena? Pois é porque era muller e o neno e o bebé eran homes. O trasniño fixo un conxuro para que os pais se deran conta de que os nenos e as nenas son iguais de importantes. O conxuro funcionou e os pais comprendérono. Iso si, os nomes non os cambiaron.

Candela

Contos Igualdade

7


UNS AMIGOS DE CINE Recordo un día aló polo ano 1900, que estaba no patio do recreo e vin algo moi raro: ”vin unha nena que vestía de azul e o seu xogo favorito era o fútbol e a un neno que lle gustaba o rosa e o seu xogo favorito eran as monecas”. Estaban xogando xuntos e paseime a saudar, polo visto eran “os mellores amigos”. Pregunteilles se podía xogar con eles e dixéronme que si. Fixémonos amigos, pero despois duns días a nena, que se chamaba Teresa, e o neno, que se chamaba Xoán, xa non xogaban xuntos. Pregunteilles porque e dixéronme, os dous á vez: non é asunto teu. Probei a preguntarlle primeiro a un e logo ao outro, pero nada. Tiña que facer algo para que volveran a estar xuntos . Un día díxenlles aos dous: -E se xogamos a que os monecos xoguen ao fútbol? Contestáronme: -Vale. E desde aquel día se nos enfadamos xa sabemos que facer.

Carla Contos Igualdade

8


OP ATIO É DE TODOS PA O outro día, non, onte, vin un neno que no colexio lle dicía ao profesor que non era xusto que os nenos tiveran todo o espazo para xogar ao fútbol e os outros non tiveran case ningún para xogar ao brilé e outros xogos e deportes. O neno chamado, Xoán, non lle gusta nada, pero nada nada o fútbol, prefería o brilé, o tenis ou outros deportes. -Non podedes xogar na metade do campo?-Preguntou Xoán. -E ti, por que non xogas ao fútbol?-Dixo o profesor. -A el non lle gusta, é máis, o odia.-Dixo Xoana, a súa irmá. Os dous fóronse moi desgustados. Ao día seguinte os profesores reuníronse e falaron do patio e do fútbol e decidiron que... -Atención! A partir de agora tedes que poñervos de acordo e xogar ao mesmo.Dixo o director do colexio. -Xogamos ao fútbol e xa está!- Gritaron todos os nenos. -A nós non nos gusta o fútbol!- Gritaron as nenas e Xoán. O director o ver o lío, pensou no que podía facer. -Tedes que facer unha táboa na que poña ao que ides xogar ese día, e todos os días ten que variar!- Exclamou o director. Os nenos e as nenas desa clase fixeron unha táboa e o día seguinte: -Mmm. Hoxe pilla e lle toca pillar a... Ti, Álvaro!Dixo Xoán contento. Ao día seguinte: -O timbre!, hoxe as agochadas. Non pando.-Dixo Xoana -Eu tampoco!-Dixo Álvaro. -Nin eu!-Dixo Pablo, o curmán de Álvaro. -Vale, xa pando eu.-Dixo Xoán, xa no patio... Carmela -Así é moito mellor.-Díxolle Xoán a súa irmá. Contos Igualdade

9


O MISTERIO ALIENÍXENA Un día os marcianos decidiron ir explorar a Terra e mandaron dous marcianos: Estereus e Asteria. A aterraxe foi terrible! Os dous saíron disparados. Estereus cara a casa dunha nena, chamada Ximena e Asteria cara a casa dun neno, chamado Ramón. Presentáronse e quedaron a vivir con eles. Despois duns días comprobaron que os nenos xogaban ao fútbol e as nenas as bonecas. Ambos os dous marcianos preguntáronlles aos rapaces: -Por que, sempre xogades ao mesmo? - Sempre foi así -din os dous nenos á vez. Os días pasaron e nada cambiou, ata que un día o neno e a nena decidiron que tiñan que cambiar e contáronllo aos demais. Ao final xogaron xuntos, unhas veces ao fútbol e outras as bonecas. Os extraterrestres encariñáronse cos nenos e quedaron vivir alí. E colorín colorado este conto rematou

Clara Contos Igualdade

10


UN PROBLEMA SERIO

Había unha vez un neno chamado Dylan que lle gustaba moito o fútbol e quería que as nenas foran as animadoras. Elas non querían pero os Dylan era malo e tíñanlle medo. As rapazas idearon un plan que consistía en que ao dia seguinte irían xogar ao brilé. Ao dia seguinte foron e Dylan atopounas e quixo pegarlles. As nenas foron correndo ao baño a falar. Unha das nenas dixo : -Temos que escaparnos do cole para que non nos encontren . Outra dixo : - É verdade temos que escapar. Outra respodeu: -Pero mañá temos cole e temos que vir pero, e se falamos coa súa irmá que esta en sexto e lle dicimos que fale con el para que nos deixe en paz? - Vale- contestaron todas á vez. As nenas foron falar con Desi, que era a irmá de Dylan, e Dylan dixolle que as deixaría en paz e que nunca máis volvería facerlle dano as nenas. Fin !!!!

