re v OUTUBRO is ta p a rro q2013 u ia l m e n s u a l d e S a n C ris to nº v o57d a- sAno v iñVa s M Aa rz o 2009 n º2 - A n o I igrexa é ou debe volver a ser unha comunidade do Pobo de Deus. (Francisco, Bispo de Roma) COMPARTINDO CAMIÑAR “Comienza el otoño, se va el verano. Pero hay que seguir adelante con alegría y nuevas fuerzas. Vivimos un tiempo, nuestro tiempo, que debemos aprovechar para testimoniar el Mensaje. Cada uno a su manera y como pueda.” Así remataba a primeira páxina da nosa revista o mes pasado. E con ese ánimo queremos abrirnos á persoa que chega para acompañar a esta Parroquia, D. Manuel Rodríguez Rodríguez. Como el mesmo manifestou nunha reunión que tivo con varios de nós, “non quero estar ao fronte da xente, senón ao lado da xente”. Unha matización moi clarificadora se queremos entender de verdade o que con ela quere significar. Chega despois de estar máis de dez anos en Betanzos e, despois de ser nomeado párroco da veciña Parroquia de San Luís Gonzaga, non dubidou á hora de aceptar asumir tamén a actividade pastoral en San Cristovo das Viñas, cando o Arcebispo llo propuxo, cousa de agradecer. A verdade, non podemos negar que a nosa comunidade parroquial está máis ou menos afeita a convivir con diferentes cregos. Pois ben, o feito de que nestes intres o sacerdote sexa compartido con outra parroquia, non é novidade na nosa diocese, aínda que a nós nos pareza algo novidoso. Ben pensado, compartir é unha actitude plenamente cristiá, así que, por que non vai ser bo compartir crego? Isto, loxicamente, supón cambios, non por capricho, senón porque os tempos son os que son, e os días non teñen máis de 24 horas, que se saiba. Cambios nos horarios das misas, no lugar das celebracións e seguramente noutras moitas cousas. Cambios para nós e cambios tamén para o crego, porque el non o vai ter tampouco fácil ao principio: dúas comunidades descoñecidas para el. Iso supón que teremos que ir aceptando formas e fondos diferentes, ir acompasando os pasos para conseguir percorrer xuntos esta andaina que agora comezamos.
SUMARIO Rostros do barrio Momentos da nosa historia (Páxina 2) Ano Litúrxico (Páxina 3) Á calor da Palabra (Páxina 4) Centro Social Mocidade solidaria (Páxina 5) Mosteiros baleiros (Páxina 6) Vai de cine (Páxina 7) Axenda (Páxina 8)
Seguramente os primeiros días custaranos un pouquechiño, pero pouco a pouco, con boa vontade e espírito fraterno, axiña sentiremos que imos camiñando ao mesmo ritmo, que todos estamos movidos polo mesmo motor. Recibamos con alegría a D. Manuel, poñéndonos tamén ao seu lado e deixándonos guiar polo espírito, vaiamos axudando a construír entre todos o Reino, vivindo a fe de forma comunitaria e fraternal.
A FUME DE CAROZO ROSTROS DO BARRIO Son do noso barrio, da nosa parroquia e cremos que merecen un lugar tamén na nosa revista. Son un grupo de mulleres de etnia xitana de As Rañas, que xunto con outras da Pasaxe, participan nun proxecto coordinado por Arquitectos sen Fronteiras coa colaboración do barrio de Monte Alto, a fundación Ronsel e a empresa Reciflu. Denomínase “Mulleres Colleiteiras” e o obxectivo é crear a súa propia empresa de recollida de aceite doméstico usado. Elas mesmas encargaranse de todo, de ir polas casas dando información do que fan, levar botes e/ou colectores especiais para botar neles o aceite, pasar a recollelo e venderllo a un xestor especializado para a súa reciclaxe. Polo de agora están comezando o seu soño, poñendo todo canto poden da súa parte para que se faga realidade. Van ás charlas que se lles marcan, percorren cada mañá as zonas que lles indican, cada unha delas asume unha responsabilidade concreta: facer o transporte dos colectores e materiais, coordinar os horarios, levar as contas, etc. (e todo isto sen recibir ningún tipo de compensación económica polo de agora). Na foto só aparecen cinco mulleres de As Rañas, pero son bastantes máis as que se embarcaron neste proxecto. Que nelas se sintan representadas todas elas e que moitas máis, xitanas ou non, sexan quen de loitar por buscar un traballo digno e o seu lugar na sociedade. Tal vez pronto pasen polas nosas casas solicitando a nosa colaboración: almacenar o aceite nun bote que nos entregarán. Só iso; non é difícil, non si? Pois, se ese momento chega, escoitémolas. Cun pequeno xesto podemos axudar a facer realidade un fermoso proxecto. Noraboa a todas pola vosa valentía e esforzo! Desexámosvos o mellor futuro!
