Nais

Page 1

A MIÑA NAI

RELATOS DO ALUMNADO DE 4º B CEIP JUAN FERNÁNDEZ LATORRE A CORUÑA

AS NOSAS NAIS

1


AS NOSAS NAIS

2


Airiños, airiños, aires, airiños da miña terra; airiños, airiños aires airiños, levaime a ela. Levaime, levaime, airiños, levaime onde espera unha nai, que por min chora, un pai que sen min n´alenta, un irmán por quen daría o sangue das miñas veas, e un amoriño, a quen alma e vida lle prometera. Se pronto non me levades, ai! morrerei de tristeza, soia, nunha terra estraña onde estraña me alomean, onde todo canto miro, todo me di ¡estranxeira!

JORGE PETEIRO. SAN ANDRÉS DE TEIXIDO, 2010

Rosalía de Castro

AS NOSAS NAIS

3


AS NOSAS NAIS

4


A MIÑA NAI MÓNICA

É un pouquiño gordecha, o seu pelo e rubio e ten pencas. A súa boca e un pouquiño pequena e o nariz tamén. É simpática e divertida. Non lle gusta que comamos tanto, nin que non fagamos os deberes. Moléstalle que pelexemos, que berremos e nos portemos mal. Gústanlle un montón os animais e pasear e xogar co meu can, Cosmo. Tamén lle gusta cociñar e xogar ao Monopoly, a Wii e coas Monster Hinhy . Eu quéroa moito. O que máis me gusta dela é a súa forma de ser: simpática, divertida ... é a mellor do mundo, para min. As dúas queremos un montón ao meu irmán. Zoe

AS NOSAS NAIS

5


A MIÑA NAI

Ten os ollos castaños e o pelo curto e rubio. É delgada. Ten bo carácter . Gústalle ver a televisión falar por teléfono e ir á rúa. Non lle gusta a choiva nin ir á piscina. O que me gusta dela é que é tranquila e divertida. Faime sentir ledicia porque é moi boa e simpática. Wenceslao

AS NOSAS NAIS

6


MIÑA NAI

Chamábase Gema. Dixéronme que era delgada e alta. Tiña o pelo longo e moreno. Era moi boa, alegre, simpática e graciosa. Gustáballe coser e non lle gustaba o bacallau. Sinto cariño e amor por ela. Óscar

AS NOSAS NAIS

7


A MIÑA NAI

A miña nai chámase Mónica Patricia, pero na casa chamámola Patri. Non é alta, pero tampouco baixa; non é gorda, pero tampouco é delgada.Ten o pelo curtiño, coma un cantante que me gusta min. Os seus ollos gústanme porque brillan moito. Ten un lunar ao lado da boca. Ela é moi boa, pero cando se enfada, enfádase Gústalle que eu estea contenta e non lle gusta que estea triste, tamén lle gusta estar cos seus amigos. Eu quéroa e creo que non podería vivir sen ela, paréceme que ela tampouco podería vivir sen min. Estamos moi unidas e a quéro tantísimo que non podo explicar canto. Sempre fai esforzos por min, como pasar toda a tarde levándome ás miñas actividades. Para mi é a mellor nai que poida existir na historia. Nora

AS NOSAS NAIS

8


A MIÑA NAI

A miña nai chámase Mari Paz e na casa e chamámola Paz. Ten o pelo curto e de cor negra, os ollos pequenos de cor castaña, o nariz afiado e a boca pequena. É delgada e alta. É boa, alegre e ten paciencia. Gústalle que eu traballe na clase, que atenda e que saque boas notas nos exames. O que non lle gusta é que non atenda, nin que suspenda e me porte mal. Eu penso que é boa, que me quere. É moi feliz. Gústalle levarme ao parque e tamén lle gusta levarme as actividades. Noa

AS NOSAS NAIS

9


A MIÑA NAI SIMONA

A miña nai chámase Simona, pero eu chámolle mamá. É loira, O pelo teno curto e tamén é un pouco gordiña. É moi boa e educada con todos, pero algunhas veces enfádase e ponse moi gruñona. Gústalle durmir e non lle gusta moito facer exercicio. O que máis me gusta dela e que é moi divertida e moi guapa. Eu quéroa un montón e é a mellor nai do mundo. Marina

AS NOSAS NAIS

10


A MIÑA NAI

Miña nai chámase Sandra, pero todos lle chaman Sandri. Ten os ollos marróns, os labios grandes e o nariz normal. O pelo teno liso e negro. Usa gafas e é bastante alta. Ten un bo caràcter. É moi boa, aínda que ás veces se enfada comigo se fago algo mal, ou teño esquecementos. Gústanlle moito os animais agás as arañas e as serpes. Tamén lle gustan moito as rosas amarelas e non lle gusta nada a cor rosa. Eu aínda que, ás veces nos enfademos, quéroa moitísimo e penso que ela a min tamén me quere moito. Lucía V