Desi Contos Igualdade

11


O NENO DE ROSA E A NENA DE AZUL

Un fermoso día de verán, un neno, chamado Roi, e unha nena, chamada María discutían sobre os seus gustos. A Roi gústalle facer as cosas que fan as nenas e vestir coma elas. María dicía: - É que es un bobo ti es un neno, non unha nena. A min gústame! -contestou Roi furioso. Iso é problema meu! Es unha nena! - Berrou María burlándose e ríndose a máis non poder. Roi marchou sen parar de pensar na súa desagradable amiga. Ao día seguinte espertou decidido e foi ver a María. Chegou a súa casa, chamou a porta e saíu María ríndose pola súa maneira de vestir. Roi dixo: - Sabes porque non fago as cousas que fan os demais nenos? Porque son moi brutos. En serio -preguntou María Non o fago porque temo que se burlen de min.-Dixo Roi Non oh, non son tan brutos Entón ti farás o que fan os nenos e eu faréi o que fan as nenas -Dixo Roi. Duarte Contos Igualdade

12


UN NENO SAL SALTTA Á CORDA Érase unha vez un neno que se chamaba Manolito que saltaba á corda. Todas as nenas ríanse del. Un día dixéronlle: -Es un neno moi raro porque saltas á corda e iso é para nenas coma nós. Un día decidiu ir xogar el só co diábolo porque todos os días as nenas ríanse del. Non quería dicirllo a mestra porque pensaba que se ían rir máis. Manolito díxollo aos seus pais e dixéronlle que llo dixera á mestra. Manolito dicía: -E que eu non quero dicirllo por se se meten máis comigo. Os seus pais dixéronlle que o pensara. Un día, que a mestra estaba de garda no recreo, decidiu dicírllo. A mestra foi xunto ás nenas e lles dixo: -Rapazas, non hai cousas de nenos e nenas, cada persoa ten os seus gustos. Os nenos e as nenas poden saltar á corda. As nenas pedíronlle perdón a Manolito e xogaron xuntos.

Elba Contos Igualdade

13


LOIS O NENO DE CORAZÓN FORTE Había unha vez un rapaz chamado Lois, era un neno que lle encantaba xogar coas nenas. As nenas tomábano coma un dos seus amigos pero... No colexio un neno chamado Xoel non paraba de burlarse del, xa que el ia de listo. Dicía: Eu son xenial xogando ao fútbol e burlábase de Lois todos os días dicíndolle: -Non xogas ao fútbol, gústache xogar coas nenas, non pareces un neno. Un día Lois fartouse de tantas burlas e díxolle: - A min pódeme gustar xogar coas nenas e a ti o fútbol, pode que sexas máis forte ca min, pero coa amabilidade e co meu corazón son mil veces máis forte ca ti. De repente Xoel, aquel neno tan forte, saíu chorando ata o cuarto de baño. Ao día seguinte Xoel non se burlaba de Lois, aprendera a lección do día: « Non tes que xulgar a ninguén polos seus gustos e afeccións»

Emma

Contos Igualdade

14


UN CAMBIO INESPERADO

Había unha vez nun fermoso castelo... Perdón, esta vez non vai ser así. O pasado verán de 2016, nunha casiña en Lugo, vivía unha rapaza chamada Xela que tiña un can e moito diñeiro.Tamén vivía un home chamado Xosé que tiña unha filla, Paula, e non tiñan diñeiro para manterse. Un día atopáronse. Xela namorouse coma unha tola de Xosé e invitouno a un café, a nena escoitaba detidamente a conversa que mantiñan. Xela faláballe de que tiña moito diñeiro, das súas propiedades, mentres Xosé limitábase a escoitar. Outro día quedamos?-Preguntoulle Xela. -Si, dixo Xosé. Parecíalle interesante xa que non tiña outra cousa que facer... Foron quedando día tras día e cando Xela descubriu que Xosé era pobre invitouno sen ningunha dúbida a vivir con ela. Pasaron os días e a Xosé se lle subiu a cabeza o diñeiro e empezou a tratar a Xela como a súa criada. Xela estaba emocionada e ilusionada. Era simpática e alegre, pero desde que a Xosé se lle subiu a cabeza o do diñeiro volveuse triste, tan triste que trataba mal as súas amigas, ia pola rúa coa cabeza baixa e nin sequera saudaba a súa nai, era evidente que algo lle estaba acontecendo... A súa mellor amiga chamábase Lucía e coñecíaa mellor ca ninguén. Ela sospeitou e un día tranquilo, que ia paseando, pasou pola casa de Xela para falar con ela. Pero de súpeto escoitou un berro, asustouse, pero calou para que non a descubriran. Ao día seguinte Lucía díxolle a Xela o que pasorá o día anterior. -Por que non lle dis nada? Preguntoulle Lucía. -Por que me obriga a calar e a obedecer -Respondeulle. Xela reflexionou. Ao día seguinte Xela falou con Xosé e votouno da súa casa. Paula era inocente e non se merecía ser pobre e Xela a adoptou. Xosé volveu a súa casa, aforrou e enriqueceu. Contos Igualdade