MOMENTOS DA NOSA HISTORIA 1933.- O Concello incáutase do Cemiterio Parroquial. 1936.- O cemiterio é devolto á Parroquia dende o Concello. 1950.- O 1 de outubro, o párroco D. Lucas Gelpi, retírase por enfermidade e noméase encargado da parroquia a D. José Fernández Fuentes. 1954.- Pasa á Parroquia de San Rosendo, de nova creación, a zona de Outeiro, Vioño, Borrallón, Nelle e Campo de Tornos, que corresponden ao sector máis poboado da parroquia. Ábrese o primeiro libro de Actas de Cáritas Parroquial o 1 de novembro deste ano. 1958.- D. José Ríos Gigirey, que era Rexente dende 1954, é nomeado Párroco, por renuncia de D. Lucas Gelpi.
A LAREIRA ANO LITÚRXICO Ás veces asistimos a celebracións e non somos moi conscientes do que estamos a celebrar, hoxe en día máis ou menos sabemos que o Advento son os catro domingos antes do Nadal, que a Coresma son os 40 días antes da Pascua, … pero aínda así podemos ir afondando en cousiñas que nos axuden a vivir a liturxia como se merece. Para os cristiáns, é ou debe ser a acción sagrada máis importante, non é obra nin dunha persoa nin tan sequera do grupo que se reúne para celebrala, é obra de Cristo e de toda a Igrexa. Cada celebración litúrxica ten un triplo significado: 1. Lembranza: nas liturxias, a través de moitos signos, pero sobre todo da Palabra, lembramos todos os acontecementos importantes non só da vida de Xesús, senón do Pobo de Deus. 2. Presencia: é Cristo o que se fai presente na Eucaristía (que pode ser máis importante que isto?) 3. Espera: en cada celebración esperamos o establecemento do Reino de Cristo. A Liturxia está enmarcada no que chamamos Ano Litúrxico, que non coincide co ano natural nin tampouco co ano escolar. É un camiño que empeza co primeiro domingo de advento e remata con Cristo Rei. E quixemos recalcar camiño, porque é iso, o camiño de fe que se ten que percorrer como en espiral, crecendo en fe e no amor a Deus e aos irmáns, crecendo en seguir e parecerse máis a Cristo. Imos presentar as distintas etapas do ano litúrxico (tempos litúrxicos): -Advento: catros domingos anteriores ao nacemento de Xesús. É un tempo de espera, de esperanza, de espertar na fe en vista do encontro co Neno. A chegada dun neno sempre é unha espera alegre, e de compromiso. -Nadal: xa sabemos que é o 25 de decembro. Neste día celebramos con gozo o nacemento de Xesús, logo vén a festa da Epifanía do Señor (6 de xaneiro) que nos lembra a manifestación pública de Xesús a tódolos homes e mulleres. -Primeiro Tempo Ordinario que vai dende o 6 de xaneiro ata o primeiro domingo de Coresma. Tanto no primeiro como no segundo tempos ordinarios non se celebra ningún aspecto concreto do misterio de Cristo. En ambos tempos afóndase nos distintos momentos históricos da vida de Xesús para adentrarnos na historia da Salvación. -Coresma: dura corenta días, dende o Mércores de Cinsa ata o Xoves Santo, onde celebramos a última cea de Xesús. É un tempo de Conversión, pero non é un tempo triste senón meditativo e recollido, onde debemos afondar en temas como o pecado, a penitencia e o perdón. -A Pascua comeza co Xoves Santo, e remata o domingo de Resurrección. Lembramos e vivimos con Cristo a súa Paixón, Morte e Resurrección. -Tempo de Pascua: son 50 días, ata Pentecoste. É un tempo de paz, alegría e esperanza, ata a chegada do Espírito. -Rematamos co Segundo tempo Ordinario, que vai dende Pentecoste ata Cristo Rei. Juan e Yolanda
