Larada novembro 2014

Page 1

re v NOVIEMBRE is ta p a rro q u ia l m e n s u a l d e S a n C ris to nº v o70d a- sAno v iñVI as 2014 M a rz o 2 0 0 9 n º2 - A n o I Bienaventurados los que tienen hambre y sed de justicia, porque serán saciados. (Xesús de Nazaret)

UNA LUPA HACIA EL CIELO Noviembre llama a nuestras puertas y, en sus primeros compases, los sentimientos se avivan y se agolpan a las puertas de nuestro corazón. -Por un lado TODOS LOS SANTOS nos recuerdan que, hoy y aquí, es posible ser diferente. Que dejarse arrastrar por la corriente, además de no ser bueno, nos convierte en vulgares y nos hace perder nuestra propia personalidad. Para mirar hacia el cielo, la mejor lupa, es el testimonio de millares de personas que llevaron una vida santa, cordial, caritativa y que, tal vez, pasaron sin mucho ruido por el mundo pero haciendo el bien. ¡VIVAN TODOS LOS SANTOS! -Unido a esta fiesta, pero en carne propia, recordamos a nuestros difuntos. Un trozo en el campo santo para ellos, una plegaria desde el corazón cada día (por lo mucho que significaron para nosotros) o una misa para desearles la eternidad, el perdón de sus faltas…salen espontáneamente en estos días. Qué bonita frase la del Papa Juan XXIII “Hemos venido a este mundo a estar un rato para marchar, luego, de nuevo al cielo”. ¡Hasta el día 1 y 2, en el camposanto, y en la Iglesia parroquial, de acuerdo al horario anunciado en el número anterior de LARADA! ¡Ellos os esperan! ¿O les vais a dejar de lado a los que tanto os dieron? DECÁLOGO PARA NOVIEMBRE 1. No olvides que, si vives, es porque otros existieron antes que tú. 2. Lee la Palabra de Dios que habla de esperanza y eternidad. 3. Relativiza situaciones y conflictos. No merece la pena vivir con caras largas ni con cargas. 4. Piensa en qué puedes mejorar y a quién le puedes hacer un inmenso bien. 5. Lucha por la vida. “Mientras hay vida hay esperanza” 6. No te dejes vencer por las dificultades. Agárrate a la oración 7. Vive el presente como si fuera el último día de tu vida. 8. No esperes a que la gente muera para demostrarles lo mucho que les querías. 9. Vive con intensidad cada momento y llénalo de fe. No seas un cántaro vacío. 10. Irradia alegría. Ello denotará muchas cosas: el contenido de tu corazón Manuel


A FUME DE CAROZO TALLER DE MEMORIA. UN XOVES CALQUERA EN SAN CRISTOVO DAS VIÑAS

Ás cinco menos cuarto chega Abel, o monitor de memoria. Coloca as mesas e prepara a clase de ese día. Pouco despois comezan a chegar alumnas, bastantes antes das cinco (que é cando comeza o obradoiro) xa que moitas teñen que vir en bus, ou no “trole” como elas lle chaman, para evitar as pronunciadas costas do noso barrio, O Birloque. As primeiras collen as cadeiras que están tapizadas xa que lles son máis quentes para as pousadeiras, e as que chegan máis tarde soen conformarse coas cadeiras de plástico. Aínda que se debera comezar en hora, case nunca é posible xa que moitas teñen que deixar tódalas tarefas da casa feitas e, ademais, unha sesta non vén nada mal. Son as cinco e dez e xa está o 80% das alumnas (non hai nin un home), e pensaredes: qué pasa co outro 20%? Pois ben, un 5% ten que ir a un funeral ou enterro, outro 5% quedou na casa porque chove (e como en Galicia non estamos acostumados...), a un 3% viñéronlle os netos dende vai ti a saber, outro 3% está de viaxe co IMSERSO nalgunha cidade de España ou nun balneario e o último 4% esqueceu vir. Todas son peculiares pero todas son xeniais. Comeza a clase. SILENCIO, imos comezar cun pouco de..., SILENCIO. Veña, imos comezar cun quecemento. SILENCIO, SSSSHHH. Despois de dous ou tres minutos escóitase xa un pouco de música relaxante para comezar a tarde. Un, abrimos e pechamos a palma dereita; dous, o mesmo coa esquerda; tres, sacamos a lingua para fóra (o movemento que máis lles gusta), etc. Rematamos os exercicios coa música e comezamos coas fichas ata as seis e media. E por último a parte máis esperada por moitos/as... o café! Ese momento no que se ve como é a xente que vén: unha se levanta e prepara a mesa, outra quenta o café, outra saca do bolso un cartón de leite para todas, outra trouxo pastas, outra fai as infusións e todas atenden ás que menos poden. Levan seis anos facendo o mesmo e acollendo á xente nova, elas son parte de San Cristovo das Viñas e San Cristovo das Viñas é parte delas. Moitas grazas por todo este tempo.