AS NOSAS NAIS

11


A MIÑA NAI BEGOÑA

A miña nai é a mellor nai do mundo e eu de forma cariñosa chámolle mamá ou mami, pero en realidade chámase Begoña. Ela non é nin alta nin baixa, é mediana. Ten o pelo loiro, curto e liso. Ten os ollos verdes e moitas pencas. É moi simpática, graciosa e un pouco vergonzosa, pero case nada! Ten moita paciencia comigo, porque a necesita! Gústalle moito dar clases de inglés e sobre todo divertirse. Tamén lle gusta a tortilla de patacas, e a fai moi rica! Non lle gusta aburrirse, nin enfadarse e sobre todo non lle gusta verme triste. A miña nai é a mellor mamá e a quero máis que a nada no mundo. Gústame que sempre axude aos demais e que me conte historias de cando era pequena. Como quero a miña nai! Luci

AS NOSAS NAIS

12


A MIÑA NAI ANA MARÍA

A miña nai chámase Ana María, pero na miña casa todos chamámoslle Ana. É alta, pero non moito. Non é nin gorda nin delgada, é normal. Ten o pelo, un pouco rizado e os ollos de cor marrón. O seu nariz e puntiagudo. É moi agradable, pero cando se enfada enfádase de verdade Gústalle ir por aí coas súas amigas, pero cando chove non pode ir e dálle mágoa. Non lle gusta traballar tanto, nin tampouco levantarse ás sete da mañá para ir ao traballo. É moi boa e a quero tanto, que non sei como podería vivir sen ela. O que máis me gusta dela é que é moi simpática, cando quere. As veces xogamos e lavamos as miñas bonecas xuntas. Laura Novo

AS NOSAS NAIS

13


A MIÑA NAI JOSEFINA

A miña nai chámase Josefina, pero lle gusta que lle chamen Sefi. Ten ollos redondos, o nariz recto e a boca pequena. O pelo é liso, longo e suave , de cor castaña con mechas máis clariñas. É un pouco gordiña da barriga e as mans son pequenas, pero con unllas longas. Mamá ri pouco, non é moi alegre. Algunhas veces é boa e outras pode ser mala. Gústalle pasear con nós e que nos portemos ben. Non lle gusta que os meus irmáns pelexen entre eles. Eu sinto que a miña nai é boa e ten bo corazón comigo e tamén con outras persoas. Laura C

AS NOSAS NAIS

14


A MIÑA NAI

A miña nai é Ana. Ten o pelo curto e rubio. Está rechoncha non é moi alta e os seus ollos son pequenos e de cor marrón. Os seus pés son grandes. É alegre case sempre, pero cando se enfada grita moito, tamén é boa. Gústalle ir a moitos sitios e aprender sobre eles. Non lle gusta que me suba a lugares perigosos. O que máis me gusta dela é que sempre me leva a algún sitio e eu divirtome con ela. Tamén me ensina cousas Jorge

AS NOSAS NAIS

15


CRISTINA

Miña nai chámase Cristina Insua Eiriz. Ten o pelo longo e os ollos azuis e grandes. Usa gafas e é delgada e baixa. É moi boa e sociable, tamén é moi cariñosa. Case nunca me castiga e cóidame moito. Gústalle que estude e que non me castiguen. Non lle gusta que saque malas notas, nin que me porte mal ou que non estude. Gústame que sexa cariñosa, aínda que, ás veces, non o sexa. Eu quéroa moito. Para min é moi boa nai. Joel

AS NOSAS NAIS

16


A MIÑA NAI

A miña nai chámase María. Ten o pelo curto e de cor castaña, os ollos tamén son castaños. Ten o nariz pequeniño. Está bastante delgada, tamén é baixa. Normalmente viste con pantalón longo e con blusa. É moi simpática e tamén é moi boa, pero as veces enfádase comigo. Gústalle estar comigo e ir á piscina, pero cando está cansa só quere estar no sofá. Gústanme dela moitas cousas, pero a que máis é que me axuda cando non dou feito as cousas. O que menos me gusta dela e cando lle pido ir a andar en bicicleta, ir á piscina... e me di que non porque está moi cansa e non me deixa ir só. Javier

AS NOSAS NAIS

17


A MIÑA NAI

Vou describir a miña nai. Chámase Rita , ten corenta e dous anos e leva gafas. Come a todas horas. O seu carácter é bo, porque sempre intenta coidarme e que eu sexa feliz. Gústalle moito saír coas amigas e axudarme a vivir. Non lle gusta que sufra, nin que o meu gato a morda . A quero porque é a miña nai. Hugo

AS NOSAS NAIS

18


A MIÑA NAI CRIS

Chámase Cristina, pero gústalle que lle chamen Cris ou Cristiniña, pero eu chámolle mamá. Ten o pelo negro e longo, e os ollos castaños. É un pouco gorda, ten as pernas curtas e os pés pequenos. É baixa. É amable, simpática e ten bo corazón, pero cando se enfada mete medo. Gústalle ir pasear, ler e Bruce, un cantante famoso. Tamén lle gusta que estude. Non lle gusta que saque malas notas, nin que lle miremos as súas cousas, tampouco que a molestemos cando está intentando durmir. Gústame porque sempre quere o mellor para min. Para comer faime comidas que me gustan, e cando me atasco cos deberes axúdame. Helena