Á CALOR DA PALABRA Domingo 6 de octubre (Lc 17, 5-10) En aquel tiempo, los apóstoles le pidieron al Señor: «Auméntanos la fe.» El Señor contestó: «Si tuvierais fe como un granito de mostaza, diríais a esa morera: " Arráncate de raíz y plántate en el mar."Y os obedecería. Suponed que un criado vuestro trabaja como labrador o como pastor; cuando vuelve del campo, ¿quién de vosotros le dice: "En seguida, ven y ponte a la mesa"? ¿No le diréis: "Prepárame de cenar, cíñete y sírveme mientras como y bebo, y después comerás y beberás tú"? ¿Tenéis que estar agradecidos al criado porque ha hecho lo mandado? Lo mismo vosotros: Cuando hayáis hecho todo lo mandado, decid: "Somos unos pobres siervos, hemos hecho lo que teníamos que hacer. " » Domingo 13 (Lc 17, 11-19) Yendo Jesús camino de Jerusalén, pasaba entre Samaria y Galilea. Cuando iba a entrar en un pueblo, vinieron a su encuentro diez leprosos, que se pararon a lo lejos y a gritos le decían: «Jesús, maestro, ten compasión de nosotros.» Al verlos, les dijo: «ld a presentaros a los sacerdotes.» Y, mientras iban de camino, quedaron limpios. Uno de ellos, viendo que estaba curado, se volvió alabando a Dios a grandes gritos y se echó por tierra a los pies de Jesús, dándole gracias. Éste era un samaritano. Jesús tomó la palabra y dijo: «¿No han quedado limpios los diez?; los otros nueve, ¿dónde están? ¿No ha vuelto más que este extranjero para dar gloria a Dios?» Y le dijo: «Levántate, vete; tu fe te ha salvado.» Domingo 20 (Lc 18, 1-8) En aquel tiempo, Jesús, para explicar a sus discípulos cómo tenían que orar siempre sin desanimarse, les propuso esta parábola: «Había un juez en una ciudad que ni temía a Dios ni le importaban los hombres. En la misma ciudad había una viuda que solía ir a decirle: "Hazme justicia frente a mi adversario." Por algún tiempo se negó, pero después se dijo: "Aunque ni temo a Dios ni me importan los hombres, como esta
viuda me está fastidiando, le haré justicia, no vaya a acabar pegándome en la cara." » Y el Señor añadió: «Fijaos en lo que dice el juez injusto; pues Dios, ¿no hará justicia a sus elegidos que le gritan día y noche?; ¿o les dará largas? Os digo que les hará justicia sin tardar. Pero, cuando venga el Hijo del hombre, ¿encontrará esta fe en la tierra?» Domingo 27 (Lc 18, 9-14) En aquel tiempo, a algunos que, teniéndose por justos, se sentían seguros de sí mismos y despreciaban a los demás, dijo Jesús esta parábola: «Dos hombres subieron al templo a orar. Uno era fariseo; el otro, un publicano. El fariseo, erguido, oraba así en su interior: "¡Oh Dios!, te doy gracias, porque no soy como los demás: ladrones, injustos, adúlteros; ni como ese publicano. Ayuno dos veces por semana y pago el diezmo de todo lo que tengo." El publicano, en cambio, se quedó atrás y no se atrevía ni a levantar los ojos al cielo; sólo se golpeaba el pecho, diciendo: "¡Oh Dios!, ten compasión de este pecador." Os digo que éste bajó a su casa justificado, y aquél no. Porque todo el que se enaltece será humillado, y el que se humilla será enaltecido.» Viernes, 1 de noviembre (Mt 5, 1-12a) En aquel tiempo, al ver Jesús el gentío, subió a la montaña, se sentó, y se acercaron sus discípulos; y él se puso a hablar, enseñándoles: «Dichosos los pobres en el espíritu, porque de ellos es el reino de los cielos. Dichosos los que lloran, porque ellos serán consolados. Dichosos los sufridos, porque ellos heredarán la tierra. Dichosos los que tienen hambre y sed de la justicia, porque ellos quedarán saciados. Dichosos los misericordiosos, porque ellos alcanzarán misericordia. Dichosos los limpios de corazón, porque ellos verán a Dios. Dichosos los que trabajan por la paz, porque ellos se llamarán los Hijos de Dios. Dichosos los perseguidos por causa de la justicia, porque de ellos es el reino de los cielos. Dichosos vosotros cuando os insulten y os persigan y os calumnien de cualquier modo por mi causa. Estad alegres y contentos, porque vuestra recompensa será grande en el cielo.»