15


O PRÍNCIPE E A CABALEIRA

Érase unha vez un castelo no que vivía un rei que tiña un fillo, o príncipe «Mestizo». O príncipe non era o típico cabaleiro, el era bo e non quería loitar nin cazar como os outros. Un día o castelo foi atacado e chamaron a cabaleira máis forte e rápida do pobo para protexelo. A cabaleira loitou moito tempo e acabou con todos os malos. O príncipe namorouse dela pola súa forza e rapidez.

Gabriela Contos Igualdade

16


OS TIRANOSAURIOS REX

Érase unha vez un tiranosaurio rex que se chamaba Guillermo e vivía na beira dun río. Estaba namorado dunha tiranosauria rex chamada Emma. Un día Guillermo pasou ao outro lado do río e Emma pegoulle un patadón sen querer, pediulle perdón e acabou namorada. Casaron e tiveron fillos. Cos seus traballos e tantos fillos tiñan moito que facer, así que decidiron repartir igualitariamente todas as tarefas. Un día que a nai foi buscar froita, un velociraptor atacou ao pai e aos fillos. O pai avisou a nai, que rapidamente foi xunto deles. Entre o pai e a nai venceron ao velociraptor e foron felices.

Guille Contos Igualdade

17


A IGUALDADE

Érase unha vez un neno que lle encantaba xogar coas bonecas e a súa irmá encantáballe xogar ao fútbol. Foron ao parque e puxéronse a xogar, o neno foise a xogar as bonecas e a nena ao fútbol . A nena xogou un partido de nenos contra nenas e os nenos ían perdendo por un gol . Despois os amigos do neno marcharon e el foi xogar ao fútbol co equipo da súa irmá, meteu o gol que faltaba para que gañasen as nenas e fóronse para casa.

Héctor Contos Igualdade

18


A DECISIÓN DE DIEGO

Diego era un rapaz listo, elegante e sofisticado. Un día foi ao colexio de rosa, todos os nenos burláronse del. No recreo pegáronlle cinco nenos, os demais agarrábano. Diego díxollo ao seu pai e o pai díxolle que llo chivara a profesora. Diego non quería ata que un día se fartou e decidiu plantarlles cara a eses matóns, Os matóns fuxiron e todo volveu estar como antes.

Izan

Contos Igualdade

19


A CHICA BOMBEIRA

Había unha vez unha rapaza chamada María que quería ser bombeira, e coma ser bombeiro está considerado un traballo para homes, todos ríanse dela. Os seus pais sempre lle dicían: Iso é para homes, dedícate a outra cousa. María ignorábaos sempre. Ela quería ser bombeira porque un día houbo un incendio na súa casa e os bombeiros salváronlle a vida. Os seus compañeiros (que eran todos rapaces) ríanse e facíanlle burla todo o rato, eso si, era a que máis estudaba de toda a clase. Nun exame moi difícil, ela estudara moitísimo, e contestou a todas as preguntas, lóxico estivo estudando cinco horas ao día. Ao cabo de catro días déronlle as notas e aprobou, os outros rapaces suspenderon. Aquel día, María deulles unha lección e dende entón, trataron ás mulleres igual que aos homes.

Lucas Contos Igualdade

20


BURLÁMONOS PERO NON GUST A GUSTA Había unha vez un neno chamado Manuel que lle encantaban as bonecas e tres nenos burlábanse del. Un día os seus amigos dixeronlle: -Ven xogar un partido de fútbol , e foi. Os rapaces que se burlaban del non querían xogar. Manuel foinos buscar e estaban xogando coas bonecas. A partir dise momento fixéronse amigos e xogaban un pouco coas bonecas e outro anaquiño ao fútbol . Pero un día chegou ao colexio un neno novo que lles quitou todas as bonecas, os nenos xa non podían xogar. Un día que o neno novo estaba xogando ao fútbol os catro amigos quitáronlle o balón e dixéronlle: -Aínda que sexamos nenos temos dereito a xogar coas bonecas coma ti ao fútbol . A partir de aí todos fixéronse amigos e xogaban as bonecas e a o fútbol.