AS CONTAS DE CÁRITAS

Dende Cáritas Parroquial axúdase a moitos veciños/as da nosa Parroquia (e dalgunha outra). Pódese facer grazas á xenerosidade e solidariedade doutras moitas persoas e institucións, como Cáritas Interparroquial de A Coruña e/ou Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela. Deixámosvos aquí un resumo da liquidación do 3º trimestre deste ano. Grazas a todos e todas vós por facer posible esta comuñón de bens, por ser irmáns e irmás. 980,60 €

Remanente ao final do 2º trimestre INGRESOS Donativos Colectas Aportación Cáritas Interparroquial Total:

703,40 € 603,48 € 2263,05 € 4.550,53 € GASTOS

Alimentación Farmacia Luz, gas, auga, aluguer vivendas Outras axudas Total: Saldo a 30 de setembro de 2014:

1240,87 € 403,00 € 953,17 € 523,40 € 3.120,44 € 1.430,09 €


BRASAS

ORACIÓN. GRAZAS, SEÑOR á solidariedade, á implicación, a sentirnos un/unha con todo, con todas. Grazas por invitarnos ao común, ao comunitario, ao social, ao que é de todos e para todos, cando tanto tendemos e agarrarnos apaixoadamente á táboa do particular e do privado. Grazas por recordarnos que Deus é amor, todo amor, que ao amor incita e no amor se atopa, desarmado doutros títulos e roupaxes cos que torpemente o temos ocultado. Grazas por recordarnos o máis simple o que nos fai verdadeiramente humanos: espallar o amor en capas de servizo, bicar como nos gustaría ser bicadas/os. Grazas pola túa proposta, Xesús, en tempos recios de incertezas fondas, cando a tanta xente se nos encolle o alento se nos engurra a luz e a esperanza. Grazas pola túa chamada ao amor, á tenrura, á solicitude, aos coidados,

Grazas por suxerirnos que seremos felices, superaremos crises, espantaremos medos, só cando abramos casas e corazóns, para que pan e afectos entren e saian libremente. Manolo Regal

“PÍLDORAS” DA ALEGRÍA DO EVANXEO En Larada iremos poñendo algúns textos de cando en vez. Deixemos abrirnos ao espírito relendo estes textos e orando con eles. Que nos din a cada un de nós? En que nos poden axudar na parroquia ou nos lugares en que participamos na igrexa ou na sociedade? “A alegría do evanxeo enche o corazón e a vida enteira dos que se atopan con Xesús. As persoas que se deixan salvar por El son liberados do pecado, da tristura, do baleiro interior, do aillamento. Con Xesucristo sempre nace e renace a alegría. Nesta exhortación quero dirixirme aos fieis cristiáns para invitalos a unha nova etapa evanxelizadora marcada por esa alegría, e indicar camiños para a marcha da Igrexa nos vindeiros anos.” (Evangelii Gaudium, nº 1) Dúas cousas podemos destacar: primeiro, Xesús quere que sexamos felices, con El nos decatamos de que non estamos solos. Temos cousas que nos atan, cousas que pasan; en cambio, o amor permanece, e a experiencia dinos que amar fainos felices. Segundo: noraboa! Estamos invitados a unha nota etapa de anunciar a Xesús e o reino de Deus. E esa etapa, ímola facela con alegría. Alfredo Losada Suárez


AGENDA NOVIEMBRE 2014 INTENCIONES MISAS Semana del 3al 9: Sábado 8: 18,00 h.: Intenciones Familia Loureiro Andrade. Domingo 9: 10,00 h.: Por Pedro y Jesús Landeira Pena. 12,00 h.: Intenciones Parroquiales. Semana del 10 al 16: Sábado 15: 19,00 h.: Por Mª Luisa Martín Boedo. Domingo 16: 10,00 h.: Intenciones Parroquiales. 12,00 h.: Intenciones Parroquiales. Semana del 17 al 23: Sábado 22: 18,00 h.: Por los difuntos de Elisa Bello.

Domingo 23: 10,00 h.: Intenciones Parroquiales. 12,00 h.: Intenciones parroquiales. Semana del 24 al 30: Sábado, 29: 18,00 h.: Por todos los difuntos de la Parroquia. Domingo 30: 10,00 h.: Intenciones Parroquiales. 12,00 h.: Intenciones parroquiales. Semana del 1 al 7 de diciembre: Sábado 6: 18,00 h.: Intenciones Parroquiales. Domingo 7: 10,00 h.: Por Dominga Landeira Pena. 12,00 h.: Intenciones Parroquiales.

Descansan en la Paz del Padre: José Paredes Trillo Flora Souto García José Cotelo Pazos Santiago Pardo Blanco

NUEVO HORARIO DESPACHO PARROQUIAL: Martes y jueves, de 17,00 horas a 18,30 horas. (Sacerdote: de 17,00 horas a 18,00 horas) (Gestión administrativa: de 17,30 horas a 18,30 horas)

MESA DE REDACCIÓN E COORDINACIÓN Yolanda Sánchez Sánchez Juan López Sánchez Alfredo Losada Suárez José Juan Videla Rodríguez Mª Dolores Mantiñán Loureiro Manuel Rodríguez Rodríguez DIRECCIÓN “Centro Parroquial” R/ Birloque, 52 B 15. 008 A Coruña Tlf.: 981 132 700 CORRECCIÓN LINGÜÍSTICA Loli Mantiñán Loureiro E-MAIL sancristovodasvinas@gmail.com BLOG: sancristovodasvinas.blogspot.com

CÁRITAS PARROQUIAL: Reparto Alimentos: (a partir de las 18,30 h.)  Miércoles, 12 de noviembre  Miércoles, 26 de noviembre  Miércoles, 10 de diciembre

TIRADA 500 Exemplares. DISTRIBUCIÓN Primeiro domingo de mes na parroquia e no barrio. IMPRIME Velfer

MAGOSTO PARROQUIAL: Lo celebraremos el sábado 22 de noviembre, a partir de las 17,00 horas, en el atrio parroquial. Animaos a participar. Seguro que nos lo pasaremos muy bien y fortaleceremos nuestra comunidad. ¡Os esperamos!

RECORDAD: A partir del último fin de semana de octubre, con el cambio horario de invierno, la MISA DE LOS SÁBADOS ES A LAS 18,00 HORAS.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.