MUXICAS UN ANO MÁIS O CENTRO SOCIAL ABRE AS SÚAS PORTAS
Coma todos os anos en Outubro o Centro Social da Parroquia de San Cristovo das Viñas oferta actividades para todas as persoas que queiran participar nelas. Este é xa o seu sexto ano e presentámosvos novas actividades. Todas elas comezarán a semana do luns 14 de Outubro. As cotas de colaboración son de 3 € mensuais por unha actividade e 5 € se son dúas. (Estas cotas son de carácter voluntario, todo aquel que non poida non terá que pagalo).
As actividades ofertadas e os seus horarios son as seguintes: • Ximnasia Terapéutica e Danzas do Mundo → Luns, de 17:00 a 18:30 horas. • Reunión de Labores → Martes e Mércores, de 16:00 a 18:00 horas. • Taller de Memoria → Xoves, de 17:00 a 19:00 horas. • Iniciación ao Inglés → Venres, de 17:30 a 19:00 horas. •
Taller de expresión oral e corporal (teatro) → Venres, de 20:00 a 21:30 horas.
• • •
Iniciación á informática → Sábados, de 12:00 a 13:30 horas. Apoio escolar → Luns, de 19:00 a 20:00 horas; e Xoves de 17:00 a 18:00 horas. Tai Chi → Mércores e venres, de 11,00 a 12,00 horas.
Aquelas persoas interesadas en apuntarse a algunha/as actividades, ou preguntar calquera dúbida, poden acudir ao Centro Parroquial o luns 7 de outubro e o xoves, 10 de outubro, de 16:30 a 18:30 horas.
A MOCIDADE SÚMASE Á RECOLLEITA
Sabedes que dende hai tempo, na parroquia véñense recollendo tapóns de plástico para axudar a persoas que o precisen. Este curso, un grupo dos nosos xóvenes, súmanse a esa iniciativa. E non só iso, senón que amplían a recolleita aos móbiles que xa non serven. Os tapóns de plástico serán recollidos cada semana por estes mozos que os levarán a SEUR, empresa que ten unha fundación e reparte os cartos obtidos cos tapóns entre nenos e nenas que precisan esa axuda para costearse tratamentos médicos moi caros. Por outra banda, a campaña “Llamada Solidaria” empregará os beneficios obtidos polos móbiles para axudar tamén a un grupo de nenos/as que padecen enfermidades raras. Entre eles está unha nena galega de catro anos, chamada Lola. Os móbiles serán recollidos por colaboradores desta campaña, no local da parroquia unha vez se encha o recipiente no que se depositen. Podedes atopar máis información na páxina web http://www.llamadasolidaria.org Grazas pola vosa axuda.