AS NOSAS NAIS

19


A MIÑA NAI TERESA

Miña nai chámase Teresa. É baixa, ten o pelo curto e loiro. É boa, pero cando se enfada non é tan boa. Gústanlle os macarróns e Hellou Kity. Non lle gusta que meu irmán me ensine tonterías. Gústame que se poña distintos peiteados, a cor do seu iris e tamén que teña un móbil tan bonito. Agradoume moito que aprendera a conducir. Para min é a mellor nai do mundo. Enrique

AS NOSAS NAIS

20


SAGRARIO

É a miña nai e chámase Sagrario, pero lle chaman Sagra. Ten o pelo longo e negro os seus ollos son moi grandes. É alta. Cos pés grandes. Está sempre alegre. Gústalle facer puzzles e non lle gusta conducir nin berrar. O que me gusta dela é que cando me berra me dá unha boa lección, porque me explica o que fixen mal, por iso a quero tanto. Diego

AS NOSAS NAIS

21


A MIÑA NAI LOLA

A miña nai chámase Dolores Nieto Pose, pero lle gusta que lle chamen Lola. Ten o pelo louro e rizado. A cor dos seus ollos é a castaña. O nariz é redondo coma as orellas. As pernas non son nin largas nin curtas. É amable e moi cariñosa. Ás veces enfádase cando meto a pata, pero despois se lle esquece. Gústalle que lle dean cariño e que se porten ben con ela. Non lle gusta que a molesten cando durme nin que lle falten ao respecto. Téñolle moito cariño e moito respecto, porque ela sempre me quere e sempre se preocupa por min. Diana

AS NOSAS NAIS

22


ISABEL

A miña nai chámase Isabel. É alta e ten o pelo negro e curto. Leva gafas e ten as unllas un pouco longas. É graciosa, está case sempre de bo humor, pero cando ten un mal día todo cambia. Gústalle que sexa ordenada, saque boas notas e ler. Non lle gusta que sexa negativa, nin que faga cousas ás agachadas. Quéroa moitísimo. Chloe

AS NOSAS NAIS

23


A MIÑA NAI CHÁMASE MARÍA

Ten o pelo negro e curto. Os ollos son pequenos e castaños. É un pouco baixa e un pouco gordiña. Non ten pencas. Neste tempo viste pantalón longo e camisetas. É moi simpática e moi guapa.Cando está enfadada riñe moito. Gústalle que saque boas notas nos exames e o que non lle gusta é terse que enfadar cando facemos o que non debemos. Eu non quero que lle suceda nada malo, cando marcha despois de levarme ao colexio. Eu quéroa moito. Andrea Z

AS NOSAS NAIS

24


A MIÑA NAI CRISTINA

Chámase Cristina Folla Sánchez e é a miña nai. Ten o pelo longo e de cor castaña. Os seus ollos son verde escuro. É alta e forte. É un pouco presumida e moi boa comigo, cando saco boas notas nos exames. Gústalle que me porte ben e que saque boas notas e non lle gusta que suspenda. O que a min me gusta dela é que cando está contenta comigo, lévame aos sitios... E o que non me gusta dela é cando se enfada comigo. Andrea M.

AS NOSAS NAIS

25


A MIÑ A NAI MIÑA

A miña nai chámase María Dolores, pero gústalle máis que lle chamen Lola. Ten os ollos negros, o pelo tamén é negro, curto e rizo. É alta e delgada cunhas mans grandes cunhas unllas longas. As orellas e a boca son pequenas. É moi boa, pero de vez en cando enfádase moito. É moi, pero que moi boa comigo. Gústalle moito planchar, ver a tele e durmir no sofá. Despois de descansar gústalle tender a roupa, tamen lle gusta xogar comigo e coa miña irmán, andar co móbil, comprar, ir pasear ... Non lle gusta, reñir, que lle fagan cóxegas nin que a desperten. Eu sinto me quere moito e eu tamén a ela, aínda que ás veces se enfada, aos cinco minutos xa nos perdoa e nos sigue querendo moito, moitísimo a todos os da familia. Eu, aínda que tamén me enfade, a sigo querendo igual que ela a min, moito, moitísimo. Aldara

AS NOSAS NAIS

26


A MIÑA NAI

A miña nai chámase María. É forte, guapa, amable e tamén é boa porque sempre axuda aos necesitados. É a mellor nai do mundo. Gústalle que teña boas notas e non lle gusta cando as teño malas. Cando está contenta desexo que o pase ben e siga así. Cando non o está desexo que lle pase pronto. Adrián

AS NOSAS NAIS

27


AS NOSAS NAIS

28


AS NOSAS NAIS

29


FARO DE OZA. A CORUÑA

CEIP JUAN FERNÁNDEZ LATORRE A CORUÑA

AS NOSAS NAIS

30


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.