Manuel Contos Igualdade

21


UN CONTO DE PELÍCULA

Este conto non empeza como todos os demais, nin e como os demais. Este conto vai comezar así: Fai 362 semanas naceu unha princesa, a súa nai sempre lle dicía que un dia o seu principe azul a salvaria. A rapaza tomándolle o pelo a súa nai preguntaballe: -Pero, o príncipe é de cor azul de verdade e despois ríase. Un día un dragón secuestrouna e encerrouna nunha torre. A princesa suspiraba: -Cando chegará o meu príncipe!! Despois de 100 anos chegou o principe. A pricesa dixolle: -Ábreme a porta que non podo saír. -Hai meu príncipe! agarda un momento que vou a arranxar contas co dragón. Loitou con el e venceuno. Grazas a ela a cidade quedou tranquila. Se fóra polo príncipe o dragón aínda estaría alí.

Manuela Contos Igualdade

22


O MEU MUNDO CAMBIA

Èrase unha vez un neno chamado Xoán que vivía nun pobo calquera, nunha vivenda corrente. Xóan tiña unha irmá moi maleducada que lle dicia: -”Gustache a cor rosa es unha nena”. Un día Xoán, mentres tomaba o almorzo, viu a súa irmá xogar ao fútbol. Cando a nena chegou a casa, Xoán preguntoulle: -Porque lle gusta o fútbol? A nena contestoulle: -Porque é divertido. Xoán dixo: -Non me xulgue por gustarlle a cor rosa, porque a ti gustache o fútbol . Ao final os dous irmáns puxéronse de a cordo e xogaron xuntos.

Mencía

Contos Igualdade

23


UNS NENOS/AS DIFERENTES

Érase unha vez unha nena chamada Raquel que estaba no parque xogando cos coches , mentres que o seu irmán xogaba coas monecas. Un señor parou e preguntoulle a súa nai: -Por que os teus fillos xogan ao revés dos outros nenos ? Ela contestoulle que xogaban as cousas que lles gustaban. O señor foise e chegaron os nenos onde a súa nai e fóronse para casa. De camiño os nenos preguntáronlle a súa nai que facía ese señor falando con ela. Ela contestoulles que lle preguntara porque facían as cousas ao revés. Eles dixéronlle que eran felices tal como eles eran. A nai dixo que ela respondera o mesmo. O neno foise xogar ao cuarto coas monecas e a nena ao patio ao fútbol.

Shaila

Contos Igualdade

24


PRESUMINDO ENTRE MOEDAS

Había unha vez tres moedas que vivían nunha carteira. A de bronce chamábase Bronci, a de prata Prati e a de ouro Ouri . As tres eran amigas, pero as veces enfadábanse. Ouri, sempre presumía de que ela era de ouro , que era mais valiosa e mais brillante. Iso molestaba as outras dúas. Discutían e pelexaban . Bronci propuxo solucionalo . Dixo que buscaran en Internet para ver quen era a máis valiosa, as outras aceptaron. Buscaron e descubriron que todas as moedas eran iguais só que a xente as pintaba das cores que lles gustaban, como: azul, vermella, amarela, prateada... Entón déronse conta de que pasaran moitos anos discutindo. Desde aquel día celebran o día da igualdade. E fin colorín o conto fica aquí.

Sofía

Contos Igualdade

25


DÚAS NENAS E UN NENO

Unha vez unha nena chamada Uxía e outra chamada Mónica xogaban ao fútbol . Chegou un neno e preguntoulles: -Podo xogar? -Non, dixo Mónica. -Claro que si, por que non? Dixo Uxía. -Porque somos nenas e el é un neno -Dixo Mónica -Pero así somos maís- Dixo Uxía. -Vale, podes xogar pero non fagas faltas -Dixo Mónica -Os tres puxéronse a xogar -Uxia dixo: Ves, Mónica, fixemos novos amigos. A min gústame facer novos amigos e a ti?

Xoel Contos Igualdade

26


Contos Igualdade

27


ALUMNADO DE 4º DE PRIMARIA CEIP «JUAN FERNÁNDEZ LATORRE» A CORUÑA

Contos Igualdade

28


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.