BRASAS AVANZAR NA ENSINANZA SOCIAL DA IGREXA: UN TEITO E UN FOGAR DIGNO PARA TODA PERSOA HUMANA Un dos principais indicadores sociais que sinalan a indiferenza da xente con respecto ás persoas que non teñen un fogar, é o crecente número de persoas que dormen nas rúas. En República Dominicana, onde vivín varios meses, non era raro escoitar falar dalgunha familia numerosa que acolleu nenos que quedaran orfos, e mentres no noso occidente europeo rexeitamos aos avós e ás persoas marxinadas, sendo a súa única saída vivir (e durmir) nas rúas. Que nos di o sentido común? Como podemos combater este ambiente de marxinalidade? O papa Francisco non só foi de visita ao romano “Centro Astalli” de asistencia a refuxiados, senón que insistiu en que a acollida do pobre e a promoción da xustiza sexa unha atención de toda pastoral, de parroquias e movementos. Pero deu un paso máis, ao sinalar: “O Señor chama a vivir con máis valentía e xenerosidade a acollida nas comunidades, nas casas, nos conventos baleiros. Queridísimos relixiosos e relixiosas, os conventos baleiros non serven á Igrexa para transformalos en hoteis e gañar cartos. Os conventos baleiros non son vosos, son para a carne de Cristo que son os refuxiados. O Señor chama a vivir con máis valor e xenerosidade a acollida nas comunidades, nas casas, nos conventos baleiros. Certo, non é algo sinxelo: precísase criterio, responsabilidade, pero requírese tamén valor.” Algún de nós ten unha vivenda que non use? Temos algunha herdanza compartida dun inmoble que non se vai ocupar? Incluso a parroquia, ten propiedades que poden servir para vivir? Porque aquí non valen interpretacións amplas: o bispo de Roma fala de casas baleiras, de avivar a xenerosidade, e de que fai falla valor (e non medo, atrévome a engadir eu). Por certo, que nos evanxeos atopamos cambios de vida tras o encontro con Xesús, que levaron a desprenderse do material para seguir ao mestre (Zaqueo, Mateo, etc.). Non digo que sexa doado, ollo! Pero o máis atraínte é que se pode facer, se queremos, claro está. E a igrexa nisto tamén ten que seguir a dar testemuño. Porei dous exemplos concretos: o primeiro aparece no boletín oficial do arcebispado de xuño deste ano. Trátase da cesión da casa reitoral da parroquia de Santo Tomé de Piñeiro, a unha familia con escasos recursos económicos, por espazo dun ano. Chapeau! Outro: a iniciativa da asociación Bo Camiño, grupo nacido da parroquia de S. Francisco de Asís da Coruña, que comezaron diversas actividades, entre elas BoaNoite (http://boanoite.es), un contacto semanal dende hai xa tres anos con persoas que dormen sen teito. Buscan axudar a persoais que viven nas rúas, que dormen en caixeiros, portais ou literalmente baixo unha ponte. Como ben din eles, hai institucións que lles ofrecen comida, ducha e acompañamento profesional, pero seguen carecendo de algo vital: unha familia, un fogar. Por iso, crearon o proxecto Mesoiro (a carón de San Cristovo, no mesmo pobo de Mesoiro, nunha casiña cunha pequena horta), querendo crear unha familia “provisional”, un fogar, que dea estabilidade ás vidas desas persoas e recuperen a súa dignidade. Proxectos reais, concretos, palpables e ben pretiño de nós. Son chamadas de conciencia e feitos visibles de que a solidariedade é máis forte cá cobiza. Remato con verbas de Francisco: “Debemos devolver a esperanza aos xóvenes, axudar aos vellos, abrirnos cara o futuro, difundir o amor. Pobres entre os pobres. Debemos incluír aos excluídos e predicar a paz.” Ogallá traballemos por unha igrexa pobre e para os pobres. Unha igrexa pobre e para os pobres... Alfredo Losada
LUME ABERTO UNA PELÍCULA CLÁSICA PERO ACTUAL Aunque parece que el cine es un entretenimiento banal, muchas veces puede abrirnos los ojos a otras realidades, a otros mundos, a otras maneras de entender la vida. Y otras tantas, puede mostrarnos historias (aunque sean ficticias) que nos hagan reflexionar sobre nuestra forma de actuar o sobre los condicionantes que tenemos y cómo es posible enfrentarnos a ellos y superarlos. Esta película quizás sea una buena muestra de ello. No es reciente, desde luego, pero hay situaciones y valores que siempre serán actuales. A fin de cuentas, no somos tan diferentes de nuestros antepasados. Agradecemos a Ricardo, nuestro cinéfilo colaborador, que nos permita abrirnos a esta ventana cultural del séptimo arte. CAPITANES INTRÉPIDOS
FICHA Título original: Captains Courageous Año: 1937 Duración: 116 min. País: Estados Unidos Director: Victor Fleming
¿POR QUÉ VERLA? Para disfrutar de una de las historias de aprendizaje y amistad más hermosas del cine, un espectáculo en el que la emoción y la aventura se dividen a partes iguales y que nos será imposible no ver con una sonrisa continua a la vez que nuestros ojos se llenan de lágrimas. Una película de ésas que ves cuando eres pequeño y no se te olvida, y que cuando ya eres adulto y vuelves a ver te sigue pareciendo tan grande como la primera vez.
ARGUMENTO Harvey es un presuntuoso y repelente niño acostumbrado a hacer su voluntad gracias al dinero y el poder de su padre. Escudándose en él, hace y deshace a su albedrío intentando someter a quienes le rodean. Sin embargo, su mal comportamiento y su mal proceder lo llevan a tener problemas con sus compañeros de colegio y profesores, que admiran su inteligencia, pero nunca su proceder. Al tiempo, somos conscientes de que Harvey está prácticamente abandonado a su voluntad, su padre está siempre trabajando y el colegio, cómo no, es un internado. Una víctima en realidad que busca por la fuerza lo que el amor le niega. Expulsado del colegio, su progenitor toma conciencia de su falta de responsabilidad y cuidado para con su hijo y se lo lleva de viaje. Espera así tomar contacto con él y ejercer, al fin, de padre. Un estúpido accidente dará con los huesos de Harvey en el mar y será recogido por un pescador portugués, Manuel, que saca a su “pescadito” de las frías aguas. Ricardo
AGENDA OCTUBRE 2013 INTENCIONES MISAS Semana del 7 al 13: Sábado 12: 18,00 h.: Intenciones parroquiales. Domingo 13: 10,00 h.: Intenciones parroquiales. 12,00 h.: Por José Sánchez Varela, Begoña Soliño y demás difuntos de la familia. Semana del 14 al 20: Sábado 19: 18,00 h.: Intenciones parroquiales. Domingo 20: 10,00 h.: Intenciones parroquiales. 12,00 h.: Por los difuntos de Consuelo Galán.
Semana del 21 al 27: Sábado 26: 18,00 h.: Por los difuntos de la familia Corral Galán. Domingo 27: 10,00 h.: Intenciones Parroquiales. 12,00 h.: Por Enrique y José Juncal Bello. Semana del 28 al 3 de noviembre: Viernes 1: sin concretar todavía. Sábado 2: 18,00 h.: Intenciones parroquiales. Domingo 3: 10,00 h.: Intenciones parroquiales. 12,00 h.: Por Antonio Becerra Calviño.
Descansan en la Paz del Padre: Dominga Roca Sánchez Antonio Becerra Calviño Juan García Sánchez Antonio Mena Morales
Se incorporaron a la comunidad cristiana por el bautismo. ¡Bienvenid@s!:
Thiago González Golpe Mario Asprón López Darío Folla-Cisneros López Lucía Parada Fernández Sergio Campo Pardo Pedro Trincado Vérez
MESA DE REDACCIÓN E COORDINACIÓN Yolanda Sánchez Sánchez Juan López Sánchez Alfredo Losada Suárez José Juan Videla Rodríguez Mª Dolores Mantiñán Loureiro DIRECCIÓN “Centro Parroquial” R/ Birloque, 52 B 15. 008 A Coruña Tlf.: 981 132 700 CORRECCIÓN LINGÜÍSTICA Loli Mantiñán Loureiro E-MAIL sancristovodasvinas@gmail.com BLOG: sancristovodasvinas.blogspot.com TIRADA 500 Exemplares. DISTRIBUCIÓN Primeiro domingo de mes na parroquia e no barrio. IMPRIME Velfer
NUEVOS HORARIOS A TENER EN CUENTA MISAS:
Sábados: 18,00 horas (En la Iglesia Parroquial). Domingos: 10,00 horas y 12,00 horas (En el Centro Parroquial las dos). CATEQUESIS de INFANCIA: Domingos a las 11,00 horas (En el Centro Parroquial). DESPACHO PARROQUIAL:
Martes y viernes, de 17,00 horas a 19,00 horas. CÁRITAS PARROQUIAL Reparto alimentos (a partir de las 18,30 horas): Miércoles 16 de octubre Miércoles 30 de octubre Miércoles 13 de noviembre